6 minute read
apapar | Bocadillo de Luras no Quiosco de Down Experience
Foto: Iván Barreiro
BOCADILLO DE LURAS
Advertisement
NO QUIOSCO DE DOWN EXPERIENCE
Down Experience é un proxecto pioneiro en Galicia impulsado desde Down Coruña. O seu obxectivo é a creación de empresas que demostren que as persoas con síndrome de Down e outras discapacidades mentais son capaces de emprender. O programa piloto desta experiencia é O Quiosco de Down Experience, unha iniciativa de restauración situada en pleno centro da Coruña na que persoas con e sen discapacidade traballan ofrecendo cafés e outras propostas gastronómicas.
No proxecto, en funcionamento desde o verán do 2021, contaron co apoio do Concello e a Deputación da Coruña, o que permitiu recuperar un lugar emblemático da cidade: o quiosco da praza de Ourense, famoso pola súa arquitectura singular (que data dos anos 50) e os seus estrañados bocadillos de luras. Todo un manxar que restableceu Down Experience como comprobou o noso comechón @JuanEAT_o
Na oferta deste local atopamos tamén variedade de pinchos, como as pulgas de tortilla ou xamón ibérico e a ensalada rusa. Todas elas con posibilidade de levar para casa reservando directamente desde a súa web downexperience.com ou a través da plataforma Just Eat.
@JuanEAT_o, comendo o bocadillo de luras no Quiosco
de Down Experience. Foto: Iván Barreiro
Chego á Coruña disposto a amosarvos o máis destacado da súa hostalaría e que mellor carta de presentación que poder desfrutar dun clásico como o bocadillo de luras no mítico quiosco da praza de Ourense. Un local máis que coñecido, e recuperado hoxe pola Asociación Down Coruña, no que persoas con e sen discapacidade traballan día a día para ofrecernos un servizo profesional e próximo.
Pero comecemos polo mais importante, a materia prima, as luras. Teño que dicir que persoalmente son moi crítico con este tipo de comida xa que é algo que como non se faga ben, o resultado é desastroso. Neste caso tanto o rebozado como a fritura estaban ben e riquísimos. Igual que o pan, crocante e de gran sabor. O Quiosco de Down Experience oferta tres tipos de salsas neste bocadillo: alioli, allo negro e tártara. Eu escollín a primeira e teño que dicir que foi un acerto. Estaba moi boa e nada brava, o cal se agradece para que non se faga pesada no estómago. Teño pendente ir probar as outras dúas, porque estou seguro de que o resultado é igualmente marabilloso. Tanto é así que a única pega que podo poñer é que non exista unha versión máis pequena para poder levar xunto cun café e gozalo pola rúa en calquera momento do día.
En definitiva, confeso que non sei como eran os emblemáticos bocadillos de luras que todo coruñés ou coruñesa recorda de etapas anteriores no Quiosco, pero a versión do 2022 seguro que nada ten que envexar.
Datos
Lugar:
Praza de Ourense, 1 A Coruña Prato:
Bocadillo de luras Prezo:
Valoración:
Manuel Rego
O director executivo do Quiosco de Down Experience, Manuel Rego, explícanos todo o traballo que hai detrás deste proxecto que, ademais de devolver á Coruña un local mítico e uns bocadillos de luras riquísimos, contribúe á inclusión social e laboral de persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual.
De onde nace a idea de montar este proxecto? Nace dunha colaboración que houbo entre Down Coruña e o chef Luis Veira, de Árbore da Veira, hai uns anos. Un grupo de rapaces colaboraron con el no restaurante, na cociña. Saíu moi ben e a partir de aí xurdiu a idea de montar un negocio que tivese que ver coa hostalaría. Grazas á relación que temos co Concello, tivemos a posibilidade de explotar este espazo do quiosco, que é un local emblemático da Coruña.
Abristes en xuño do 2021. Que balance fas deste ano e medio de traballo? Cando abrimos tiñamos tres obxectivos fundamentais. O primeiro era que rapaces con síndrome de Down ou discapacidade intelectual asociados a Down Coruña puidesen emprender eles mesmos o seu propio proxecto. Hoxe en día hai dezanove persoas traballando, das cales nove teñen síndrome de Down ou discapacidade intelectual. Así que obxectivo cumprido.
Manuel con parte do equipo do Quiosco de Down Experience: Álex, Cristina e Javier. Foto: Iván Barreiro
O segundo obxectivo foi facer visibles a persoas con síndrome de Down nun negocio funcionando. E isto tivo unha acollida brutal. O trato cos clientes é fantástico. O terceiro obxectivo era que fose sostible economicamente e que isto permitise que o negocio se mantivese no tempo. O primeiro ano foi fantástico, tivemos un resultado moi bo. Este segundo ano estamos notando un descenso de ingresos, pero seguimos pelexando e con resultados positivos. Temos un problema fundamental que é que non temos local interior. Só terraza. E non podemos facer que en Coruña deixe de chover, así que o inverno faise complicado. Buscamos algunhas solucións como uns parasoles totalmente impermeables que confeccionou Toldos Gómez, un dos nosos colaboradores. Pero aínda así, en días de temporal faise complicado.
E estando onde estades, teriades claro desde o principio que na carta non podía faltar o bocadillo de luras, non si? Si, o bocadillo de luras é o prato estrela porque nos anos 80 este era un local no que todo o mundo viña a compralo. Incluso de noite, a xente antes de ir para casa pasaba por aquí a por un deles. Na memoria da veciñanza da Coruña estaba ese prato. Así que ao montar o Quiosco de Down Experience sabiamos que tiña que estar. Pero intentamos que a carta sexa máis atractiva ofrecendo outras cousas. Sen ser pretensiosos porque non estamos nun restaurante. Somos unha cafetería, un local de ‘picoteo’, de aperitivo, de tomar algo cuns amigos de maneira informal, tomamos unhas cañas e seguimos... Estamos tamén empezando a traballar máis na franxa do almorzo. É difícil porque almorzar nunha terraza ao aire libre en inverno non é apetecible. Entón temos que buscar a maneira, fomentando un almorzo saudable cun packaging bonito... que a xente lle apeteza collelo e levalo consigo.
De cara a futuro, vedes posible repetir este modelo inclusivo noutros locais? Temos varios proxectos en mente. Exportar este
TABERNA GALAICOANDALUZA
Cenas de grupo !
El mejor ambiente de ayer, hoy y siempre
modelo a outro sitio? Sería posible e, de feito, houbo asociacións que preguntaron. Incluso se barallou a opción de franquías. Pero por agora é un pouco pronto. Temos que intentar estabilizar o proxecto do Quiosco. Temos tamén a idea de facer un ‘food truck’ ou proxecto móbil, para poder vender o bocadillo de luras en eventos. Xa nos teñen invitado a concertos, festivais... Este verán estivemos nun evento moi bonito en Vigo no que en tres días vendemos 2500 bocadillos. Fíxonos falta unha loxística de conxelado de pan, de calamar... e esa experiencia serviunos para pensar na ‘food truck’. Así que non descartamos que en breve poidamos ter o noso Quiosco móbil.
A cervexería da Coruña100% artesá!
billas 14
da mellor birra nacional e internacional
referencias +100 en neveira
Síguenos en redes e entérate das próximas actuacións