Revista Pincha A Coruña novembro 2022

Page 8

Lévame contigo
A CORUÑA | novembro 2022 OLA, CORUÑA! Pincha chega á cidade analizando a súa situación gastrocultural FALAMOS COA ALCALDESA INÉS REY, O CHEF JUAN M. CRUJEIRAS, A CANTAUTORA SILVIA PENIDE E O ESCRITOR NACHO CARRETERO
Revista de Gastronomía & Cultura

Ola, Coruña! Son Rebeca Munín, directora da revista de gastronomía e cultura Pincha. Despois de máis de cinco anos publicando en Compostela, chegamos agora tamén á vosa urbe con moita ilusión.

Nas nosas páxinas ides atopar informacións relacionadas con estas dúas temáticas na vosa cidade. Entrevistaremos aos vosos cociñeiros e cociñeiras, aos vosos artistas, presentarémosvos os mellores lugares para comer e poderedes consultar na nosa axenda os eventos que non debedes perder. Sairemos á rúa cada dous meses e poderedes atoparnos en bares, restaurantes, centros socioculturais... e outros puntos de interese da Coruña e a súa contorna.

Para iso contamos cun gran equipo de colaboradores e colaboradoras, entre os que se atopan os coruñeses Carlos Palomar, Javier Pereira Gasamáns, Patricia Dopazo e Ana Romero. Catro persoas que se suman ao grupo que xa leva máis dun lustro facendo Pincha en Santiago. Neste número coñeceredes a dous: Ruth Ríos e @JuanEAT_o

Pero todo isto non sería posible tampouco sen o apoio das entidades, administracións e pequenas empresas que apostan por Pincha á hora de anunciarse. Graciñas por confiar en nós!

Neste primeiro número coruñés analizamos a situación gastrocultural da cidade, con artigos de opinión e entrevistas ao chef Juan M. Crujeiras, a cantautora Silvia Penide, a alcaldesa Inés Rey e o escritor e xornalista Nacho Carretero. Tamén probamos o famoso bocadillo de luras do Quiosco de Down Experience e viaxamos a Madrid da man de dous cociñeiros herculinos nun ‘a catro mans’ espectacular.

Nós #SomosPincha

Ti tamén queres selo? ;)

entrevista | Juan M. Crujeiras, do restaurante Bido

#opinión gastro | Coruña na mesa

entrevista | Silvia Penide, cantautora

#opinión cultura | Espertando despois da pandemia

somos coruña | Inés Rey, alcaldesa

de libros | Nacho Carretero

#apapar | Bocadillo de Luras no Quiosco de Down Experience

A6 | ‘A catro mans’ dos chefs Miguel Vidal e Pablo Morales

axenda

directorios

ultramarinos | Quen é quen en Pincha A Coruña

Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal coruna@revistapincha.gal

Deseño e maquetación: Alberto Seoane

Publicidade e Redacción: publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal

Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com

Colaboran neste número: Carlos Palomar, Patricia Dopazo, Javier Pereira Gasamáns, Ruth Ríos, @JuanEAT_o, Ana Romero

Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017

www.revistapincha.gal

Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización.

Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor.

O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

ONDE ATOPAR PINCHA 

#SOMOSPINCHA
BAVF
ÍNDICE 04
08
10
14
16
20
22
26
28
32
34
Rebeca Munín
Por
entrevista
Juan M. Crujeiras abriu Bido na Coruña fai seis anos.
| 4 | Pincha A Coruña | 31
Foto: Iván Barreiro

Juan M. Crujeiras

Máis de seis anos leva xa Bido, o restaurante de Juan M. Crujeiras, formando parte da ofer ta gastronómica da Coruña. Neste local, situado na rúa Marcial del Adalid, o chef e tamén profesor no instituto Fragas do Eume en Pontedeume, aposta por unha cociña galega contemporánea, mimando cada detalle desde o produto –sempre da terra e de tempada ata o recipiente no que o serven– con pezas de Artesanía de Galicia.

Defines a cociña de Bido como galega e contemporánea. Cales son eses produtos que nunca faltan no local?

O que nunca falta son produtos galegos de tempada. Esas son as dúas máximas das que podemos en certa medida presumir. Nunca faltan, por exemplo, o bonito de Burela, os pementos de Padrón, as castañas... é dicir, o produto máis de aquí e no seu tempo.

Como evolucionou o restaurante nestes 6 anos? Positivamente, porque agora mesmo seguimos abertos e se está traballando bastante ben. Evidentemente pasamos por todos os estados que se pode pasar. Desde que o inauguras, con todas esas expectativas, esperanzas, ganas de agradar, de poder facer o traballo que ti queres facer... Despois cunha pandemia polo medio...

O primeiro que recomendaría a alguén que nos visite por primeira vez é que veña comer ou cear con toda a calma que poida. E disposto a deixarse levar. Bido son

Munín
Por Rebeca
Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022 | 5 |
“A Bido hai que vir disposto a deixarse levar”

moitas cousas nunha. É poder desfrutar de cócteles, de viños moi interesantes por copa, de pratos como o steak tartar de vaca galega, o canelón de galo de curral ou incluso da empanada que facemos todos os días. Evidentemente o menú degustación é unha cociña máis persoal, máis contemporánea, unha cociña que reflicte o que ti queres amosar como cociñeiro, pero tamén os pratos de carta un pouco máis adaptados a todo tipo de clientes son Bido.

Que importancia ten para ti a estética nun prato? Para min o principal é o sabor, o olor, a temperatura, e despois está a estética, que é unha parte fundamental porque cando chega un prato á mesa o primeiro que actúa é a vista.

De aí tamén que escollades pezas que contan coa marca Artesanía de Galicia, non si? Si, grazas á Fundación Pública Artesanía de Galicia fun coñecendo a artesáns e artesás que teñen esa marca. E cando ves as ganas e a ilusión que lle poñen ao que están facendo, vexo que son exactamente iguais ou moi parecidas ás ganas e ilusión que poño eu no meu traballo do día a día. Como explicaba antes, en Bido apostamos por produto galego de tempada e, dis ti, por que non o vou mostrar con pratos, vasos, vaixela, cubertos… de xente artesá galega? En certa medida, é como pechar un círculo.

As pezas de que artesás e artesáns podemos atopar en Bido?

Cerámica de Verónica Moar, coitelos de Celso Ferreiro, mandís de Briaconcept, pratos de Arteviares, bandexas de pan de Atalanta Madera... A ceramista Laura Delgado fíxome un prato con forma de folla de bidueiro, porque Bido é unha forma de chamarlle tamén ao bidueiro.

Antes deste proxecto, viñas de rexentar, xunto con Beatriz Sotelo, o restaurante con Estrella Michelin ‘La Estación’ en Cambre. Buscas tamén unha Estrela para Bido?

Se chega unha Estrela, chegará. Agora, é un obxectivo? É unha obsesión? En absoluto.

Hai que saber vivir con ese recoñecemento e non é fácil. A presión está aí e podes desvirtuar a túa propia forma de pensar como empresa. Unha Estrela está moi ben porque che dá un recoñecemento moi importante como profesional, abre portas… pero o que quede diso xa é un traballo teu, xa non é da propia Guía. É cousa do teu día a día, de que sigas crendo no que fas, e que sigas pensando en que ao final de mes tes que ter os clientes suficientes para ter ingresos para pagarlle ao persoal, aos provedores e todos os gastos fixos que ten un restaurante, que a verdade é que son moi grandes e moi importantes.

De feito, nos últimos meses no sector hostaleiro estades sufrindo unhas subidas de custos, por exemplo coa electricidade, brutais. Como están afectando?

Preocúpanos moitísimo. A última factura que paguei da luz nin mo podía crer. E non só iso, sobe todo: o peixe, a froita, as hortalizas, o gas... E ti podes repercutir todo iso nos prezos finais da oferta gastronómica? Non o podes facer. A verdade é que está sendo moi, moi complicado. A todo isto súmaselle tamén unha crise de profesionais moi importante.

Como ves o nivel da hostalaría da Coruña en xeral? Véxoo moi ben, sinceramente. É unha cidade que se move moitísimo, na que a oferta gastronómica é ampla e variada, a ao público en xeral gústalle desfrutar de toda esa diversidade. Ten unha parte dura, porque hai competencia importante. Ti tes que pelexar e que facerte ese oco. Todos os días, todas as semanas e todos os meses do ano.

Cal é a maior satisfacción que che dá esta profesión?

A min deume a oportunidade de desenvolverme como persoa. Por que? Porque son unha persoa

entrevista | 6 | Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022
“A estética é fundamental. Cando chega un prato á mesa o primeiro que actúa é a vista”

creativa, con gusto estético, e esta profesión axudoume a sacar esa parte de min. Tamén era tremendamente tímido e grazas a esta profesión fun perdendo esa timidez. Puiden coñecer moita xente, viaxar ata o outro lado do mundo... E permite estar aprendendo e evolucionando constantemente. Iso si, tamén require de moito esforzo persoal, ganas e ilusión.

Agora que estamos a piques de comezar un novo ano, cales son os teus obxectivos para 2023?

Os obxectivos son os de sempre: traballar ben, funcionar como empresa e mellorar. Poder seguir con ganas e ilusión, porque cando tes ganas e ilusión a parte creativa é moito máis grande. Que sigamos traballando e que á xente lle siga gustando o noso traballo é a miña principal meta.

Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022 | 7 |
En Bido apostan polo produto galego e as vaixelas de Artesanía de Galicia. Foto: Stephan Lutier.

CORUÑA NA MESA

#opinión gastro
| 8 | Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022
Na Coruña hai unha ampla oferta de restauración. Foto: Iván Barreiro

TenA Coruña unha oferta gastronómica variada, competente e con potencial?

Coruña é rica en recursos, materias primas, experiencia, historia, tradición e cultura gastronómica.

A súa gastronomía considérase unha das máis importantes de España.

Materias primas de alta calidade, pratos con sabor único, elaboracións sinxelas cheas de historia, ampla oferta en restauración… Non hai erro se decides deleitarte comendo nesta cidade, pois é lugar obrigado para os amantes da cociña.

Ao seu porto, un dos máis importantes de Europa, chegan a diario peixes e mariscos das rías galegas.

Destaco tamén a calidade das súas carnes, derivados e produtos da horta.

Pratos típicos como: polbo, callos, raxo, caldo, cocido, tortilla…

Cociña clásica, de taberna, contemporánea, innovadora, do mundo…

A Coruña é un referente para todo tipo de padais e petos. Para encontrar o mellor ambiente debes moverte polas súas rúas: Barrera, Troncoso, Franja, Olmos, Estrela, Galera, Emilia Pardo Bazán…

Non será complicado acertar e pasar un marabilloso momento degustando a mellor cociña do Atlántico.

Pero volvendo á pregunta: ten A Coruña unha oferta gastronómica variada,

competente e con potencial? Esta cuestión quizais se resolva nos seguintes números de Pincha.

Veremos se a cidade nos ofrece plans alternativos, propostas interesantes potenciando o produto, traballo e recursos locais; ou se a oferta se centra na fin de semana con plans que semellan variados e diferentes, pero que no fondo son o mesmo.

Este interrogante queda no aire coa intención de facernos reflexionar.

Temos potencial en elaboracións e cociñeiros ou quizais o potencial teno unha minoría e o demais repítese?

Estamos satisfeitos co traballo local para axudar e dar a coñecer a nosa gastronomía?

É, sen dubida, un gran debate no que vos convido a participar.

Por último, algunhas das miñas recomendacións dentro da hostalaría coruñesa actual son: El Rincón de Alba, (Franja, 57), Infame (Franja, 56), Celeiro (Franja, 4), Jaleo Vinoteca, (Galera, 43), Serrano (Galera, 42), Taberna da Galera (Galera, 32), Bombilla (Galera, 7), O fillo do medio (Praza do Libro s/n baixo), Quaranta trecentoparma (Avenida Arteixo, 14), El Secreto (Rúa Alameda, 18), A Franxa (Franja, 32), O viñedo de Tito (Travesía Estrecha San Andrés, 4), O pez que fuma (Travesía Estrecha San Andrés, 3), La Taberna del Arriero (Rúa capitán Troncoso, 19), Pablo Gallego (Rúa Capitán Troncoso, 4) e Bordello (Rúa Varela Silvari, 2 baixo).

Por Patricia Dopazo @gente.que.cuenta
Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022 | 9 |
A nosa cidade é rica en recursos, materias primas, experiencia, historia, tradición e cultura gastronómica
entrevista
Silvia Penide celebra en 2023 os seus vinte anos na música.
| 10 | Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022
Foto: Iván Barreiro

Silvia Penide, 20 anos sobre os escenarios

éxito dunha persoa é sentirse ben cunha mesma”

Silvia Penide (Meicende-Arteixo, 1979) celebrará en 2023 os seus vinte anos na música e farao por todo o alto. En xaneiro lanzará un pendrive con toda a súa discografía, incluíndo oito discos e algunha maqueta, xunto a sorpresas para os fans. E na primavera chegará unha edición limitada e numerada en vinilo de diversas colaboracións: Andrés Suárez, Víctor Manuel, Ugía Pedreira, Eladio Santos e novas que aínda non se gravaron pero que incluirán a artistas moi recoñecidos.

En febreiro comezarán os directos. Entre eles, haberá vinte cun formato especial, nos que Silvia sumará a unha intérprete de lingua de signos, coa que xa traballa no espectáculo do seu libro ‘Diferentes Diferenzas’, ademais de colaboracións especiais con artistas cos que foi tendo relación desde o lanzamento do seu primeiro LP ‘Kilómetros’ no 2003.

Vinte anos levas xa de carreira. Esperabas chegar ata aquí cando empezaches? Para nada! De feito, a miña carreira foi medrando comigo e non foi algo buscado, polo menos ao principio. Eu vivo a verdade moi agradecida, sobre todo estes dous últimos anos porque para min están sendo como anos extra, despois de todo o que vivimos o meu gremio coa pandemia.

Terás moitas ganas de celebralo, non si? Si, a miña idea é facer os máximos concertos con banda posibles. A idea é voltar aos temas de hai tempo, dos primeiros discos. Tocamos o outro día en Madrid e a xente cantaba temas que facía moitísimo que non cantaba. Iso para min, que son unha artista que me considero como unha escaladora, é súper especial. Como quedar cos meus amigos de Meicende de toda a vida - que foron os que me dicían “tes que gravar estas cousas, tes que gravar nalgún sitio e sacar un disco” - e sentarte con eles, falar e ver as fotos, ver como fuches medrando, como xente que che segue desde hai anos tamén foi medrando, a miña familia, que despois de vinte anos xa me toma en serio... (Risos)

Por Rebeca Munín
Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022 | 11 |
“O

De onde che vén a vocación artística? Sempre quixeches ser música?

Pois non sei moi ben de onde me vén. Teño unha primiña pequena, de 8 anos, que é artista, artista! Supoño que nos vén dun tío meu, Miro, que tiña unha visión do mundo un pouco especial. Non teño outro referente na familia. Si que de pequena, polo que me contan, sempre me poñía diante da xente, compoñía cancións á miña nai con dúas frases... Collía ao mellor o pao da vasoira para cantar... Eu era moi mala estudante, pero axudoume moito unha profesora. Sempre me dicía que a miña maneira de entender o mundo era distinta, que o mundo non me entendía a min pero que chegaría un momento no que iamos a ter unha converxencia. E efectivamente, pasou. Agradézollo moito. Chámase Consuelo e, para min, foi como esa luceciña, porque moitas veces parece que non acabas de encaixar...

Ata 2016 combinaches a túa profesión de auxiliar de enfermería coa música. Por que decidiches centrarte só na parte musical?

No meu traballo de auxiliar sempre tiven moita sorte porque foi media xornada. A música sempre estivo aí como traballo. Un día, no 2016, fun a dar un concerto e quedei en branco. Entón decateime de que estaba xa forzando demasiado e como empezaban a saír un montón de concertos, quedei exclusivamente cos meus proxectos musicais. Pero se tivera que volver a ese traballo non pasaría nada. Eu teño unha visión do éxito moi global. Non penso que o meu éxito sexa como cantante. Penso que o éxito dunha persoa é sentirse ben cunha mesma.

Dirías que ese foi un punto de inflexión na túa carreira?

Houbo un momento moi importante que foi cando saquei o meu primeiro disco grazas ao que eu digo que foi o meu primeiro ‘crowdfunding’. Tiña unhas cancións que me gravaran en Radio Arteixo e fun polas tendas de Meicende pedíndolles se querían investir

economicamente algo e eu poñíalles o seu logo no disco. Había unha discográfica que comezaba neses momentos, Falcatruada, que apostou por reeditar ese disco ‘Kilómetros’. Ese foi un punto de inflexión.

Logo chegou unha canción moi importante, que se chama ‘Reventaba’, que tamén foi outro punto de inflexión importantísimo. E despois, tamén o están sendo estes últimos anos, coas colaboracións con Andrés Suárez, Uxía Pedreira, Víctor Manuel... Toda a resposta do propio gremio que fai que o teu nome se vexa un pouco máis.

Que evolución notas á hora de compoñer nestes últimos anos?

Os últimos discos son máis conceptuais que antes. Así xurdiu ‘Todo pintado de plata’, que é un disco que fala dos planetas, e ‘El efecto boomerang’, que é un disco para axudar ás despedidas. E agora probablemente escriba sobre a culpa.

Desde outubro formas parte da directiva de Músicas ao Vivo. Cales son os vosos obxectivos? Aínda estamos marcándoos porque acabamos de chegar pero a verdade é que estou moi ilusionada. Vou poñer todo da miña parte para mellorar a situación dos socios, da Asociación e dos músicos en xeral. É certo que temos que desmitificar moitas cousas e pelexar como gremio. No confinamento formei parte dun movemento na Coruña que se chamaba ‘Unímonos ou afundimos’. Reunímonos cos grupos políticos e escribimos un manifesto que conseguimos que leran nun Pleno. Pedíamos sobre todo que houbera un plan de acción pola situación tan grave que estabamos pasando, para poder seguir traballando sen poñer en perigo a ninguén. E pediamos que houbera axudas para aquelas persoas que polo IRPF puideran demostrar que os seus ingresos maiormente viñan da música. Aí vin que a única opción que temos é unirnos como gremio e facer que a propia unión nos dignifique. A música non é só un traballo para comer. É un traballo para vivir e vivir dignamente.

entrevista | 12 | Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022
“Temos que pelexar como gremio e facer que a propia unión nos dignifique”

Como ves en xeral a situación dos músicos na cidade?

En Coruña hai moitísima xente moi talentosa e temos a sorte de que, a pesar de que a Baba Bar pechou pola pandemia, aínda temos salas como Mardi Gras, Garufa... que son como un útero onde se xestan auténticas marabillas. Temos un nivel brutal.

Penso ademais que a xente estase empezando a decatar do mesmo que me decatei eu, de que hai que unirse e tirar todos a unha. Hai como unha especie de ebulición. Cóntase moito cos músicos locais, sempre temos traballo, pero si que hai unha cousa que a min me encantaría, que sería facer un ciclo de concertos no comercio local, un ciclo que saque a música das salas e xere beneficio para dous sectores que sufrimos moito na pandemia.

Ademais do aniversario, outro dos teus próximos proxectos é un CD coas cancións do espectáculo ‘Diferentes diferenzas’ que publicarás en decembro. Fálanos dese proxecto. Como sempre me gusta facer diferentes cousas, eu adoitaba escribir uns textos que levaba no móbil, textos pequenos, que son para peques, pero teñen unha mensaxe para adultos. Nalgúns concertos sacaba o móbil e lía eses textos, sen ningún tipo de pretensión. Un día apareceu unha persoa que traballa na editorial Bululú e díxome que os textos lle parecían moi interesantes, que se podiamos ter unha reunión. Foi toda unha sorpresa! Editamos o libro e ilustrouno Emilio Urberuaga, que é o ilustrador de Manolito Gafotas, e a verdade é que está funcionando moi ben. Logo montamos o espectáculo que ten o mesmo nome. O que máis me gusta é que recibo mensaxes de profes, de papás e mamás, que me din que para os seus fillos está sendo de axuda. É un libro contra o bullying, para autorreafirmarse. Os personaxes que saen no libro ningún pide perdón polas súas diferenzas. Esa mensaxe está calando na xente que o le e para min é moi importante.

Especialistas en cestas de
Rúa Orzán, 22 - IG & FB: @lacanallagourmet Ofrecémosche tamén cervexa artesá, panettoni, surtido de Nadal, chocolate, viño, conservas, aceites... e moito máis.
Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022 | 13 |
Galera 41/ Bajo A Coruña

ESPERTANDO DESPOIS DA PANDEMIA

#opinión
cultura
| 14 | Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022
Estatua de John Lennon nos xardíns de Méndez Núñez. Foto: Iván Barreiro

Apandemia mandou o teci do cultural da cidade á UVI, deixándonos imaxes para o esquecemen to como os concertos na praza de Ma ría Pita durante o Noroeste Pop-Rock do ano pasado. Mais segundo as restricións foron desaparecendo, A Coruña foi re cuperando o seu habitual pulo cultural; unha forza que provoca que máis dun fin de semana desexemos o don da ubicui dade para poder asistir a todo o ofertado.

As salas de concertos recuperaron a súa programación ha bitual, nalgúns casos dun xeito case que obsesivo como no caso da Filomatic, que está a acoller os sons máis duros e ofrecendo un espazo para que as bandas locais dean os seus primeiros bolos. A Mardi Gras, pola súa banda, sigue sendo o auténtico templo do rock na Coruña. Lembrade que durante todo o mes de novembro celebra o seu ani versario, vinte e tres anos que serán festexados con bandas internacionais como The Meanies, Bart Davenport ou The Commoners. Outro clásico da cidade é o Jazz Filloa, un re ferente nacional no que se refire ás salas de jazz, que está a vivir unha segunda, terceira ou cuarta xuventude da man dunha nova xeración de músicos. O seu constante apoio aos artistas locais, ademais de garantir a boa saúde do tecido cultural, demostra que sempre paga a pena apostar polo noso.

Desafortunadamente non todo son boas noticias. Polo ca miño, por mor da pandemia, quedou a Sala Baba Bar, máis o testemuño da súa heteroxénea programación foi recollido polo Ateneo e máis polo Universal. Estes dous locais son os primeiros cafés culturais da Coruña, unha tipoloxía de local que xa abunda en cidades como Santiago, pero que aínda non fixeran acto de presenza por estas terras. A súa é unha programación na que teñen cabida tanto a danza, a improvisación, os monólogos, a música e máis a poesía. Sexan benvidos!

Outra lamentable desaparición foi a do Centro Cultural Autoxestionado La Nave. Neste caso o omicron non leva a

culpa, senón que foi sacrificada, como símbolo dos tempos que vivimos, en favor da alta velocidade ferroviaria. A súa filosofía do “faino ti mesmo” foi herdada polo colectivo Acéfala. Instaladas ao carón do mercado de Montealto, a xente da Acéfala brinda unha oferta cultural que defende os valores da diversidade e a igualdade, e que se materializa en obradoiros, concertos, “perreos ceives”, foliadas, clubes de lectura e proxeccións.

Outra alegría para a vida cultural da Coruña é a continuidade e a aparición de novos ciclos e festivais. Hai que constatar a boa saúde da que goza o ciclo de danza TRC Danza, grazas ao cal nos podemos asomar ás tendencias da danza contemporánea dende o Teatro Rosalía de Castro. Do mesmo xeito, saudamos a consolidación de eventos como o Modulartec, un encontro que celebrou a súa quinta edición e que ten por leit motiv a música electrónica xerada a través dos sintetizadores modulares, toda unha revolución para a música contemporánea.

E se falamos de música electrónica, é ineludible citar o Fanzine Fest. Este festival de música electrónica de vangarda acada a súa oitava edición o vindeiro mes de decembro. Durante seis días e en cinco localizacións diferentes traerá unha estupenda selección de artistas de primeiro nivel nacional e internacional. O bo facer da xente do Fanzine conseguiu que este sexa o festival de música electrónica de referencia para todo o noroeste. Un aturuxo para todo o equipo.

Non podemos rematar sen facer referencia a todos eses proxectos e iniciativas que colaboran no espertar cultural da cidade. Quitámonos o chapeu ante o Festival de Música Contemporánea e Artes Vivas Resis, o novo ciclo Ephemeros adicado aos “secret shows”, que na súa primeira edición presentou ao gañador dun Grammy, Jonathan Hulten; e como non, ante os responsables das espectaculares exposicións retrospectivas do artista galego Víctor Moscoso e da actriz galega María Casares. Apertas a todos os que botades un cable para manter viva a cidade.

Gasamáns Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022 | 15 |
“O apoio aos artistas locais, ademais de garantir a boa saúde do tecido cultural, demostra que sempre paga a pena apostar polo noso”
Por Javier Pereira

Inés Rey, alcaldesa

somos coruña
| 16 | Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022
“O noso obxectivo é poñer en valor A Coruña como a capital cultural do Noroeste Atlántico”

Un café só. Iso pediu a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, cando quedamos con ela nun bar da praza de María Pita para esta entrevista. “Sempre o tomo así e nesta cafetería”, comenta mentres facemos as fotos. A imaxe vén moi a conto polos temas que imos tratar: a actividade gastronómica, turística e cultural da cidade que goberna esta avogada socialista desde o ano 2019 -sendo a primeira muller da etapa democrática en facelo. O seu principal obxectivo no eido cultural, ámbito do que ten as competencias dentro do goberno municipal, é ambicioso: que A Coruña sexa a capital cultural do Noroeste Atlántico. Natural da cidade herculina, colleita do 82, afirma estar xa traballando para elo, atraendo á urbe grandes eventos como o festival Womex ou aqueles ligados á celebración do Ano Picasso no 2023.

Poden estar orgullosos os coruñeses e coruñe sas da oferta gastronómica e cultural da cida de? Que hai que mellorar?

Os coruñeses e coruñesas somos moi esixentes e sempre queremos mellorar, pero eu creo que este verán foi unha clara mostra da potencia cultural e gastronómica que ten esta cidade. Volvemos cele brar o Festival Noroeste, con máis de 40 artistas e 10 escenarios, unhas Festas de María Pita sen pre cedentes con artistas nacionais e internacionais e devolvemos as celebracións aos barrios, onde a cultura e a gastronomía van moi ligados, como a tradicional Festa da Fresa de Eirís. Un verán que pechamos co Fórum Gastronómico, un dos eventos gastronómicos máis relevantes de España. Pode mos estar moi orgullosos, claro. Pero eso non quita que traballemos para estalo aínda máis e así o fa remos.

Este verán foi o da recuperación turística, al canzando cifras prepandémicas, cun 85% de ocupación hoteleira. Cales son as previsións para os próximos meses? Estase traballando en plans de desestacionalización?

O noso modelo de cidade ten como un dos eixos principais a reactivación económica e nesa reac tivación tamén está a do sector turístico. Dende comezos de mandato traballamos por volver a si tuar A Coruña como sede de congresos e grandes eventos. Pouco a pouco estamos conseguíndoo, acollendo este ano eventos tan importantes como Ecosystems 2030 no que se abordaron as últimas novidades en innovación tecnolóxica e que volverá o próximo ano; o Congreso Gap Junction que trou xo a máis de 200 investigadores científicos á cida de ou o cume hispano-alemán, unha das citas euro peas máis importantes nos últimos anos e que puxo á Coruña no punto de mira de todo o continente. Ademais, o vindeiro 2023 celebrarase Womex, un dos eventos máis relevantes da música global, e se guiremos apostando por outros eventos culturais de gran transcendencia con motivo do Ano Picas

Inés Rey, xunto ao Pazo do Concello. Foto: Iván Barreiro Por Rebeca Munín Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022 | 17 |
“Sabemos que é un reto complicado pero o noso motor é o de axudar á hostalería da cidade, ao sector turístico e cumprir os desexos dos coruñeses e coruñesas de volver a ter unhas festas á altura da cidade”

so. Ese é o noso plan de desestacionalización, apostar por un turismo MICE presente en todas as épocas do ano, con turismo nacional e internacional e cun mar cado ADN cultural en sintonía coa nosa cidade.

Pese a estes bos datos turísticos, a hostelería vén de sufrir nos últimos tempos a falta de persoal cualificado e problemas económicos debido ao aumento de moitos gastos como é a factura da electricidade. Está o Concello botando unha man ao sector?

É certo que o sector da hostalería, como o da alimen tación ou o da construción, está a padecer un descen so no persoal cualificado. A nós gustaríanos que se traballara máis pola formación nestes sectores dende a Xunta, que ten as competencias en materia de em prego. Con todo, levamos a cabo varias accións for mativas en materia de hostalería a través do proxecto Coruña Suma. Pero ademais a través dos dous plans de Reactivación Económica e Social da cidade desti namos axudas directas aos hostaleiros e puxemos en marcha bonos específicos para consumir no sector. Tamén eliminamos as taxas das terrazas e permiti mos que locais que non tiñan terraza puidesen poñela na calzada. O noso compromiso co sector é máis que evidente e así o recoñeceron en numerosas ocasións os propios representantes do sector cos que mante mos unha relación constante de colaboración.

A Coruña é sede do Galicia Fórum Gastronómico, o maior evento gastronómico profesional do Norte de España. Que significa este evento para a cida de?

É unha oportunidade de atraer o maior talento co ciñeiro á Coruña e de que o sector hostaleiro, pero tamén a cidadanía, gocen e aprendan da mellor alta cociña. Concentrar a 27 Estrelas Michelín non é algo que aconteza todos os días e iso demostra a gran ca pacidade que ten a nosa cidade de acoller grandes eventos. O Fórum Gastronómico non só nos serve para poñer en valor a mellor cociña, tamén o potencial da nosa cidade con grandes espazos e mellores paisaxes.

Os datos de Alvedro aínda non volveron a cifras anterio res á pandemia. Segundo datos de AENA, en setembro houbo un descenso dun 19,2% no número de pasaxeiros con respecto a 2019. Cales son as previsións para o ae roporto para os próximos meses? Haberá novas cone xións?

Aínda que este verán conseguimos superar moitas das cifras anteriores á pandemia é certo que moita xente segue optan do por turismo de proximidade e por utilizar o vehículo pri vado. Con todo, penso que Alvedro está vivindo unha clara repunta. O ano que vén contará con cinco conexións inter nacionais por primeira vez na historia. Ámsterdam, Milán e

| 18 | Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022
Inés Rey adoita tomar un café só polas mañás nunha das cafeterías da Praza de María Pita. Foto: Iván Barreiro

Xenebra engádense ás xa existentes con Londres e París. Ade mais o Goberno de España vén de publicar un novo Plan Di rector do Aeroporto de Alvedro para adaptar a infraestrutura presente e chegar a 1,6 millóns de pasaxeiros e 21.100 voos ao ano. Esa adaptación permitiranos tamén acoller novas liñas e conexións nas que xa estamos traballando.

2022 foi tamén o da recuperación sen restricións das fes tas (San Xoán, María Pita, festas nos barrios...) e festivais (Noroeste, Morriña Fest...). Que impacto tiveron sobre a cidade?

As Festas de María Pita e os seus concertos reuniron a case medio millón de persoas. Máis de 230.000 persoas nas Noites de María Pita, 184.000 no Festival Noroeste Estrella Galicia, 50.000 no Morriña Fest e 20.000 na Semana Clásica. Todo iso sen contar coas festas dos barrios e o resto de programa ción de actividades nos diferentes recintos da cidade como o Coliseum. Penso que a oferta de estilos e para todas as idades chegou a todos os coruñeses e a nosa aposta é a de seguir am pliándoa. Sabemos que é un reto complicado pero o noso mo tor é o de axudar á hostalería da cidade, ao sector turístico e cumprir os desexos dos coruñeses e coruñesas de volver a ter unhas festas á altura da cidade.

En 2023 celébrase o Ano Picasso. Acollerá o Museo de Bellas Artes a súa exposición? En que máis actividades se está traballando para conmemorar esta efeméride? Si, o Museo de Bellas Artes acollerá a exposición ‘Picasso: blan co en el recuerdo azul’, pero ademais está previsto o desenvol vemento dun congreso internacional sobre arte e educación, un ciclo de conferencias sobre o universo Picasso, exposicións de artistas contemporáneos que reflexionen sobre este pin tor, accións específicas de turismo picassiano e programas didácticos para divulgar o universo deste autor universal na Coruña a través mesmo doutras artes. Tamén se poñerá o foco nos artistas contemporáneos da cidade co fin de facer visible o talento actual e tinguir de arte A Coruña durante todo o ano.

Ademais disto, cales son os demais obxectivos da área de Cultura no próximo ano?

O noso obxectivo fundamental é seguir traballando para po ñer en valor A Coruña como a capital cultural do Noroeste

Atlántico. Ademais de ser cidade Picasso en 2023, o que xa nos sitúa nunha posición referente, xa presentamos algunhas citas importantes como a do Festival Womex que xa comentaba. Este ano a asistencia do público ao Coliseum aumentou nun 22% res pecto ao ano pasado. Tivemos actuacións para todos os públi cos: Rosalía, C. Tangana, Simple Minds, Van Morrison... Un dos nosos retos é seguir superando esas cifras e ampliar a oferta. Non só musical, tamén nos teatros. A venda de abonos para o Ciclo Principal do Teatro Rosalía foi a máis alta en dez anos. Os nosos obxectivos son os de seguir aumentando as cifras e ache gar á cidadanía unha programación cultural ampla, atractiva e diferente en sintonía coa capital cultural que é A Coruña.

EN PRIMEIRA PERSOA

Un libro. ‘El corazón helado’ de Almudena Grandes.

Unha película. Notting Hill.

Té ou café? Café só.

Unha tapa. De callos.

Un lugar para desconectar. Xardín de San Carlos.

Un espectáculo/evento que querería ver na Coruña. O Mundial de fútbol.

Un desexo para 2023. Que a cidade da Coruña consolide o seu liderado e se sitúe como referencia a nivel nacional.

Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022 | 19 |

Nacho Carretero

“Interésanme as sombras do fútbol”

#delibros
| 20 | Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022
A obra ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ baséase en textos de Nacho Carretero -aínda inéditos. Foto: Aigi Boga

escribir

Nacho Carretero (A Coruña, 1981) é un periodista e escritor coruñés que no 2015 saltou á fama por un libro de investigación que xa é mítico: 'Fariña'. Nel des cubría as vinculacións entre narcotráfico e polí ticos -revelacións moi incómodas que non gus taron a moitos- e que marcaron unha época en Galicia, cando o “tabaco foi pasado e a fariña, futuro”. Falamos con el mentres marcha a coller un helicóptero rumbo a Ceuta para facer outra das súas reportaxes de investigación nos recantos escuros do mundo. Nesta mes ma liña, Carretero aterra agora no teatro con ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’, baseada en textos seus -aínda inéditos- sobre o mundo do fútbol. A obra, unha coprodución do Centro Dramático Galego con Ainé Produ cións, representarase no Teatro Colón os días 26, 27 e 28 de xaneiro.

do que me gustaría ler”

Pasaron xa sete anos e vas tomando pers pectiva. 'Fariña' sírveme como impulso para afrontar todos os proxectos e seguir cara adiante na procura de historias que teñan interese.

Tocaches temas moi espiñentos como o narcotráfico, o fútbol ou o corredor da morte, que tema che queda? Eu creo que, na curiosidade como reporteiro cando escribes, un tema lévache a outro. Agora estou escribindo sobre o que está pasando en Marbella co crime organizado. Tamén esta mos facendo unha serie coa nosa propia produtora (en cola boración con Arturo Lezcano). Queremos desenvolver series a partires das nosas investigacións xornalísticas. Gústame escribir do que me gustaría ler.

A primeira pregunta é obrigada, gústache o fútbol? (Risos). Non me gusta no que se converteu. Actualmente é un negocio. Síntome decepcionado. Sen embargo, non hai forma de liberarse do fútbol. Interésanme as súas som bras, non o superficial, que é do que se fala normalmente.

A obra ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ está baseada en textos teus aínda inéditos. Para can do o libro?

Levo varios anos. É un proceso longo no que quero elixir historias que sexan moi interesantes e representativas. Para iso necesito crer firmemente en cada unha das histo rias, estar convencido de que son únicas e orixinais, e iso é tempo. De pronto nunha das historias deixas de crer ou non ten a forza que pensabas. Outras de súpeto tórnanse interesantes. É un proceso lento. Sobre cando sairá o libro? É unha pregunta da que me gustaría ter resposta. Traballar cunha editorial como Li bros del KO ten a vantaxe de que cre nos libros profun damente e deixa liberdade, traballar no libro o tempo que necesites. Non mete presión. De todas maneiras, a idea é que saia no primeiro trimestre de 2023.

Como viviches o éxito de 'Fariña'? Aínda supón un motivo de subidón porque en certa forma cambioume a vida pola repercusión que tivo e o recoñece mento profesional que me trouxo.

Como foi coñecer a Pablo Ibar (español condenado a ca dea perpetua en EEUU, que estivo no corredor da mor te)?

Entrevisteino dúas veces. Foi unha experiencia xornalística e vital moi moi intensa a de coñecer a unha persoa que estaba no corredor da morte, ata que lle conmutaron a pena por cadea perpetua.

Ademais do contexto, está a posibilidade de falar con alguén que está pechado nun sitio sabendo que ten unha execución pendente.

Centrándonos na Coruña, como ves aquí o xornalismo? O xornalismo a nivel Coruña e Galicia aínda está tratando de recuperarse da crise de 2008, que afectou a todos os sec tores. Tamén tivo unha crise de identidade con Internet, as redes sociais... Ambas crises fixeron moito dano.

Tamén se necesitan cartos para poder facer xornalismo de calidade. Necesítanse máis cartos para que a xente que se dedica a esta profesión non estea na precariedade e poida desenvolver o seu traballo.

Afortunadamente, hai iniciativas locais de moita calidade, fir mas potentes e reportaxes moi bos.

Que xornalista/escritor galego recomendarías?

Gustaríame facer un tributo a Domingo Villar (falecido neste mesmo 2022) porque me parece dos mellores escritores que tivemos e temos.

En xeral, temos unha gran canteira. Creo que hai moito talen to e que en moitas ocasións ese talento marcha de Galicia, emigra. O talento hai que coidalo.

Por Ruth Ríos
“Gústame
Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022 | 21 |

BOCADILLO DE LURAS NO QUIOSCO DE DOWN EXPERIENCE

Down Experience é un proxecto pioneiro en Galicia impulsado desde Down Coruña. O seu obxectivo é a creación de empresas que demos tren que as persoas con síndrome de Down e outras discapacidades mentais son capaces de emprender. O programa piloto desta experien cia é O Quiosco de Down Experience, unha ini ciativa de restauración situada en pleno centro da Coruña na que persoas con e sen discapaci dade traballan ofrecendo cafés e outras propos tas gastronómicas.

No proxecto, en funcionamento desde o verán do 2021, contaron co apoio do Concello e a De

putación da Coruña, o que permitiu recuperar un lugar emblemático da cidade: o quiosco da praza de Ourense, famoso pola súa arquitectura singular (que data dos anos 50) e os seus estra ñados bocadillos de luras. Todo un manxar que restableceu Down Experience como comprobou o noso comechón @JuanEAT_o

Na oferta deste local atopamos tamén variedade de pinchos, como as pulgas de tortilla ou xamón ibérico e a ensalada rusa. Todas elas con posi bilidade de levar para casa reservando directa mente desde a súa web downexperience.com ou a través da plataforma Just Eat.

Foto: Iván Barreiro
#apapar | 22 | Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022

Chego á Coruña disposto a amosarvos o máis destacado da súa hostalaría e que mellor carta de presentación que poder desfrutar dun clásico como o bocadillo de luras no mítico quiosco da praza de Ourense. Un local máis que coñecido, e recuperado hoxe pola Asociación Down Coruña, no que persoas con e sen discapacidade traballan día a día para ofrecernos un servizo profesional e próximo.

Pero comecemos polo mais importante, a materia prima, as luras. Teño que dicir que persoalmente son moi crítico con este tipo de comida xa que é algo que como non se faga ben, o resultado é desastroso. Neste caso tanto o rebozado como a fritura estaban ben e riquísimos. Igual que o pan, crocante e de gran sabor.

@JuanEAT_o , comendo o bocadillo de luras no Quiosco de Down Experience.

Foto: Iván Barreiro

O Quiosco de Down Experience oferta tres tipos de salsas neste bocadillo: alioli, allo negro e tártara. Eu escollín a primeira e teño que dicir que foi un acerto. Estaba moi boa e nada brava, o cal se agradece para que non se faga pesada no estómago. Teño pendente ir probar as outras dúas, porque estou seguro de que o resultado é igualmente marabilloso. Tanto é así que a única pega que podo poñer é que non exista unha versión máis pequena para poder levar xunto cun café e gozalo pola rúa en calquera momento do día.

En definitiva, confeso que non sei como eran os emblemáticos bocadillos de luras que todo coruñés ou coruñesa recorda de etapas anteriores no Quiosco, pero a versión do 2022 seguro que nada ten que envexar.

Datos
Valoración:  P o r @JuanEAT_o @JuanEAT_o Lugar: Praza de Ourense, 1 A Coruña Prato: Bocadillo de luras Prezo: 6,50 € Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022 | 23 |

Manuel Rego

O director executivo do Quiosco de Down Experience, Manuel Rego, explícanos todo o traballo que hai detrás deste proxecto que, ademais de devolver á Coruña un local mítico e uns bocadillos de luras riquísimos, contribúe á inclusión social e laboral de persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual.

De onde nace a idea de montar este proxecto?

Nace dunha colaboración que houbo entre Down Coruña e o chef Luis Veira, de Árbore da Veira, hai uns anos. Un grupo de rapaces colaboraron con el no restaurante, na cociña. Saíu moi ben e a partir de aí xurdiu a idea de montar un negocio que tivese que ver coa hostalaría. Grazas á relación que temos co Concello, tivemos a posibilidade de explotar este espazo do quiosco, que é un local emblemático da Coruña.

Abristes en xuño do 2021. Que balance fas deste ano e medio de traballo?

Cando abrimos tiñamos tres obxectivos fundamentais. O primeiro era que rapaces con síndrome de Down ou discapacidade intelectual asociados a Down Coruña puidesen emprender eles mesmos o seu propio proxecto. Hoxe en día hai dezanove persoas traballando, das cales nove teñen síndrome de Down ou discapacidade intelectual. Así que obxectivo cumprido.

Manuel con parte do equipo do Quiosco de Down Experience: Álex, Cristina e Javier. Foto: Iván Barreiro
| 24 | Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022
“Co Quiosco de Down Experience queriamos que rapaces con síndrome de Down ou discapacidade intelectual puidesen emprender o seu propio proxecto”

O segundo obxectivo foi facer visibles a persoas con síndrome de Down nun negocio funcionando. E isto tivo unha acollida brutal. O trato cos clientes é fantástico.

O terceiro obxectivo era que fose sostible economicamente e que isto permitise que o negocio se mantivese no tempo. O primeiro ano foi fantástico, tivemos un resultado moi bo. Este segundo ano estamos notando un descenso de ingresos, pero seguimos pelexando e con resultados positivos. Temos un problema fundamental que é que non temos local interior. Só terraza. E non podemos facer que en Coruña deixe de chover, así que o inverno faise complicado. Buscamos algunhas solucións como uns parasoles totalmente impermeables que confeccionou Toldos Gómez, un dos nosos colaboradores. Pero aínda así, en días de temporal faise complicado.

E estando onde estades, teriades claro desde o principio que na carta non podía faltar o bocadillo de luras, non si? Si, o bocadillo de luras é o prato estrela porque nos anos 80 este era un local no que todo o mundo viña a compralo. Incluso de noite, a xente antes de ir para casa pasaba por aquí a por un deles. Na memoria da veciñanza da Coruña estaba ese prato. Así que ao montar o Quiosco de Down Experience sabiamos que tiña que estar. Pero intentamos que a carta sexa máis atractiva ofrecendo outras cousas. Sen ser pretensiosos porque non estamos nun restaurante. Somos unha cafetería, un local de ‘picoteo’, de aperitivo, de tomar algo cuns amigos de maneira informal, tomamos unhas cañas e seguimos... Estamos tamén empezando a traballar máis na franxa do almorzo. É difícil porque almorzar nunha terraza ao aire libre en inverno non é apetecible. Entón temos que buscar a maneira, fomentando un almorzo saudable cun packaging bonito... que a xente lle apeteza collelo e levalo consigo.

De cara a futuro, vedes posible repetir este modelo inclusivo noutros locais? Temos varios proxectos en mente. Exportar este

modelo a outro sitio? Sería posible e, de feito, houbo asociacións que preguntaron. Incluso se barallou a opción de franquías. Pero por agora é un pouco pronto. Temos que intentar estabilizar o proxecto do Quiosco. Temos tamén a idea de facer un ‘food truck’ ou proxecto móbil, para poder vender o bocadillo de luras en eventos. Xa nos teñen invitado a concertos, festivais... Este verán estivemos nun evento moi bonito en Vigo no que en tres días vendemos 2500 bocadillos. Fíxonos falta unha loxística de conxelado de pan, de calamar... e esa experiencia serviunos para pensar na ‘food truck’. Así que non descartamos que en breve poidamos ter o noso Quiosco móbil.

TABERNA GALAICOANDALUZA Cenas de grupo ! El mejor ambiente de ayer, hoy y siempre A cervexería da Coruña artesá! 14billas referencias en neveira +100 da mellor birra nacional e internacional Síguenos en redes e entérate das próximas actuacións 100% Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022 | 25 |
“Non descartamos que en breve poidamos ter o noso Quiosco móbil ou ‘food truck’ para levar o bocadillo de luras a diferentes eventos”

Os chefs Miguel Vidal e Pablo Morales

Hai xa un par de anos, prepandemia segundo a nova maneira de contar o paso do tempo, o mestre pasteleiro e coruñés Pablo Morales, de Habaziro, visitou o restaurante doutro coruñés, viaxeiro e algo “macarra”, Miguel Vidal, copropietario e chef dos restaurantes Morgana e Volandeira, ambos os dous no barrio de Chueca, en Madrid.

Pablo non tardou en fixarse nun dos bocados da carta de Miguel, ‘Mini croissant de atún roxo, salsa verde mex e ovo de paspallás’. Foi alí cando pensou en colaborar con Morgana facendo, por exemplo, uns croissants para eles. A Miguel chegáronlle segundos para darse de conta que entre eles acababa de nacer o comezo de algo que estaban a piques de desenvolver.

Un ‘a catro mans’ non conta catro mans en total, senón que, segundo Miguel, “debería de ser un ‘a doce mans’, incluíndo a todo o equipo. Non é xusto chamalo a catro mans coma se os demais non levasen o seu mérito”. Pero empezando polo principio como é costume, sigamos por como nace un evento coma este.

Pablo asegura que para el “o máis importante é que haxa unha boa química entre os cociñeiros, un feeling que permita que vaia á súa casa e que nos divirtamos cociñando xuntos. Na cociña temos que transmitir e Miguel dende o primeiro minuto así o fixo. Saíu só”.

Ante a pregunta de se este encontro sería posible entre outros dous cociñeiros de estilos moi distintos, Vidal móstrase firme: “non, non encaixan todas as propostas. Teñen que semellarse.

No noso caso somos os dous coruñeses, atrevidos, gústanos facer cousas diferentes e é o que temos en común. Aos dous gústanos o que fai o outro, aínda que sexamos de especialidades dispares”.

Nun ‘a catro mans’ unha vez que dous cociñeiros deciden facer algo xuntos, o seguinte paso é comezar o proceso creativo, a arquitectura do menú. Morales argumenta por que a pastelería ou a bolaría teñen cabida nun menú como o de Morgana e é que “todo menú ten unha parte doce. Ademais, na carta de Morgana hai petiscos cuxas bases pódense facer dende Habaziro, á parte das sobremesas”. “Miguel non viría a Habarizo a facer unha vieira, pero si o recheo dunha empanada. A chave é atopar esa sinerxía”, segue o pasteleiro. As sobremesas ideadas por Pablo son pouco doces e con toques afumados, inspiradas nas brasas de Morgana que fan como fío condutor en toda a proposta gastronómica do restaurante de cociña galega con alma viaxeira.

O público asistente recibe nestes casos unha breve introdución dos dous cociñeiros e do menú que van degustar, “pero sen

“Somos os dous coruñeses, atrevidos e gústanos facer cousas diferentes”
A6 — GASTROCULTURA da Coruña a Madrid | 26 | Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022
Miguel Vidal e Pablo Morales. Foto: Ana Romero

chegar a abafar - engade Vidal-. A min, por exemplo, coas verduras gústame dicir o nome e apelido dos provedores pequenos. Sen chegar a ser pesados, pero contar un pouco”. “Tamén é certo que o sexto sabor é a historia do prato, como lle escoitei dicir a un cociñeiro hai tempo e pareceume marabilloso. Tiña razón cando dicía que se pos un peixe nun restaurante, os clientes non entendían, pero se contaba que o pescaban artesanalmente ou as técnicas de curado, o consumidor xa pensaba doutro xeito”.

En total serviron 45 menús. Moitos dos afortunados eran galegos e amigos dos cociñeiros, pero tamén clientes diarios con ganas de coñecer propostas novas. “Estas ocasións tamén serven para probar pratos que temos na cabeza, ver se gustan ou encaixan”, engade o cociñeiro de Morgana.

Para ningún dos dous era a primeira vez. Pablo xa fixera un ‘ a catro mans’ cun amigo pasteleiro de Tarragona facendo

un roscón e unha crostata, mentres que Miguel probou cos mexicanos Mawey en Madrid e na Terraza do Mar en Sanxenxo cun menú degustación.

Os prezos nun ‘a catro mans’ teñen que ser acordes cos do restaurante. Se os sobrepasan moito os clientes potenciais non o pagarían, pero Pablo non o fixo polo beneficio, “é mais pasional que outra cousa. Pensabamos en pasalo ben, no meu caso saír da rutina, vir a Madrid, poñerme a proba, facer un doce novo e tamén promocionar a nosa marca. Se fora polos cartos faríamos hamburguesas a 10 euros. Isto é para xente que lle gusta a gastronomía e que vén a desfrutar, que entenden o traballo que leva todo isto”.

Todo apunta a que non será o primeiro nin o último, polo que recomendamos estar atentos ás redes sociais dos dous cociñeiros para ver as novas que estes galegos, atrevidos e grandes amigos teñen entre mans (ou fogóns).

Imprescindibles de Morgana

O bolo de leite, o polbo e o peixe sapo.

Onde atopalos? Morgana, Rúa Libertad 5, Madrid. Volandeira, Rúa Augusto Figueroa 33, Madrid.

Imprescindibles de Habaziro

O croissant normal e o glasa, a crostata, o roscón de reis ou o tiramisú.

Onde atopalos?

Na Coruña en Matogrande e na Avenida Finisterre, 3.

Por Ana Romero
Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022 | 27 |

LA PANADERA

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

18 E 19 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 H |

PREZO: DESDE 8,50 €

‘La panadera’, de Sandra Ferrús, conta a historia de Concha, unha muller de corenta anos, encargada dunha panadería, casada, con dous fillos. Unha muller cunha vida tranquila e feliz que un día esperta coa noticia de que polas redes sociais corre un vídeo íntimo seu mantendo relacións sexuais cunha parella que tivo fai 15 anos. O vídeo sae agora á luz e esténdese de maneira incontrolada porque ese home fíxose famoso en Italia grazas a un reality televisivo.

COMANDO COMADRES DE MATRIOSHKA

TEATRO FÓRUM METROPOLITANO

18 DE NOVEMBRO ÁS 21:00 H |

PREZO: DESDE 9 €

A través do humor, un grupo de activistas organizadas por Comandos ataca as múltiples manifestacións da violencia sexista, e cuestiona a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual. Mulleres preparadas para os encargos máis perigosos levan a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión: crear unha rede de Comandos a nivel mundial para espertar as conciencias sobre a importancia da igualdade dos dereitos e deberes sociais entre ambos os xéneros, tanto no ámbito público como no privado.

CLARENCE BEKKER BAND, AO VIVO GARUFA CLUB

18 DE NOVEMBRO ÁS 22:00 H |

PREZO: DESDE 16 €

Clarence Bekker ten o don de tocar a alma de quen lle escoita. Mediante a súa voz profunda, vibrante e un espírito cargado de enerxía, engaiola transversalmente a calquera audiencia de xeito total. Ninguén pode manterse impasible ante o seu magnetismo. A forza de grandes mestres do soul, funk e pop como James Brown, Prince, Whitney Houston, Michael Jackson ou Tina Turner están concentrados na súa figura.

MARÍA CASARES, A MULLER QUE VIVIU MIL VIDAS

TEATRO COLÓN

22 DE NOVEMBRO ÁS 21:00 H |

PREZO: DE BALDE ATA

COMPLETAR AFORO

Estrea do documental de Xavier Villaverde que nos achega a María Casares, unha muller cuxa vida queda marcada pola Guerra Civil e o exilio a Francia. Viviremos xunto a ela os feitos históricos máis relevantes do século XX en Europa, unha vida na que se cruzan figuras culturais de primeira orde. Comprometida e incansable no seu traballo, busca permanentemente propostas escénicas audaces e arriscadas que a acabarán convertendo unha das actrices máis aclamadas do cinema e o teatro francés.

BUTACA DE JAZZ

SEDE AFUNDACIÓN A CORUÑA

18, 25 DE NOVEMBRO E 2 DE DECEMBRO ÁS 20:30H |

Afundación presenta a terceira edición de ‘Butaca de jazz’ na súa sede da Coruña. Enmarcado no programa solidario da Obra Social de ABANCA, ‘Cultura por alimentos’, este ciclo musical presenta o mellor jazz galego con poxección internacional para o público que, reconvertendo a súa entrada tradicional polo equivalente en alimentos non perecedoiros, acuda aos tres recitais previstos ata o mes de decembro.

Preséntanse tres concertos de tres tríos de piano, contrabaixo e batería, onde poderemos apreciar a enorme diferenza tanto a nivel compositivo, como interpretativo que hai entre elas. Tres proxectos coa mesma formación instrumental, pero tres sons e propostas totalmente diferenciadas:

Venres 18 de novembro - Paco Charlín Trío

Venres 25 de novembro - Lucía Fumero Trío

Venres 2 de decembro - Nani García Trío

XOEL LÓPEZATLÁNTICO X ANIVERSARIO

PALACIO DE LA ÓPERA

18 DE NOVEMBRO ÁS 21:30 H |

PREZO: ENTRADAS ESGOTADAS

Xoel López celebrará o aniversario de ‘Atlántico’, o primeiro traballo editado baixo o seu propio nome, cun concerto en A Coruña, a cidade que o veu crecer. Producido xunto a Juan de Dios Martín e gravado dacabalo entre as dúas beiras do Atlántico, A Coruña e Bos Aires, entre marzo e setembro de 2011, foi no seu momento o máis meditado de toda a súa traxectoria. ‘Atlántico’ supuxo unha nova etapa musical e persoal para Xoel, enriquecendo os seus ritmos e fortalecendo as súas melodías.

#LUNSDEENCONTROS CON XURXO MARES

BIBLIOTECA MUNICIPAL FÓRUM METROPOLITANO

21 DE NOVEMBRO ÁS 19:00 H |

PREZO: ACCESO LIBRE ATA

COMPLETAR CAPACIDADE

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe. O luns 21 de novembro celebrarase o encontro con Xurxo Mares. Presentará os seus últimos libros autoeditados: ‘Donde se vive’ (2019) e ‘Bailando el agua’ (2022). Tamén cantará acompañado pola súa guitarra, amenizando as pasaxes das obras.

TRC DANZA - EL HIJO

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

25 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 H |

PREZO: DESDE 5,60 €

‘El hijo’ fala do vínculo cos proxenitores e o que se fai con iso. Entendémonos como individuos independentes pero enredados profundamente nas raíces que nos acompañan. Un espectáculo de danza de Daniel Abreu que nos leva ao primario, ao contexto, á familia e á natureza.

| 2 Pincha | Revista 1 axenda Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural | 28 | Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022

ATAQUE ESCAMPE NA NOITE BRILLAN

TEATRO COLÓN

26 DE NOVEMBRO ÁS 20:00 H|

PREZO: DE BALDE

CON CONVITE

A banda compostelá Ataque Escampe, en colaboración co videógrafo David Silva, presenta este espectáculo audiovisual con música en directo no que, a través de máis dunha ducia de episodios, alternará cancións do seu próximo disco —previsto para 2023— con algunhas das pezas máis inexploradas do seu repertorio.

SARA BARAS, A ESENCIA DO BAILE FLAMENCO PALACIO DE LA ÓPERA

26 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 H |

PREZO: DESDE 30 €

Sara Baras é unha das representantes máis prestixiosas e recoñecidas das artes escénicas a nivel internacional. Bailaora, directora e coreógrafa de indiscutible talento. O espectáculo ‘Alma’ chega para transmitir a esencia das súas raíces e ampla traxectoria sobre as táboas. A nova creación aúna flamenco e bolero a través de música de hoxe e de sempre.

A LINGUA DAS BOLBORETAS

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

2 E 3 DE DECEMBRO ÁS 20:30 H |

PREZO: DESDE 5 €

Sarabela Teatro ofrece esta versión de Fernando Dacosta y Gonçalo Guerreiro da obra da famosa obra de Manuel Rivas. A través da entrañable relación que manteñen o mestre don Gregorio e o neno Pardal, vaise descubrindo a historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas. O proceso de aprendizaxe que emprende o mozo da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento) é testemuña tamén da traxedia que supón vivir con medo, do cru impacto que xera a explosión dunha guerra civil.

banda habitual. Desde maiores a pequenos poderán gozar dun espectáculo que fala de nós a través da música; abrazando a nosa historia con cancións fundamentais. Pasean, vexan… pero, sobre todo, escoiten e gocen deste emocionante proxecto.

ALGÚN DÍA TODO ESTO SERÁ TUYO

TEATRO

ROSALÍA DE CASTRO

26 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 H |

PREZO: DESDE 5 €

A dramaturxia e dirección de Chiqui Carabante volve poñer a énfase nun pasado enraizado e enmohecido no presente. E todo a través da mellor arma e aceno de identidade da compañía: o humor. Un humor negro neorrealista que entronca coa tradición cómica española, de Gila a Berlanga.

SIDECARS PRESENTAN ‘TRECE’

COLISEUM

26 DE NOVEMBRO ÁS 21:30 H |

PREZO: DESDE 25 €

A banda madrileña presentará o seu novo disco, ‘Trece’, nun concerto na Coruña. ‘180 graos’ é o primeiro adianto do disco, unha canción que fala sobre os bares de sempre, e esa ansiada volta á normalidade despois destes últimos anos. Na súa actuación no Coliseum seguro que non faltarán tampouco os clásicos do seu repertorio, como ‘Amasillo de Ósos’, ‘Fan de Ti’ ou ‘Todos Os meus Males’, entre outras.

CONCERTO DE ROZALÉN TEATRO COLÓN

2 DE DECEMBRO ÁS 20:30H |

PREZO: ENTRADAS ESGOTADAS

Para conmemorar dez anos na música, Rozalen rexistrou con mestría un conxunto de temas producidos por Ismael Guijarro onde rende homenaxe ao folclore e á música tradicional do noso país. O que propón é unha viaxe xeográfica -e tamén emocional- por toda a península a través de pezas que forman parte da nosa memoria colectiva e identidade; así como novas composicións inspiradas no cancionero popular.

Para presentar este ambicioso traballo, a artista embárcase nunha xira de concertos nos que debullará estas composicións arroupada pola súa

BAJAU DA COMPAÑÍA PONTEN PÉ

FÓRUM METROPOLITANO

3 DE DECEMBRO ÁS 18:00 H |

PREZO: 6 €

Un espectáculo de teatro visual para público infantil apartir de 3 anos. O espectáculo transita a través da imaxinación duns irmáns que queren ser unha cousa que non son, en como este desexo se fai realidade, a través da súa crenza no xogo, vivindo a experiencia deuna maneira incrible. Por que vivimos na terra se hai un medio líquido? E se Lamarck estivese no certo coas súas teorías?

SEXTA EDICIÓN DO ‘FESTIGUAL’

A CORUÑA

ATA O 3 DE DECEMBRO |

A sexta edición do Festigual mantén a convivencia de espectáculos e artistas consagrados con proxectos de calidade da cidade. Ademais de nomes tan coñecidos como El Langui ou a obra teatral ‘Campeones de la Comedia’, de Yllana, con algúns dos protagonistas da premiada película de Guillermo Fesser, haberá espectáculos de Experimentadanza, un concerto da Orquestra de Cámara galega, a gala de Música Baixo as Estrelas con Sophie Simonds ou Sisters in the House ou a presenza de Teatro Valacar da ONCE ou Náufragos Teatro.

Consulta toda a programación en festigual.com

Gastronomía & Cultura 3 | Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022 | 29 |

OITAVA EDICIÓN DO FANZINE FEST

A CORUÑA

DO 5 AO 10 DE DECEMBRO|

PREZO: GRATUITO, 10 €, 20€

‘Fanzine Fest’, o festival de música electrónica de vangarda de referencia no noroeste peninsular, regresará o próximo mes de decembro aos escenarios coruñeses para situar á cidade como a capital dunha experiencia sonora e visual única.

A Coruña celebrará seis xornadas repletas de música electrónica de vangarda coa oitava edición do festival que, un ano máis, reunirá a figuras destacadas da música electrónica e artes visuais a nivel galego, nacional e internacional.

Os tickets para os shows con entrada de pago xa están á venda na través da páxina web oficial www. fanzinefest.com

ROBERTO ALAGNA COA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

TEATRO COLÓN

7 DE DECEMBRO ÁS 20:00 H |

PREZO: DESDE 30 €

Roberto Alagna, unha das grandes estrelas da ópera do noso tempo, ofrecerá un concerto acompañado da Sinfónica de Galicia, coa que a Orquestra poñerá fin a esta temporada. O director para esta especial ocasión será unha das batutas máis talentosas do panorama nacional, especialista en repertorio vocal e cunha imparable proxección internacional: José Miguel Pérez Sierra.

CARLOS NÚÑEZ, EN CONCERTO

TEATRO COLÓN

16 DE DECEMBRO ÁS 20:30 H |

PREZO: DESDE 18 €

O noso gaiteiro máis internacional volve a casa por Nadal e ofrécenos un concerto emotivo e sempre sorprendente. Cumpríronse 25 anos do seu primeiro disco, o xa clásico ‘Irmandade dás Estrela’ -que celebra con novo disco xunto a Rozalén, Andrés Suárez, Glen Hansard, Iván Ferreiro ou Tanxugueiras-, pero Carlos Núñez non descansa e segue ofrecéndonos novidades e colaboracións con artistas de todos os xéneros.

‘FUEGO SALVAJE’ DE WILBUR AUDITORIO DO CENTRO SOCIOCULTURAL ÁGORA

17 DE DECEMBRO ÁS 20:00 H |

PREZO: DESDE 9 €

Algunha vez te preguntaches quen es? Esta peza é unha invitación a mirarnos no espello do patético. A aceptar que non somos nin tan guapos, nin tan fracos, nin tan gordos, nin tan intelixentes, nin tan normais.

Wilbur (Víctor Ortiz) ábrenos o seu corazón para presentarnos unha historia real e arrebatadora. Unha viaxe iniciática sobre a reconquista do ser e do propio corpo.

FESTIVAL 23 ANIVERSARIO SALA MARDI GRAS

SALA MARDI GRAS

ATA O 6 DE DECEMBRO |

A Sala Mardi Gras fai 23 anos e están a celebralo por todo o alto. 23 actuacións para conmemorar o seu 23 aniversario ao longo dos meses de novembro e decembro. Comenzaron o 2 de novembro cos norteamericanos Jive Mother Mary e finalizarán o 6 de decembro cos británicos Quireboys. Serán en total 8 actuacións internacionais e 13 de bandas galegas e coruñesas, ademais dalgunhas do resto de España.

Consulta a programación en salamardigras.com

ESFÍNTER, CON DAVID AMOR, JAVIER VEIGA E ROBER BODEGAS

TEATRO COLÓN

9 DE DECEMBRO ÁS 21:00 H |

PREZO: DESDE 14 €

‘Esfínter, o mellor espectáculo Para Pechar o Ano’ ofrécenos monólogos, onde tres dos cómicos con máis carreira do noso país, David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas, contarán as aventuras que lles suceden durante os últimos doce meses. Case dúas horas de gargalladas, chistes, improvisación e moito facer o pallaso.

SILENCIO

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

16 E 17 DE DECEMBRO ÁS 20:30 H |

PREZO: DESDE 5 €

Blanca Portillo protagoniza esta obra escrita e dirixida por Juan Mayorga. Vestido cun traxe de etiqueta dentro do que non acaba de sentirse cómodo, cumprindo co preceptivo protocolo, o dramaturgo, ou seica unha actriz amiga a quen pediu que o represente no solemne acto, vai ingresar na Academia pronunciando un discurso titulado Silencio. Os seus oíntes son os outros académicos, cos que comparte estrado, e as persoas -familiares, amigos, colegas, autoridades, descoñecidos…- que viñeron a acompañalo esta tarde. Vai falar sobre o silencio na vida e no teatro, quizá tamén sobre o silencio na súa vida e no seu teatro.

AMAZING GRACE. A GOSPEL CELEBRATION TO ARETHA FRANKLIN BY THE BLACK HERITAGE CHOIR

TEATRO COLÓN

21 DE DECEMBRO ÁS 20:30 H |

PREZO: DESDE 18 €

Unha produción de Grandes do Góspel protagonizada por The Black Heritage Choir, unha selección de cantantes da coral máis lendaria do góspel tradicional, The Mississippi Mass Choir, que traen de novo a Europa as boas vibracións da música que todos esperamos polo Nadal.

‘Amazing Grace’ é o disco máis vendido de Aretha Franklin e da historia do góspel, no 50 aniversario dunha das gravacións que máis influíron nos estándares de interpretación da música afroamericana.

| 4 axenda Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural | 30 | Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022

CIRCO: ‘GALTÜK’

TEATRO COLÓN

28 DE DECEMBRO ÁS 19:00 H, 29 DE DECEMBRO ÁS 16:30 E 19:00 H E 30

DE DECEMBRO ÁS 12:30 E 16:30 H |

Unha nena valente e intrépida, que vive todo tipo de aventuras acompañada de divertidos personaxes que a axudarán a avanzar superando as adversidades. O fío argumental deste espectáculo narra a historia desta nena. No seu soño desaparecen os seus xoguetes e sae en busca deles en compañía doutros xoguetes, que son personaxes de circo. O amor ao circo fai que todos os seus xoguetes estean deseñados con elementos de circo. Do mesmo xeito que a primeira, a segunda e todas as edicións de ‘Galtük’, é un espectáculo familiar, ideado para divertir e emocionar a públicos de todas as idades.

‘CURVA ESPAÑA’, DE CHÉVERE

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

29 DE DECEMBRO ÁS 20:30 H |

PREZO: DESDE 6,50 €

Outra das obras coa que a compañía Chévere está a celebrar o seu 35 aniversario. ‘Curva España’ trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, artellan unha peza que bebe do xénero policial, ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español como se fose a promesa dun tren que nunca chegou.

‘N.E.V.E.R.M.O.R.E.’, DE CHÉVERE

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

28 DE DECEMBRO ÁS 20:30 H |

PREZO: DESDE 6,50 €

A compañía Chévere está a celebrar o seu 35 aniversario recuperando algunhas das súas obras máis exitosas, como a de ‘N.E.V.E.R.M.O.R.E.’ Neste caso dispoñénse comprobar se a historia do Prestige foi algo máis ca unha catástrofe ecolóxica, porque ao mellor é unha metáfora da hostia e haina que entender como un aviso do que estaba por chegar.

‘TRES MULLERES

MAGNUM: EVE ARNOLD, INGE MORATH E CRISTINA GARCÍA RODERO’

FUNDACIÓN LUIS SEOANE

ATA O 15 DE XANEIRO |

A Fundación Luis Seoane abre as súas portas á mostra ‘Tres mulleres Magnum: Eve

5 | Se
algún
gastronómico
escribe a: coruna@revistapincha.gal PANADERAS, 13 A CORUÑA- SPAIN NOVEMBRO 20 18 19 Dj jordi 13 Fiesta Aniversario Sorteos, pinchos e regalos desde as 18:00 Actuacion sorpresa 21:00 Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022 | 31 |
Arnold, Inge Morath e Cristina García Rodero’, que lle achegará á cidadanía coruñesa o percorrido e traxectoria de tres destacadas pioneiras da fotografía na historia da axencia Magnum, fundada no ano 1947 por prestixiosos profesionais do gremio como Robert Capa, Henri Cartier-Bresson, Maria Eisner e Rita Vandivert, entre outros.
programas
evento
ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda,

Rúa Santiago, 4 A Coruña

Me a S de 13:30 a 15:30 e de 20:30 a 23:30. Domingo de 13:00 a 15:30

T. 655 412 943 aespiga.com

Non perdas os nosos directos e novidades

Rúa Panaderas, 20 A Coruña

D a Me de 18:00 a 00:00 - X de 18:00 a 00:30 V e S de 18:30 a 02:45

Facebook: Caneca Furada Instagram: caneca_furada

No

TABERNA GALAICO-ANDALUZA

te pierdas nuestros directos y novedades

Rúa Zapateira, 1 A Coruña

L a X de 20:00 a 01:00 - V e S de 19:00 a 02:45 D de 13:00 a 19:00

T. 655 777 621 FB: ElPatio.CiudadVieja IG: @Elpatiogz

Rúa Panaderas, 13 A Coruña

Luns a xoves de 20:00 a 04:00 Venres a domingo de 18:00 a 05:00

T. 619 883 848 facebook: Black Widow Coruña

Rúa Zalaeta, 12 A Coruña

Martes a domingo de 11:00 a 00:00

T. 673 340 941 - restaurantehunico.com reservas@restaurantehunico.com

comida do sudeste asiático

Praza da Cormelana, 7 - baixo A Coruña

L a X de 13:30 a 16:00 e 20:30 a 23:00 V e S de 13:30 a 16:00 e 20:30 a 00:00 D de 13:30 a 16:00 e 20:30 a 23:00

T. 981 913 343 - kohlanta.es FB e IG: @wedokohlanta

Praza de Ourense, 1 A Coruña

Luns a xoves de 10:00 a 22:00 h Venres e sábado de 10:00 a 23:00 h

info@downexperience.com downexperience.com

ORZÁN

Rúa Cordelería, 7 A Coruña

L X V S de 13:00 a 15:30 e de 20:30 a 23:00. M e D de 13:00 a 15:30

T. 881 883 430 - milloorzan.com reservas@milloorzan.com

– EST 2005

Rúa Capitán Troncoso, 4 A Coruña

T. 981 208 888 restaurantepablogallego.com milongasparrillada.com FB e IG @milongasparrillada

Un espacio diferente para los que buscan algo diferente

Rúa Alfredo Vicenti, 29 A Coruña

L de 09:30 a 15:00 e 17:30 a 22:30 M a V de 10:30 a 15:00 e 17:30 a 22:30 S de 12:00 a 15:00

T. 620 071 174 - IG: @

pencilandfork_galicia
hostalaría | 32 | Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022

Vinyls shop, aperitivo italiano, coffee lover & vegan selection

Rúa San Francisco, 4 A Coruña

Xoves e Venres de 19:30 a peche Sábado e domingo de 13:00 a peche

IG: @troppovinylspot info@troppovinylspot.com

outros negocios

San Andrés, 26 A Coruña

Luns a sábado de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00

T. 644 747 007 - butchershopweb.net instagram: Butchershopcoruna

SPECIALTY COFFEE BRUNCH Y COMIDA SALUDABLE

Rúa Alameda, 22 A Coruña

Todos os días

T. 691 602 519 - waco-coffee.com instagram: waco.coffee

Rua San Nicolas, 1 A Coruña

T. 981 901 595 coruna@viajesytours.eu

LIBRARÍA LOWCOST

Rúa San Andrés, 52 - baixo A Coruña

T. 881 990 953 re-read.com

Únete a nós!!!

Rúa Plaza, 14 A Coruña IG: @yeah_yeah_yema

X a S de 13:00 a 17:00 e 20:00 a 00:30 M e Me de 13:00 a 17:00 D de 11:00 a 17:00

Rúa Orzán, 22 A Coruña

T. 981 228 976 - lacanallagourmet.com info@lacanallagourmet.com FB e IG: @lacanallagourmet

Galera, 41 - baixo

A Coruña T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com

coruna@revistapincha.gal

Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal

Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022 | 33 |

QUEN É QUEN EN PINCHA A CORUÑA

Despois de cinco anos publicando a Revista Pincha en Santiago de Compostela, o proxecto chega á cidade herculina para amosarlles cada dous meses ás coruñesas e coruñeses as mellores ofertas gastronómicas, culturais e de ocio da urbe e dos seus arredores. Para facelo contamos, ademais do noso equipo habitual de Pincha en Santiago, con tres persoas que se suman á nosa lista de colaborades e colaboradoras:

“Reparto o meu tempo entre a libraría de segunda man que rexento e o bar que comparto con dous bos amigos. Cando non estou poñendo copas ou recollendo libros, tento descubrir algunha nova banda, ou desfrutar dun bo libro ou un bo filme. Ocasionalmente xunto algunhas cantas verbas para quen mo pide”.

Ana Romero

“Son Ana Romero, unha coruñesa que tras viaxar polo mundo aprendendo idiomas asentouse en Madrid para desenvolver a súa carreira profesional como xornalista. Encántame escribir, viaxar, a música en directo e comer. É por iso que quero contarlle a todos os galegos e galegas que outros paisanos temos por Madrid e que nos conten a súa historia”.

Patricia Dopazo

“Son a creadora de www.gentequecuenta.com, un blog de xente e para xente. Todos e todas temos unha historia que contar, unha meta ou propósito na vida.‘Gente que cuenta’ descobre xente coa que podemos aprender ou pasar un bo rato, proxectos de persoas que día a día loitan para seguir adiante. O obxectivo é afondar nas vidas de xente coma ti ou coma min, coa que te cruzas pola rúa”.

... e non perdas nada en revistapincha.gal

Faite coa túa pincha en papel...

Neste QR contámosche onde podes atopar a Revista Pincha en papel, tanto en Coruña e Santiago, como noutros puntos de Galicia.

Informacións sobre gastronomía e cultura na Coruña e Santiago, unha guía de ocio e compras, axenda cultural... todo ao teu alcance en revistapincha.gal

| 34 | Pincha A Coruña | NOVEMBRO 2022
ESCANEA O CÓDIGO QR

A Deputación da Coruña pon en marcha a iniciativa

provincia que

‘A provincia que sabe’ nace, por tanto, como un distintivo especí co para diferenciar e agrupar baixo un mesmo paraugas produtos agroalimentarios, empresas de transformación, distribuidoras e establecementos hoteleiros e de restauración, que desenvolvan a súa actividade baixo parámetros de sustentabilidade e calidade.

‘A provincia que sabe’ servirá, ademais, para que turistas que buscan a autenticidade nos lugares que visitan, consumidores que priorizan a calidade e o compromiso co territorio á hora de comprar e/ou facer reservas, e a propia comunidade local, conten cun único recurso que uni que os seus criterios de busca.

‘A
sabe’ co obxecto de identi car a excelencia dos produtos agroalimentarios e da gastronomía da provincia.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.