11 minute read
666rpm | Surfin’ hell co cuñado de Satán
from Revista Pincha 30
SURFIN’ HELL CO CUÑADO DE SATÁN
Pois xa estamos no mes de agosto. Sei que moitos de vós estades de vacacións e non vos quero dar a chapa, así que nesta ocasión non vos vou poñer deberes, para que vos relaxedes un pouco e non almacenedes tanta información no disco duro. Nesta entrega propóñovos que escoitedes o que para min é o Top Six RPM (os meus 6 temas estivais favoritos). Aquí tendes a lista dos artistas e cancións, cos seus correspondentes textos e na versión web da revista, os vídeos, para que poidades escoitalas, e se vos apetece, aprendelas… Desfrutade con moderación e vémonos no outono, con máis novidades subterráneas. Feliz Verán! Aburiño Amigos!
Advertisement
Por
plástico plasticoelastico.cat elástico
1. Ilegales ‘El número de la bestia’. “Iremos a nadar a la zona prohibida, donde tantos surfers perdieron la vida. Hay un tipo que hace surf de noche, sabrías quién es si le vieras de cerca. Ya sé por qué el diablo no se lo lleva...! Porque seis es el número de la bestia. Ella eligió a quién no debía, tuvo un mal parto le costó la vida. Hubo un accidente en la zona prohibida. Las olas arrojaron un cuerpo sin vida. El tipo era como plastilina. Iremos a nadar a la zona prohibida”. 2. Derribos Arias ‘Branquias bajo el agua’. “Branquias bajo el agua es el baile de actualidad. Branquias bajo el agua, ideales go-gos. Siente la tentación de arrojarte de una vez en tu pecera. ¡Cielos! Los peces asustados.! Algas cianofíceas, Algas verdeazuladas. Danzando entre las algas, Branquiando entre las algas. Inmersión en la pecera. Inmersión en mi pecera. Inmersión en tu pecera. ¡Listos! para la inmersión”. 3. Los Vegetales ‘Odio
el verano’. “Si hay algo más ridículo que un bikini, eso es una tabla de surf. Si hay algo que odie más que el verano, ese algo eres tú. No soporto que me dé el sol, no me gusta nada el calor, no me sienta bien el bañador, yo vestido estoy mucho mejor. Me pregunto a ti quién te engañó, la playa en verano es lo peor. Si yo fuese Dios, nevaría todo el año. No soporto el verano, en las tinas no me baño.
Ojalá venga una glaciación, poder tener siempre calefacción, no veranear nunca jamás, no salir nunca de la ciudad. Sé que piensas lo mismo que yo. Se que tengo toda la razón. En la costa si se pasaron de la raya. No me hables de la playa. Yo prefiero la montaña. Prefiero trabajar que ir a veranear, no quiero ver el mar. Yo es que odio el verano…”. 4. Los Vegetales ‘Tiburón XIII’. “Todo el
alquilado un piso con vistas al mar, me marcho con mi novia a veranear. Nunca pensé que este verano en tragedia iba a acabar. Cómo me gustaba ver a mi novia bracear. Verla sobre las olas era la reina del mar. Ella era la más guapa y yo el más feliz, un mes entero en la playa, juré de para mí, pero maldito tiburón, mi paraíso ensangrentó. Una aleta, unos gritos, mi novia desapareció, el agua se tiñó de rojo, mi tabla se partió en dos. He de matar con mis propias manos, a ese maldito tiburón, que me dejó sin chica, sin tabla y sin corazón”. 5. POCH ‘Viaje por países pequeños’. “Andorra, entre Francia y España, Luxemburgo tiene su kilometraje, si a Europa quiere usted ir de viaje, y Lichtenstein tiene tres habitantes. Si lo que quiere es viajar por Europa, acójase a nuestro nuevo sistema, así no perderá usted ningún museo y verá todos, todos sus monumentos. Viaje por países pequeños, son más fáciles de visitar. En Mónaco, capital del Principado, con Raniero irá usted al museo, y Carolina le llevará a usted al casino y Estefanía a dar un garbeo en barco, en barco. En Mónaco puede elegir azafata, y Lichtenstein tiene ya cuatro habitantes. Si en San Marino quiere usted bailar el pogo, no lo podrá hacer sin caer al Vaticano, donde sólo podría usted cantar salmos y el baile popular es bien distinto al pogo. Viaje por países pequeños, son más fáciles de visitar”. 6. Aerolineas Federales ‘Tú al
monte, yo al mar’. “Todos los años igual, nunca quieres ir al mar. Si en el monte eres feliz, este verano me voy sin ti. No hay nada más de que hablar, tú vas al monte, yo voy al mar. Este verano tendré felicidad. No me quieras convencer, esta vez no va a ser. No quiero oler a helecho, pero si tostarme el pecho. Y sentiré la brisa del mar y en el agua podré gozar, estrenare bañador y estaré mejor. El verano terminó, yo trabajo y tú no. No me puedes exigir, este verano me voy sin ti”. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
FESTIVAL C
AGOSTO | PREZO: DE BALDE
Durante o mes de agosto, poderemos gozar de danza, circo, poesía, música, artes visuais, contos e moito máis nas rúas de Compostela grazas ao Festival C. Organizado pola Concellaría de Acción Cultural, coa xestión do Auditorio de
Galicia e o apoio da Deputación da Coruña, o programa abeira un extenso abano de propostas para todos os públicos de acceso libre. 1 AGO | ‘Emerxe’ - Galicia Danza Contemporánea. Ás 20.00 h no cemiterio de Bonaval 2 AGO | ‘A caixa sen pandora’ - Teatro Ghazafelhos. Ás 18.00 h no Parque de Bonaval 2 AGO | ‘Tierra y libertad’ - Wilson Saliwonczyk. Ás 20.00 h na Alameda 4 AGO | ‘Pelat’- Joan Català. Ás 20.00 h no Parque de Bonaval 8 AGO | ‘Meeting Point’ - Ertza. Ás 20.00 h en Bonaval 9 AGO | ‘Roupa tendida’ – Xarope Tulú. Ás 18.00 h en Bonaval 10 AGO | ‘Poemas novos e vellos para un día de verán’ – Alicia Fernández e Berta Dávila. Ás 20.00 h na Alameda 11 AGO | ‘POI’ – Cía. d’es Tro. Ás 20.00 h na Praza da Quintana 16 AGO | ‘Coser e cantar’ – Marta Ortiz. Ás 18.00 h en Bonaval 17 AGO | ‘Seguir un rastro’ – Jesús Castro Yáñez. Ás 20.00 h na Alameda 18 AGO | ‘MLM (Mentir lo mínimo)’ – Cía. Alta Gama. Ás 20.00 h na Praza da Quintana 22 AGO | ‘Nasenda’ – Elvi Balboa. Ás 20.00 h en Bonaval 23 AGO | ‘Lúa quere viaxar... a Marte!’ – A Xanela do Maxín. Ás 18:00 h no Parque de Bonaval 24 AGO | ‘Non todo será silencio’ – Isaac Xubín. Ás 20.00 h na Alameda 25 AGO | ‘Kaldi’ – Cía. Al Grano. Ás 20.00 h na Praza da Quintana 29 AGO | ‘Extravíos’ – Vacaburra e Ukestra do Medio. Ás 20.00 h no cemiterio de Bonaval 30 AGO | ‘Terra’ – Xogos Miudiño e ‘Orella pendella’ – Bea Campos. Ás 18.00 h en Bonaval 30 AGO | Conferencia ‘De Reich a KMRU: África como vangarda musical contemporánea’. Ás 18.00 h na terraza da Fundación Granell 30 AGO | ‘Música para 18 Músicos’ Concerto de clausura de Cardinais. Academia Internacional Vertixe Sonora 2022. Ás 20.00 h na Praza das Praterías 30 AGO | Polirritmia Afroelectrónica Sesión DJ Nacheit. Ás 21.45 h na Zona C
31 AGO | ‘Os fíos, as sementes’ - Cinta Adhesiva. Ás 20.00 h na Alameda
Ademais, Circonove organizará todos os mércores os obradoiros ‘Circo no parque’ para nenos e nenas de 3 a 14 anos (Inscricións no correo circonoveofi cina@gmail. com); e do 1 de agosto ao 2 de setembro desenvolverase o programa ‘Territorio Xogatín’ de 11.30 a 13.30 h na Praza do 8 de Marzo (Acolleranse participantes segundo vaian chegando ata completar o máximo de 20).
VERÁN NO GAIÁS 2022 CIDADE DA CULTURA
3, 10 E 17 DE AGOSTO | PREZO: 3€
Volve o Verán no Gaiás cun feixe de actividades para gozar do bo tempo e o lecer en familia, mesturando creatividade e diversión e fomentando que nenos e nenas exploren xuntos, e en convivencia coas persoas adultas, aspectos como a creación e as artes plásticas, os contos, a música ou a imaxinación.
3 AGO | ‘Camiños de mar, terra e vento’ - Paula Carballeira. Ás 18.00 h no Xardín Literario 10 AGO | ‘Triangulando’ - Createctura. Ás 18.00 h no Xardín Literario 17 AGO | ‘Estamos no Verán!!!’ - Xoán Curiel e a Banda do Verán. Ás 20.00 h no Xardín do Teatro XIX FEITO A MAN ZONA VELLA
DO 10 AO 27 DE AGOSTO
A compositora, multi intrumentista e activista brasileira Bia Ferreira, será unha das artistas participantes este 2022 nunha nova edición do Feito a Man, festival organizado pola A.C. Cidade Vella, unha asociación da que forman varios establecementos de hostalaría da zona vella compostelá. Consulta o programa completo en revistapincha.gal/axendagastrocultural
MAGICAL MYSTERY ROOM MUSEO DA MAXIA
VENRES E SÁBADOS DE AGOSTO E SETEMBRO AS 21:00 H | PREZO: 10€
Goza dunha hora de espectáculo cheo de sorpresas máxicas, diversión e misterio no Museo de Maxia Kiko Pastur. Cada venres actuará o ilusionista Joshua Kenneth, e os sábados, Kiko Pastur. ATARDECER NO GAIÁS CIDADE DA CULTURA XOVES E VENRES DE AGOSTO ÁS 21:00 H | PREZO: DE BALDE
En Atardecer no Gaiás 2022 poderás escoitar o último de artistas de Galicia que están a revolucionar a forma de facer música desde o país. 4 AGO| Rocío Saiz 5 AGO| Ruiseñora 11 AGO | [Xuventude Crea— Xenerason Rock: TBC] 12 AGO | Lusillón 18 AGO | Terrae 19 AGO | Basanta 25 AGO | Caldo 26 AGO | Néboa
VENRES TROYANOS
PRAZA DE MAZARELOS 5 E 19 DE AGOSTO ÁS 19:00 H | PREZO: ENTRE 2€ E 5€
O Museo Casa de la Troya continúa coa súa actividade dos Venres Troyanos. Estes roteiros dramatizados pola cidade histórica compostelá parten da praza de Mazarelos, ao pé da estatua de Montero Ríos, ás 19:00 h, e rematarán cunha visita ao Museo Casa de la Troya.
NOITINHAS 22 NH COLLECTION SANTIAGO 31 DE AGOSTO E 28 DE SETEMBRO DESDE AS 19:00 H | PREZO: GRATUÍTO
Avanti as melodías, os petiscos e os reencontros baixo o ceo aberto! Volven á azotea do NH Collection Santiago as novas noites de noitiNHas.
31 AGO | Dj Pájara Boba + Los Malinches. Chef convidada: Iria Espinosa 28 SET | Dj BB. WAV + Mándale Mecha. Chef convidado: Álvaro Fuentes
THE SILVER LINING SERENADERS SALA RIQUELA
2 DE SETEMBRO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 10€
Baseado en Nova Orleans, The Silver Lining Serenaders é un grupo amante da diversión que se especializa en jazz tradicional e swing. O grupo canta harmonías e fai novos arranxos a melodías familiares e de temas menos coñecidos da primeira metade do século XX. Forman esta banda Scott Stobbe (guitarra e voz), Ela Inglebret (violin e voz) e Ben Redwine (clarinete). WOS FESTIVAL X SON ESTRELLA GALICIA
DO 8 AO 11 DE SETEMBRO
Festival que albergará propostas en torno ‘ao risco e a exploración’, co obxectivo de ofrecer unha alternativa cultural e artística na que descubrir e gozar de experiencias únicas. As primeiras confi rmacións inclúen a Caterina Barbieri, que presentará en España o espectáculo audiovisual que acompaña o seu novo álbum, ‘Spirit Exit (light-years)’; e ao o alquimista sonoro francés Aho Ssan e o artista multidisciplinar keniata KMRU, que presentarán o espectáculo audiovisual ‘Limen (Subtext)’. Tamén darán concertos artistas como Huerco S., Blackhaine, Prison Religion, Pan·American e Zbigniew Chojnacki.
“ONDE A MÚSICA HABITA” CON ABRAHAM CUPEIRO MUSEO DE HISTORIA NATURAL
17 DE SETEMBRO ÁS 12:00 H | PREZO: GRATUÍTO
O Concello de Santiago; e a delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG Santiago) organizan un ciclo de concertos baixo a denominación “Onde a Música Habita”, que terán como escenario catro emprazamentos arquitectonicamente relevantes da cidade.
O 17 de setembro terá lugar o concerto de Abraham Cupeiro. . FESTIVAL MARÉ – MÚSICAS E ARTES ATLÁNTICAS COMPOSTELA
DO 21 AO 25 DE SETEMBRO |
O cartel inicial deste 2022 inclúe a mítica banda escocesa Capercaillie, que actuará coa Real Filharmonía de Galicia, a artista angolana Pongo, os brasileiros Orquestra Voadora e Chico César, o trío do Rajasthan Barmer Boys, as catalás Maruja Limón, a arxentina Sofía Viola e as galegas Guadi Galego e Antía Muíño.
‘EL JARRÓN INFINITO’ (O VASO INFINITO) ZONA C
ATA O 24 DE SETEMBRO | PREZO: DE BALDE
Mar Ramón Soriano (Valencia, 1993) contextualiza este proxecto na investigación procesual e teórica que vén desenvolvendo ao situar a materialidade das cousas no seu centro de interese. A artista conquista o espazo a través das dimensións do cerámico. ‘SONS IMPROBÁBEIS’ AUDITORIO DE GALICIA ATA O 16 DE OUTUBRO DE 10.00 A 14.00 E DE 16.00 A 20.00 H* | PREZO: GRATUÍTO
Na exposición, comisariada por Iñaki Martínez Antelo, móstranse traballos de 14 artistas que exploran as diferentes dimensións do son dentro das artes visuais.
* Do 15 ao 28 de agosto (ambos incluídos) o Auditorio de Galicia está pechado. Os domingos 7 e 14 de agosto pecha ás 14.00h
Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:
redaccion@revistapincha.gal
Axenda suxeita a posibles modificacións.
Consulta novidades en revistapincha.gal/ axenda-gastrocultural