Revista Pincha 30

Page 1


o t n a c n e n o c s RecunecnhoCompostela

Hotel Terraza

Costa Vella

T. 981 569 530 | costavella.com Porta da Pena, 17. Santiago


Rebeca Munín Por

ÍNDICE O MAR DE SANTIAGO Esta é a primeira vez, nos cinco anos de historia de Pincha, que facemos unha reportaxe nunha vila mariñeira. Desprazámonos ata Porto do Son para entrevistar a Rogelio Santos, un pescador que triunfa nas redes sociais cos seus vídeos devolvendo capturas á auga ou explicando como coidar o noso medio natural. “O mar de Santiago”, díxome nunha das conversas previas á nosa cita. “Os produtos do mar que ten Compostela nas súas peixarías, na Praza de Abastos e na hostalaría son os deste mar, que é no que eu traballo. A xente de Santiago e os que o visitan teñen que sentir orgullo de onde se obteñen e de como se obteñen eses produtos, así como sentilos como propios”, engadiu. Canta verdade! Ás veces é importante pararse a pensar na fortuna que temos. Ademais do gran esforzo que hai detrás de cada prato que levamos á boca. Traballo, dedicación e ilusión son tamén os que poñen as fundadoras de Creativas Galegas coas que falamos neste número 30 de Pincha. Ou a artesá Queca Ares, de Arteviares. Ou Cristina V. Miranda, co seu libro ‘La Entusiasta’. Ou Almudena López, no Restaurante Abrasador Gaia Medieval. Pero postos a pararnos a pensar, nesta revista tamén quixemos botar a vista atrás e descubrir que foi dalgúns dos locais de hostalaría máis lonxevos da cidade. E postos a saír dos ‘nosos dominios’, queremos tamén contarvos que estamos iniciando o noso desembarco na Coruña. Será por iso de ter o mar tan preto. Cando chegas a el, xa non queres marchar. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

04 08 12 16 18 20

entrevista | Rogelio Santos, mariñeiro e creador de contido somos Compostela | Mercado Galego da Creatividade de bares con Jessi | Que foi de...? A memoria dos bares en Compostela

crusat & costas | Amodiño 2016 Oído, artesanía! | Queca Ares, de Arteviares de libros con Ruth | ‘La Entusiasta’, de Cristina V. Miranda

23 pola gorxa | Minestra de verduras 24 #apapar | Restaurante Abrasador Gaia Medieval 27 666rpm | Surfin’ hell co cuñado de Satán 28 axenda 30... máis aló de Compostela 32 guía de compras e ocio 35 ultramarinos | Estreamos a nosa axenda gastrocultaral da Coruña Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal

www.re vistapin ch a . g a l

Deseño e maquetación: Alberto Seoane

BAVF

Publicidade e Redacción: publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: Silvia Castiñeiras, Jéssica Pintor, Lorena Costas, José Crusat, Ruth Ríos, @JuanEAT_o e César Varela Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017

Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor.

O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

ONDE ATOPAR PINCHA


entrevista Rogelio acumula preto de 14.000 seguidores en Twitter e case 16.000 en Instagram. Foto: Iván Barreiro

| 4 | Pincha |

30


Rebeca Munín Por

Rogelio Santos Unha ventá ao noso mar e á pesca sostible

D

escubrín ao mariñeiro Rogelio Santos como case todos, a través das redes sociais nas que o seguen miles de persoas (case 16.000 en Instagram e máis de 14.000 en Twitter). Encantáronme os seus vídeos nos que devolve algunhas capturas ao mar. Nos que explica por que non debemos comercializar exemplares que non chegan ao tamaño permitido, teñen ovas ou están en veda. E, sobre todo, engancháronme aqueles nos que amosa a beleza dos nosos peixes, fala da pesca sostible galega e dun oficio ao que ama, admira e respecta profundamente. Reúnome con el en Porto do Son. Son as 4 da tarde e acaba de chegar de pescar acompañado de seu irmán. A xornada foi bastante boa. Primeiro clasifican o peixe en distintas caixas. Pésano e fan un documento de transporte que suben á base de datos da Xunta xa antes de levalo á lonxa de Ribeira. Este inclúe tamén información sobre a especie, que barco o pescou, que día, en que zona marítima... ata en que coche e con que condutor se transporta. “E cando poderá estar á venda en Santiago?”, pregunto. “Esta mesma tarde ou mañá pola mañá”, contesta. Case directo do mar (“o mar de Santiago”, nas súas palabras) ao noso prato. Milena... —digo mentres me fixo no nome da pequena embarcación na que chega Rogelio a porto— Por que ese nome?

Era o nome do mercante noruegués no que meu pai percorreu o mundo antes de decidir quedarse aquí, facer un barquiño e poder ver crecer aos seus fillos. Coñeceu África, Xapón, EEUU o norte de Europa... pero quedara orfo con 2 anos e non quería iso para nós. Cousas da vida que finalmente morreu no mar cando eu tiña 14, miña irmá, 10; e meu irmán, 22.

Pincha | N 30

|5|


entrevista

Cun caso tan próximo, non te dá máis medo saír ao mar? Non, iso o que fai é que valore máis o peixe e lle teña máis respecto a todos os meus compañeiros e compañeiras de profesión. Porque cada mariñeiro vai traballar para gañar un salario, pero tamén está alimentando ao mundo. Ademais, non somos temerarios. Co mar hai que ter coidado. Somos moi

“Cada mariñeiro vai traballar para gañar un salario, pero tamén está alimentando ao mundo”

por favor me levara para a terra que eu morría, que llo suplicaba... E, claro, viume tan mala cara, estaba pálido, que finalmente volveu para a terra. Co tempo dinme de conta de que aquelo era unha ‘brisa canaria’ (risos). Durante anos, eu mareábame todos os días, pero pensaba que se todos os meus veciños, primos... son mariñeiros, eu tiña que poder. E como era moi cabezota, duriño e con boa saúde, aquí estou.

prudentes. Sempre tiveches claro que querías traballar de mariñeiro?

Cada vez é máis difícil atopar xente moza que se queira

Non. A min o que sempre me gustou foi traballar coas mans.

dedicar a isto como fixeches ti naquel momento...

E tamén sempre me gustaron os animais, a natureza, a bio-

E iso que é un traballo moi bonito. Estás en contacto coa

loxía… De pequeno vía moito os documentais de La 2, de Fé-

natureza, tes a oportunidade de gañar o sustento de ma-

lix Rodríguez de la Fuente... O que pasa é que tamén sempre

neira honrada... É un oficio con moitos puntos positivos que

estiven moi vinculado ao mar, pola familia, polos veciños, por

ao mellor a xente descoñece. Por exemplo, non hai impa-

ser dunha pequena parroquia cun pequeno porto mariñei-

gos. Cobramos ao día ou á semana. Ademais hoxe en día hai

ro, Queiruga, onde pasei toda a miña infancia, rodeado de

moita máis seguridade e mellor calidade de vida. Eu síntome

mariñeiros e xogando cos animais que había nas pozas, ven-

súper orgulloso da xente traballadora do mar. Aínda que se-

do como os homes e as mulleres cargaban os aparellos, etc.

gue sendo un traballo duro e o aumento dos impostos, a

E ao contrario do que se di moitas veces de que os mariñei-

subida de combustibles... fan que o balance entre ingresos

ros son moi brutos e que arrasan con todo… desde logo, ese

e gastos de calquera embarcación estean moi axustados. E

non foi o mundo onde eu me criei. A xente do mar que eu

iso repercute nos salarios.

coñecín tiñan moito respecto polo mar e polo seu coidado. Como foi ese primeiro día con 18 anos no que saíches ao mar? Acórdome porque meu irmán, que xa tiña máis de dez anos de experiencia, pediume se o acompañaba a levantar uns aparellos. Pensei morrer!! Pensei morrer porque para min aquelas ondas parecían montañas e o vento, un furacán. Meu irmán partíase da risa véndome a min con cara de pánico. Recordo que recei a todos os santos cantos hai, os coñecidos e os descoñecidos, pedinlle ao meu irmán que

| 6 | Pincha |

30

O Milena chegando ao porto de Porto do Son. Foto: Iván Barreiro


Que pensas entón cando dicimos que o peixe está moi caro? É que eu digo que o peixe está caro. E cada vez máis. Sei que temos un produto en Galicia de gran calidade e iso hai que valoralo. O peixe galego é o 'pata negra' a nivel mundial. É, actualmente, o mellor peixe do mundo, pero tamén é o peixe obtido da maneira máis sostible. Un peixe que o 99% é vendido en A, que non é corrupto, é un peixe honrado. Ademais as nosas augas son das máis limpas do mundo, das que menos

Algunhas das capturas de Rogelio e seu irmán o día que quedamos para a entrevista. Foto: Iván Barreiro

plásticos conteñen. Pero aínda así, si creo que é caro porque entendo que realmente para unha familia comprar peixe a 6 ou 7 euros o quilo representa unha inversión moi grande. Por iso, como reclama moitísima xente, se realmente nos preocupa a saúde da poboación e fomentar o consumo local, debería

“O peixe galego é o 'pata negra' a nivel mundial”

baixarse o seu IVE.

poñíanos a facer moitos comentarios de texto e chamoulle moito a atención a miña forma de escribir. Eu sempre, fora cal fora o tema que nos puxera, desviábao un pouco ao mar, a Galicia, ao cariño a miña terra... El dicíame: “Que ben comu-

Desde hai un tempo, triunfas nas redes socias falando do

nicas, deberías escribir nun blog porque ademais iso axuda-

teu traballo e concienciando sobre como debemos coidar

ríache a mellorar a túa ortografía e gramática”. Entón oco-

o que temos. Como está o noso mar?

rréuseme empezar a escribir na miña páxina de Facebook

No que ten que ver coa sostibilidade, foise avanzando a nivel

e sobre todo cando escribía cousas relacionadas co mar, a

de costumes, hábitos... Antes non entendiamos o prexudi-

xente empezaba a compartilo e a pedirme que lles contara

cial que podía ser que tirásemos un plástico ao mar, praias

máis. Logo fixen a conta en Instagram e Twitter. Nas primei-

cheas de lixo, animais con eles enganchados... Pero hoxe

ras publicacións expliquei que quería abrir unha ventá ao

cóidase moito máis. Eu vexo cada día aos meus compañei-

meu mundo porque creo que o mar non é dos mariñeiros,

ros de profesión vir con plásticos en bolsas da comida que

é de todos, é da xente das cidades, da xente do interior...

levaron para comer, pero tamén dos que veñen nas súas

Quería que o coñecesen de primeira man, crear un contido

redes. É algo habitual. E é moito máis habitual ver nas praias

que fose bonito. Porque vivimos nunha terra súper fermosa,

xente que vai dar un paseo recollendo plásticos nunha bol-

súper rica, chea de beleza e de xente boa.

sa, que collendo berberechos ou ameixas ilegalmente. Hai tamén outros temas, como a igualdade, nas que fomos

Nos vídeos que compartes vemos moitas especies dife-

avanzando. Hoxe en día hai moitas mulleres presentes no

rentes, como traballades nas embarcacións... pero que é

mundo do mar, en todos os niveis. E máis que haberá.

o máis curioso que tes atopado no mar? Sempre me fan esa pregunta e mira, cada día é unha aven-

Por que decidiches empezar a contar as túas experiencias

tura e cada día é incrible porque non hai dous peixes iguais.

nas redes sociais?

Hoxe pescamos tres escarapotes e cada un deles tiña unha

Foi un pouco antes da pandemia. Empecei a sacar a ESO e

tonalidade distinta, como un cadro de Picasso. Así que a be-

o Bacharelato para adultos ao mesmo tempo que traballa-

leza, a orixinalidade e as calidades o que hai é que velas,

ba. O profesor de literatura castelá, Xabier López Marqués,

porque estar, están aí xa. E no caso de Galicia, máis.

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha | N 30

Pincha

|7|

Revista de Gastronomía & Cultura


somos compostela

Mercado Galego da Creatividade, unha tenda con sentimento O colectivo Creativas Galegas xestiona este espazo que reúne deseños únicos, edicións limitadas e produto exclusivo de artesanía Creativas Galegas non é ningún lío de mulleres. Se ben hai unha meirande parte que son creadoras, fai referencia a un conxunto de persoas, de marcas creativas galegas que conflúen neste proxecto. Así o explican á sombra dun camelio de máis douscentos anos, en plena rúa compostelá da Caldeirería, Isabel Pernas, Sandra de Rego e Bea Barril, que se toman un respiro para sentarse a falar dos comezos deste local cheo de encanto no que nos atopamos, o Mercado Galego da Creatividade. Situado no número 36, foi antigamente un dos comercios máis emblemáticos de Santiago, ‘Magdalena’, convertido dende finais do 2020 en punto de encontro das creacións artesanais de marcas da nosa terra. Este espazo foi soñado e recreado nas mentes de tres persoas que nin sequera se coñecían.

| 8 | Pincha |

30

Moito máis que un comercio “Estou aquí nun lío destes de mulleres”, dicía un home falando por teléfono dentro da tenda alá polos seus inicios. A frase quedou gravada no extenso anecdotario que en pouco tempo leva xa escrito o Mercado Galego da Creatividade, moito máis que un comercio. Estamos ante un espazo para compartir, desfrutar e mercar algo único que leva nas súas formas, na súa textura ou na súa cor, incluso no seu envoltorio ou nas palabras de quen te atende, a paixón e agarimo da persoa que lle deu significado. Entre os seus postos exquisitamente artellados (que para iso hai no grupo quen se dedica ao interiorismo e decoración) os nosos sentidos poden perderse e deixarse levar por todo tipo de arti-


Foto: Iván Barreiro

Foto: Iván Barreiro

Silvia Castiñeiras

O Mercado Galego da Creatividade está na Rúa da Caldeirería, nº36, en Santiago.

Por

Isabel (marcas: quenindiola e paripepop), Sandra (marca: amorote) e Bea (marcas: spaciob e O teu gusto), son as promotoras de Creativas Galegas.

gos de arte e artesanía, produtos selectos de produtores pequenos que van dende a pintura, á ilustración, o deseño gráfico, a moblería, o téxtil, a xoiaría e a decoración ou servizos como o interiorismo e a fotografía e incluso algo de gastronomía. Case que un infinito de posibilidades (un creativo nunca deixa de crear…). “Son deseños únicos, edicións limitadas, produto exclusivo” comenta Isabel, que se define como contadora de historias e dou fe, proporcionando toda unha declaración de intencións que non dá lugar a dúbidas de que estamos nun comercio especial. Ademais, “aquí o cento por cento do beneficio vai para o propio creador”, sendo isto un lugar moderno pero estruturado como un mercado tradicional, con cadanseu posto por marca. A súa filosofía non é vender por vender, é mostrar o valor do artesanal, o traballo que leva, a dedicación que require, os materiais que se elixen ou o enxeño de quen crea unha peza. A súa esencia vai unida tamén ao respecto polos animais, á responsabilidade medioambiental e a unha profunda devoción pola cultura galega. Os inicios dun soño común Bea Barril (Spaciob) e Sandra de Rego (amorote) coñecéronse nun curso de empredemento onde puideron compartir as súas necesidades, que non eran outras que contar cun espazo físico

onde poder expoñer os seus produtos e servizos, achegalos ao público e compartir gastos. Curiosamente, anos antes, a Isabel Pernas (quenindiola) rondáballe na cabeza mentres estudaba Bioloxía algo que nada tiña que ver co seu temario. Pensaba no seu espazo perfecto: unha cafetería -libraría. Alá polo 2013, cando comeza coas súas marcas, ese proxecto inicial volve á súa mente, desta vez en forma de algo así coma un centro comercial da cultura e da arte. E, cousas que ten o destino, nun coworking no 2019 Isabel sabe da existencia por casualidade de dúas mozas que están a argallar na súa mesma ilusión como se algunha vez mentres durmía estiveran de paseo entre os seus soños. Son Bea e Sandra, comeza a conexión. “Tardaron un mes en facerme caso e contestarme ao email” (Risas). Para elas o 2020 será recordado non só pola famosa pandemia, senón polo ano que lles deu o tempo e o guión para elaborar un proxecto que se transformou nunha realidade. Pero non falo de intercambiarse uns emails con ideas, non, deseñaron e redactaron o proxecto con todas as da lei, con todos os plans necesarios ata constituírse en cooperativa.

Pincha | N 30

|9|


“Estámonos convertendo nunha tenda de referencia grazas ao valor que ten agasallar con algo que é de aquí, artesanía galega” Non estiveron soas na súa andaina. Antes de abrir o espazo físico que hoxe coñecemos xa eran cen as marcas asociadas. “Vimos que era moita a xente que tiña as mesmas necesidades que nós”. O Mercado Galego da Creatividade inaugurouse o 5 de decembro de 2020. Nel están na actualidade representadas 40 das 270 marcas que forman xa parte do colectivo de Creativas Galegas. O que tiñan claro, pola súa vea compostelá, era a situación do seu espazo, Santiago. “Á parte de que é a nosa cidade, tamén pola súa historia, o turismo, estar neste casco vello que aínda fai máis especial o que queremos transmitir… é unha cidade que nos dá confianza, aínda que abarcamos marcas de toda Galicia”, explican. Iso si, o máis probable é que a tenda de Compostela sexa só o xerme do que está por vir, porque xa hai a quen lle urxe apertura noutras cidades galegas e elas están dispostas a asumir o reto e seguir avanzando pola xeografía da nosa terra e incluso nesas mentes que non paran, e a pesar do esforzo constante, xa agroma a aventura de establecer algún local fóra de Galicia, noutros puntos de España. Un lugar con humanidade O curioso de entrar neste mercado é percibir varias caras con sorriso de aquí para alá pola tenda que deixan que flúas polo espazo á túa maneira, cos teus xiros e as túas paradas, sen que dirixan o teu camiño, pero facendo dalgunha maneira, case como cousa de meigas, que notes un ambiente de confianza propicio para poñerte de leria en calquera momento. Non é de estrañar que aquí se repartan apertas case que a diario. “A xente que vén de facer o Camiño chega moi emocionada, escoitámola e acabamos abranzándonos, isto acaba sendo moitas veces unha auténtica explosión de enerxía para todos”. Cando digo varias caras é que son varias. “As persoas creadoras somos as que atendemos a tenda por quendas, con representación da meirande parte das marcas, e o bonito é que todos e todas temos que saber algo das marcas e produtos dos demais”.

| 10 | Pincha |

30

No Mercado Galego da Creatividade atopamos moitos produtos coa marca Artesanía de Galicia. Foto: Iván Barreiro

E é que funcionar deste xeito provoca que uns aprendan dos outros facendo notar ese aprecio e sentimento de auténtico compañeirismo. “Ímonos complementando co que sabemos unhas e outras, por exemplo dámoslle moita importancia á estética da tenda e o aspecto que ten non é casualidade, é que contamos con interioristas e decoradoras”. Non fai falta nin dicilo, ollos que ven… que gusto! Así é que, aínda que agora están de moda as opinións dos clientes vía dixital, o certo é que aquí escóitanse de viva voz certas expresións coas que, digo eu, ten que dar ganas de ir traballar. Un espazo moi humano, un lugar de paz, un espazo con alma, museo da artesanía… son algunhas das marabillosas descricións improvisadas de quen entra pola porta e se deixa levar polos sentidos. “Dende logo que o traballo está recompensado con estas reaccións, compensa moito o esforzo e dedicación cando escoitas o que che di a xente sinceramente. Estámonos convertendo nunha tenda de referencia grazas ao valor que ten agasallar con algo que é de aquí, artesanía galega”.


E o recoñecemento a tan bo facer chega tanto da xente de aquí, que sempre tira a valorar menos o da casa, e dos turistas. “Estamos moi sorprendidas porque as persoas que entran entenden moi ben que é unha tenda colectiva e a xente de aquí valora moito o noso, funciona moito o boca a boca… ademais da boa acollida tamén por parte dos turistas que non deixan de darnos os parabéns por este espazo, din, tan bonito. Sen sequera explicalo a xente sabe onde está e o produto que se vende aquí. Captan o concepto que proxectamos”. Ai! Imaxinen a unha persoa que vén de percorrer a zona vella dunha cidade cun encanto tan maxistral como é Santiago e aínda é quen de abraiarse coa túa tenda… Actividades complementarias cun “Lío” de fondo Este local da Caldeirería agocha un lugar máis alá do propio Mercado Galego da Creatividade que podería dicirse que é segredo se non fora porque xa é pouco menos que outro reclamo turístico. Todo o mundo quere baixar ao andar inferior para observar o curioso camelio que medrou facéndose oco cara o ceo encaixado entre os muros que rodean un pequeno patio. Nesta planta de abaixo Creativas Galegas organiza diversas actividades como obradoiros e exposicións, levando a arte e a artesanía máis alá dunha simple exhibición de produtos e aportando maior valor cultural. Un valor que afianzan con outro tipo de pro-

postas que chaman moito a atención dos viandantes e non é para menos, porque non todos os días se ve nun escaparate a unha persoa creativa facendo iso, creando. “Os escaparates viventes nos que se traballa en vivo e directo supoñen unha garantía para o produto e axudan a entender o custo dos materiais, do traballo… en definitiva, axudan a entender a artesanía”. Así, a xente acaba preguntando iso de “Está feito aquí?” Nada de made in… E cando non hai xoieiras, carpinteiras… no expositor, atopamos auténticas viaxes temáticas a través das pezas, mesmo podes facer o propio Camiño de obxecto en obxecto. Alá no fondo, tras baixar as escaleiras e percorrer a zona de actividades complementarias, está o patio no que vive Lío, o camelio. Daquela frase do home que falaba dun “lío de mulleres” quedoulle o nome a esta impoñente árbore que parece pretender ser unha peza artesanal máis, encaixando á perfección con Creativas Galegas. Celia Pía, compositora, chegou a compoñer unha canción sobre Lío que se transformou na banda sonora que se escoita no Mercado Galego da Creatividade. A min non me digan que todo isto non é ser enxeñoso a rabiar. Son tantas as historias desta tenda con sentimento que ata unha pomba mensaxeira se meteu un día no seu escaparate. Iso é ou non é unha pura obra de arte? Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Na planta baixa do Mercado, organízanse varias actividades e pode verse un camelio de máis de 200 anos. Foto: Iván Barreiro Pincha | N 30

| 11 |


de bares con Jessi

Que foi de? A memoria dos bares

en Compostela

A

na Castro tropezou un día con Fernando Franjo, por mor dunhas vidreiras! El, historiador, xornalista, xestor cultural, especializado no mundo dos cafés históricos. Ela, taxadora de arte e antigüidades e comisaria de exposicións. Dous apaixonados pola protección do patrimonio. Quen lles ía dicir que os seus camiños se cruzarían nos bares, en concreto facendo memoria deles. Neste caso foi no Derby. A Ana encárganlle a taxación das vidreiras deste bar, cando pecha por xubilación, e como Fernando escribiu un artigo sobre o Derby no seu libro “50 cafés históricos de España e Portugal” empezaron a tirar do fío e naceu un proxecto conxunto, un libro e unha exposición itinerante! O seu traballo de recuperación da memoria deste café fundado nunha recente estreada Praza de Galicia, na Compostela de 1929, viaxa polo Ensanche, Santa Marta e Fontiñas (ata outubro), para continuar despois por outros centros socioculturais ata febreiro. “Para que se coñeza a historia do Derby e dese Santiago,

Un dos recunchos de O Galo D’Ouro. Foto: Iván Barreiro

| 12 | Pincha |

30


Jéssica Pintor Por

vista a través dun café. Todo un século de historia da cidade. Con este percorrido chegamos a un público de idade avanzada e achegamos o que coñecemos do seu patrimonio e aprendemos do que nos vai aportando cada visitante. Memoria! Porque as testemuñas enriquecen. Chegamos tarde -lamentan-, pero a tempo, porque deste xeito rememoramos 91 anos de supervivencia dun bar, por riba de todos os cambios urbanísticos, políticos. O Derby é historia viva!”. Na exposición teñen tamén unha pequena recreación de como era o bar, incluída unha réplica da vidreira. Que foi do Derby? Agora está pechado. Un bar que viviu do 1929 ao 2020. Reabrirá obrigado a conservar os elementos máis importantes do seu patrimonio. Protexendo e valorando vidreiras, zócalo de madeira de caoba, o mostrador de mármore de Carrara, a cornixa de Díaz Valiño. “Dalgúns edificios só queda a carcasa e o de dentro destruíuse por distintos factores, non só os cafés, as mercerías e outros edificios ou negocios históricos. Por mor dunha xubilación, sagas familiares que se esgotan, non habendo relevo xeracional, rendas, revendas... O paso do tempo, o tratamento da caruncho, a humidade, recuperacións custosas ou imposibles, gastos de limpeza de mobiliario antigo... Os cambios sociais, as crises, a operatividade, as problemáticas da evolución da sociedade...”. Son moitos os factores que fan que hoxe nos preguntemos en Santiago e que foi de...? Que foi do restaurante Asesino? Está pechado dende 2012. Un local na Praza da Universidade que data do 1877 e que está pendente dunha nova apertura tras unha renovación completa, porque nada queda do que era. Que foi de El Muelle? Houbo un relevo xeracional; unha reestruturación, mantendo a esencia e a decoración. Un bar de 1931 situado na Rúa da Senra. Noventa anos en activo. Que foi de A Reixa, Borriquita de Belén, Atlántico, Camalea, Gramola, Embora, Metate, Casa das Crechas, O Paraíso perdido, Momo, Fuco Lois, Tarasca, A Carrilana? Todos sobreviven. Seguen abertos,

funcionando e algúns ata conservan algúns elementos estéticos, arquitectónicos ou parte da esencia cos que foron abertos. Todos datan aproximadamente do inicio dos oitenta, nun Santiago no que vivian 50.000 estudantes. Que foi do Modus Vivendi? O pub máis antigo de Galicia, o primeiro en obter licenza deste tipo, no 1972. Unhas antigas cortes que fan 50 aniños vivas e coleando e de que maneira! Servindo copas, provocando tropezos entre almas xemelgas ou entre historiadores e taxadoras de arte. Que foi do Café Casino? Aberto. Funcionando. Un sitio do máis emblemático na cidade, que fará 150 anos en 2023. Fernando e Ana están somerxidos nun proxecto ao redor deste local: o estudo do Casino enteiro. Foi unha sociedade privada ata 2002, de aí converteuse en café e o ano que vén será a sociedade recreativa máis antiga de Galicia aberta. “Tentamos achegar o Casino non só ao turismo, senón involucrar á cidade no seu coñecemento e valoración, para que forme parte da súa memoria. Poñelo de preto para os picheleiros, non só para os de fóra”. Dino dous santiagueses adoptados que teñen moito que estudar neste bar, é de onde xurdirá outro proxecto editorial e expositivo que estamos desexando ver e sorber cun café ou con coñac, que leites! Porque para falar desta memoria dos bares de Santiago que mellor que Fernando e Ana. Un monfortino e unha granadina. Case morro da risa! Ningún é de aquí, pero viñeron á festa e ao carallo! E o seu amor por Compostela e pola conservación do que é de todos e para todos, da historia, da cultura, dunha memoria colectiva... Fernando e Ana loitan todos os días por gardar cachiños de historia ata nun café! Por visibilizalos. Se é que todo pasa nos bares e aínda non nos quixemos dar de conta! Son esa especie de museos peculiares, vivos, útiles, onde ves cousas das que xa non hai, bebidas das que xa non se fan, xente da que xa non nace...

Marga Balboa acaba de reabrir o bar O Galo D’Ouro, que funcionou en Santiago do 1973 ao 2020

Pincha | N 30

| 13 |


(Risas!) Co cal son patrimonio mundial, arte vivo, locais con murais, obxectos históricos, que debemos conservar, para que noutros cen anos alguén se marabille co valor das pezas, coas memorias destes establecementos de cafés, copas e xentes variadas. E que foi de O Galo D’Ouro? Un bar na Rúa da Conga de 1973. Pechado en 2020 e reaberto agora por Marga Balboa, unha picheleira de pro e coñecida hostaleira, que nunha aposta persoal -e económica-, puxa e loita contra a humidade e outros fenómenos provocados polo caprichoso paso do tempo, para conservar e sacar lustro ao Galo máis compostelán. Timidamente agochada detrás da barra de madeira maciza, tallada a man, que pode gardar millóns de segredos ou de bechos, senón a coida moitírmo! (ha, ha, ha) Detrás desas paredes que gardan ecos de risas e berros de centos de miles de nomes e apelidos de personaxes famosos, entrañables, malévolos e maquiavélicos, da cidade e da contorna. De historias

| 14 | Pincha |

30

de antonte e de pasado mañá... Está unha muller que cre nos bares! Levo vendo a Marga detrás dunha barra vinte dous anos que levo na cidade. Vina en distintos bares. Sempre con esa disposición, ese sorriso, traballando a reo! As dúas levamos uns anos máis enriba que a última vez e sen embargo a curiosidade asoma coma se foramos adolescentes! Coñecémonos, aínda que non sabemos quen é a outra. Neste día, no Galo D’Ouro escribimos un novo capítulo na nosa historia común, creada por primeira vez nun bar. Liñas noutro capítulo que comeza nun local que por emblema ten unha gramola!! Siii!! Unha gramola para poñer música, para poñer jazz, rock, clásicos ou modernos. Mergullámonos nas tripas do Galo D’Ouro. Respirando esa humidade galega e picheleira da zona vella que sangra polas paredes. Absorbendo polos poros o duro traballo dunha aposta e dunha sensibilidade de


I El Asesino, de 1877, estaba situado no baixo deste edificio. Pechou no 2012 e está pendente dunha nova apertura. Foto: Iván Barreiro

alguén que –insisto- cre nos bares, que respecta e admira esa solera do local, o suficiente como para fregalo ben (xa sabedes encerar e pulir e repite, Miyagui San), sacarlle brillo e poñelo en marcha para orgullo e alegría seu, de moitos de aquí e dos de fóra! Pero Marga vai crear o seu propio sitio no Galo D’Ouro. “Ten vida propia. Aquí hai un respecto mutuo. Dúas personalidades que se teñen que levar ben, coidarse e quererse”. Cando un local mítico reabre tes no imaxinario aquelo que recordas, intentas rememorar fielmente aquelo. Pero non se vive da nostalxia nin do houbera... Ás veces é máis barato volver facer que restaurar... E, pola contra, neste espazo persiste a memoria. Existe resistencia. A da xente dos bares.

Longa vida aos bares e as persoas que fan os bares!

I Ana Castro e Fernando Franjo, xunto á gramola do bar O Galo D’Ouro. Foto: Iván Barreiro

Ana Castro e Fernando Franjo preparan un proxecto sobre o Café Casino despois do éxito da exposición e o libro sobre o Derby Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha | N 30

| 15 |


crusat & costas

AMODIÑO 2016

Lorena e José, na Viñoteca do Mercado. Foto: Iván Barreiro

LORENA COSTAS

Practicando o slow drinking (para nós: beber sen présas)

O

la, Pincheir@s! Neste número imos falar dun viño excepcional e dunha persoa, o seu elaborador, que, nun momento determinado da súa vida, pensou que nunca era tarde para cambiar de camiño. Falamos de Eladio Piñeiro, que ao mellor, así de pronto, non vos soa; pero se vos digo que foi o fundador de Mar de Frades xunto con Carmen, a súa muller, alá polo 1983, agora si vos soa, non? Mais chegou un momento no que se sentiu un tanto afastado do seu proxecto: Mar de Frades estábase convertendo nunha adega demasiado grande e industrial, algo moi distinto ao soño de Eladio, obsesionado por facer viños

| 16 | Pincha |

30

persoais e reflectores do terroir. Foi aínda en Mar de Frades cando naceu a primeira botella de vidro azul do mercado español empregada para algo alimentario, que se presentou na colleita do 91. No ano 2003, a causa da grave enfermidade da súa muller, Eladio reflexionou sobre moitas cousas: vende a marca comercial Mar de Frades e comeza a preguntarse sobre cuestións tan importantes como o medio ambiente e o trato que lle damos, a globalización e os seus efectos etc. Foi no 2006 cando retomou o proxecto da adega familiar “Frore de Carme”, identificándose con conceptos como a singularidade e autenticidade, a fidelidade á paisaxe, afastándose de facer viños sempre iguais e comerciais.


Como el mesmo di, quere elaborar viños que conten unha historia, que emocionen, levar a alma da terra ao viño, por iso practica unha agricultura sostible e, dende hai uns anos, elabora tamén baixo os preceptos da biodinámica. Así, os seus viños dan un xiro: albariños moi varietais e, sobre todo, moi lonxevos, con elaboracións moi longas no tempo. É o caso de Frore do Carme, primeiro albariño que saíu ao mercado con catro anos de crianza. Seguramente tamén coñezades o seu Envidia Cochina, outro albariño fantástico, elaborado como antigamente. Tamén foi pioneiro na implantación da etiqueta termosensible, que cambia de cor cando o viño está no seu momento óptimo de consumo. O viño de hoxe, Amodiño 2016, está elaborado con lías de tres colleitas diferentes, unha técnica da que vos falará Cru. Para min resalta a súa profundidade e estrutura; parece que ten crianza en madeira , pero non, todo é froito de ese traballo coas lías que fan del un viño untuoso, longo, sápido e que invita a beber e gozar del sen máis compañía que a de un mesmo sentado fronte ao mar. Non deixedes pasar a ocasión de probar esta marabilla. Ah, e a ver se sodes capaces de ver que é o que cambia de cor na etiqueta termosensible! ;)

JOSÉ CRUSAT

Un exemplo do terroir de Eladio Piñeiro

Lorena Costas

Jose Crusat

Por

Por

za, as lías propias da colleita aportando untuosidade, e finalmente, as da seguinte colleita que lle aportan frescura e xuventude. Todo elo confírelle ao viño unha complexidade e presenza que fai que, a maiores de ser para beber, sexa un viño de comer, gastronómico. E imos catar o viño, pois! Na copa atopamos un viño de cor amarelo pallizo, intenso que se agarra ás paredes da copa indicándonos que ten unha alta densidade. No nariz é salino, con notas de herbas, fiúncho, cítricos, froita branca, mazá e finalmente froitos secos. Tras botarlle un grolo, atopamos un viño untuoso, de acidez equilibrada, persistente, moi boa estrutura e con potencia. Salino con sabores a mazá, limón e pexego outra vez. En canto á maridaxe imos propoñer dúas opcións ámbalas dúas de peixe de tempada. Propoño peixes potentes, con sabor, que este viño aguanta perfectamente con eles, xa que ten contundencia e estrutura dabondo. Por unha banda, unhas sardiñas asadas á grella de toda a vida con un bo pan de broa. Esas sardiñas de xuntanza cos amigos e familia ao redor do lume. Coma segunda proposta de maridaxe, algo máis de modernez e orientalidade, deixo un carpaccio de bonito de Burela cun aliño de zume de xenxibre (raiar, esperar uns minutos e apertar para sacar o zume), allo raiado, soia, zume de limón ou de yuzu, cebola verde ben picadiña e un chisco de pementa. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

I

mos esta vez cun viño moi persoal, un viño no que o elaborador toma decisións e aposta, afastándose da liña normativa, desa famosa tipicidade que produce aburrimento, xa que fai todos os viños iguais. Eladio Piñeiro elabora segundo el cre facendo viños moi persoais onde tamén se reflicta a terra onde crecen as uvas. Isto é “terroir” e a mestura das características da variedade, do terreo onde medran as videiras, pero tamén a persoa, e esa comuñón do campo co elaborador. Así pois este Amodiño 2016 trátase dun albariño con dúas características principais na súa elaboración, a primeira delas é o tempo, non sendo un viño novo do ano, senón un viño maduro e complexo que para a súa elaboración require de tempo. E segundo é o seu especial traballo coas lías (os lévedos mortos trala fermentación). Trátase dun viño no que se traballan as lías de tres anos diferentes. As lías da colleita anterior que xa se utilizaran para elaborar outro viño aportando madurez e notas de crian-

Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

FICHA DO VIÑO: Adegueiro: Adega Familiar Eladio Piñeiro D.O.: Rías Baixas – Subzona Val do Salnés e Ribeira do Ulla Variedades: Albariño Grao: 13º Colleita: 2016 Prezo: En torno aos 22€ na Viñoteca do Mercado

Pincha | N 30

| 17 |


Oído, artesanía!

Queca Ares, de Arteviares: “A xente pensa que o vidr

Foto cortesía da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Mar í a Je sús Ares, máis coñecida como Que c a , é unha das artesás que rexenta a marca familiar A rt eviares e responsable artística da mesma. A esencia do apelido desta saga de creadores vai no seu propio nome comercia l, arte en vidro Ares, unha división da lonxeva Cristalería El Reflejo, que conta con tenda física na Coruña, e que foi evolucionando ao longo do tempo, paradóxicamente, cara as orixes artesanais no tratamento do vidro.

cunha fábrica de espellos, dedicándose a elementos de decoración dentro do que é a cristalería. Xa imos pola cuarta xeración que continúa coa empresa familiar. Eu mesma comecei a interesarme por técnicas como a do fusing coa que sometes o vidro a unhas temperaturas de máis de 800 graos, creando pezas fundidas moi sorprendentes. Así, en 1995, creamos dentro da empresa a sección Arteviares, que forma parte de Artesanía de Galicia e está centrada máis na creatividade.

C o mo f or on os com ezos de Art eviares ? Vimos de anos de experiencia no que ten que ver coa produción de artigos relacionados co vidro, dende que a miña familia, xa fai 87 anos, comezou

| 18 | Pincha |

30

Que t i po de peza s crea des ? A raíz desta nova división comezamos a crear pezas personalizadas e únicas relacionadas moito cos agasallos, por exemplo detalles


Silvia Castiñeiras Por

ro é un material fráxil e descoñece todas as súas posibilidades”

“Creamos pezas particulares para restaurantes segundo o que precisan”

de empresa, obxectos conmemorativos, presentes para celebracións como vodas, comunións... Facemos trofeos deportivos, colgantes ou vaixelas de vidro. Destas últimas temos unhas infantís moi orixinais. É curioso porque a xente descoñece todas as posibilidades que ofrece o vidro, adoitan pensar que é algo fráxil e en realidade é un material nobre e duro.

C a l é a vosa r elación co ám bit o da r es t aur ac ión? Creamos pezas particulares para restaurantes segundo o que precisan, e como fabricamos peza a peza todas son diferentes. Adaptámonos ao que piden, por exemplo facendo formas especiais para colocar o garfo ou para presentar un menú de determinada maneira. Pero non só lles

facemos vaixelas, tamén decoración en vidro como repousa cubertos, centros de mesa, floreiros ou identificadores para as mesas.

Que v o s s upó n co n t a r co a ma rca A rt es a n ía de Ga li ci a ? Formar parte de Artesanía de Galicia dános prestixio. Fan unha selección moi axustada e controlan o intrusismo, por iso cremos que é unha garantía para todos. A nós apórtanos moita seguridade. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

O n d e s e p o d e n m e r c a r a s v o s a s p e z aPincha s? Revista de Gastronomía & Cultura

Na tenda de Cristalería El Reflejo na Rúa da Torre, na Coruña. Ademais, vendemos na fábrica (Avenida de Finisterre) e online en www.arteviares.com. Tamén nos atoparás en numerosos comercios.

Pincha | N 30

| 19 |


de libros con Ruth

Cristina V. Miranda, en A Reixa Tenda – Matrioska, na rúa do Hórreo. Foto: Iván Barreiro

Cristina V. Miranda:

“Interesábame falar do dó”

R

eunímonos en A Reixa Tenda-Matrioska, en Santiago e, en primeiro lugar, Cristina V. Miranda (Ferrol, 1982) quere deixar claro que ‘La Entusiasta’ non é ela, aínda que se inspira en numerosas historias. Experiencias que merecen ser contadas para facer xustiza a mulleres que un día quixeron ser as protagonistas das cancións dalgúns dos grupos mais míticos da escena indie española. ‘La Entusiasta’ moitas veces vese apoderada polo seu álter ego, a autómata. Dúas rapazas mergulladas nunha espiral de resacas culpables, dobre moral cara as mulleres, autodestrución e música indie no Madrid da primeira década do século XXI. A novela é unha viaxe etílica pola dor da perda, a través de festivais míticos e noites en bares de Ma-

| 20 | Pincha |

30

lasaña. Unha viaxe iniciática que comeza na parada de bus da Bañeza, que tan ben coñecerán aqueles que un día marcharon a esa cidade luminosa que nunca para. O libro é un retrato do dó. Que busca a protagonista a través dos festivais e a noite de Malasaña? Busca a redención. A min interesábame falar do dó cando perdes a unha persoa que é o teu eixo nunha idade tan complicada coma os 18 anos, que é cando comezas a saír ao mundo. Ás veces a busca do pracer lévanos por camiños escuros. En canto aos compañeiros da protagonista, quería contextualizar nun lugar que coñezo ben: a escena do indie español de principios do século XXI.


A protagonista di que os festivais son “non lugares”. Que son para ti? A protagonista comeza a coñecer no 2007 os festivais que hoxe son grandes como o FIB ou Primavera Sound. Os festivais son ese lugar de encontro e hedonismo extremo, aínda nese momento un pouco naif porque a industria non estaba tan organizada. Había un cóctel de xuventude, busca de identidade e fuxir cara diante. Os festivais son lugares de fantasía que non son sociais nin políticos onde todo o que se sucede queda alí. Deixar claro ademais que non comparto todas as visións da protagonista que, por momentos, é moi repugnante (risas). Pero si hai moitas reflexións baseadas en emocións que coñecín. Interesábame narrar a obsesión, como podes converterte en alguén que non estabas destinado a ser. Tiveches críticas por retratar o lado escuro da escena indie? Moitísimas, aínda que non son moi consciente delas. Houbo un antes e un despois tras unha entrevista de El País (titulada “Vida de una grupi del indie español”). Recibín moito hate, pero conseguín non mirar nada. Tamén tiven opinións moi positivas. En todo caso, quixen analizar desde un punto de vista xornalístico por que xera tanto resentimento a figura da “groupie” en España, menosprezada tanto por homes como por mulleres, aínda que en EEUU ten un certo “brilli brilli”. Quería reafírmame na idea da necesidade de reivindicar a posibilidade como mulleres de trabucarnos nun ambiente tóxico masculino. Sen embargo, cando lle ensinei o libro ás miñas amigas, agora señoras casadas, preguntáronme por que sacar isto agora.

Ruth Ríos Por

‘La Entusiasta’ moitas veces vese apoderada polo seu álter ego, a autómata. Dúas rapazas mergulladas nunha espiral de resacas culpables, dobre moral cara as mulleres, autodestrución e música indie no Madrid da primeira década do século XXI

É unha crítica dos homes poderosos da escena e como enfrontan as mulleres entre “tranquilas” e “as demais”. Non había vontade de facer crítica, pretendía facer una exploración do pracer, da dor, da culpa. Pero é verdade que se conta a realidade do que pasaba (rapazas moi novas que se deitaban con homes da industria gravemente prexudicadas por alcohol e outras substancias). Pensei que me pasara de rosca, ata que comecei a recibir mensaxes de mulleres identificadas. Todos estábamos nese xogo, pero no xénero masculino non houbo autocrítica. Os grupos indies seguen cantando as mesmas cancións e tendo as mesmas actitudes. Non sinto que houbera un mea culpa tras o “Me too”.

Por parte dos músicos e a industria hai silencio total. O difícil é recoñecer como muller “eu pasei por isto”. A protagonista constrúe a súa propia identidade a través da autómata, que é como una disociación... A autómata é o blackout. Interesábame crear este personaxe de Doutor Jekyl e Mister Hyde. O peor é a sensación de perder o control e que outro tome o mando. Tamén se constrúe a través das incipientes redes sociais do 2006 en adiante. Si, era o que máis me interesaba narrar, o cambio de xeracións, a posibilidade de crear a túa identidade baseada nos bares aos que vas, a roupa que te pos… É un cambio xeracional brutal, probablemente o último que temos vivido. Por que usaches pseudónimo nun principio? Comecei a novela sabendo que quería narrar esas emocións nun contexto, narrar unha ficción nun con-

Pincha | N 30

| 21 |


texto real (hai unha mestura de grupos reais e inventados). Logo funme crecendo para levar a novela ao límite. Sabía que me costaría explicar a disociación entre a autora e a protagonista. Cando pasou o tempo e “esquecín” un pouco o que escribira, decidín usar o meu nome porque parecíame frustrante ter unha novela publicada e non dicilo. Ves similitudes entre a escena musical madrileña e a galega? Hai actitudes machistas que están en todas as capas. Logo en cousas concretas non. En Santiago non hai un ambiente indie tan forte, pero sobre todo cambiou a idealización con respecto ao que supón Madrid debido a que coas redes sociais podemos seguir as vidas dos cantantes. As periferias agora teñen unha certa importancia. Fálanos da túa faceta musical. É “Spoken Word”, recital con música co meu marido (Jorge Mills, integrante do grupo madrileño “Auto Sacramental”). É un xogo poético porque sempre escribín poesía. Cando o próximo libro? Tiven unha época moi prolífica no embarazo. Agora estou cun diario de maternidade un pouco punk, que me gustaría publicar nalgún momento. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Critina quere deixar claro que ‘La Entusiasta’ non é ela, aínda que se inspira en numerosas historias. Foto: Iván Barreiro

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

A LISTA Grupos recomendados por Cristina V. Miranda: • • • • • •

| 22 | Pincha |

30

Laura Sam Elba Caballo Prieto Azabache Biznaga Manel Auto Sacramental

FICHA TÉCNICA “La Entusiasta” Cristina V. Miranda Edición: Editorial Dosmanos 2022 Páxinas: 386



#apapar

GRELLADA SUPREMA E TOURNEDÓ DE LOMBO IBÉRICO

NO RESTAURANTE ABRASADOR GAIA MEDIEVAL

“Amamos a carne!”. Con esta frase dan a benvida na páxina web do Grupo Abrasador, un conxunto de 38 restaurantes repartidos por toda España nos que só traballan con carne á brasa de crianza propia. En Galicia existe actualmente un só local adherido e temos a sorte de que estea en Compostela: o Gaia Medieval, na rúa das Galeras. E claro, tendo ese lema e sendo o noso @JuanEAT_o tan fan dos produtos cárnicos, a parada neste establecemento hostaleiro na nosa sección de #apapar era case unha obriga. No local que rexenta Almudena López e no que toda a ambientación recorda a unha taberna da Idade Me-

| 24 | Pincha |

30

dia, podemos gozar, entre outras propostas, dunha ‘Grellada Suprema Gaia’, como o da fotografía de enriba. Esta inclúe unha degustación das mellores pezas nobres da súa tenreira Añoja e porco ibérico de crianza propia: medallón de tenreira amelado, picaña de tenreira, tournedó de lombo ibérico, filete ibérico con patacas fritidas e verduras al dente. @JuanEAT_o tivo a oportunidade de probar o seu ‘Tournedó de lombo ibérico á brasa’, desfrutando como un neno pequeno dun dos pratos que máis lle encantan. Podedes coñecer a súa opinión se continuades lendo.


@JuanEAT_o, co ‘Tournedó de lombo ibérico á brasa’. Foto: Iván Barreiro

Cando entras no Restaurante Abrasador Gaia Medieval podes observar moitos detalles que che transportan a outra época. Un interior decorado con elementos de pedra e madeira que lle dan un toque moi rústico, enxebre e cálido. Esta era a miña primeira vez nun local do Grupo Abrasador, que se dedica a producir carne de porco e de vacún desde hai máis de 40 anos, logrando unha calidade exquisita. Un pracer para os padais que en Galicia só podemos gozar (por agora) en Compostela. Así que as miñas expectativas eran altas e, a dicir verdade, non ía nada desencamiñado. Aberto a probar calquera das opcións das que dispoñen na súa carta, Almudena López, a chef, escolleu para min un ‘Tournedó de lombo ibérico’ de 230 g. preparado á brasa e acompañado de verduras e unha salsa. Para quen non

o saiba, o tournedó é un filete de vacún que se obtén do centro do solombo, groso e de forma arredondada, que adoita albardarse antes de frixilo ou grellalo. Cun corte da carne en finos toros e preparada ao punto, o tournedó da Gaia Medieval dá coma resultado un delicioso bocado que se desfai na boca, cun exterior máis tostado polo contacto coas brasas da grella. Cun sabor xa de por si tan bo que por min a salsa nin falta faría. Aínda que teño que recoñecer que tamén estaba rica. E as verduras como gornición facían un bo complemento. Xa o explicaba Almudena cando lle preguntamos por que a idea de apostar por unha decoración medieval. “É volver aos inicios, a traballar cos produtos de quilómetro cero, a facer as cousas como as facían ancestralmente”, dixo. E que ben senta volver de cando en vez ás nosas orixes! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Lugar:

Rúa das Galeras, 28 Santiago de Compostela

Datos

Prato:

‘Tournedó de lombo ibérico á brasa’ e ‘Grellada Suprema Gaia’

Prezo:

15 € (Tournedó) e 49 € (grellada para 3-4 persoas)

Valoración: 

Por @JuanEAT_o @JuanEAT_o Pincha | N 30

| 25 |


“Aquí sempre vas atopar carne cunha calidade excelente” As carnes de tenreira e ibéricos que se serven nos restaurantes Abrasador proceden da gandería que posúe o grupo desde hai máis de 40 anos na localidade toledana de Menasalbas. Este feito permítelles exercer o control en cada unha das fases polas que pasa a carne antes de ser servida no prato, garantindo unha gran calidade. Segundo explica o seu responsable de marketing, Julio Ramírez, actualmente hai 38 locais asociados en toda España. “E máis de 120 restaurantes son os que nos mercan a carne e que están en proceso de ir coñecendo as receitas, o produto... e que no futuro poidan incorporarse á marca”, sinala. De feito, aínda que na actualidade en Galicia só contan co Gaia Medieval, a idea é que proximamente vaian adheríndose ao grupo máis establecementos da nosa comunidade. Á fronte do Abrasador compostelán está a chef Almudena López.

Rebeca Munín Por

Almudena López , do Abrasador Gaia Medieval “Temos o noso toque galego, con peixe á brasa, marisco, arroces e produtos da nosa propia horta”

Contenta de formar parte do Grupo Abrasador? Si, moito. Eu antes un dos problemas que tiña era que a carne que compraba un día viña dun lugar e outro día, doutro. Pasaba que un día viña un cliente e comía unha carne xenial, pero regresaba ao día seguinte por máis, e xa era outra. Ese problema eliminámolo porque no Grupo Abrasador a carne sempre provén da súa crianza propia. Cóidase todo o proceso desde que nace ata que está no prato. A calidade é excelente. Agora en Gaia Medieval sempre vas atopar unha calidade de dez. Que tipo de propostas cárnicas tendes? Nós saímonos do típico churrasco. Temos cortes diferentes. Por exemplo, temos un costelar ibérico a baixa temperatura.

Almudena, xunto co seu compañeiro Manuel Lago, no interior do Restaurante Abrasador Gaia Medieval. Foto: Iván Barreiro

E o que non é carne? Á parte da carne, temos o noso toque galego. Porque cada un dos Abrasadores ten a súa propia identidade. Ofrecemos peixe á brasa, marisco, polbo, caldo, pementos de Padrón... E arroces, que son outros dos pratos que saen moi ben. Temos ademais horta propia e usamos moitos dos produtos que sacamos dela nos nosos pratos. Que tipo de cliente é máis habitual? Vén xente buscando un Abrasador? Moita xente! Porque en Galicia só estamos nós, pero a marca polo resto de España é moi coñecida. Entón temos moitos clientes turistas, pero tamén moitos que son de aquí. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

| 26 | Pincha |

30


P

ois xa estamos no mes de agosto. Sei que moitos de vós estades de vacacións e non vos quero dar a chapa, así que nesta ocasión non vos vou poñer deberes, para que vos relaxedes un pouco e non almacenedes tanta información no disco duro. Nesta entrega propóñovos que escoitedes o que para min é o Top Six RPM (os meus 6 temas estivais favoritos). Aquí tendes a lista dos artistas e cancións, cos seus correspondentes textos e na versión web da revista, os vídeos, para que poidades escoitalas, e se vos apetece, aprendelas… Desfrutade con moderación e vémonos no outono, con máis novidades subterráneas. Feliz Verán! Aburiño Amigos!

1. Ilegales ‘El número de la bestia’. “Iremos a nadar a la zona

prohibida, donde tantos surfers perdieron la vida. Hay un tipo que hace surf de noche, sabrías quién es si le vieras de cerca. Ya sé por qué el diablo no se lo lleva...! Porque seis es el número de la bestia. Ella eligió a quién no debía, tuvo un mal parto le costó la vida. Hubo un accidente en la zona prohibida. Las olas arrojaron un cuerpo sin vida. El tipo era como plastilina. Iremos a nadar a la zona prohibida”.

2. Derribos Arias ‘Branquias bajo el agua’.

“Branquias bajo el agua es el baile de actualidad. Branquias bajo el agua, ideales go-gos. Siente la tentación de arrojarte de una vez en tu pecera. ¡Cielos! Los peces asustados.! Algas cianofíceas, Algas verdeazuladas. Danzando entre las algas, Branquiando entre las algas. Inmersión en la pecera. Inmersión en mi pecera. Inmersión en tu pecera. ¡Listos! para la inmersión”.

3. Los Vegetales ‘Odio el verano’. “Si hay algo más ridículo

que un bikini, eso es una tabla de surf. Si hay algo que odie más que el verano, ese algo eres tú. No soporto que me dé el sol, no me gusta nada el calor, no me sienta bien el bañador, yo vestido estoy mucho mejor. Me pregunto a ti quién te engañó, la playa en verano es lo peor. Si yo fuese Dios, nevaría todo el año. No soporto el verano, en las tinas no me baño. Ojalá venga una glaciación, poder tener siempre calefacción, no veranear nunca jamás, no salir nunca de la ciudad. Sé que piensas lo mismo que yo. Se que tengo toda la razón. En la costa si se pasaron de la raya. No me hables de la playa. Yo prefiero la montaña. Prefiero trabajar que ir a veranear, no quiero ver el mar. Yo es que odio el verano…”. 4. Los Vegetales ‘Tiburón XIII’. “Todo el invierno trabajando para poderme comprar, la tabla de mis sueños este verano iba a estrenar. He

César Varela

plástico elástico

Por

SURFIN’ HELL CO CUÑADO DE SATÁN

666 rpm

plasticoelastico.cat plástico elástico

alquilado un piso con vistas al mar, me marcho con mi novia a veranear. Nunca pensé que este verano en tragedia iba a acabar. Cómo me gustaba ver a mi novia bracear. Verla sobre las olas era la reina del mar. Ella era la más guapa y yo el más feliz, un mes entero en la playa, juré de para mí, pero maldito tiburón, mi paraíso ensangrentó. Una aleta, unos gritos, mi novia desapareció, el agua se tiñó de rojo, mi tabla se partió en dos. He de matar con mis propias manos, a ese maldito tiburón, que me dejó sin chica, sin tabla y sin corazón”.

5. POCH ‘Viaje por países pequeños’. “Andorra, entre

Francia y España, Luxemburgo tiene su kilometraje, si a Europa quiere usted ir de viaje, y Lichtenstein tiene tres habitantes. Si lo que quiere es viajar por Europa, acójase a nuestro nuevo sistema, así no perderá usted ningún museo y verá todos, todos sus monumentos. Viaje por países pequeños, son más fáciles de visitar. En Mónaco, capital del Principado, con Raniero irá usted al museo, y Carolina le llevará a usted al casino y Estefanía a dar un garbeo en barco, en barco. En Mónaco puede elegir azafata, y Lichtenstein tiene ya cuatro habitantes. Si en San Marino quiere usted bailar el pogo, no lo podrá hacer sin caer al Vaticano, donde sólo podría usted cantar salmos y el baile popular es bien distinto al pogo. Viaje por países pequeños, son más fáciles de visitar”.

6. Aerolineas Federales ‘Tú al

monte, yo al mar’. “Todos los años igual, nunca quieres ir al mar. Si en el monte eres feliz, este verano me voy sin ti. No hay nada más de que hablar, tú vas al monte, yo voy al mar. Este verano tendré felicidad. No me quieras convencer, esta vez no va a ser. No quiero oler a helecho, pero si tostarme el pecho. Y sentiré la brisa del mar y en el agua podré gozar, estrenare bañador y estaré mejor. El verano terminó, yo trabajo y tú no. No me puedes exigir, este verano me voy sin ti”. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Pincha | N 30 Revista de Gastronomía & Cultura

| 27 |


axenda 29 AGO | ‘Extravíos’ – Vacaburra e Ukestra do Medio. Ás 20.00 h no cemiterio de Bonaval 30 AGO | ‘Terra’ – Xogos Miudiño e ‘Orella pendella’ – Bea Campos. Ás 18.00 h en Bonaval 30 AGO | Conferencia ‘De Reich a KMRU: África como vangarda musical contemporánea’. Ás 18.00 h na terraza da Fundación Granell

FESTIVAL C AGOSTO | PREZO: DE BALDE Durante o mes de agosto, poderemos gozar de danza, circo, poesía, música, artes visuais, contos e moito máis nas rúas de Compostela grazas ao Festival C. Organizado pola Concellaría de Acción Cultural, coa xestión do Auditorio de Galicia e o apoio da Deputación da Coruña, o programa abeira un extenso abano de propostas para todos os públicos de acceso libre. 1 AGO | ‘Emerxe’ - Galicia Danza Contemporánea. Ás 20.00 h no cemiterio de Bonaval 2 AGO | ‘A caixa sen pandora’ - Teatro Ghazafelhos. Ás 18.00 h no Parque de Bonaval 2 AGO | ‘Tierra y libertad’ - Wilson Saliwonczyk. Ás 20.00 h na Alameda

30 AGO | ‘Música para 18 Músicos’ Concerto de clausura de Cardinais. Academia Internacional Vertixe Sonora 2022. Ás 20.00 h na Praza das Praterías 30 AGO | Polirritmia Afroelectrónica Sesión DJ Nacheit. Ás 21.45 h na Zona C 31 AGO | ‘Os fíos, as sementes’ - Cinta Adhesiva. Ás 20.00 h na Alameda Ademais, Circonove organizará todos os mércores os obradoiros ‘Circo no parque’ para nenos e nenas de 3 a 14 anos (Inscricións no correo circonoveoficina@gmail. com); e do 1 de agosto ao 2 de setembro desenvolverase o programa ‘Territorio Xogatín’ de 11.30 a 13.30 h na Praza do 8 de Marzo (Acolleranse participantes segundo vaian chegando ata completar o máximo de 20).

4 AGO | ‘Pelat’- Joan Català. Ás 20.00 h no Parque de Bonaval

ATARDECER NO GAIÁS XIX FEITO A MAN ZONA VELLA DO 10 AO 27 DE AGOSTO A compositora, multi intrumentista e activista brasileira Bia Ferreira, será unha das artistas participantes este 2022 nunha nova edición do Feito a Man, festival organizado pola A.C. Cidade Vella, unha asociación da que forman varios establecementos de hostalaría da zona vella compostelá. Consulta o programa completo en revistapincha.gal/axendagastrocultural

CIDADE DA CULTURA XOVES E VENRES DE AGOSTO ÁS 21:00 H | PREZO: DE BALDE En Atardecer no Gaiás 2022 poderás escoitar o último de artistas de Galicia que están a revolucionar a forma de facer música desde o país. 4 AGO| Rocío Saiz 5 AGO| Ruiseñora 11 AGO | [Xuventude Crea— Xenerason Rock: TBC] 12 AGO | Lusillón 18 AGO | Terrae 19 AGO | Basanta 25 AGO | Caldo 26 AGO | Néboa

8 AGO | ‘Meeting Point’ - Ertza. Ás 20.00 h en Bonaval 9 AGO | ‘Roupa tendida’ – Xarope Tulú. Ás 18.00 h en Bonaval 10 AGO | ‘Poemas novos e vellos para un día de verán’ – Alicia Fernández e Berta Dávila. Ás 20.00 h na Alameda 11 AGO | ‘POI’ – Cía. d’es Tro. Ás 20.00 h na Praza da Quintana 16 AGO | ‘Coser e cantar’ – Marta Ortiz. Ás 18.00 h en Bonaval 17 AGO | ‘Seguir un rastro’ – Jesús Castro Yáñez. Ás 20.00 h na Alameda 18 AGO | ‘MLM (Mentir lo mínimo)’ – Cía. Alta Gama. Ás 20.00 h na Praza da Quintana 22 AGO | ‘Nasenda’ – Elvi Balboa. Ás 20.00 h en Bonaval 23 AGO | ‘Lúa quere viaxar... a Marte!’ – A Xanela do Maxín. Ás 18:00 h no Parque de Bonaval 24 AGO | ‘Non todo será silencio’ – Isaac Xubín. Ás 20.00 h na Alameda 25 AGO | ‘Kaldi’ – Cía. Al Grano. Ás 20.00 h na Praza da Quintana

|2 | 28 | Pincha |

30

VERÁN NO GAIÁS 2022 CIDADE DA CULTURA 3, 10 E 17 DE AGOSTO | PREZO: 3€ Volve o Verán no Gaiás cun feixe de actividades para gozar do bo tempo e o lecer en familia, mesturando creatividade e diversión e fomentando que nenos e nenas exploren xuntos, e en convivencia coas persoas adultas, aspectos como a creación e as artes plásticas, os contos, a música ou a imaxinación. 3 AGO | ‘Camiños de mar, terra e vento’ - Paula Carballeira. Ás 18.00 h no Xardín Literario 10 AGO | ‘Triangulando’ - Createctura. Ás 18.00 h no Xardín Literario 17 AGO | ‘Estamos no Verán!!!’ - Xoán Curiel e a Banda do Verán. Ás 20.00 h no Xardín do Teatro

MAGICAL MYSTERY ROOM

VENRES TROYANOS

MUSEO DA MAXIA

PRAZA DE MAZARELOS

VENRES E SÁBADOS DE AGOSTO E SETEMBRO AS 21:00 H | PREZO: 10€

5 E 19 DE AGOSTO ÁS 19:00 H | PREZO: ENTRE 2€ E 5€

Goza dunha hora de espectáculo cheo de sorpresas máxicas, diversión e misterio no Museo de Maxia Kiko Pastur. Cada venres actuará o ilusionista Joshua Kenneth, e os sábados, Kiko Pastur.

O Museo Casa de la Troya continúa coa súa actividade dos Venres Troyanos. Estes roteiros dramatizados pola cidade histórica compostelá parten da praza de Mazarelos, ao pé da estatua de Montero Ríos, ás 19:00 h, e rematarán cunha visita ao Museo Casa de la Troya.


WOS FESTIVAL X SON ESTRELLA GALICIA NOITINHAS 22 NH COLLECTION SANTIAGO 31 DE AGOSTO E 28 DE SETEMBRO DESDE AS 19:00 H | PREZO: GRATUÍTO Avanti as melodías, os petiscos e os reencontros baixo o ceo aberto! Volven á azotea do NH Collection Santiago as novas noites de noitiNHas. 31 AGO | Dj Pájara Boba + Los Malinches. Chef convidada: Iria Espinosa 28 SET | Dj BB. WAV + Mándale Mecha. Chef convidado: Álvaro Fuentes

DO 8 AO 11 DE SETEMBRO Festival que albergará propostas en torno ‘ao risco e a exploración’, co obxectivo de ofrecer unha alternativa cultural e artística na que descubrir e gozar de experiencias únicas. As primeiras confirmacións inclúen a Caterina Barbieri, que presentará en España o espectáculo audiovisual que acompaña o seu novo álbum, ‘Spirit Exit (light-years)’; e ao o alquimista sonoro francés Aho Ssan e o artista multidisciplinar keniata KMRU, que presentarán o espectáculo audiovisual ‘Limen (Subtext)’. Tamén darán concertos artistas como Huerco S., Blackhaine, Prison Religion, Pan·American e Zbigniew Chojnacki.

.

‘SONS IMPROBÁBEIS’

FESTIVAL MARÉ – MÚSICAS E ARTES ATLÁNTICAS

AUDITORIO DE GALICIA

COMPOSTELA DO 21 AO 25 DE SETEMBRO | O cartel inicial deste 2022 inclúe a mítica banda escocesa Capercaillie, que actuará coa Real Filharmonía de Galicia, a artista angolana Pongo, os brasileiros Orquestra Voadora e Chico César, o trío do Rajasthan Barmer Boys, as catalás Maruja Limón, a arxentina Sofía Viola e as galegas Guadi Galego e Antía Muíño.

ATA O 16 DE OUTUBRO DE 10.00 A 14.00 E DE 16.00 A 20.00 H* | PREZO: GRATUÍTO Na exposición, comisariada por Iñaki Martínez Antelo, móstranse traballos de 14 artistas que exploran as diferentes dimensións do son dentro das artes visuais. * Do 15 ao 28 de agosto (ambos incluídos) o Auditorio de Galicia está pechado. Os domingos 7 e 14 de agosto pecha ás 14.00h

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

redaccion@revistapincha.gal

THE SILVER LINING SERENADERS SALA RIQUELA 2 DE SETEMBRO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 10€ Baseado en Nova Orleans, The Silver Lining Serenaders é un grupo amante da diversión que se especializa en jazz tradicional e swing. O grupo canta harmonías e fai novos arranxos a melodías familiares e de temas menos coñecidos da primeira metade do século XX. Forman esta banda Scott Stobbe (guitarra e voz), Ela Inglebret (violin e voz) e Ben Redwine (clarinete).

“ONDE A MÚSICA HABITA” CON ABRAHAM CUPEIRO MUSEO DE HISTORIA NATURAL 17 DE SETEMBRO ÁS 12:00 H | PREZO: GRATUÍTO O Concello de Santiago; e a delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG Santiago) organizan un ciclo de concertos baixo a denominación “Onde a Música Habita”, que terán como escenario catro emprazamentos arquitectonicamente relevantes da cidade. O 17 de setembro terá lugar o concerto de Abraham Cupeiro.

Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en

‘EL JARRÓN INFINITO’ (O VASO INFINITO)

revistapincha.gal/ axenda-gastrocultural

ZONA C ATA O 24 DE SETEMBRO | PREZO: DE BALDE Mar Ramón Soriano (Valencia, 1993) contextualiza este proxecto na investigación procesual e teórica que vén desenvolvendo ao situar a materialidade das cousas no seu centro de interese. A artista conquista o espazo a través das dimensións do cerámico.

3| Pincha | N 30

| 29 |


...máis aló de Compostela A ESTRADA Solpores no Lagoeiro

Cando? 5, 18 e 26 de agosto ás 21:00 horas

Onde? A casa do Lagoeiro (Vilar, 17) Solpores no Lagoeiro suma a súa terceira edición cun xiro na esencia que busca achegar aos galegos e galegas o mellor da música en directo; a través de diversidade de xéneros e estilos con artistas e grupos de referencia no eido nacional. Todo isto nun entorno rural e emblemático como é O Lagoeiro. En agosto será o turno do grupo canario Efecto Pasillo, o venres día 5; Los Secretos actuarán o xoves 18; e a banda de indie pop español La Habitación Roja pechará o ciclo o venres 26.

PADRÓN Feira Medieval de Padrón Cando? Do 2 ao 4 de setembro Celebración de temática medieval na rúas do casco histórico de Padrón. Ademais da feira, onde numerosos postos ofrecen diversidade de produtos gastronómicos e artesáns, chaman a atención do público as mostras, actividades e obradoiros infantís, sen esquecer a ambientación das rúas con músicos, bufóns, malabares, artesáns, cetrería, etc. A Feira Medieval de Padrón abrirá ao público o venres 2 de setembro de 18.00 a 1.00 horas e continuará durante toda a xornada do sábado 3 e o domingo 4 entre as 10.00 a as 14.00 pola mañá e entre as 18.00 a 01.00 horas pola tarde.

| 30 | Pincha |

30


AMES XI Millarock Cando? 5 de agosto ás 21:00 horas Onde? Travesía do Porto. O Milladoiro ENTRADA LIBRE E DE BALDE

O Milladoiro converterase un ano máis en punto de encontro para os amantes do rock cun cartel con Chicharrón, Biribirlocke, The Rapants e Battosai. Chicharrón é unha banda de Carballo formada por Mara (voz), Alberto (voces e guitarra), Rosalía (acordeón), Rubén (teclados), Matías (arranxos) e Adrián (batería) que presentará o seu último disco, ‘Erosión’. Biribirlocke está formada por Héctor Ojea (batería), Raúl G. Doldán (guitarra), Carlos Freire (baixo), Andrea Pérez (saxo) e Benja Seoane (voz). O grupo destaca polo uso de cordas e ventos o que orixina un rock and roll moi particular. The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros en 2018. Son Xanma e Samuel (guitarras), Xaquín (batería) e Matías (baixo). Battosai son Héctor, Nolo e Gus que en 2018 se xuntan para formar unha banda inspirada nos seus gustos compartidos polo rock da década dos 90 e 00, o grunge, o punk, o emo ou o rock alternativo.

AmesON Cando? 7, 8, 9, 13, 14, 19 e 26 de agosto e 18 de setembro Onde? Milladoiro e Bertamiráns O cartel do AmesON de verán inclúe sete actuacións en agosto. A primeira será o domingo, 7 de agosto, ás 21.00 horas, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. Neste caso a cargo da artista MJ Pérez, unha das mellores voces do panorama actual da música galega. Ademais, haberá dúas actuacións pensadas para os nenos e nenas de Ames. Deste xeito, o luns 8 de agosto, ás 19.30 horas, a praza de Manuel Murguía, no Milladoiro acollerá a actuación da Cé Orquestra Pantasma. O día seguinte, o martes, 9 de agosto, tamén ás 19.30 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, actuará Marifaltri. A programación continúa en agosto o sábado 13, ás 21.00 horas, coa actuación de Jinetes del Trópico no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. O día seguinte, o domingo 14 de agosto, ás 21.00 horas, actuará o grupo Tinta, tamén no parque do Ameneiral. O venres, 19 de agosto, ás 21.00 horas, As Maianas ofrecerán un concerto na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. O mes de agosto pecharase o venres 26, ás 21.00 horas, coa actuación da artista Pili Pampín, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Por último, o domingo 19 de setembro ás 19.00 horas actuará no Milladoiro da orquestra Panorama. Previamente á actuación, tocarán os/ as gañadores/as do concurso Canta con Ames que se está a desenvolver durante os meses de xullo e agosto.

Pincha | N 30

| 31 |


guía de ocio e compras

Rúa de San Paio de Antealtares, 16 Santiago de Compostela Me e X de 10:00 a 01:00 Ve e S de 10:00 a 2:00 D de 10:00 a 00:00 T. 669 852 768 acarrilana.com

Tamén take away Rúa de San Pedro, 120 Santiago de Compostela De 13:00 a 15:45 e de 20:00 a 23:00 Pechado Domingo e Luns T. 981 589 600 - amaceta.com

Praza do Matadoiro, 1 Santiago de Compostela

Rúa de San Lázaro, 54 Santiago de Compostela T. 981 586 459 - acasadavina.gal acasadavina@gmail.com facebook.com/casadavina instagram.com/vinaacasada

Avda. Benito Vigo, 70 - A Estrada De 13:00 a 17:00 e de 20:00 a 23:00 Luns e martes pechado T. 986 571 226 - argentinosburguer.com

COMO NA TÚA CASA Rúa San Lázaro, 104 Santiago de Compostela

T. 640 746 140 - beneditaelisa.com instagram.com/benedita_elisa

T. 981 566 607 - labodeguilla.gal

De Me a S de 12:00 a 16:30 e 19:30 a 23:30 - D de 12:00 a 16:30

T. 881 944 686 -

| 32 | Pincha |

30

@flamingocompostela

T. 981 556 179 alareirasantiago.es FB e IG @alareira_santiago

COMIDA PARA RECOLLER

De 13:30 a 17:00 e de 21:00 a 00:30 Pechado Ma e Me

Alejandro Pérez Lugín, 11 Santiago de Compostela

Rúa de San Clemente, 2 Santiago de Compostela

Avenida de Ferrol, 9 Santiago de Compostela L a S de 13:30 a 15:30 e de 19:30 a 23:30 artesanagastrobar.com

Cafetería - Restaurante - Pastelería Vexetariano - opcións veganas e Sen Glute Rúa de San Pedro, 118 Santiago de Compostela T. 981 073 386 instagram.com/clem_cafe

PEDIDOS NA WEB E POR TELÉFONO

Rúa das Galeras, 28 Santiago de Compostela

Rúa Nova, 46 Santiago de Compostela

T. 652 332 410 abrasador.com

T.981 583 981 - latitacompostela.com info@latitacompostela.com FB e IG @latitacompostela


mamá peixe taberna mariñeira

Luns a Venres de 9:00 a 17:00 Sábados de 12:00 a 18:00 e tamén

nas actuacións dende unha hora antes

T. 981 573 807 cafeterialasso.gal facebook.com/cafeterialasso

– EST 2005 –

Rúa da Algalia de Arriba 45 Santiago de Compostela De 13:30 a 15:30 e de 20:30 a 22:30 Me e D só mediodía. Luns pechado

milongasparrillada.com FB e IG @milongasparrillada

T. 981 070 526 - mamapeixe.webnode.es

J.A.Brenlla R E S TA U R A N T E O F E R RO

Avda. Raxoi, 19 - Baixo Santiago de Compostela

Rúa de San Pedro, 16 Santiago de Compostela De L a S de 13:30 a 16:00 e de 20:30 a 23:30 T. 981 577 633 - dezaseis.com

SERVIZO A DOMICILIO E PARA LEVAR

Rúa de Sempre en Galiza, 1 Santiago de Compostela De 10:00 a 23:45 - Sábados pechado T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com restauranteferro.com

RESERVAS NA WEB EN TEMPO REAL

A ALMA DE GALICIA

Rosalía de Castro, 23 Santiago de Compostela

Rúa Olvido, 22 Santiago de Compostela

Rúa das Casas Reais, 21 Santiago de Compostela

T. 981 590 538 oreidobocadillo.com

981 587 196 info@osendeiro.com osendeiro.com

T. 981 115 092 reservas@grupoorixe.com orixegastronomiagalega.com

Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela L a V: 06:00 a 22:00 S: 06:00 a 14:00 - D: 08:30 a 14:00 T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com

Rúa Nova de Abaixo, 36 Santiago de Compostela T. 981 591 947 raicesgalegas.gal

Preguntoiro, 35 Santiago de Compostela riquela.com

> Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal

Pincha | N 30

| 33 |


Rúa da Raíña, 4 - Santiago De 11:00 a 15:30 e de 19:15 a 23:00 T. 981 572 257 restaurantesanjaime.com info@restaurantesanjaime.com

Rúa Mazarelos, 4-5 Santiago de Compostela

Rúa de Cardeal Payá, 18 - Mazarelos Santiago de Compostela

T. 696 484 123 sonarcompostela.com

T. 981 582 301

instagram.com/restaurante_san_jaime

Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela

Asesoría Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable Javier Alvarellos Mª del Mar Rodríguez - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589

T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com Receitas caseiras preparadas para comer ou levar

Mercado de Abastos, Nave 1, C 61/62 Santiago de Compostela

L a V de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00

T. 881 123 085 - 629025592 cocinamaria.es

LIBRARÍA LOWCOST Re-compramos e Re-vendemos libros Área Central, local 25K1 1ª planta Santiago de Compostela

T. 981 587 090 - IG. @maria_solla L a V de 10:00 a 18:00 S de 9:30 a 15:00. Ma pechado

NOVO SERVIZO ONLINE pandamoa.com/tenda Rúa do Cubelo, 27 Santiago de Compostela T. 981 552 352

Santiago de Chile, 2 Santiago de Compostela T. 881 998 420 facebook.com/rereadsantiago instagram.com/rereadsantiago twitter.com/RereadSantiago1

Únete a nós!!!

publicidade@revistapincha.gal GUÍA DE OCIO E COMPRAS T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com

| 34 | Pincha |

30

Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal


ESTREAMOS A NOSA AXENDA GASTROCULTURAL DA CORUÑA

D

esde hai unhas semanas a axenda de revistapincha.gal inclúe actividades relacionadas coa gastronomía e a cultura que teñen lugar na Coruña. Así, entre as propostas das que vos podedes informar na nosa páxina web están as Festas de María Pita ou o Galicia Fórum Gastronómico. As festas máis importantes da cidade herculina suman 16 concertos de grandes figura como James Blunt, Edurne, Texas, Carolina Durante ou Luis Fonsi. No programa, que se desenvolverá durante todo o mes de agosto, destacan tamén as actuacións de rock, pop ou música clásica das ‘Noites de María Pita’ e a ‘Semana Clásica’, así como o Noroeste Estrella Galicia, as festas nos barrios, exposicións como ‘Viñetas desde o Atlántico’, propostas inno-

vadoras como o Festival Independente de Rock Coruñés e citas clásicas co folclore, as habaneras, a música tradicional ou as actividades deportivas e familiares.

Na nosa nova axenda coruñesa tamén falamos da nova edición do Galicia Forum Gastronómico, que acollerá o recinto de Expocoruña do 25 ao 27 de setembro. Entre os profesionais que participarán con talleres e showcookings destacan os chefs Lucía Freitas (A Tafona), o televisivo Jordi Cruz (Abac) e Pepe Solla (Casa Solla), ou o mellor sumiller do mundo, Josep Roca (Celler de Can Roca).

O LIBRO DE LILA DE LILITH A defunción dos sexos A nosa recomendación deste número de Pincha é ‘A defunción dos sexos’, de Daniela Ferrández (Xerais, 2022), un texto de divulgación histórica que afonda na necesidade de facer visibles as traxectorias vitais das identidades sexuais disidentes na Galiza dos últimos 150 anos.

Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.


videoconsellos o comercio local

SABE DO QUE FALA Xa estamos en YouTube con videoconsellos prácticos para o teu día a día! Queres velos?

galego empresas


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.