TROGLODITA, ERA A ÚNICA AVESTRUZ QUE QUEDABA NO DESERTO. NO DESERTO CERCANO AO NOVO REINO RECÉN CIVILIZADO.
nun
A AVESTRUZ, OS DOMINGOS ÍA AO CINE E MERCABA DEZ CÉNTIMOS DE IMPERDIBLES QUE DEVORABA NERVIOSA MENTRAS VÍA A PELÍCULA. ENTRE SEMANA, SÓ COMÍA O QUE ATOPABA: CREMALLEIRAS, LATAS, CORCHETES E ALGUNHA QUE OUTRA TACHOLA. TROGLODITA LEVÁBASE BEN COA XENTE, PERO BOTABA DE MENOS ÁS SÚAS SEMELLANTES, AS AVESTRUCES.
DE TANTO COMER O QUE COMÍA, A AVESTRUZ PUXO UN OVO DE ALUMINIO. E DO OVO SAIU …UN TRACTOR. UN TRACTOR PEQUENIÑO PERO ÚTIL. O TRACTOR SAIU ANDANDO, ANDANDO E CHEGOU ATA UNHA GRANXA POBRE ONDE SE OFRECEU PARA TRABALLAR GRATIS. TROGLODITA SEGUIU OS PASOS DO SEU EXTRANO FILLIÑO E QUEDOU PRETO DEL, VENDO COMO ARRINCABA A MALAS HERBAS.
UNS TREMENDOS RUÍDOS A FIXERON TREMER DE PICO A PATA. OS RUÍDOS MEDRABAN. TROGLODITA LEVABA UNHA SEMANA SEN PODER SACAR A CABEZA DE ENTRE A AREA, E XA NON PODÍA MÁIS. COMO OS RUÍDOS AUMENTABAN, ASOMOUSE PARA VER O QUE SUCEDÍA. COMO É POSIBLE QUE UNHA TREBOADA DURE TANTO TEMPO? – DICÍASE. MEDO DAME, PERO ME ASOMO. ASOMOUSE E… QUE TORMENTA NIN MONO VIVO! AQUILO ERA UNHA GUERRA! UNHA “CACERÍA”! PERO QUE CACERÍA MÁIS INCRIBLE! OS PACÍFICOS NEGRIÑOS DUN LADO DA SELVA ESTABAN A “CAZAR” AOS PACÍFICOS NEGRIÑOS DO OUTRO LADO. TODOS ÍAN VESTIDOS POR PRIMEIRA VEZ. OS NENOS, QUE NUNCA TIVERAN UN XOGUETE ENTRE AS MANS, TIÑAN AGORA UN FUSIL. DISPAROS, EXPLOSIÓNS, TRONOS, LÓSTREGOS E TAMBORES. A AVESTRUZ NON ENTENDÍA NADA. TREMENDO DE MEDO, VOLTOU A METER A CABEZA DEBAIXO DUNHA Á. OS DISPAROS, PEITEÁBANLLE TODAS AS PLUMAS, TESAS DO SUSTO.
A AVESTRUZ
MEDITABA: “É UNHA VERGOÑA QUE ESTEA EU ASÍ, PENSANDO EGOISTAMENTE SÓ EN MI E TREMENDO COMA UN COBARDE COELLO! TROGLOGITA SACOU A CABEZA DE DEBAIXO DA Á E MIROU AO SEU REDOR. QUE HORROR!
COA NOITE, APAGÁRONSE OS RUIDOS E OS FOGONAZOS. TODO ERA COMO BOCA DE LOBO.TROGLODITA NON VÍA NADA. TIÑA MOITA FAME. ANDABA A MODIÑO, LEVANTANDO MOITO AS SÚAS LONGAS PATAS . A AMBOS LADOS DO RÍO, DESCANSABAN OS GUERREIROS. _ “ESTA É A MIÑA” _ DÍXOSE A AVESTRUZ _ VAIA FESTÍN QUE ME VOU DAR! E ASÍ FOI. MENTRAS DURMÍAN OS SOLDADOS DE AMBOS LADOS, TROGLODITA TRAGOU OS FUSÍS DUNS E OUTROS. AS ARMAS ESTABAN EN MALAS CONDICIÓNS E TROGLODITA CASE MORRE INTOXICADA.
E GRAZAS Á HEROICA AVESTRUZ REINOU A PAZ NO REINO.
IMÁXENES ATOPADAS EN: EDUCARUECA (http://www.educarueca.org/spip.php?article652) AUTORÍA DO CONTO: GLORÍA FUERTES MONTAXE E TRADUCIÓN AO GALEGO: ANA MARTÍNEZ REY (http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com)