5 minute read
pola gorxa | Minestra de verduras 24 #apapar | Restaurante Abrasador Gaia Medieval
from Revista Pincha 30
GRELLADA SUPREMA E TOURNEDÓ DE LOMBO IBÉRICO
Advertisement
NO RESTAURANTE ABRASADOR GAIA MEDIEVAL
“Amamos a carne!”. Con esta frase dan a benvida na páxina web do Grupo Abrasador, un conxunto de 38 restaurantes repartidos por toda España nos que só traballan con carne á brasa de crianza propia. En Galicia existe actualmente un só local adherido e temos a sorte de que estea en Compostela: o Gaia Medieval, na rúa das Galeras. E claro, tendo ese lema e sendo o noso @JuanEAT_o tan fan dos produtos cárnicos, a parada neste establecemento hostaleiro na nosa sección de #apapar era case unha obriga.
No local que rexenta Almudena López e no que toda a ambientación recorda a unha taberna da Idade Media, podemos gozar, entre outras propostas, dunha ‘Grellada Suprema Gaia’, como o da fotografía de enriba. Esta inclúe unha degustación das mellores pezas nobres da súa tenreira Añoja e porco ibérico de crianza propia: medallón de tenreira amelado, picaña de tenreira, tournedó de lombo ibérico, filete ibérico con patacas fritidas e verduras al dente.
@JuanEAT_o tivo a oportunidade de probar o seu ‘Tournedó de lombo ibérico á brasa’, desfrutando como un neno pequeno dun dos pratos que máis lle encantan. Podedes coñecer a súa opinión se continuades lendo.
@JuanEAT_o, co ‘Tournedó de lombo ibérico á brasa’.
Foto: Iván Barreiro
Cando entras no Restaurante Abrasador Gaia Medieval podes observar moitos detalles que che transportan a outra época. Un interior decorado con elementos de pedra e madeira que lle dan un toque moi rústico, enxebre e cálido.
Esta era a miña primeira vez nun local do Grupo Abrasador, que se dedica a producir carne de porco e de vacún desde hai máis de 40 anos, logrando unha calidade exquisita. Un pracer para os padais que en Galicia só podemos gozar (por agora) en Compostela. Así que as miñas expectativas eran altas e, a dicir verdade, non ía nada desencamiñado.
Aberto a probar calquera das opcións das que dispoñen na súa carta, Almudena López, a chef, escolleu para min un ‘Tournedó de lombo ibérico’ de 230 g. preparado á brasa e acompañado de verduras e unha salsa. Para quen non
Datos
Lugar:
Rúa das Galeras, 28
Santiago de Compostela Prato:
‘Tournedó de lombo ibérico á brasa’ e ‘Grellada Suprema Gaia’ Prezo:
15 € (Tournedó) e 49 € (grellada para 3-4 persoas)
o saiba, o tournedó é un filete de vacún que se obtén do centro do solombo, groso e de forma arredondada, que adoita albardarse antes de frixilo ou grellalo.
Cun corte da carne en finos toros e preparada ao punto, o tournedó da Gaia Medieval dá coma resultado un delicioso bocado que se desfai na boca, cun exterior máis tostado polo contacto coas brasas da grella. Cun sabor xa de por si tan bo que por min a salsa nin falta faría. Aínda que teño que recoñecer que tamén estaba rica. E as verduras como gornición facían un bo complemento.
Xa o explicaba Almudena cando lle preguntamos por que a idea de apostar por unha decoración medieval. “É volver aos inicios, a traballar cos produtos de quilómetro cero, a facer as cousas como as facían ancestralmente”, dixo. E que ben senta volver de cando en vez ás nosas orixes! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Valoración:
Almudena López , do Abrasador Gaia Medieval “Aquí sempre vas atopar carne cunha calidade excelente”
Rebeca Munín
Por
As carnes de tenreira e ibéricos que se serven nos restaurantes Abrasador proceden da gandería que posúe o grupo desde hai máis de 40 anos na localidade toledana de Menasalbas. Este feito permítelles exercer o control en cada unha das fases polas que pasa a carne antes de ser servida no prato, garantindo unha gran calidade. Segundo explica o seu responsable de marketing, Julio Ramírez, actualmente hai 38 locais asociados en toda España. “E máis de 120 restaurantes son os que nos mercan a carne e que están en proceso de ir coñecendo as receitas, o produto... e que no futuro poidan incorporarse á marca”, sinala. De feito, aínda que na actualidade en Galicia só contan co Gaia Medieval, a idea é que proximamente vaian adheríndose ao grupo máis establecementos da nosa comunidade. Á fronte do Abrasador compostelán está a chef Almudena López. Contenta de formar parte do Grupo Abrasador? Si, moito. Eu antes un dos problemas que tiña era que a carne que compraba un día viña dun lugar e outro día, doutro. Pasaba que un día viña un cliente e comía unha carne xenial, pero regresaba ao día seguinte por máis, e xa era outra. Ese problema eliminámolo porque no Grupo Abrasador a carne sempre provén da súa crianza propia. Cóidase todo o proceso desde que nace ata que está no prato. A calidade é excelente. Agora en Gaia Medieval sempre vas atopar unha calidade de dez.
Que tipo de propostas cárnicas tendes? Nós saímonos do típico churrasco. Temos cortes diferentes. Por exemplo, temos un costelar ibérico a baixa temperatura.
Almudena, xunto co seu compañeiro Manuel Lago, no interior do Restaurante Abrasador Gaia Medieval. Foto: Iván Barreiro
E o que non é carne? Á parte da carne, temos o noso toque galego. Porque cada un dos Abrasadores ten a súa propia identidade. Ofrecemos peixe á brasa, marisco, polbo, caldo, pementos de Padrón... E arroces, que son outros dos pratos que saen moi ben. Temos ademais horta propia e usamos moitos dos produtos que sacamos dela nos nosos pratos.
Que tipo de cliente é máis habitual? Vén xente buscando un Abrasador? Moita xente! Porque en Galicia só estamos nós, pero a marca polo resto de España é moi coñecida. Entón temos moitos clientes turistas, pero tamén moitos que son de aquí. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura