2 minute read

ultramarinos | Quen é quen en Pincha A Coruña

QUEN É QUEN EN PINCHA A CORUÑA

Despois de cinco anos publicando a Revista Pincha en Santiago de Compostela, o proxecto chega á cidade herculina para amosarlles cada dous meses ás coruñesas e coruñeses as mellores ofertas gastronómicas, culturais e de ocio da urbe e dos seus arredores. Para facelo contamos, ademais do noso equipo habitual de Pincha en Santiago, con tres persoas que se suman á nosa lista de colaborades e colaboradoras:

Advertisement

Javier Pereira Gasamáns Ana Romero

“Reparto o meu tempo entre a libraría de segunda man que rexento e o bar que comparto con dous bos amigos. Cando non estou poñendo copas ou recollendo libros, tento descubrir algunha nova banda, ou desfrutar dun bo libro ou un bo filme. Ocasionalmente xunto algunhas cantas verbas para quen mo pide”. “Son Ana Romero, unha coruñesa que tras viaxar polo mundo aprendendo idiomas asentouse en Madrid para desenvolver a súa carreira profesional como xornalista. Encántame escribir, viaxar, a música en directo e comer. É por iso que quero contarlle a todos os galegos e galegas que outros paisanos temos por Madrid e que nos conten a súa historia”. Patricia Dopazo

“Son a creadora de www.gentequecuenta.com, un blog de xente e para xente. Todos e todas temos unha historia que contar, unha meta ou propósito na vida.‘Gente que cuenta’ descobre xente coa que podemos aprender ou pasar un bo rato, proxectos de persoas que día a día loitan para seguir adiante. O obxectivo é afondar nas vidas de xente coma ti ou coma min, coa que te cruzas pola rúa”.

Faite coa túa pincha en papel...

Neste QR contámosche onde podes atopar a Revista Pincha en papel, tanto en Coruña e Santiago, como noutros puntos de Galicia.

... e non perdas nada en revistapincha.gal

Informacións sobre gastronomía e cultura na Coruña e Santiago, unha guía de ocio e compras, axenda cultural... todo ao teu alcance en revistapincha.gal

ESCANEA O CÓDIGO QR

A Deputación da Coruña pon en marcha a iniciativa ‘A provincia que sabe’ co obxecto de identi car a excelencia dos produtos agroalimentarios e da gastronomía da provincia.

‘A provincia que sabe’ nace, por tanto, como un distintivo especí co para diferenciar e agrupar baixo un mesmo paraugas produtos agroalimentarios, empresas de transformación, distribuidoras e establecementos hoteleiros e de restauración, que desenvolvan a súa actividade baixo parámetros de sustentabilidade e calidade.

‘A provincia que sabe’ servirá, ademais, para que turistas que buscan a autenticidade nos lugares que visitan, consumidores que priorizan a calidade e o compromiso co territorio á hora de comprar e/ou facer reservas, e a propia comunidade local, conten cun único recurso que uni que os seus criterios de busca.

This article is from: