CHARLAS SOBRE EDUCACION VIAL
C.E.E TERRA DE FERROL Maio 2012
O primeiro día explicounos como tiña que ser o noso comportamento como
PEÓNS:
Ensinounos as partes da rúa: CALZADA, BEIRARRÚA e BORDOS; e o perigoso que é andar xogando polos bordos.
Que pola beirarrúa sempre temos que ir da man dun maior e ter moito coidado coas entradas e saídas dos garaxes:
Que para cruzar temos que mirar primeiro a esquerda, despois á dereita e por último outra vez a esquerda.
Que ademais temos que mirar que non haxa elementos que nos impidan a visibilidade como vehículos aparcados, contenedores de lixo … Senón vede como estes “ENORMES CAMIÓNS” non nos deixan ver o coche que se acerca:
Que temos que ter coidado cos vehículos que se achegan por detrás e non vemos …
Nesta primeira sesión tamén vimos un video de “LUZ VERDE” onde se nos explicaba t odo isto e fixemos unhas fichiñas que nos trouxo:
Na segunda sesión explicounos como tiña que ser o noso
PASAXEIROS e CONDUTORES (de bicicletas claro): comportamento como
Ensinounos como tiñamos que ir sentados no coche e no autobús, co corpo ben pegadiño ao asiento, cun alzador se non chegamos ben e por suposto co cinto de seguridade ben postiño:
Tamén nos ensinou a poñer unha cinta refrectante para que nos viran pola noite ou en sitios poucos iluminados e non só iso, tamén regalounos unha para nós:
Explicounos os principais SINAIS DE TRÁFICO e vimos unha pelicúla sobre elas: “NUESTRAS AMIGAS LAS SEÑALES”:
Estivemos todos moi pero que moi atentos: