2 minute read

opinión gastro | Coruña na mesa

CORUÑA NA MESA

TenA Coruña unha oferta gastronómica variada, competente e con potencial? Coruña é rica en recursos, materias primas, experiencia, historia, tradición e cultura gastronómica. A súa gastronomía considérase unha das máis importantes de España. Materias primas de alta calidade, pratos con sabor único, elaboracións sinxelas cheas de historia, ampla oferta en restauración… Non hai erro se decides deleitarte comendo nesta cidade, pois é lugar obrigado para os amantes da cociña. Ao seu porto, un dos máis importantes de Europa, chegan a diario peixes e mariscos das rías galegas. Destaco tamén a calidade das súas carnes, derivados e produtos da horta. Pratos típicos como: polbo, callos, raxo, caldo, cocido, tortilla… Cociña clásica, de taberna, contemporánea, innovadora, do mundo… A Coruña é un referente para todo tipo de padais e petos. Para encontrar o mellor ambiente debes moverte polas súas rúas: Barrera, Troncoso, Franja, Olmos, Estrela, Galera, Emilia Pardo Bazán… Non será complicado acertar e pasar un marabilloso momento degustando a mellor cociña do Atlántico. Pero volvendo á pregunta: ten A Coruña unha oferta gastronómica variada,

Advertisement

A nosa cidade é rica en recursos, materias primas, experiencia, historia, tradición e cultura gastronómica

Patricia Dopazo

Por

@gente.que.cuenta

competente e con potencial? Esta cuestión quizais se resolva nos seguintes números de Pincha. Veremos se a cidade nos ofrece plans alternativos, propostas interesantes potenciando o produto, traballo e recursos locais; ou se a oferta se centra na fin de semana con plans que semellan variados e diferentes, pero que no fondo son o mesmo. Este interrogante queda no aire coa intención de facernos reflexionar. Temos potencial en elaboracións e cociñeiros ou quizais o potencial teno unha minoría e o demais repítese? Estamos satisfeitos co traballo local para axudar e dar a coñecer a nosa gastronomía? É, sen dubida, un gran debate no que vos convido a participar.

Por último, algunhas das miñas recomendacións dentro da hostalaría coruñesa actual son: El Rincón de

Alba, (Franja, 57), Infame (Franja, 56), Celeiro (Franja, 4), Jaleo

Vinoteca, (Galera, 43), Serrano (Galera, 42), Taberna da Galera (Galera, 32), Bombilla (Galera, 7),

O fillo do medio (Praza do Libro s/n baixo), Quaranta trecentoparma (Avenida Arteixo, 14), El Secreto (Rúa

Alameda, 18), A Franxa (Franja, 32), O viñedo de Tito (Travesía Estrecha San

Andrés, 4), O pez que fuma (Travesía

Estrecha San Andrés, 3), La Taberna del Arriero (Rúa capitán Troncoso, 19),

Pablo Gallego (Rúa Capitán Troncoso, 4) e Bordello (Rúa Varela Silvari, 2 baixo).

This article is from: