Revista Pincha 30

Page 30

...máis aló de Compostela A ESTRADA Solpores no Lagoeiro

Cando? 5, 18 e 26 de agosto ás 21:00 horas

Onde? A casa do Lagoeiro (Vilar, 17) Solpores no Lagoeiro suma a súa terceira edición cun xiro na esencia que busca achegar aos galegos e galegas o mellor da música en directo; a través de diversidade de xéneros e estilos con artistas e grupos de referencia no eido nacional. Todo isto nun entorno rural e emblemático como é O Lagoeiro. En agosto será o turno do grupo canario Efecto Pasillo, o venres día 5; Los Secretos actuarán o xoves 18; e a banda de indie pop español La Habitación Roja pechará o ciclo o venres 26.

PADRÓN Feira Medieval de Padrón Cando? Do 2 ao 4 de setembro Celebración de temática medieval na rúas do casco histórico de Padrón. Ademais da feira, onde numerosos postos ofrecen diversidade de produtos gastronómicos e artesáns, chaman a atención do público as mostras, actividades e obradoiros infantís, sen esquecer a ambientación das rúas con músicos, bufóns, malabares, artesáns, cetrería, etc. A Feira Medieval de Padrón abrirá ao público o venres 2 de setembro de 18.00 a 1.00 horas e continuará durante toda a xornada do sábado 3 e o domingo 4 entre as 10.00 a as 14.00 pola mañá e entre as 18.00 a 01.00 horas pola tarde.

| 30 | Pincha |

30


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.