3 minute read
máis aló de Compostela
from Revista Pincha 30
Solpores no Lagoeiro
Cando?
Advertisement
5, 18 e 26 de agosto ás 21:00 horas
Onde?
A casa do Lagoeiro (Vilar, 17)
Solpores no Lagoeiro suma a súa terceira edición cun xiro na esencia que busca achegar aos galegos e galegas o mellor da música en directo; a través de diversidade de xéneros e estilos con artistas e grupos de referencia no eido nacional. Todo isto nun entorno rural e emblemático como é O Lagoeiro. En agosto será o turno do grupo canario Efecto Pasillo, o venres día 5; Los Secretos actuarán o xoves 18; e a banda de indie pop español La Habitación Roja pechará o ciclo o venres 26.
PADRÓN
Feira Medieval de Padrón Cando?
Do 2 ao 4 de setembro
Celebración de temática medieval na rúas do casco histórico de Padrón. Ademais da feira, onde numerosos postos ofrecen diversidade de produtos gastronómicos e artesáns, chaman a atención do público as mostras, actividades e obradoiros infantís, sen esquecer a ambientación das rúas con músicos, bufóns, malabares, artesáns, cetrería, etc.
A Feira Medieval de Padrón abrirá ao público o venres 2 de setembro de 18.00 a 1.00 horas e continuará durante toda a xornada do sábado 3 e o domingo 4 entre as 10.00 a as 14.00 pola mañá e entre as 18.00 a 01.00 horas pola tarde.
XI Millarock
Cando? 5 de agosto ás 21:00 horas Onde? Travesía do Porto. O Milladoiro ENTRADA LIBRE E DE BALDE
O Milladoiro converterase un ano máis en punto de encontro para os amantes do rock cun cartel con Chicharrón, Biribirlocke, The Rapants e Battosai. Chicharrón é unha banda de Carballo formada por Mara (voz), Alberto (voces e guitarra), Rosalía (acordeón), Rubén (teclados), Matías (arranxos) e Adrián (batería) que presentará o seu último disco, ‘Erosión’. Biribirlocke está formada por Héctor Ojea (batería), Raúl G. Doldán (guitarra), Carlos Freire (baixo), Andrea Pérez (saxo) e Benja Seoane (voz). O grupo destaca polo uso de cordas e ventos o que orixina un rock and roll moi particular. The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros en 2018. Son Xanma e Samuel (guitarras), Xaquín (batería) e Matías (baixo). Battosai son Héctor, Nolo e Gus que en 2018 se xuntan para formar unha banda inspirada nos seus gustos compartidos polo rock da década dos 90 e 00, o grunge, o punk, o emo ou o rock alternativo.
AmesON
Cando? 7, 8, 9, 13, 14, 19 e 26 de agosto e 18 de setembro Onde? Milladoiro e Bertamiráns
O cartel do AmesON de verán inclúe sete actuacións en agosto. A primeira será o domingo, 7 de agosto, ás 21.00 horas, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. Neste caso a cargo da artista MJ Pérez, unha das mellores voces do panorama actual da música galega. Ademais, haberá dúas actuacións pensadas para os nenos e nenas de Ames. Deste xeito, o luns 8 de agosto, ás 19.30 horas, a praza de Manuel Murguía, no Milladoiro acollerá a actuación da Cé Orquestra Pantasma. O día seguinte, o martes, 9 de agosto, tamén ás 19.30 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, actuará Marifaltri. A programación continúa en agosto o sábado 13, ás 21.00 horas, coa actuación de Jinetes del Trópico no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. O día seguinte, o domingo 14 de agosto, ás 21.00 horas, actuará o grupo Tinta, tamén no parque do Ameneiral. O venres, 19 de agosto, ás 21.00 horas, As Maianas ofrecerán un concerto na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. O mes de agosto pecharase o venres 26, ás 21.00 horas, coa actuación da artista Pili Pampín, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Por último, o domingo 19 de setembro ás 19.00 horas actuará no Milladoiro da orquestra Panorama. Previamente á actuación, tocarán os/ as gañadores/as do concurso Canta con Ames que se está a desenvolver durante os meses de xullo e agosto.