Albert (mostra)

Page 1

Kalleby

M

oi lonxe, perdida no campo entre verdes e suaves outeiros, atópase Kalleby. Kalleby non é moi grande; en realidade nin sequera é unha auténtica cidade. É soamente un grupo de casas pequenas e tortas, e granxas reunidas arredor dun estanque para os patos. Kalleby ten só unha rúa, e esa rúa tampouco é unha verdadeira rúa, senón máis ben un camiño de area cheo de fochas. Cando chove, as fochas énchense de auga e salpican para todas as partes cada vez que pasan os carros de cabalos e os coches facendo estrépito. Kalleby tamén ten unha única tenda. Pero nela pódese comprar case calquera cousa –desde medias de señora e tapas para cazarolas ata piruletas e tabaco–. Si, mesmo un saco de trigo, ou un xamón afumado ben graxo se pode comprar nesta tendiña agradable e acolledora como a cociña dunha avoa, onde sempre cheira a café, a xabón e mazás podres. Pero aínda que Kalleby non é moi grande, e aínda que a rúa só é un camiño de area con fochas, nesta cidade hai moitas cousas boas.

7


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Albert (mostra) by Rinoceronte Editora - Issuu