Lévame contigo
QUEN PEDIU QUE?
Xosé S. Bugallo, Borja Verea, María Rozas e Goretti Sanmartín explícannos os seus plans para a gastronomía e a cultura en Santiago
O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO ‘TOMA’ FONSECA E REGRESA O REVERA VINUM
SANTIAGO | febreiromarzo 2023
Revista de Gastronomía & Cultura
O NOSO FUTURO
Di Silvia Castiñeiras na reportaxe que abre este número de Pincha que non adoitamos entrevistar á xente da política. Certo. Aquí somos máis de comer e ir ao cine ou bailar! ;) Pero tamén opina a nosa compañeira que o que fan as persoas que nos gobernan aféctanos a todas e todos. E este 2023 é ano de eleccións. O futuro dos sectores cultural e gastronómico que abordamos na nosa revista estará nas mans dalgunha das catro candidaturas á alcaldía con representación actualmente no Pazo de Raxoi. Así que nos preguntamos cales son as súas propostas nestes dous eixos e tamén indagamos un pouco sobre os seus gustos persoais no seu tempo de ocio. Dous viños tintos, unha caña e un chocolate foron as consumicións escollidas por Xosé Sánchez Bugallo, Borja Verea, María Rozas e Goretti Sanmartín. E ti, con quen quedarías para ir de bares?
Nesta revista tamén traemos outros contidos como entrevistas coa libreira Mercedes Corbillón ou a artesá Paula Ojea. Visitamos os locais O Toñito, Corrosco e O Rei do Bocadillo, sen esquecer as nosas seccións dedicadas aos viños, a arte e a música. Falando de viños, na nosa axenda dámosvos as claves da segunda edición do encontro Revera Vinum e tamén da nova produción do Centro Dramático Galego que se estrea no Pazo de Fonseca.
Como vedes este é un número ben cargadiño de temas. Comezamos forte o novo ano. Imos por el! #somospincha
04 reportaxe | De bares coas catro candidaturas á alcaldía de Santiago
14 de bares | As penas cun bocadillo pasan moito mellor
18 de libros | Mercedes Corbillón
20 oído, artesanía! | Paula Ojea
22 #apapar | Quesadillas de roxóns no Toñito
26 crusat & costas | Golpe a golpe tinto 2020
28 a gorida do artista | José Luis Iglesias Diz
29 666rpm | Jake Vaidaimona
30 axenda
34 guía de compras e ocio
38 ultramarinos | Damos á benvida ao 2023 co Pincho de Pincha
Edita:
Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal
Deseño e maquetación:
Alberto Seoane
Publicidade e Redacción: publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal
Fotografía:
Iván Barreiro | ivanbarreiro.com
Colaboran neste número:
Silvia Castiñeiras, Jéssica Pintor, Ruth Ríos, @JuanEAT_o, Xiana Arias, José Crusat, Lorena Costas, César Varela e Inés Silvalde.
Imprime:
PARSÁN GRÁFICA SL
Depósito Legal: C 607-2017
www.revistapincha.gal
Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha
Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización.
Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor.
O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.
BAVF
ÍNDICE
ONDE ATOPAR PINCHA
Por Rebeca Munín
| 4 |
Santiago | febreiro 2023 reportaxe
Foto: Iván Barreiro
Pincha
DE BARES COAS CATRO CANDIDATURAS Á ALCALDÍA DE SANTIAGO
Aquí na Pincha somos moito de comer e descubrir, de tomar algo, de gozar das propostas culturais de todo tipo e de falar con vós de todo iso que nos apaixona. Non falamos tanto de política. E é que ás veces cando escoitamos ese termo pensamos nalgo demasiado abstracto, como se fora outro mundo que non vai con nós. Pero si, vai con todos e todas, vai coas persoas que vivimos e sentimos neste caso a nosa cidade, Santiago, porque do xeito de entendela e das xestións e decisións das persoas que se dedican á política dependen en boa medida as nosas vivencias e experiencias. Así que alá imos… marchando unha de política! Traemos un menú lixeiro, con eses pratos concretos que máis nos interesan aquí nas nosas páxinas, os que teñen que ver coa hostalería e a cultura. Vexamos que nos contan as persoas candidatas dos catros partidos que se presentan ás vindeiras elección municipais en Compostela e que contan actualmente con representación no Pazo de Raxoi. Iso si, xa sabedes que ás veces o máis curioso e saboroso está fóra da carta...
Pincha Santiago | febreiro 2023 | 5 |
Por Silvia Castiñeiras
I
| 6 | Pincha Santiago | febreiro 2023 XOSÉ SÁNCHEZ
candidato
O noso actual alcalde elixiu un chocolate para combater o frío. Foto: Iván Barreiro
BUGALLO ,
do PSdeG-PSOE
Declárase asiduo a pasear polo casco antigo cara a noitiña, así que sobre esas horas paramos con Xosé Sánchez Bugallo nun dos locais de moda da zona vella e, ademais, atrevéndonos a aproveitar a terraza en pleno inverno.
Que visión ten do sector da hostalería en Santiago?
A hostalería ten unha vinculación clara co turismo e o maior reto que temos como cidade é xestionar o éxito de maneira que non se acabe convertendo nun problema, tendo en conta a boa conectividade que temos agora mesmo unido á consolidación dos múltiples Camiños de Santiago. Hai que xestionar estas cuestións e seguir apostando polo turismo de congresos. A hostalería é un gran dinamizador. Falando de turismo, que nos pode dicir da taxa turística e os pisos turísticos?
A taxa é unha cuestión de equidade co conxunto dos cidadáns de Santiago e unha fórmula para que o turismo contribúa ao mantemento da propia cidade, onde os gastos e os beneficios non se reparten da mesma maneira. Non é xusto que recaían os custos de mantemento en persoas que non obteñen ningún beneficio do turismo. Funciona noutras cidades e con custo moi moderado. Con respecto aos pisos non estamos totalmente en contra deles, pero non podemos permitir a súa proliferación incontrolada porque supón unha alteración do modelo de cidade e expulsión da poboación tradicional. Ademais, supoñen competencia desleal para outro tipo de establecementos turísticos, polo que deben ser considerados unha actividade económica. Nós habilitamos a posibilidade de que os pisos de estudantes poidan dedicarse dous meses ao ano a aluguer turístico. Temos que defender un modelo de cidade para cidadáns. A hostalería tamén se ve afectada polo cambio no reparto de mercadorías na zona vella…
Temos a obrigación legal de articular todas as medidas para a posta en marcha de zonas de baixas emisións. O noso obxectivo é que o novo sistema empece a ser operativo a principios de 2025 e para isto hai certas cuestións a resolver, algunhas xa en marcha como son os mecanismos de control de acceso e medidores da calidade do aire.
O seguinte é a plataforma loxística, que nos gustaría que estivera máis cerca do casco antigo, pero non foi posible. De todas formas, as mercadorías chegarán en vehículos de menor tonelaxe e baixas emisións ao centro histórico.
As bases están postas, incluíndo o inicio do proceso para establecer a normativa necesaria que regule, entre outras cousas, a mobilidade. Xa comezamos a redacción dun documento que se prevé estea listo en 2023. A partir de aquí hai que facer un timing de actuación, é o reto para a nova corporación.
Cal é o seu balance no eido da cultura?
Temos claro o papel da cultura na construción do futuro da xuventude. A cultura podemos contemplala como consumidores e usuarios de
servizos culturais ou, por outro lado, tendo en conta as facetas da creación, produción e emprendemento artístico. Preocupámonos moito nestes anos de pandemia de manter a programación neste eido, en condicións moi limitadas, procurando apoiar ás empresas de produción artística. Elaboramos programas extraordinarios e temos que seguir medrando dende esa posición na que soubemos manternos. O balance do noso apoio á cultura nestes anos é moi positivo.
Cales serían as ideas de chegar a un novo mandato?
A idea é seguir apostando pola cultura como unha referencia de Santiago e como un sinal de identidade. A cidadanía merece unha oferta cultural á altura do que é Santiago e ten que ser unha opción de futuro para a mocidade. Hai que pensar que a cultura ten un valor económico extraordinario cun peso importante no PIB da cidade e tamén moi grande no conxunto de Galicia, máis tendo en conta o noso peso demográfico.
Entón que propón en canto á cultura e mocidade?
É moi importante que as novas xeracións se acostumen tanto a producir cultura como a xestionala e comercializala, como valor de futuro. Pretendemos que non sexa unha actividade de supervivencia, senón que permita que as persoas se gañen moi dignamente a súa vida. Para conseguir isto hai que dar un salto. A prioridade nestes anos complicados foi aguantar a estrutura que tiñamos, pero agora hai que dar un salto e converter a cultura nunha referencia na cidade en nun importante motor económico.
FÓRA DE CARTA
Chocolate. “Aínda que me gusta pedir unha cervexa fresca, como estamos na terraza e vai frío apeteceume mellor un chocolate quente. Iso si, eu normalmente son máis de café, longo de auga tipo americano e sen azucre”.
Xantar e ceas. “Coa familia quedo para comer e facer sobremesa con café. Coas amizades son máis de ir cear. Ademais, gústame pasear pola noite pola cidade, sobre todo na zona histórica, e tomar algo. Non sempre se pode porque me levanto moi cedo ata na fin de semana”.
Camiñar e ver deporte. “Andar é algo que me relaxa moito e que me permite gozar das paisaxes que ten Santiago, fago moitos quilómetros. Antes tamén me gustaba ir en bicicleta, pero xa me atrevo menos, téñolle respecto. Nas fins de semana tamén procuro ir ver algún partido, de fútbol, baloncesto…”
Pincha Santiago | febreiro 2023 | 7 |
“Hai que pensar no papel que ten a cultura na construción do futuro da xuventude”
| 8 | Pincha Santiago | febreiro 2023 BORJA VEREA, candidato do PP
I Borja Vera é un asiduo no Bar Raíces Galegas, na rúa Nova de Abaixo. Foto: Iván Barreiro
Quedamos con Borja Verea no Ensanche, nun local que, di, abrangue todas as etapas da súa vida, dende que tomaba un bocadillo despois de saír pola noite ata o actual café das mañás. E para etapas novidosas, a que lle agarda desta vez, ben no goberno ou na oposición, no Concello de Santiago.
Como analiza a situación do sector hostaleiro?
Temos unha hostalería forte e importante pero que aínda non esgotou as súas posibilidades. O gran problema que existe son estas políticas de prohibición, de burocracia e exceso de normativa que en moitas ocasións é innecesaria e afoga proxectos que están en marcha ou bota para atrás os novos. Queremos facilitarlles a vida aos profesionais deste sector que queiran apostar por Santiago, con redución de prazos e unha atención preferente dende o Concello. Hai mecanismos que están a funcionar noutras cidades que non supoñen atrancos.
Que opina sobre a taxa turística e as vivendas de uso turístico?
Nós cremos que o debate do actual alcalde equivócase tanto na forma como no fondo. Ninguén sabe a que se refire con esta taxa, hai que explicala. Hai que saber a quen lle quere cobrar, canto e a que se van dedicar eses fondos. Estamos dispostos a entrar neste debate porque cremos que é unha medida viable se a taxa está ben deseñada, é proporcional e hai conformidade con todos os axentes da cidade, entón si tería a súa utilidade. É dicir, apostamos por unha taxa seria, solvente e traballada.
No caso das vivendas turísticas propoñemos limitar e regular este tipo de pisos, pero non levar a cabo unha prohibición absoluta sen alternativa. No ecosistema turístico actual hai que ter en conta estas vivendas como un factor máis que traen riqueza á cidade, debidamente reguladas, iso si. Sería unha irresponsabilidade non aproveitar toda esta riqueza para a cidade, para reforzar o valor residencial tanto da zona vella como dos barrios. Propoñemos que haxa pisos turísticos controlados e aproveitar as fortalezas que poidan aportar ao tecido económico e comercial.
O que realmente fai falta en Santiago é unha verdadeira política de vivenda para evitar que unha nova xeración abandone a cidade. E a súa postura con respecto a un cambio no reparto de mercadorías da zona vella?
É un tema que non está dialogado coas partes implicadas como son os comercios e a hostalería do casco histórico, que non saben como vai funcionar, que horarios haberá, que provedores van participar, se vai estar en situación de monopolio ou cada un poderá seguir coas súas empresas tradicionais nesa nova regulación do reparto. O primeiro é que un cambio tal como é o sistema de subministro de mercadorías no casco histórico ten que contar cos seus protagonistas principais, os seus usuarios. Esa é a primeira premisa para empezar a falar dunha renovación no reparto.
Neste senso, en canto ao centro de loxística previsto no Polígono non imos continuar co proxecto actual se non hai acordo co tecido
comercial do casco histórico e deseñaremos o modelo de reparto sostible e respectuoso co patrimonio que se require.
En que nivel cultural cre que está Santiago?
A vitalidade brutal neste aspecto que tiñamos en Santiago nos 90 perdeuse. O que teño claro é que Compostela ten que volver liderar os movementos culturais de vangarda, ser de novo epicentro cultural e sen pechar ningunha porta. Non penso na especialización nunha área concreta, senón en abrirnos a todo: industrias musicais, audiovisuais, artes escénicas, editoriais...
Por que apostaría entón no eido da cultura?
Penso que non se pode apostar pola cultura da aglomeración e macrofestivais e á vez querer desenvolver unha estratexia de calidade. O noso obxectivo é apostar por formatos medios, de vangarda, integrados no contexto urbano, que servirían ademais de apoio ao comercio e hostalería. Ademais, hai que falar do talento local en dúas vertentes: os axentes culturais e os creadores. Eu como responsable público deixaría o desenvolvemento da estratexia na man dos que máis saben disto, sendo eles os protagonistas. O que ten que facer un alcalde é proporcionar un contexto áxil e fluído, dar as ferramentas para conseguir unha industria local forte e competitiva. Hai exemplos importantes como Edimburgo, Braga… En definitiva, penso en crear o contexto para conseguir unha industria local forte.
FÓRA DE CARTA
Cervexa 0’0. “Gústame moito a cervexa, pero cando estou traballando non adoito tomar alcohol, por sorte temos esta opción e moi boa cervexa en Galicia. Aínda que tamén me gusta moito tomar un viño”.
Tarde-noite. “Para quedar prefiro antes de cear, ou cear e despois tomar algo, pero que sexa así ao final do día, na tarde-noite, cando xa podes estar máis relaxado. Iso coas amizades, se é coa familia xa cando manden (risas)”.
Cine e natureza. “Dende moi novo sempre ando lendo, sempre teño a man dous ou tres libros, pero tamén son moi cinéfilo. A última peli que vin foi unha en Numax, Aftersun. Por outro lado, gústame estar ao aire libre en contacto coa natureza, sobre todo para facer deporte: andar, correr, nadar ou ir en bici”.
Pincha Santiago | febreiro 2023 | 9 |
“Compostela ten que volver liderar os movementos de vangarda e ser un epicentro cultural”
MARÍA ROZAS, candidata de Compostela Aberta
| 10 | Pincha Santiago | febreiro 2023
I María Rozas escolleu o caféLaMorena, na rúa de San Clemente, para presentar a súa candidatura á alcaldía. Foto: Iván Barreiro
A un paso entre o casco antigo e a zona nova vémonos con María Rozas xusto onde deu a coñecer á cidadanía que daba un paso adiante e se poñía á cabeza da candidatura de CA para as vindeiras eleccións.
Como ve a situación actual no ámbito hostaleiro?
En Santiago temos un sector hostaleiro de gran calidade que fai que non teñamos nada que envexar a grandes capitais e cidades importantes. Pero tamén hai certas necesidades que solucionar canto antes, como é o tema das licenzas e calquera tipo de xestión e procedemento burocrático co Concello. Hai que ser áxiles na resposta e ter boa comunicación.
Axilizar trámites é entón unha das ideas de CA?
Si. Hai que ser áxiles nos procedementos, que sexan propios deste século. Á marxe disto temos outras iniciativas como é recuperar o ciclo Música ao Vivo que une dous sectores tan importantes como o hostaleiro e o cultural. É un sinal de identidade da cidade que recoñecemos a xente picheleira, que nos criamos podendo gozar nos locais de concertos de calidade e, sobre todo, de balde. É unha sorte que poucas cidades teñen e iso hai que recuperalo, ademais do ambiente nas rúas e prazas, con iniciativas que dinamicen a cidade para a veciñanza.
Ademais diso, hai certa problemática como é o reparto de mercadorías no casco histórico.
Penso que se perderon anos con este tema e non se avanzou nunha cuestión tan relevante para a hostalería e a boa convivencia na zona vella. Nós apostamos por un reparto sostible e traballaremos por unha maior eficacia en canto á loxística. Agora mesmo só hai a solicitude dunha subvención para facer unha plataforma loxística onde está Mercagalicia, que é unha localización moi afastada e perde a idea da última milla para o casco histórico. Hai que adoptar outro tipo de solución máis eficiente. Outros dous debates son a taxa turística e os pisos turísticos…
Dende CA fomos pioneiros en lanzar a proposta da taxa turística coa que todos parecen estar agora de acordo, pero durante o noso goberno fomos criticados duramente. Para nós é necesaria porque é inxusto que a veciñanza pague cos seus impostos un gasto que vén da presión turística, en seguridade, recollida do lixo, mantemento da cidade… Non lle vexo inconvenientes, só vantaxes, está posta en marcha en moitas cidades e a xente non deixa de visitalas por iso. Ademais, non son precisos grandes inventos para que sexa viable. No caso dos pisos turísticos defendemos a regularización, pero mellorando a actual que non ten en conta aspectos como as distintas zonas, por exemplo. Ademais, falta diálogo neste asunto. O debate tamén está en saber que cidade queremos. Queremos un Santiago diverso onde todos e todas teñamos cabida ou que a xente con menos poder adquisitivo se teña que ir a outras localidades? Porque a gravidade de Santiago co acceso á vivenda vai moito máis alá dos pisos turísticos.
Que valoración fai no eido cultural?
Temos a morriña do Santiago do pasado, o que vivimos hai uns anos. Pasei unha época en Madrid por traballo e mesmo alí as amizades quedaban abraiadas con que na miña cidade case a diario houbera algo que facer a nivel cultural, de boa calidade e accesible economicamente. Eramos capital da cultura e iso haino que recuperar. Como se pode recuperar ese nivel cultural entón?
Non falo só de grandes eventos, que tamén, pero comezando polo inmenso talento local que hai en Santiago e sobrevive polo seu propio esforzo e o traballo dos promotores culturais, non polo apoio institucional. Ademais, non pode ser ese certo desprezo por parte do Concello, que tarda anos en pagar subvencións ou facturas a pequenos autónomos da cultura. Con CA fixeramos un censo con artistas locais e en todas as festas de Santiago había un escenario de música que era integramente local.
A nivel eventos recordo hai anos cando veu Rosalía, que aínda comezaba a despuntar. Había entón unha aposta innovadora, pero nos últimos anos non se fixo nada. Entendo que houbo unha pandemia pero hai que recuperar xa o pulso dese Santiago cultural, que conta con festivais que están no seu ADN, como Cineuropa por exemplo, pero que ten que estar aberto a novas propostas en todas as facetas da cultura. Apostamos por unha cultura accesible.
FÓRA DE CARTA
Mencía. “Normalmente cando saio tomar algo opto por un viño Mencía. Son máis de viño que de cervexa. Tamén son moi cafeteira, menos pola tarde, que despois non durmo ben”.
Hora vermú. “Eu para quedar a almorzar non dou saído da casa e a cea tamén descartada ao ter crianzas, ao día seguinte hai que atendelas. Aposto máis polo vermú coas amizades e se é coas crianzas tamén nese horario ou o da merenda”. Lectura e sendeirismo. “Teño pouco tempo de lecer, non teño vida (risas). Sentiranse identificadas moitas persoas co difícil que é a conciliación, máis se non tes quen che bote unha man. Gústame a lectura e facer deporte, sobre todo, andar pola montaña. As maratóns en Cineuropa remataron para min, gústame moito o cine pero agora xa vexo só pelis infantís”.
Pincha Santiago | febreiro 2023 | 11 |
“Temos que axilizar a burocracia e recuperar o ambiente na cidade”
GORETTI SANMARTÍN, candidata do BNG
| 12 | Pincha Santiago | febreiro 2023
I Goretti Sanmartín quedou con nós no restaurante O Dezaseis, na rúa de San Pedro. Foto: Iván Barreiro
Facemos unha parada coa candidata do BNG pola rúa de San Pedro nun deses clásicos de Santiago onde, di Goretti Sanmartín, sempre atopas xente coñecida e é lugar de reunións nas que se teñen tomado decisións importantes. Nós por agora imos tomar un viño.
Como valora o estado actual da hostalería?
Recuperouse relativamente ben despois da pandemia, pero penso que hai que potenciar a hostalería como elemento socializador e ligado tamén á cultura e mesmo ao patrimonio. Pódense facer moitas cousas unindo estes sectores, por exemplo organizando rutas tanto polo centro como polos barrios que aproveiten a localización de certos locais. Para nós é fundamental a coordinación entre o mundo cultural e hostaleiro, a actividade de rúa e proximidade.
Por outra banda hai que combater a precariedade laboral para que a xente teña máis gañas de traballar no sector, cunha racionalización de horarios e mellores condicións.
Entón, como se pode materializar esa relación entre hostalería e cultura?
Aquí a cultura e a hostalería estiveron sempre vinculados con actividades como concertos, contacontos… Queremos recuperar esa tradición dos locais como espazos para facer cultura. E non falo só de cara ao turismo, senón para a veciñanza, porque é preciso que durante todo o ano os establecementos teñan vida e afluencia de xente de Compostela. Iso si, ten que existir un modelo turístico e saber que cidade queremos construír, onde prime a calidade e non a cantidade. O certo é que en Santiago sempre fomos moi de vernos todos os días, de facer moita vida nos bares, así que apostamos polos eventos con continuidade, non cousas dun día. Aquí inclúo tamén o rural.
Falando de turismo, que opina da taxa turística e dos pisos turísticos?
Si á taxa turística, pero o máis importante é saber para que. Eses beneficios teñen que ser para reverter en todo o que son consecuencias negativas do turismo, que fai que teñamos que pagar máis por limpeza, por exemplo. Ninguén vai deixar de vir por pagar unha taxa. Mesmo podería pensarse en aproveitar ese fondo para reducir en xeral a factura do lixo da veciñanza de Compostela.
Sobre as vivendas de uso turístico no BNG defendemos a súa regularización e iso non pasa por ese rexistro que puxo en marcha a Xunta. É evidente que non se pode expulsar á poboación e que diminúa o uso residencial da cidade, pero tamén cremos que non son as causantes principais do problema de Santiago, que ten moita vivenda baleira que hai que mobilizar. A falta de servizos na cidade histórica tamén é outro factor que bota á xente. Na zona vella hai que vivir como no século no que estamos.
Como afrontarían o reparto de mercadorías do casco histórico?
Hai que pactar coa hostalería uns horarios que fagan que a zona vella estea o máis humanizada posible e libre de vehículos, sobre todo
da acumulación a determinadas horas. Apostamos por un transporte sustentable, ecolóxico e que se faga ao longo de calquera momento do día, pero a través dun medio adecuado en lugar de que entren grandes camións e todos á mesma hora. En todo caso, intentariamos consensuar con asociacións, xente propietaria e ver cal é a mellor fórmula. Hai que facilitarlle a vida a todos.
A que nivel cultural cre que está Santiago nestes momentos?
Moita xente tenme manifestado certa saudade daquel ciclo Sons da Diversidade que puxo en marcha o BNG e xuntaba voces galegas con músicas doutras partes do mundo. É dicir, non hai que apostar só polos circuítos que están funcionando no estado. A mesma idea se pode aplicar a todas as disciplinas. Hai que conseguir que a xente veña a Santiago a un evento cultural porque se atope cunha oferta que non ten noutras partes. Santiago perdeu o pulso do que foi noutro momento. Que liñas seguirían neste eido?
Apostamos por darlle cabida no día a día ás persoas creadoras a nivel local, que hai moitas. A cultura é tamén ter espazos para estas persoas, para que creen sinerxias e organicen eventos. Ademais, penso que hai que facer fincapé en oferta para a mocidade, que hai moita actividade infantil e para persoas adultas pero é difícil mover a certas idades. Cremos na idea ampla de cultura, ligada á recuperación da memoria histórica e ao patrimonio.
FÓRA DE CARTA
Mencía. “Gústame o Mencía, especialmente este, o Monterrei. Busco sempre adegas galegas, que hai moitas pequenas e con moi boa calidade. En Santiago, ademais, agora xa hai moitos sitios onde o encontro. Eu cando digo que saio de viños, non é a curtos de cervexa”.
Hora dos viños. “Paréceme unha boa hora para quedar a sesión vermú, pero por semana é complicado, así que quédome coa hora dos viños, aí polas 8. Eu diso dos brunch non son, prefiro almorzar na casa”.
Música e lectura. “Encántame a música en directo, ir a concertos é un luxo. Tampouco concibo a vida sen os libros, para min a lectura é fundamental e son moi fan dos contos, para adultos e infantís. Por outro lado son moi de camiñadas, de percorridos longos”.
Pincha Santiago | febreiro 2023 | 13 |
“É fundamental a coordinación entre o mundo cultural e hostaleiro, recuperar esa tradición”
#debares
| 14 | Pincha Santiago | febreiro 2023
Pepa Fuertes abriu Corrosco na rúa de San Pedro o pasado agosto. Foto: Iván Barreiro
As penas cun bo bocadillo pasan moito mellor
Din por aí que as penas con pan son menos, pero se por riba no medio do pan lle metes sustancia, non che digo máis! Diante dun mal día, métolle un deses de gordura e sabor, dos que che nubran o sentido, dos que acaban co enfado e por un instante, só un pequeno intre, mentres che dura na “panza”, a vida vese chea de fartura, feliz! Logo xa o esqueces… (hahaha) Sen dúbida: As penas cun bocadillo pasan moito mellor!
E como os primeiros meses do ano son un pouco de bosta (mollados, fríos, tristes, cheos de luns que duran ata o domingo, de crise económica e existencial e dun longo etcétera de merda)... Recomendámosvos abrir ben a boca e metervos entre peito e lombo un bocadillo dos bos! Dos que deixan K.O. Dos que che fan rir, por odre! E para elo imos falarvos de dúas opcións compostelás: unha nova e unha de sempre. En Corrosco, na rúa de San Pedro, acaba de aterrar Pepa Fuertes. Ferrolá de nacemento, picheleira de adopción. Veu estudar á Barcia e xa quedou namorada desta cidade e logo de traballar e traballar, segue traballando... E por riba, lánzase á piscina de montar un negocio. Porque ademais de ser unha namorada da boa gastronomía, aínda que hoxe, ás veces, a gastronomía teña un punto de
pretensiosa, di que “é ARTE suprema! Nutre, dáche vitaminas, minerais e todo o que necesitas para alimentarte. É arte que consumes no momento. E hai público para todo! A comida permíteche darche un bo momento, máis accesible, sen facer tanta inversión, coma nunha unha viaxe, por exemplo”. Está convencida de que cada un de nós ten un local á medida, aí está o seu nicho de mercado. Ten unha frase elegante e diferencial, que lle gusta repetir: “A miña é unha cociña gourmet entre pans”. É unha gran entrada. Como a de Corrosco, con esa cortina aveludada, de cor ouromostaza, que che convida a probar un bocadillo de polo rebozado con nachos, guacamole e cebola acaramelada.
Leva xa seis meses cunha vida que transcorre a saltos. Porque Pepa é coma os seus bocadillos, especial, diferente, deliciosamente emprendedora, riquiña, como a vosa revista: Pincha! E abriu Corrosco no mes de agosto de 2022 porque lle vía presente e lle ve futuro.
“Hai unha tendencia a pedir comida caseira, accesible,
Por Jéssica Pintor
Pincha Santiago | febreiro 2023 | 15 |
“En Corrosco non facemos ningún bocadillo que a xente poida atopar noutro local”
para comer no día a día. Xa deixamos parte do noso presuposto para ter unha experiencia culinaria! Corrosco é un local cun deseño moi persoal. É un lugar informal, onde comer rápido e rico. Acolledor! Unha mestura de sabores, orixinais, nosas! Non facemos ningún bocadillo que a xente poida atopar noutro local. Situámonos nun punto medio, para a xente que se quere dar un premio, unha experiencia de comer algo bo, sen ter que deixarse moitos cartos. Para cando estás farto do mesmo. Nunca imos sacar bocadillos normais. Non me motiva! O bocadillo é a comida que ten máis posibilidades de remexedura de sabores novos. Temos un de escalivada. Hai opcións vexetarianas, sen glute. En Corrosco collemos un produto de referencia coñecido, como o lombo, o raxo, pero non facemos un bocadillo ao uso, mesturamos sabores típicos doutras rexións de España ou doutros países. O de lombo de porco leva sobrasada de Mallorca, mel de flores, ensalada agridoce... O de raxo leva crema de queixo afumado, marmelada de pementos fritidos e un macerado caseiro. Temos un bocadillo de pescada! E quen o proba, repite. É para xente con curiosidade. Ten un rebozado con cervexa e unha salsa tártara caseira e unhas conservas en vinagre feitas por nós!”.
- Entón, querida... -“Encántame a comida!!” Correto! (Sigo rindo).
“Quería ter un laboratorio gastronómico, onde poder probar cousas novas. Quería saber o que era ter a miña propia empresa. Gústame moito a hostalería, ver á xente gozar cunha experiencia. Teño carácter servizal. Vimos a necesidade no barrio de crear cun lugar onde pedir ou coller algo informal e levalo para a casa. E aínda que hai moita oferta moi boa, non había practicamente ningún local para coller comida e levar camiño da casa, dende Concheiros ata Cervantes”.
O Rei do Bocadillo
E se agora e se falamos dun clásico? O Rei do Bocadillo! Non pode fallar. Pero hai alguén en Santiago que non comera un aí, ou? Vale, pode haber xente que vaiamos máis por polo asado, pero é que os seus bocadillos de tortilla, calamares, xamón asado, milanesa de polo... Levan 40 anos facéndoos, alimentando e coidando os nosos bandullos! Un negocio familiar, onde pai, nai, fillo e tío comparten apuros, anécdotas e malos tragos, como foi a pandemia.
Miguel Viaño é de Ames e o seu cuñado Carlos é de Negreira. Fixéronse socios no 1982 cando colleron este local. “O local era dun tío meu, tíñao alugado e non estaba contento e decidimos collelo. Xa se facían bocadillos e nós continuamos. Cos polos empezamos a finais dos 80. Este asador de gas que temos agora comprámolo no 92, en Madrid, e fíxate xa choveu algo! Xa me daba pánico daquela que nos cambiara o sabor... Pero saíu moi ben. Debeu de ser o primeiro asador deste tipo que chegou a Santiago”.
En O Rei do Bocadillo só podes coller o bocadillo para levar, coa pandemia quitaron as mesas, pero na cafetería Lembranza, de lado, podes comelo. Tamén teñen pratos combinados, para levar e para tomar. -Quen é a vosa clientela, Miguel? –“Haiche de todo: universitarios, amas de casa, traballadoras/es que non teñen tempo de cociñar, familias na fin de semana... Todos son fieis! E moi raro que non repitan. É unha vantaxe deste negocio. Hai xente que viña xa de estudante, hai 30 ou 35 anos, e agora veñen os fillos e, en breve, virán netos!”.
Víctor, o seu fillo, xa case leva 20 anos no negocio tamén! Cando chegamos facer a foto están ao lío. A dona de Miguel, Lucía, está acelerada na cociña. Son as dúas en punto. Haiche tráfico de bocadillos. Recibe unha chamada e explícalle que é mellor reservar o polo con antelación, porque a esa hora é raro que haxa xa!
“Non temos unha produción que se programe. Temos o que temos e cando se acaba, xa non temos. Non quedan polos dun día para outro. Hai días mellores, días peores. O mellor son os clientes, sempre! Son os que manteñen os negocios. E o peor é o horario e tes que estar presente, pendente...
E abrimos todos os días. É difícil atopar un día frouxo para pechar... Somos cinco autónomos. Creo que estamos traballando máis agora que antes da pandemia. Aumentou a demanda de comida para levar para a casa, os nosos prezos non son elevados e facemos todo no momento. A verdade que pouco menos que me asombro co local e a cociña que temos, todo o que sae e como sae! Asómbrome da mecánica que conseguimos. O polo vén de Ribadulla.
| 16 | Pincha Santiago | febreiro 2023
I Dúas das propostas de Corrosco. Foto: Iván Barreiro
E a alma mater da cociña é a miña muller! Levamos coa mesma panadería dende sempre, traen o pan recen feito, no forno de leña. Como se me xubilen, a ver que fago!”. -E cando te xubiles ti, Miguel? “Cando nos xubilemos... Eu xa fixen 70 anos... Coidar da horta! Quedarán os fillos, se queren seguir. Veu unha nai cun cativo e contábame que lle dicía o neno: Ten que ser polo con patacas fritidas e ten que ser de aquí! Porque se van a outro sitio, a verdade xa distinguen que non é de O Rei do Bocadillo... E non temos ningún segredo! Botámoslle unha salsa, que fai Lucía, para diferenciarnos”. -Non quedaremos sen bocadillos, ou? Parece que O Rei bo Bocadillo leva reinando 40 anos nin tan mal! –“Pois, parece que gusta e que repiten, está claro!” .
Porque “é fácil de comer, rápido de facer, é cómodo e sacia!”. Porque “é unha boa solución cando tes fame e gañas de comer”. Porque é sumamente satisfactorio comer un bo bocadillo. Ñam! Dos que te agarima por dentro. Buah!! Que abres a boca ben grande... JAM!! E quedas ben cheo. Porque se o pan quita as penas, mételle un bocadillo!
IX Xornadas Gastronómicas da
Pincha Revista de Gastronomía Cultura Pincha Revista de Gastronomía Cultura Pincha Revista de Gastronomía Cultura
Carlos, Víctor e Miguel, na barra de O Rei do Bocadillo. Foto: Iván Barreiro I
17, 18, 19, 24, 25 e 26
de marzo
Pincha Santiago | febreiro 2023 | 17 |
“Os nosos prezos no Rei do Bocadillo non son elevados e facemos todo no momento”
Mercedes Corbillón:
está en ter tempo para mirar”
Mercedes Corbillón (Pontevedra, 1969) é, ante todo, un personaxe clave na vida literaria compostelá actual. Primeiro libreira en Cronopios e agora escritora -aínda que non lle gusta este termo aplicado a ela mesma- foi quen de crear nas redes a súa propia reprodución: ‘Señora de Provincias’; elegante, melancólica, culta, ás veces canalla e sempre aventureira.
Un personaxe así tiña que recalar dunha ou doutra forma nun lugar como a Illa de A Toxa, lugar de veraneo chic por excelencia.
Así nace ‘Verano en A Toxa’, un conxunto de deliciosos relatos oníricos e brumosos ilustrados pola man de Maru Godás.
O libro pertence á colección ‘Illadas’ de El Patito Editorial. Afondemos un pouco máis nesta viaxe máxica de Mercedes Corbillón.
Como naceu a idea deste libro?
A editora Gemma Sesar de El Patito Editorial coñecíame das redes. O proxecto ‘Illadas’ está dentro dunha colección sobre as Illas Atlánticas. Este é o segundo título. O primeiro foi de Ons.
Este é un proxecto de editora. Creo moito no labor da figura da editora. Pareceume un luxo participar nesta serie. Creo
#delibros
“O luxo
| 18 | Pincha Santiago | febreiro 2023
que o libro quedou precioso coas pastas duras e a beleza das ilustracións de Maru.
Gústame moito viaxar soa, en plan contemplativo e a sitios que xa coñezo. Por tanto, este caderno de viaxe ten moito que ver coa forma na que me gusta viaxar.
A idea de Gemma é que cada libro da colección sexa dous nun. Un conta a perspectiva dun artista plástico e outro, a de alguén con palabras.
Ao final Gemma logrou que confluíran ambas perspectivas. Os textos acompañan ás ilustracións.
O tempo compartido na illa con Maru comendo e bebendo porque chovía moito e non podíamos saír demasiado (risos) serviu para que as miradas se mesturaran.
Fálanos da túa colaboración con Maru...
Paréceme que A Toxa vista por ela é fermosísima, que ten uns xogos de cores, de verdes e de rosas, que algunhas non parecen reais. Parece unha fantasía, pero a min iso gústame, porque creo que iso tamén é a arte, que cando escribes tampouco estás a relatar a realidade exactamente.
Creo que, a pesares do título, o libro non se escribiu nun só verán…
A primeira vez foi verán e a segunda, primavera. O primeiro ano era o da pandemia, non parou de chover. De feito xa ves que hai moita zona escura nas ilustracións, e ten que ver coa choiva. Entón volvemos ao seguinte ano. Á parte, eu estiven en máis ocasións pola miña conta. Metinme no personaxe e no estar nun lugar gozando do tempo, o cal cambia de perspectiva.
Se tes tempo, que é o que ten a xente con cartos que vai á Toxa, todo cobra unha dimensión diferente. É un lugar fermosísimo, porque tes esa cousa de illa onde todo se detán, onde non hai ruído, aínda que entran os coches, pero en realidade é moi silencioso. Se estás no Hotel Louxo ou no Gran Hotel son lugares absolutamente silenciosos. Aí está esa sensación de sanatorio.
Ten un punto onírico todo o que contas.
Claro, porque é verdade que coincidiu así. Os lugares están sempre moi marcados polo clima e animado polas circunstancias. Coincidiron os anos duros da pandemia. Tamén coincidiu o tempo moi chuvioso, aínda que era verán. Xa sabes como é o verán en Galicia; chove, pero de súpeto tamén sae o sol e fai calor, co cal tamén che podes meter nas augas completamente transparentes que realmente son fermosísimas. Entón tes toda esa mestura de cores que eu creo que Maru deixou tamén reflectida.
Que hai de real e de ficción? Hai un personaxe que recorda ao cabaleiro de Muerte en Venecia…
Creo que teño pouca imaxinación. Penso que todo é unha realidade un pouco deformada, pero como facemos sempre que contamos as cousas. Cando contamos algo do que nos sucedeu, deformámolo un pouco consciente ou inconscientemente, e neste caso, obviamente a narradora son eu, unha copia miña, porque é unha muller que está na Toxa facendo un caderno de viaxes que lle encargaron.
O luxo está precisamente en ter todo ese tempo diante para mirar. Nese mirar constante, eu si vin a ese home vestido de traxe e pantalón branco con sombreiro Panamá e bastón paseando pola illa. Imaxínome que estaría aloxado alí. E empezas a pensar quen será este señor e cal será a súa historia. Obviamente hai cousas que espero que sexan verosímiles, pero que non necesariamente sucederon na miña estancia, polo menos.
Como foi pasar de libreira a escritora?
O título de libreira marabíllame, non creo que sexa escritora para nada. Tamén levo un par de anos escribindo en prensa todas as semanas. O feito de escribir semanalmente en prensa satisfaime e creo que tamén aí se pode facer literatura. Faise moita literatura na prensa.
Cal é o teu próximo proxecto literario?
Teño un proxecto dunha novela en Espasa. A proposta veu tamén dunha editora a raíz de lerme nas redes como ‘Señora de Provincias’. En principio ía ser un diario dunha señora de provincias, inspirado nun libro similar dunha muller dos anos 20 do pasado século. Ao final mandeille un texto que xa tiña. É unha historia de desamor, un tema que sae moito en ‘Señora de Provincias’, sobre unha muller que está en Venecia. Espero que vexa a luz en abril de 2023. Pincha Revista de Gastronomía Cultura
Verano en A Toxa
Autora: Mercedes Corbillón
Ilustradora: Maru Godás
Editorial: El Patito Editorial
Lingua: castelán
Páxinas: 86
Ano: 2022
Pincha Revista de Gastronomía Cultura Pincha Revista de Gastronomía Cultura Por Ruth Ríos
Mercedes Corbillón, coa súa obra ‘Verano en A Toxa’. Foto: Iván Barreiro
Pincha Santiago | febreiro 2023 | 19 |
Paula Ojea combina dúas das súas paixóns, a enxeñería e a cerámica, no seu proxecto OJEA STUDIO. Desde o seu obradoiro en Vigo crea pezas que forman parte dalgúns dos mellores restaurantes en Galicia e que xa teñen gañado un Premio Nacional de Artesanía.
Cando empezaches a facer cerámica?
Tiña catro ou cinco anos cando empecei nun obradoiro municipal de Nigrán. É unha disciplina que sempre me gustou moito porque é un material que permite facer case calquera cousa que imaxines. E ademais o proceso ten un compoñente emocionante. Nunca sabes ao cento por cento como vai saír unha peza.
E cando decides que será a túa profesión?
Ao principio era como un hobby. Decidín estudar enxeñería de camiños. Fixen parte da carreira en París e o meu primeiro traballo foi en Nova York. Despois, traballando en Barcelona, aluguei un espazo para facer cerámica e dinme
de conta que o que máis me gustaba era pasar tempo alí. Ademais vin que eu podía facer algo diferente, que é aplicar a visión da enxeñería. De pequena, poñíame diante dun anaco de barro e empezaba a crear. Despois de facer a carreira, incorporei a parte do deseño previo ao contacto co material. Comprendín que a cerámica podía incorporar ambos mundos: o da creatividade coas mans e o máis técnico da xeometría, da visión espacial… Así que no 2015 montei Ojea Studio
No 2019 gañaches o Premio Nacional de Artesanía na categoría de produto por ‘Cut& Fold’. En que coleccións máis traballas?
As pezas que creo son resultado da observación e inspiración no entorno, tanto natural e industrial da costa, como das miñas vivencias no estranxeiro. Teño tres liñas de traballo. A primeira é a de ‘Cut & Fold’, que é a que máis representa a miña aposta por unir os mundos da enxeñería e da cerámica. Outra é ‘Oceanic’, que son
Paula Ojea: “Para min é moi importante que cando alguén vexa unha peza
Oído, artesanía! | 20 | Pincha Santiago | febreiro 2023
Foto cortesía da Fundación Pública Artesanía de Galicia.
pezas máis orgánicas. E a última é ‘Particular’, que é de liñas moi puras, de cores neutras… e está inspirada nos ceos galegos desta época do ano. As tres están vivas. Vou facendo variacións, novos deseños...
Cal é a túa relación coa restauración?
Foi na primeira edición do encontro ‘Artesanía no Prato’, que organiza Artesanía de Galicia, cando empezaron as miñas colaboracións con chefs de máximo nivel como Lucía Freitas, Pepe Solla, etc. O bonito é que lles gusta o meu traballo, pero tamén as achegas que me fan son interesantes para min. Por exemplo, a partir destas colaboracións desenvolvín un servizo de café moito máis completo.
Por outro lado, tiven a sorte de manter a miña esencia. Para min é moi importante que o que eu fago se identifique comigo. Que cando alguén vexa unha peza nestes restaurantes saiba que é miña.
Que supón para ti contar coa marca Artesanía de Galicia? Ademais de entrar no mundo da gastronomía, que para min foi un punto de inflexión, grazas á Fundación coñecín a moitos artesáns e artesás cos que podo intercambiar vivencias, experiencias, opinións…
Moitas veces para a xente fóra do sector é difícil distinguir entre facer traballos manuais e facer artesanía a nivel profesional. As iniciativas de Artesanía de Galicia axudan moito a desterrar esa idea errónea. Pincha Revista de
Onde podemos mercar as túas pezas?
Na miña tenda online (ojeastudio.com), por encargo no email info@ojeastudio.com ou no teléfono (629 784 374) e nas tendas Merlín e Familia e Boles, en Santiago; Pot, en Pontevedra; e Porta da Pía, en Tui. Ademais, pódese visitar o meu obradoiro, en Vigo, con cita previa.
Gastronomía Cultura Pincha Pincha
peza
Pincha Santiago | febreiro 2023 | 21 |
nun restaurante saiba que é miña”
Por Rebeca Munín
QUESADILLAS DE ROXÓNS CON QUEIXO NO TOÑITO
O Toñito abriu as súas portas dan man de Almudena Castro e Daria Alesi hai pouco máis dun ano na Avenida Rodríguez de Viguri, 45.
A el podes ir tanto a almorzar, como a beber un viño ou comer e cear. Atoparalo aberto pola semana desde as oito da mañá ata as once da noite, alongando o peche ata as doce os xoves e venres. Os sábados o horario é de 10:30 a 18:00 horas.
O ambiente é moi familiar e teñen unha interesante oferta cultural, organizando pinchadas, actuacións musicais e sesións vermú de xeito habitual.
Sempre ofrecen boas tapas coas súas consumicións e teñen diferentes opcións para picar algo, ademais de suxestións de tempada nas fins de semana. De luns a venres tamén podes pedir o seu prato do día, con bebida e sobremesa ou café por tan só 9 €.
Na súa visita ao Toñito o noso @JuanEAT_o degustou unha das últimas incorporacións na súa carta: unhas quesadillas de roxóns con queixo que lle resultaron do máis saborosas!! Podes ler a súa opinión a continuación.
Foto: Iván Barreiro
#apapar | 22 | Pincha Santiago | febreiro 2023
Se buscas, sempre atopas! E, neste número de Pincha, quixen ensinarvos algo un pouco máis afastado das típicas zonas de hostalaría de Santiago. Así cheguei ata O Toñito, un bar sito preto dos edificios da Xunta de Galicia, na avenida de Rodríguez de Viguri.
O local conta cunha terraza traseira con zona de aparcamento, o que fai que sexa moi cómodo quedar alí a tomar unas cañas e picar algo. E disto quería eu falar neste artigo, xa que na miña visita ao Toñito puiden probar unhas quesadillas de queixo de ArzúaUlloa e roxóns da Carnicería Esteban, na Praza de Abastos, os cales teño que dicir que lle quedaron exquisitos a Pedro, coma sempre! Para min, os mellores de toda a cidade.
Lugar:
Avenida Rodríguez de Viguri, 45
Santiago de Compostela
Datos
@JuanEAT_o , no Toñito tomando as súas quesadillas de roxóns con queixo.
Foto: Iván Barreiro
O prato vai presentado en oito triángulos pensados para compartir, ou non! (hehehe) Para o meu gusto, estaban boísimos, así que podedes imaxinar que non deixei nin un na mesa.
As quesadillas ían acompañadas de dúas salsas, de aguacate e de pico de galo, de elaboración caseira. Contoume Almudena, unha das socias do Toñito, que están traballando tamén na creación dos seus propios nachos, unha proposta que estou desexando ir probar, porque de seguro nada terán que ver cos de bolsa.
En definitiva, esta versión galega deste típico prato mexicano resulta ideal cando queres saír a comer algo rápido, rico e botándolle unha parola cun bo amigo. Pincha
Prato:
Quesadillas de roxóns con queixo
Prezo: 9 €
Pincha Pincha Revista de Gastronomía & Cultura Valoración: P o r @JuanEAT_o @JuanEAT_o
Pincha Santiago | febreiro 2023 | 23 |
Almudena Castro
A Avenida Rodríguez de Viguri agocha un deses bares nos que sentirse coma na casa: O Toñito. Un local que celebrou primeiro aniversario o 28 de xaneiro e para o que as súas promotoras recuperaron o nome orixinal co que abriu por vez primeira nos anos 70. Almudena Castro e Daria Alesi levan anos traballando na hostalería compostelá, coñecéronse cando o facían ambas no París, e buscaban nesta nova aventura crear un espazo acolledor no que coñecer ben a quen atenden. De conversa con Almudena, descubrimos que conseguiron iso e máis, a súa clientela é moi variada e totalmente interxeracional. O Toñito é de todo: cafetería con almorzos pola mañá, casa de xantar ao mediodía, taberna e centro social polas tardes, parada obrigatoria se andas de tapas e un estilo pub cando marcha o sol, sobre todo coas sesións musicais dos venres. Se a isto lle sumamos que ten aparcadoiro e dúas terrazas… non sei a que agardades se aínda non fostes dar alí.
A tortilla e o dominó Polas mañás, co café, pódese escoller entre acompañalo con doce ou con tortilla de patacas. Almudena cóntanos que isto vén de atrás “dos diferentes locais que albergou este espazo”. Que
“Buscabamos saír da clientela de paso, ter un espazo familiar onde coñeces á xente, sabes o que lle gusta ou que toma”
| 24 | Pincha Santiago | febreiro 2023
Almudena Castro rexenta xunto con Daria Alesi o local O Toñito. Foto: Iván Barreiro
ela saiba, “todos seguiron facendo tortilla ao almorzo e nós tamén”. Non é a única herdanza que quixeron e queren manter. Tamén as partidas de dominó das primeiras horas da tarde: “Cando collemos o bar, preguntaron se podían seguir vindo a xogar”.
Cando dan as catro, Manolo, José Manuel e Antonio están xa sentados nunha das mesas interiores agardando por máis compañeiros para empezar a partida. Son veteranos do dominó. Aprendérono de seus avós, de seus pais, e xogárono por toda Compostela:
“No Monterrey, no Hotel San Lázaro, no Media Luna, no Camiño Francés, no Queimada, no Casimiro de Vidán…”. Van enumerando bares e tabernas das que non moitas quedan abertas e contan que no Toñito “os tratan moi ben” para, entre risas, apostilar que “hai outros locais nos que non somos tan ben recibidos… ás veces elevamos un pouco os decibelios”.
Para a panda do dominó, O Toñito é o seu centro social. Ás veces xogan ao tute ou á escoba pero o que máis lles quita o sono son as partidas con esas baldosas brancas e negras. Din que “activa a mente”, que “fai traballar a memoria”, que é “un xogo de pensar”. Eles non se xogan nada máis ou nada menos que “a honra” pero o resultado da partida inflúe en como pasan a noite: “O peor é cando perdes que despois das voltas na cama pensando… e se xogase a dúas/ branca e non a dúas/tres?”.
Pídechas o corpo
O ambiente da hora das tapas do Toñito é coma o dun pub de tarde: música, rondas e desenfado. A diario dan tres tapas diferentes, unha nova con cada consumición que vas pedindo, aínda que tamén podes picar algo da carta. Ademais, os venres organizan pinchadas con vinilos. Por alí xa pasaron Fragabuqui e Wanda Buluva, que chaman ás súas sesións “Pídechas o corpo”, ou os Dj’s Bluemause, Ghuin Pan Funk, MikeLaTrama, Abel Visión… No verán tamén fan concertos na terraza cuberta onde xa soaron algúns dos grupos que son banda sonora da cidade: Barbitúricos, Tato e Espiño, Mad Martin, Lou Reyes, Xulián Freire ou Javi e Carlos Pretty.
“Queremos ter programación propia pero tamén que a xente saiba que ofrecemos o espazo para realizar actividades culturais”, apunta Almudena. Esta cambadesa leva uns doce anos en Santiago: “Vin a estudar filoloxía e rematei na hostalería”, di rindo pola casualidade da rima.
E algo desa mestura hai tamén no Toñito, cando menos nas lonas da terraza. Nelas hai escritos con letras ben grandes anacos de poemas: “… e celebrarnos como festexos curativos epidémicos” de Diana Kurich; “A cama sen ti é un país en guerra” de Andrea Nunes ou “Eu non sei consolar vacas” de Olalla Linhares. Non é esta a única decoración curiosa do local que ten os seus baños totalmente empapelados con exemplares da desaparecida revista Compostelán, case que unha antecesora na cidade desta querida Pincha.
Por Xiana Arias
Pincha Santiago | febreiro 2023 | 25 |
“Queremos ter programación propia pero tamén que a xente saiba que ofrecemos o espazo para realizar actividades culturais”
GOLPE A GOLPE TINTO 2020
FICHA DO VIÑO:
Adegueiro:
Roberto Fuentes
Adega Golpe a Golpe
D.O.: Sen D.O.
Variedades:
70% Caíño Tinto e 30% Espadeiro, nesta colleita
Grao: 11,5º
Colleita: 2020
Prezo: En torno aos 17€
Abrindo un viño na Viñoteca do Mercado. Foto: Iván Barreiro
crusat & costas
| 26 | Pincha Santiago | febreiro 2023
Non se me ocorre mellor xeito de comezar o ano que presentarvos a un elaborador que estou segura de que cando rematedes de ler os nosos textos estaredes desexando coñecer e, sobre todo, beber os seus viños!
Falamos de Roberto Fuentes, creador de Adegas Golpe a Golpe baixo o precioso lema de ‘Viño en Rebeldía’, apelando ao seu xeito de facer viño e ao seu afastamento de todo corpiño imposto polas Denominacións de Orixe.
A historia de Roberto comeza coa forte crenza de que se pode vivir da terra, desoír o que se di moitas veces de que “o campo non ten futuro”. Decantouse pola viticultura por tradición familiar, posto que a familia materna e paterna sempre tivo tradición vinícola.
Enxeñeiro Técnico Agrícola pola Escola Politécnica Superior de Lugo e Licenciado en Enoloxía pola Universidade Rovira y Virgili de Tarragona, comezou traballando “para os demais” tanto en varias adegas de Cataluña, ata que chegou a crise de 2012 e volveu á casa, xa que o traballo comezou a escasear. Xa de volta, traballou en varias adegas máis; mentres cos cartos que xuntaba ía mercando maquinaria para a adega que quería montar. Comezou elaborando pequenas tiradas do seu viño favorito: o escumoso.
A medida que ía desencantándose de traballar para outros e de non sentirse valorado, foi collendo confianza en si mesmo e no 2016 deu o paso de crear a súa propia adega: a adega da súa familia, pero adaptada aos tempos actuais. Está situada en Tremoedo, Vilanova de Arousa, onde traballa con variedades moi diferentes, algunha delas non autorizadas polas denominacións; pero precisamente niso consta a marca ‘Golpe a Golpe’; e tentar reflectir as características das castes locais pero aportando o selo persoal de Roberto, pouca intervención pero control de todos os procesos.
Neste caso falamos de Golpe a Golpe Tinto 2020, elaborado con Caíño tinto e Espadeiro, do que vos falará Crusat no seu texto. Un viño de innegable carácter atlántico e frescura; algo ao que moita xente aínda non está afeita a ver nun viño tinto, pero que cada vez ten máis aceptación entre os que se inician agora neste marabilloso mundo do viño. Pouca gradación, trago fácil, salino e balsámico, que invita a beber; e, sabedes que? Que vai perfecto cunha pizza de champiñóns e olivas negras. Saúde!
Oproxecto de Roberto Fuentes ‘Viño en Rebeldía’ consta de varias elaboracións sen máis normas que o seu parecer e o seu saber, sen directrices marcadas por outros. Así pois, a pesares de atoparse dentro da zona xeográfica da DO Rias Baixas, non traballa baixo o seu paraugas, é libre para facer como lle peta, golpe a golpe.
De momento o proxecto consta de dous viños brancos (Albariño, Loureira Branca), dous espumantes (Albariño, Caiño Tinto), un rosado (Espadeiro, Caiño e Albariño), un viño doce (Albariño) e un tinto que e o que vos presentamos desta vez.
Este Golpe a Golpe Tinto é un viño mestura de uvas caíño e mais espadeiro. As proporcións en canto á uva son variables dependendo do ano, sendo este 2020 de preto dun 50% de cada, pero se atopades o 2021 nese caso a maioría corresponde con espadeiro, xa que foi un ano moi malo para o cultivo do caíño.
En canto á elaboración desde viño, partimos da uva depalillada (quitámoslle o cangallo), e fermenta de xeito espontáneo (sen lévedos engadidos) en toneis de madeira abertos, para despois pasar a barricas grandes de 500 litros onde remata a fermentación alcohólica, e fai a maloláctica.
Posteriormente faise unha trasfega para pasar e criárense en tinallas ou ámboas de barro de 350 litros ata o comezo do verán cando pasa a ser embotellado.
Coma notas de cata, atopámonos cun viño limpo, de cor vermello picota e capa media-baixa. No nariz ao comezo aparece cunha lixeira redución, que abre rapidamente, dando pasos a notas de froita vermella fresca tipo grosella e framboesa, flores tipo violeta e mais balsámicos. Na boca é un viño fresco estruturado cunha boa acidez, volvendo a atopar esas notas que xa descubriramos no nariz previamente.
E imos pois meterlle algo no corpo para asentar o bandullo. Estas datas son tempo de entroido, de fartura de carne de porco e doces antes da penitencia imposta, polo que a maridaxe está moi clara. Propoño un cocido con ben de cachucha, grelo (repolo para algúns) e chourizos variados, ou senón, por que non meterlle unha boa androlla. En canto a unha elaboración máis revirada, propóñovos uns ovos rompidos cun rulo de friame de pés de porco para darlle o aporte de lípidos necesarios para toda comida ben equilibrada. Pincha
Por Jose Crusat Por Lorena Costas
Revista de Gastronomía Cultura Pincha Pincha
Pincha Santiago | febreiro 2023 | 27 |
Un rebelde con causa O viño coma a min me peta
José Luis Iglesias Diz
Baixo pola costa empinada que tantas veces percorrín por medo a que algún gardián canino tivese a sospeita de que eu fose unha ladroa. O obxectivo principal é chegar a unha casa moi familiar para min.
Alí recíbeme Luis, con gran amabilidade, como de costume. Entramos na estancia que nos dará acceso á súa gorida. Un despacho no que Luis Iglesias Diz exerceu parte da súa profesión como médico pediátrico. Do teito desprégase maxicamente unha escaleira pola que subiremos ao seu taller.
Visitei moitas veces estes dous espazos, pero nesta ocasión amosáronse como a materialización da traxectoria profesional do meu entrevistado: unha persoa totalmente afanada e apaixonada polo seu traballo como doutor que escapa polo zapón da súa mente para ascender e dar renda solta á súa creatividade máis salvaxe.
Esta evasión medra dende neno, cando aínda era un cativo que vivía nunha aldea da provincia de Pontevedra. A partir da observación de imaxes televisivas, fotografías de obras de arte ou ilustracións comezou a experimentar co lapis e unha caixa de acuarelas. Testemuña desta etapa son os cadernos (moi ben conservados) dun cativo hábil, sensible que interpretaba o mundo que lle rodeaba a través do debuxo.
Tras un tempo de descanso artístico, os anos setenta móstranse fértiles e retoma os coñecementos adquiridos nas cuartillas da nenez. Vén estudar medicina a Santiago e adquire relación con algúns artistas da cidade. Descobre o óleo e inicia unha traxectoria de experimentación na que traballa elementos básicos da técnica pictórica. A paisaxe, como disciplina académica clásica foi o punto de saída para despegar rapidamente con resultados plásticos máis expresionistas e informalistas. Estas pinturas serán expostas na súa primeira mostra no pub Modus Vivendi de Santiago en marzo de 1980, dando orixe a outras moitas exposicións individuais ou colectivas.
De xeito progresivo as experiencias artísticas comezan a xerar momentos inesquecibles. É seleccionado en varias convocatorias expositivas como na I Mostra Unión Fenosa. Gaña o primeiro premio, Paido-Artis, da Asociación Española de Pediatría. Destacar tamén a creación do colectivo Anakos no 1987.
En termos xerais, o seu traballo como artista durante máis de 40 anos é o produto dun coñecemento moi respectuoso do academicismo artístico, da interiorización e observación doutros artistas e cun grande interese por diversos temas científicos e humanísticos. Obras pictóricas
que pasan por un minucioso sistema de transformación que poden transgredir os límites das dúas dimensións equilibrando resultados figurativos e abstractos dun xeito moi harmonioso.
Por outra banda, paréceme moi interesante o lugar que lle outorga a materiais ordinarios ou comúns como o cartón, explotando tódalas súas posibilidades plásticas e estéticas para facer deles obras de arte. Un exemplo disto son as pezas da serie ‘Mata o escaravello’.
‘Homúnculo’ é o título da exposición que xira en torno ao concepto desenvolto polo neurocirurxián canadense Wilder Penfield a mediados do século XX. Penfield describiu un Homúnculo, ou home pequeno, con partes do corpo desproporcionadas en relación ás partes do cerebro encargadas da función motora e sensorial. Luis fai unha interpretación deste concepto dando como resultado unha serie de cadros moi coloristas que apelan ós sentidos a través das imaxes, texturas e trazos. Composicións que nos levan a escenarios descoñecidos como se nos mergullásemos no corpo humano para ver o funcionamento das nosas neuronas así como paisaxes que mudan en xeometrías ou se camuflan nun cálido dripping. Estas pezas estarán expostas nos estudios Potemkin, espazo multidisciplinar orientado á música que se atopa no polígono do Tambre.
O entusiasmo polo coñecemento non desvanece. Pode que neste momento xa burbulle algo novo na quimera do baixo cuberta de Luis.
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura Pincha Pincha
a gorida do artista Por Inés Silvalde | 28 | Pincha Santiago | febreiro 2023
“Sinto dende neno o debuxo e a pintura como algo natural”
JAKE VAIDAIMONA Son
Camaleónico Made In Compostela
Ooutro día recibín a chamada de Jacobo Iglesias, vello amigo da movida compostelá, ao que xa había tempo que non vía. Quedamos para poñernos ao día e entre grolo e grolo, comezamos a falar dunha maqueta que me enviara durante a pandemia. Oito cortes que gravara na súa casa, sen présa, pero sen pausa e que a verdade me sorprendera moi gratamente. Jacobo, clásico batería compostelán, formara parte dos Dirty Barriguitas, Samesugas, The Lorchas e actualmente golpea as baquetas en Malraio. Pero tamén é produtor e técnico de son, e xunto a Sue e Luis, montaron hai uns anos os Estudios Potemkin no Polígono do Tambre (SCQ), aínda que xa anteriormente, tivera o seu propio estudio noutro punto de Galicia, onde rexistrara gravacións de gran relevancia para diversas bandas da comunidade.
O caso é que xa tiña no meu disco duro interno varias ideas sobre o que ía escribir para este novo número da Pincha, pero ao lembrarme desa demo que me enviara, pensei que era bo momento para facerlle un oco nas primeiras liñas que escribo este ano 2023. Os que me ledes habitualmente sabedes perfectamente que son un gran amante do Underground, e dende logo, non podía pasar por alto a este gran artista polifacético.
Jake Vaidaimona, que así se fai chamar Jacobo nesta aventura musical, que comezou xa no ano 1997, é o seu proxecto máis íntimo e persoal. El mesmo compón tódolos temas e toca tódolos instrumentos, que logo vai mesturando no seu laboratorio particular (Made In Feito na Casa).
A maqueta ábrese con ‘Blue Rider Reverb’, un instrumental que te traslada ao pasado, a aquelas vellas películas de Spaghetti Western, con banda sonora de Ennio Morricone. Con ‘Fight And Fly’ chega o Rock & Roll.
‘Pumpkin Cream’ cambia totalmente de onda e lévanos a un universo de pop melódico acompañado de bases electrónicas. Séguenlle ‘Stay A Little Longer’, ‘Stay Away From The Light’, ‘Tree Fallin’ e ‘Yes Man’, onde vai combinando diferentes estilos, que van dende o Rock ata o Punk, mesturados con electrónica, no que ningún corte se parece ao anterior. Un monstro camaleónico que me lembra moitísimo aos primeiros discos de Beck. Iso si! Para min, a gran obra mestra, a que eu lanzaría como primeiro single é, sen dúbida, ‘Tight Rope Walkers’. Que ademais é a única obra que vos podo amosar, xa que o resto do material, de momento, permanece totalmente inédito. Quizais nun futuro se lle dea por plastificalo e lanzalo ao mercado, pero de momento non ides poder escoitalo. Así que convídovos aos que esteades lendo a revista en papel, a que entredes en revistapincha.gal e na sección 666rpm, visualicedes o vídeo que Jake Vaidaimona gravou e montou el mesmo durante a pandemia. É coma se Seattle e Compostela se fundiran nunha mesma pelota. Estou seguro de que vos vai encantar!
plástico elástico plástico elástico Por César Varela 666 rpm plasticoelastico.cat
Mil grazas pola túa música Jake! Vémonos nos bares!
Pincha Santiago | febreiro 2023 | 29 |
Jake Vaidaimona saíndo de ensaiar dos Estudios Potemkin.
• Despistaos - 18 de febreiro ás 21.00 h - 18 €
• Pole - 3 de marzo ás 20.30 h - 20 €
• The Cat Empire - 10 de marzo ás 20.30 h - 28 €
• La Yegros - 11 de marzo ás 21:30 h - 15 €
• Nach - 18 de marzo ás 20.30 h - 22 €
A CONTENDA DO RÍO MIÑO
SALÓN TEATRO
1 E 5 DE FEBREIRO ÁS 18.00 H E DO 2 AO 4
DE FEBREIRO ÁS 20.00 H |
PREZO: DESDE 5€
Coprodución do Centro Dramático Galego coa Companhia de teatro de Braga.
Pasaron 350 anos desde que Gabriel Feixóo de Araúxo escribise en 1671 A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre da pesca do río Miño. 350 anos e o río segue correndo, separando, ou unindo Galicia e Portugal. A peza fala dun tempo e un lugar concreto pero a súa esencia é universal e percorre a historia: as fronteiras, a loita polos recursos e a loita de clases.
DIRECTOS NA SÓNAR
SALA SÓNAR
FEBREIRO E MARZO DO 2023 |
A Sala Sónar acollerá nos meses de febreiro e marzo varias actuacións en directo:
• Álex Silva + Mentah - 4 de febreiro ás 21.00 h - 10 €
• Verona + Sr. Salvaje - 10 de febreiro ás 21.30 h - 10 €
• The Levitants - 11 de febreiro ás 22.00 h - 15 €
• Pablo Moreno - 4 de marzo ás 21.00 h - 11 €
• Rodrigo Ramos - 11 de marzo ás 22.30 h - 12 €
CONCERTOS NA CAPITOL
SALA CAPITOL
FEBREIRO E MARZO DO 2023 |
Durante os meses de febreiro e marzo teremos a oportunidade de gozar de numerosos concertos na Sala Capitol, aínda que algúns teñen xa as entradas esgotadas:
• Shinova - 3 de febreiro ás 21.00 h - Entradas esgotadas
• Talco + Tecor Societário - 4 de febreiro ás 21.00 h - 25 €
• Dani Fernández - 10 de febreiro
ás 20.30 h - Entradas esgotadas
• Los chikos del maíz - 11 de febreiro ás 21:00 h - Entradas esgotadas
• Interpol - 15 de febreiro ás 21:00 h - Entradas esgotadas
• Carolina Durante - 17 de febreiro
ás 20.00 h - 18 €
DANI ROVIRA: ‘MI AÑO FAVORITO’
AUDITORIO ABANCA
4 DE FEBREIRO ÁS 19.00 H |
PREZO: DESDE 20€
Chega a Santiago a versión “en vivo e en directo” do podcast menos aclamado do momento, ‘Mi año favorito’, con Dani Rovira e Arturo GonzálezCampos. Unha viaxe, a través da comedia, polos acontecementos ocorridos nun ano que fora especialmente destacado para cada cidade que visiten.
DIRECTOS NO RIQUELA
FEBREIRO E MARZO DO 2023 |
A Sala Riquela ten preparada unha completa programación musical para os meses de febreiro e marzo, que se completan coas actuacións de ‘La fábrica de Impro’ -os martes ás 22.00 h-, as pinchadas e djs os venres e sábados e as actuacións das bandas residentes The Fabulous Resaca Brothers (os días 3 e 24 de febreiro e 3 e 23 de marzo) e Sabela king & The Hearbreakers (o 9 de febreiro e o 15 de marzo).
• SinestesiaVenres 10 de febreiro
ás 21.00 h - 10 €
• Julián Maeso & The B-Siders Venres 17 de febreiro
ás 21.00 h - 20 €
• Manu Sija Mércores 22 de febreiro
ás 21.00 h - 8 €
• Willie e Winnie Xoves 23 de febreiro
ás 21.00 h - 5 €
PIROLÍTICOS DE MOFA E BEFA
TEATRO PRINCIPAL
9, 10 E 11 DE FEBREIRO ÁS
20.30 H |
PREZO: 12€
Cunha estrutura en sketches, como é habitual en Mofa e Befa, e, por suposto, con música (desta
volta, cun marcado estilo perrallas rock) ‘Pirolíticos’ escenifica situacións ben recoñecibles polo público, co fin de conseguir unha mellor comprensión da “Guía Rápida para unha Correcta Pirólise”.
FESTIVAL DO DÍA DOS
MEDIOS EN GALEGO
SALA CAPITOL
9 DE FEBREIRO ÁS 21.30 H |
PREZO: GRATUÍTO
Ortiga e Grande Amore subiranse ao escenario da Sala Capitol para celebrar o Día dos Medios en Galego cun concerto gratuíto (previa retirada de convites na web da sala), organizado pola Asociación de Medios en Galego (AMEGA), coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello de Santiago.
CONCERTO DE QUIQUE GONZÁLEZ
AUDITORIO DE GALICIA
11 DE FEBREIRO ÁS 20.30 H |
PREZO: 24€
Quique González presenta o seu novo disco, ‘Sur en el valle’, título inspirado nese famoso vento por toda a costa cantábrica, portador de acontecementos e comportamentos insólitos e ao que se asocian todo tipo de lendas. Sempre hai lugar para o inesperado cando sopra o Sur, un halo de misterio que se estende tamén a algunhas pasaxes desta colección de cancións.
| 2 axenda Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural | 30 | Pincha Santiago | febreiro 2023
OCentro Dramático Galego, a unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, volve á obra de Shakespeare no arranque de 2023 e faino dun xeito moi singular: catro pezas do bardo inglés con dramaturxias galegas actuais e cinco directores e directoras de escena para asumir o reto da posta en pé desta produción nun escenario excepcional: o Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
O xenial dramaturgo británico achegouse en catro ocasións ao mundo clásico a través dos textos Tito Andrónico, Xulio César, Antonio e Cleopatra e Coriolano, escritos entre 1594 e 1609 e nos que sitúa a acción no Imperio Romano para, desde o seu tempo, reflexionar sobre o poder.
Así, o espectáculo Shakespeare en Roma nace como unha oportunidade para unir tres momentos da historia: o presente, o período isabelino e a Roma clásica a través da guerra, a violencia e a loita polo dominio que guían o destino dos personaxes. Iso, como fondo, porque na forma, despois dos traballos dramatúrxicos de Volodymir Snegurchenko, Ana Carreira, Ana Abad de Larriva e Lorena Conde, resultan
versións que condensan en 35 minutos cada unha das obras orixinais, nun proceso de reescrita que pon ademais o foco nalgúns interesantes personaxes secundarios.
O talento da nómina de dirección, conformada por Rui Madeira para Coriolano, María Barcala e Xúlio Lago para Xulio César, Sara Rey para Antonio e Cleopatra e Quico Cadaval para Tito Andrónico, suma a súa pegada desde traxectorias e métodos de traballo diferentes. E a esta dinámica únese a interpretación do mesmo elenco dos oito actores e actrices presentes nos catro títulos: Xurxo Cortázar, Sheyla Fariña, Cris Iglesias, Rebeca Montero, Marcos Orsi, Fran Peleteiro, Santi Romay e Toni Salgado. O vestiario de Saturna e o espazo sonoro de Xosé Lois Romero son tamén elementos moi importantes do espectáculo.
Grazas á colaboración no proxecto da Universidade de Santiago de Compostela, o resultado desta proposta pódese ver no Salón Nobre de Fonseca, o emblemático edificio que xa albergou os ensaios e que fará o propio con todas as funcións, nunha posta en escena de proximidade na que o público ocupará practicamente o mesmo espazo que os protagonistas destas traxedias de poder, amor e vinganza.
CANDO??
Do 9 de febreiro ao 2 de abril, con pases de mércores a domingo ás 19.00 horas
ONDE?
Salón Nobre do Colexio de Fonseca
ENTRADAS
Localidades á venda en ataquilla.com e no despacho de billetes habilitado en Fonseca
must
MÁIS INFO www.centrodramatico.xunta.gal
en Fonseca! SHAKESPEARE
...e
EN R MA
HAMELIN TEATRO PRINCIPAL
23 E 24 DE FEBREIRO ÁS 20.30 H |
PREZO: 12€
Redrum Teatro estrea esta obra dirixida por Alex Sampayo sobre un texto de Juan Mayorga, que aborda o tema da pederastia cunha linguaxe e escenas cheas de elipses, onde as cousas quedan aludidas, onde o espectador debe poñer da súa parte para interpretar, para imaxinar, para encher os silencios.
O PÉNDULO
TEATRO PRINCIPAL
3 E 4 DE MARZO ÁS 20.30 H | PREZO: 12€
Unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia. Carlos Álvarez-Ossorio dirixe a Nerea Brey, Marta Pérez e Rosa Puga Davila.
fuxir dos seus respectivos países. A dramaturxia sostense a partir de testemuños reais filmados no campamento de Moria baixo a supervisión de Nicolás Castelán, reporteiro especializado en movementos migratorios forzosos e dereitos humanos. Moria é unha experiencia de teatro inmersivo. Unha forma de teatro envolvente no que o público se mergulla na trama mediante a proximidade ás actrices no interior dunha haima.
IX XORNADAS GASTRONÓMICAS DA LAMPREA PADRÓN
17, 18, 19, 24, 25 E 26 DE MARZO |
CHRISTIANE. UN BIOMUSICAL CIENTÍFICO
TEATRO PRINCIPAL
9 DE MARZO ÁS 20.30 H | PREZO: 12€
Espectáculo que conta a vida de Christiane Dosne Pasqualini, unha figura fundamental a nivel internacional na investigación da leucemia. Muller, científica, nai, esposa, ‘Christiane’, é unha gran escusa para coñecer a unha muller única.
TODAS LAS CANCIONES DE AMOR TEATRO PRINCIPAL
11 DE MARZO ÁS 20.30 H | PREZO: 14€
Cando o inexplicable se repite unha decátase de que a realidade foi tomada polo asombro. Desde ese asombro fálanos unha muller ao final da súa vida. De nai a fillo, de fillo a nai. Obra protagonizada por Eduard Fernández.
Coa chegada da lamprea ao río Ulla polo mes de marzo, o Concello de Padrón organiza a novena edición das Xornadas Gastronómicas da Lamprea. Durante seis días varios restaurantes da localidade ofrecerán menús degustación coa lamprea como protagonista. Ademais, desenvolveranse actividades culinarias, divulgativas e de ocio para promocionar a lamprea e a súa pesca artesanal.
Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a: redaccion@revistapincha.gal
SAFO AUDITORIO DE GALICIA
25 DE FEBREIRO ÁS 20.30 H |
PREZO: 14€
Estrea en Galicia deste espectáculo de Christina Rosenvinge, Marta Pazos e María Folguera, inspirado a partir de poemas de Safo. Safo é un poema escénico, musical e visual que explora a figura da gran poeta de Lesbos. Enigmática e misteriosa, é unha autora venerada e respectada até hoxe, que compuxo máis de dez mil versos, dos que tan só nos chegaron escasos poemas completos e versos soltos.
MORIA
TEATRO PRINCIPAL
10 DE MARZO ÁS 19.30 E 21.00 H | PREZO: 12€
Moria conta a historia de dúas refuxiadas e as súas familias ás que non lles queda máis remedio que
MICE - MOSTRA
INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO
MUSEO DO POBO GALEGO
DO 15 AO 19 DE MARZO
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego procura dar a coñecer traballos audiovisuais recentes no campo da etnografía e a antropoloxía visual. As proxeccións teñen lugar no propio Museo do Pobo Galego, o Salón Teatro e o Teatro Principal.
Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural
Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/ axenda-gastrocultural
axenda
3 | | 32 | Pincha Santiago | febreiro 2023
II ENCONTRO DO VIÑO GALEGO REVERA VINUM 2023
San Francisco Hotel Monumento acollerá o II Encontro do Viño Galego Revera Vinum os días 27 e 28 de marzo. O evento, que organiza Escenoset e promove Hostelería Compostela, conta co patrocinio da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.
Javier Míguez, directivo da asociación de hostalaría, explica que esta segunda edición manterá a esencia da celebrada fai un ano, buscando poñer en valor o potencial do viño galego, reunindo nun mesmo evento todas as DO e IXP da nosa terra. “É unha magnífica oportunidade para o sector porque nun mesmo espazo imos poder catar máis de 600 viños de Galicia. É unha oportunidade única”, asegura.
O obxectivo será repetir ou incluso superar as cifras do 2022, cando visitaron o Revera Vinum preto de 5000 persoas, aínda que o ano pasado o Encontro durou tres días e, desta vez, redúcese a dous. “Teremos 22 stands de empresas distribuidoras, representando a unhas 90 adegas e uns 200 viños, e un túnel do viño, que se xa era espectacular no 2022, no 2023 serao máis. Intentaremos que supere as 400 referencias”, sinala.
En canto ás actividades previstas, haberá de novo catas, talleres e mesas redondas con expertos como o Master of Wine aragonés Fernando Mora, o enólogo catalán Pepe Reventós ou o presidente da Asociación Galega de Enólogos, David Pascual.
Galicia en Copas
Unha vintena de locais de hostalaría de Santiago formarán parte da ruta ‘Revera Vinum Galicia en Copas’ que se desenvolverá do 17 ao 31 de marzo. Dúas semanas nas que o viño será o auténtico protagonista na cidade.
Estes establecementos ofrecerán viños das diferentes DO e IXP galegas. Organizaranse ademais catas, degustacións e ceas maridaxe. E entre a clientela que participe repartiranse diferentes agasallos como estancias en casas de turismo rural, visitas a adegas, lotes de viño etc.
ONDE?
San Francisco Hotel Monumento
CANDO?
27 e 28 de marzo
MÁIS INFO reveravinum.gal
must
Pincha Santiago | febreiro 2023 | 33 |
“Teremos un túnel do viño que superará as 400 referencias”
Rúa de San Paio de Antealtares, 16 Santiago de Compostela
Me e X de 10:00 a 01:00 Ve e S de 10:00 a 2:00 D de 10:00 a 22:00
T. 669 852 768 acarrilana.com
Rúa de San Lázaro, 54 Santiago de Compostela
T. 981 586 459 - acasadavina.gal acasadavina@gmail.com facebook.com/casadavina instagram.com/vinaacasada
Santiago de Compostela
T. 981 556 179 alareirasantiago.es FB e IG @alareira_santiago
Tamén take away
Rúa de San Pedro, 120 Santiago de Compostela
De 13:00 a 15:45 e de 20:00 a 22:30 Pechado Luns e Martes
T. 981 589 600 - amaceta.com
COMO NA TÚA CASA
Avda. da Liberdade, 11
Santiago de Compostela
COMIDA PARA RECOLLER
Avda. Benito Vigo, 70 - A Estrada
De 13:00 a 17:00 e de 20:00 a 00:00 Luns e martes pechado
T. 986 571 226 - argentinosburguer.com
Avenida de Ferrol, 9 Santiago de Compostela
L a S de 13:30 a 15:30 e de 20:00 a 23:30
artesanagastrobar.com
Almorzos, brunch, comidas, ceas, sesión vermú, copas, cocktails, eventos, concertos, DJSessions e moito máis.
San Clemente, 6 - Baixo Dta. Santiago de Compostela
Luns a xoves de 09:00 a 17:00
Venres e sábado de 09:00 a 01:00
Domingo de 09:00 a 21:00
T. 981 024 634 - cafelamorena.com
IG: @cafelamorenasantiago
Rúa de San Pedro, 11 - baixo Santiago de Compostela
Mércores a sábado de 20:00 a 23:30
D de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:30
T. 981 566 949
IG: @corrosco11
PEDIDOS NA WEB E POR TELÉFONO
Alejandro Pérez Lugín, 11 Santiago de Compostela
De Me a S de 12:00 a 16:30 e 19:30 a 23:30 - D de 12:00 a 16:30
T. 881 944 686 - @flamingocompostela
Rúa das Galeras, 28 Santiago de Compostela
T. 652 332 410 abrasador.com
Rúa Nova, 46
Santiago de Compostela
T.981 583 981 - latitacompostela.com
info@latitacompostela.com
FB e IG @latitacompostela
T. 981 813 520 - labodeguilla.gal hostalaría | 34 | Pincha Santiago | febreiro 2023
Luns a Venres de 9:00 a 17:00
Sábados de 12:00 a 18:00 e tamén nas actuacións dende unha hora antes
T. 981 573 807 cafeterialasso.gal facebook.com/cafeterialasso
– EST 2005 –
Avda. Raxoi, 19 - Baixo Santiago de Compostela milongasparrillada.com FB e IG @milongasparrillada
J.A.Brenlla
RESTAURANTEOFERRO
Rúa de San Pedro, 16 Santiago de Compostela
De L a S de 13:30 a 16:00 e de 20:30 a 23:30
T. 981 577 633 - dezaseis.com
RESERVAS NA WEB EN TEMPO REAL
Santiago de Compostela 981 587 196 info@osendeiro.com osendeiro.com
Rúa de Sempre en Galiza, 1 Santiago de Compostela
De 10:00 a 23:45 - Sábados pechado
T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com restauranteferro.com
SERVIZO A DOMICILIO E PARA LEVAR
Rosalía de Castro, 23 Santiago de Compostela
T. 981 590 538 oreidobocadillo.com
Avda. de Rodríguez de Viguri, 45 Santiago de Compostela
Luns a mércores de 08:00 a 23:00
Xoves e venres de 08:00 a 00:00
Sábado de 10:30 a 18:00
T. 881 290 276 - IG: otonhitocompostela otonitocompostela@gmail.com
A ALMA DE GALICIA
Rúa das Casas Reais, 21 Santiago de Compostela
T. 981 115 092 reservas@grupoorixe.com orixegastronomiagalega.com
Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela
L a V: 06:00 a 22:00
S: 06:00 a 14:00 - D: 08:30 a 14:00
T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com
Rúa Nova de Abaixo, 36 Santiago de Compostela
T. 981 591 947 raicesgalegas.gal
Preguntoiro, 35 Santiago de Compostela
riquela.com
> Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal
Rúa da Raíña, 4 - Santiago
De 11:00 a 15:30 e de 19:15 a 23:00
T. 981 572 257 restaurantesanjaime.com info@restaurantesanjaime.com instagram.com/restaurante_san_jaime
Rúa Mazarelos, 4-5 Santiago de Compostela
T. 696 484 123 sonarcompostela.com
Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal
outros negocios
Rúa Travesa, 7 Santiago de Compostela
Asesoría Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable
Javier Alvarellos
Mª del Mar Rodríguez - Pablo Vizoso
t. 981 570 393 – 608 883 589
T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com
L a V de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 S de 10:30 a 14:00
Área Central, local 25K1 1ª planta Santiago de Compostela
T. 981 587 090 - IG. @maria_solla
L a V de 10:00 a 18:00
S de 9:30 a 15:00. Ma pechado
LIBRARÍA LOWCOST
Re-compramos e Re-vendemos libros
NOVO SERVIZO ONLINE pandamoa.com/tenda
Rúa do Cubelo, 27 Santiago de Compostela
T. 981 552 352
Santiago de Chile, 2 Santiago de Compostela
T. 881 998 420 facebook.com/rereadsantiago instagram.com/rereadsantiago twitter.com/RereadSantiago1
T. 682 410 689 - info@seispes.com
www.seispes.com
publicidade@revistapincha.gal
Únete a nós!!! hostalaría
| 36 | Pincha Santiago | febreiro 2023
Pincha Santiago | febreiro 2023 | 37 |
DAMOS A BENVIDA AO 2023 CO ‘PINCHO DE PINCHA’
Unha vez ao ano –que non fai dano- tratamos de xuntarnos todo o equipo de Pincha facendo unha das cousas que máis nos gustan: papar! Aínda que nunca o conseguimos porque sempre hai a quen botamos en falta Nesta ocasión puidemos gozar do ‘Pincho de Pincha’ no restaurante San Jaime, en Compostela. Alí estiveron a directora da revista, Rebeca Munín, o deseñador Alberto Seoane, o fotógrafo Iván Barreiro, e as colaboradoras e colaboradores @JuanEAT_o, Xiana Lastra, Silvia Castiñeiras, Ruth Ríos, Jéssica Pintor, Carlos Palomar, José Crusat e César Varela. Brindamos, contamos anécdotas e recibimos como agasallo un saleiro para lembrar o importante que é botarlle sal á vida!
XA PODES VER O VÍDEO DA NOSA CHEGADA Á CORUÑA
Na nosa canle de YouTube temos pendurado un vídeo realizado por Seispés Producións
Creativas no que nos presentamos á veciñanza da Coruña. Como sabedes, desde o pasado novembro, Pincha edítase un mes en Compostela e outro, na cidade herculina. Cada edición inclúe contidos propios locais, relacionados sempre coa gastronomía e a cultura destas dúas urbes e as súas zonas de influencia.
Se queredes ler ambas revistas, podedes velas en revistapincha.gal ou anotarvos á nosa newsletter para recibila en pdf no voso correo electrónico. Podedes cubrir o formulario de subscrición na nosa web.
Aquí tendes o vídeo sobre a chegada de Pincha á Coruña
O LIBRO DE LILA DE LILITH
Sirenas borrachas de Kat Leyh
Sereas sedentas que non borrachas. Sedentas de desexo por ser, por vivir aventuras, por saír do rutineiro, da norma e ser donas de si. Unha viaxe transformadora para todas elas.
Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.
| 38 | Pincha Santiago | febreiro 2023