CADERNO DO PROFESOR

Page 1

CADERNO DO PROFESOR


1.- AS NOSAS AMIGAS AS ÁRBORES Ola amiguiños. Chámome Pepiño, o raposo, e vivo nos bosques galegos…

… paso todo o día rodeado de plantas, e ainda que algunhas persoas pensan que as plantas non son interesantes, se nos fixamos ben nelas podemos comprobar que o seu mundo e apaixonante. Sen moverse do seu sitio teñen que resolver moitos problemas para sobreviviren: deben alimentarse, conseguir auga e luz, florecer, producir froitos e sementes, crecer e convivir con outros seres vivos. Todas as plantas teñen RAÍZ (con ela agárranse ao chan e absorben auga e outras substancias), TALO ( sostén as follas e polo seu interior circula a auga e os alimentos) e as FOLLAS ( encárganse de fabricar alimentos e de respirar cando reciben a luz do sol) e algunhas, ademais,

-2-


teñen FLORES. As flores teñen pétalos (son as follas de cores), sépalos (son as follas verdes que suxeitan os pétalos), pistilo e estames.

1.- Pétalos 2.- Sépalos 3.- Talo 4.- Follas 5.- Raíz

Como hai moitísimas especies, se utilizan distintos métodos para clasificalas. Un dos métodos, é o que clasifica as plantas según o seu tamaño en HERBÁCEAS, ARBUSTOS e ÁRBORES. As plantas HERBÁCEAS son as que xeralmente coñecemos como “herbas”, teñen un talo fino e flexible, non teñen troncos nin grandes flores.

-3-


Por outra banda, están os ARBUSTOS, que son plantas máis pequenas que as árbores, pero máis grandes que as herbáceas. Teñen un talo leñoso que se divide en pólas preto do chan. Exemplos de arbustos galegos son : o toxo, a xesta, o tomiño, o romeo e o loureiro.

Pero entre todas as plantas destacan “AS ÁRBORES”, que teñen un tronco groso e leñoso e pólas que nacen lonxe do chan. Son as plantas máis lonxevas, é dicir, as que máis tempo poden vivir. Ademais, as árbores son o fogar de moitos animais, ¡ como eu! que vivo nunha carballeira. Todas as árbores se compoñen de raíz, tronco e copa. A copa está formada

por

follas

e

ramas

(poden

ser

circulares,

ovaladas

ou

triangulares), as ramas serven de conexión entre a copa e o tronco, que é leñoso e áspero, e éste está unido as raíces.

-4-


As súas follas son moi importantes porque nelas se fabrica o alimento e para iso necesitan luz, auga e nutrientes. A este proceso se lle chama FOTOSÍNTESE. Hai moitos tipos de follas según pertenzan a unha árbore ou a outra: haínas delgadas ou anchas, co borde ondulado ou dentado,…Se observamos ben unha folla, poderemos ver que ten uns condutos moi finiños,que serven para transportar a auga, os nutrientes e o alimento ao resto das partes da árbore. Algunhas árbores perden as súa follas no outono e inverno coa chegada do tempo frío, como o castiñeiro, o bidueiro ou a faia. Chámanse árbores de folla CADUCA. Nembargantes, outras árbores renovan as súas follas pouco a pouco e nunca teñen o talo nú, como a aciñeira, o eucalipto ou o piñeiro. Chámanse árbores de folla PERENNE.

Carballo

piñeiro

faia

castiñeiro

aciñeira

bidueiro

Pero as plantas non viven ailladas senón que conviven con outros seres vivos formando unha gran familia que é “O BOSQUE”. -5-


2.- PASEANDO POR GALICIA… Descubrín que había tres tipos de bosques con diferentes plantas e animais. Na zona de MONTAÑA, atopei árbores como a faia, o castiñeiro e o carballo e arbustos como o toxo e a xesta. Nela vivían mamíferos como o lobo, o xabarín, o corzo, a cabra montesa e raposos coma min; aves como a aguia, a vacaloura (en perigo de extinción) e a perdiz e réptiles como a lagarta e a víbora. Saqueilles moitas fotos.¿Queres velas?

Faia

Castiñeiro

Carballo

Toxo

Xesta

Lobo

Xabarín

Corzo

Cabra

Raposo

Águia

Vacaloura

Perdiz

Víbora

Lagarta

-6-


Despois fun polo LITORAL. Alí a paisaxe era completamente distinta. Vin moitos salgueiros e amieiros así como grandes zonas de repoboación con eucalipto e piñeiro. Tamén había arbustos como o loureiro e xuncos nas zonas húmidas. En canto aos animais o que máis abundaban eran as aves como a gaivota, o corvo mariño, o paíño e o arao e no mar atopei moitos mexillóns, polbos, fanecas e sardiñas. Por suposto tamén lles quitei fotos. Ollade…

Salgueiro

Amieiro

Eucalipto

Piñeiro

Loureiro

Xuncos

Gaivota

Corvo mariño

Paíño

Arao

Mexillóns

Polbo

Faneca

Sardiñas

-7-


E por fin voltei a miña casa, aos bosques do INTERIOR, onde vivo. No meu bosque hai moitas árbores distintas como o carballo, o bidueiro, o amieiro, a aciñeira e a sobreira. Tamén hai arbustos como a xesta, o tomiño e o romeo. Viven comigo moitas especies animais: mamíferos como o teixugo e o xabarín; aves como a perdiz, a rula, a laverca, o corvo, a pega e a lavandeira; anfibios como a píntega e o tritón e réptiles como a cobra bastarda. Aquí vos deixo as fotos.

Carballo

Bidueiro

Amieiro

Aciñeira

Sobreira

Xesta

Tomiño

Romeo

Raposo

Teixugo

Xabarín

Perdiz

Rula

Laverca

Corvo

Pega

Lavandeira

Píntega

Tritón

Cobra

-8-


3.- FUNCIÓNS E BENEFICIOS DOS BOSQUES Despois de estudar os bosques e vivir neles, aprendín que nos aportan beneficios e realizan moitas funcións que nos favorecen a todos.

Estas funcións as podemos clasificar en tres grupos:  FUNCIÓNS SOCIAIS: os bosques son lugares de recreo e de ocio (senderismo, pesca, caza, …), xeran emprego, ofrecen ás poboacións rurais postos de traballo para que non marchen ás grandes cidades en busca de emprego e ademais ofrécennos a posibilidade de transmitir valores educativos e culturais.  FUNCIÓNS ECONÓMICAS: Os bosques son unha fonte xeradora de recursos madeirables e non madeirables. Os aproveitamentos directos, madeira, leña,… compleméntanse con outros asociados como son os cogumelos, plantas aromáticas, medicinais e condimentarias; a caza, a apicultura,…

-9-


FUNCIÓNS AMBIENTAIS: regulan o ciclo da auga, producen osíxeno, contribúen

a

conservación

do

solo,

frenan

a

erosión

e

a

desertificación, protexen a diversidade da flora, da fauna e a paisaxe; disminúen a contaminación e o efecto invernadoiro e suavizan o clima.

En resumen, os bosques son unha fonte de vida para o planeta e para a súa xente. Desempeñan un papel esencial no funcionamento do sistema natural, protexen a vida sobre a Terra e fan desta un lugar habitable para os animais e as persoas.

- 10 -


4.- OS PERIGOS QUE ACECHAN AOS NOSOS BOSQUES… … Son moitos. Algunhas das ameazas ás que se enfrentan os nosos bosques na actualidade poñendo en perigo o seu futuro son:

O

LUME: Os incendios destrúen os bosques deixando un mundo gris

onde antes había vida. Eliminan a cuberta vexetal favorecendo a erosión, producen contaminación ambiental a través do fume e ademais fan que moitos animais coma min queden sen fogar ou o que é peor atrapados nas lapas.

A

DEFORESTACIÓN: A tala incontrolada de árbores fai cos bosques

queden desprotexidos favorecendo así a erosión e que os animais nos quedemos

sen fogar. As persoas cortan as árbores para facer pistas

forestais, cortalumes, construir vivendas, fabricar mobles, facer papel,… Nembargantes, non sempre é malo a tala de árbores sempre - 11 -


que se faga de maneira equilibrada e responsable xa que as veces é necesario cortar unha árbore vella para deixar espacio ás plantas xóvenes e que o bosque se renove.

O

ABANDONO: Outro dos perigos que sofren algúns bosques é o seu

estado de abandono. É importante que nas zonas nas que existe perigo de incendio, se limpen os bosques de maleza e madeira morta. Por outra banda, algunhas persoas desfanse de certos obxectos, lixo… deixándoos no bosque. ¡NUNCA DEBEMOS UTILIZAR OS BOSQUES PARA BOTAR O LIXO!

 OUTROS

PERIGOS: A sequía, as plagas de insectos como a pulga do

carballo, a contaminación, o desmonte para pasto e cultivo e a introducción de flora e fauna non autóctona, tamén afectan á saúde dos nosos bosques.

Moitas veces, o culpable de que o bosque se destrúa é o ser humano. É por iso que debes concenciarte da importancia que teñen os bosques, dos seres que vivimos neles e dos beneficios que nos aportan e que senón perdemos. ¡POR ESTE MOTIVO TEMOS QUE COIDALOS, XA QUE ELES NOS COIDAN A NÓS!

- 12 -


5.- TI TAMÉN PODES COIDAR OS BOSQUES ¿Cómo?

 Participando en labores de reforestación, plantando árbores e por suposto coidando as que xa temos.  Reciclando os produtos derivados da madeira que consumimos.  Utilizando preferentemente papel reciclado e usando só as follas que precisamos e aproveitándoas ao máximo.  Separando o papel e o cartón para reciclalos.  Coidando a auga dos ríos e do mar empezando por aforrala na casa: non deixando as billas abertas, dándonos duchas en vez de baños,…  Non permitir que ninguén acenda fogueiras no monte (sobre todo na época de sequía) son ¡MOI PERIGOSAS! e poden causar incendios.  Denunciando se ves a alguén botando augas sucias ou aceites aos campos ou ríos xa que contaminan os campos e as augas.

- 13 -


 Respetando o contorno e manténdoo limpo, sin deixar pegada da nosa presencia e sen residuos de ningún tipo.  Respectando todas as especies vexetais e animais que viven nel.  Colaborando nas accións de limpeza, xa sexa de lixo ou de ramas secas e follas para evitar incendios.  Evitando circular con vehículos motorizados ou que fagan moito ruído xa que alterarían a tranquilidade do monte e dos seus habitantes.

LEMBRA: O BOSQUE É DE TODOS ¡CÓIDAO!

licia vin estas árbores. Intenta dicir que forma ten a copa de cada unha

- 14 -


Todos os materiais aquí expostos teñen propósito educativo e están feitos sen ánimo de lucro tomando imaxes de Internet. Si algún dos propietarios destes recursos se senten perxudicados pola súa inclusión, non dubiden en poñerse en contacto comigo para proceder á súa rectificación:

Rey.m.m.a@gmail.com PROXECTO OS NOSOS BOSQUES C.E.E TERRA DE FERROL CURSO 2011/12

Profesoras participantes: Isabel C, Isabel D, Carmen, Rita, Patricia, Beatriz y Ana M.

- 15 -


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.