AQUELA MAÑÁ, MARÍA, ÍA MOI CONTENTA AO COLEXIO PORQUE O SEU IRMÁ, QUE ERA MAIOR, DÍXOLLE QUE HOXE SE CELEBRABA UNHA FESTA MOI ESPECIAL NO COLE, TAN ESPECIAL QUE ATA NO XORNAL APARECÍA ESCRITO: “CUMPREANOS DA CONSTITUCIÓN”
CANDO MARÍA CHEGOU A CLASE, ATOPOUNA ADORNADA CON GLOBOS DE DISTINTAS CORES, EMPEZOU A BUSCAR POR TODAS PARTES A AQUELA QUE CHAMABAN CONSTITUCIÓN, PERO NON CONSEGUIU VELA POR NINGÚN SITIO.
INTRIGADA PREGUNTOULLE Á SÚA MESTRA: - QUEN É A CONSTITUCIÓN? NUNCA A VIN, E O MEU IRMÁ DI QUE HOXE É O SEU CUMPREANOS.
INTRIGADA PREGUNTOULLE Á SÚA MESTRA:
A MESTRA BOTOUSE A RIR, ENSINOULLE UN PEQUEÑO LIBRO E DÍXOLLE: - A CONSTITUCIÓN NON É O NOME DUNHA PERSOA, É O NOME DESTE LIBRO, NO QUE ESTÁN ESCRITAS TODAS AS COSAS QUE DEBEMOS TER E O QUE DEBEMOS FACER AS PERSOAS PARA ENTENDERNOS, LEVARNOS BEN E SER UN POUCO MÁIS FELICES CADA DÍA.
NAQUEL MOMENTO, XAIME AFIRMOU: - XA SEI, SON COMA AS NOSAS NORMAS DE CLASE, E SERÁ ALGO QUE SEGURAMENTE FIXERON ENTRE TODOS.
-
SI – DIXO A MESTRA – VOUVOS LER ALGUNHAS DAS COUSAS QUE HAI ESCRITAS NESTE LIBRO.
-
TODOS SOMOS IGUAIS: NENOS E NENAS, BRANCOS E NEGROS, ALTOS E BAIXOS, GORDOS E DELGADOS, GRANDES E PEQUENOS,…
-
TODOS DEBEMOS TER UNHA ESCOLA, UN MÉDICO, UNHA VIVENDA, … É DICIR, TODO O MÁIS NECESARIO PARA VIVIR
-
TODOS TEMOS DEREITO A VIVIR NUN AMBIENTE SAN E AGRADABLE, E POR ISO DEBEMOS COIDAR AS PLANTAS E OS ANIMAIS DO NOSO ENTORNO.
-
TODOS DEBEMOS QUEREMOS E RESPETARNOS, AXUNDÁNDONOS OS UNOS AOS OUTROS E RECHAZANDO SEMPRE A VIOLENCIA
OS NENOS E NENAS DA CLASE ESCOITABAN ATENTOS Á MESTRA E CANDO REMATOU CELEBRARON TODOS XUNTOS O CUMPREANOS DA CONSTITUCIÓN.
MARÍA VOLTOU MOI CONTENTA PARA A SÚA CASA, PASÁRAO MOI BEN E ADEMAIS DESCUBRIRA QUE A CONSTITUCIÓN NON ERA UNHA NENA NIN UNHA SEÑORA, É O CÓDIGO QUE DI O QUE TEMOS QUE FACER E O QUE TEMOS QUE TER, NON SÓ OS NENOS E NENAS DO COLEXIO, SENÓN TODAS AS PERSOAS DA FAMILIA, DO BARRIO, DO POBO E DE ESPAÑA, O NOSO PAÍS.
IMAXES: VLADIMIR ZÚÑIGA (http://focaclipart.net23.net) JESSICA (http://bonitooh.blogspot.com)
TEXTO: http://es.scribd.com/doc/8570847/El-Cum-Plea-Nos-de-La-Constitucion
MONTAXE: ANA MARTÍNEZ REY (http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com)