Arte de amar. Remedios do amor (mostra)

Page 1

Ovidio

Arte de amar Remedios do amor Tradución do latín de Lucía Gómez Fariña



Arte de amar



Libro Primeiro [Ovidio, mestre experimentado no amor] Se alguén entre os lectores non coñece a arte de amar, que lea este libro e ame, instruído pola lectura do poema. Por medio da arte móvense veloces as naves, ben a vela ou [a remo; por medio da arte, móvense lixeiros os carros: por medio da [arte ha ser gobernado o Amor. 20 Automedonte estaba feito para os carros e as flexíbeis rendas, Tifis era piloto na nave hemonia21: a min Venus instituíume mestre no tenro Amor, eu hei ser alcumado o Tifis e o Automedonte de Amor. Este deus é realmente fero e plántame cara a miúdo, mais é neno, idade mol e axeitada para ser gobernada. O fillo de Fílara22 perfeccionou a Aquiles na cítara cando [era neno, e dominou con apracíbel arte os seus ánimos feros. O que tantas veces aterrou compañeiros e inimigos, crese que se espantou dun vello de moitos anos; as mans que Heitor23 había sufrir, ofreceullas aquel ao mestre, preparadas para unhas vareadas, cada vez que llo ordenou. Como Quirón do Eácida24, eu son o mestre do Amor, salvaxes son os dous nenos, e fillos ambos de deusas. 20  Auriga de Aquiles. 21  Tifis era o piloto da nave Argo, descrita aquí como hemonia por estar construída con madeira do monte Pelión, sito en Hemonia (Tesalia). A bordo desta nave fixeron os Argonautas o seu camiño á conquista do vélaro de ouro. 22  O centauro Quirón, preceptor de Aquiles e doutros heroes. 23  Heroe troiano morto a mans de Aquiles. 24  Aquiles, chamado así por ser neto de Éaco. 31

5

10

15


Arte de amar

Mais o pescozo do touro carga co arado, e os freos consomen os dentes do brioso cabalo: tamén ante min cederá Amor, aínda que co seu arco fira o meu peito, e sacuda axitados fachos. Canto máis me teña traspasado Amor, canto máis [impetuosamente me teña abrasado, tanto mellor me vingarei das feridas que me fixo. Eu non presumirei, Febo, de que ti me deches artes, tampouco me inspira o canto dunha ave celeste, nin se me apareceron Clío e as súas irmás mentres coidaba o gando nos teus vales, Ascra25. A experiencia promove esta obra: facédelle caso a un poeta [experimentado, hei cantar verdades. Asiste esta empresa, nai do Amor. Mantédevos lonxe, finas cintas, insignia do pudor, e tamén ti, longa tea que cobres até a metade as pernas26. Cantarei unha Venus que non corre perigo e non amores [lícitos, 27 e non haberá delito ningún no meu poema .

20

25

30

[Pasos que se han seguir] Para comezar, trata de atopar a quen amar, ti, que agora por vez primeira vés como soldado a unha [nova guerra. A seguinte tarefa é conseguir a moza que che gusta; a terceira, que o amor dure moito tempo.

25  Clío é unha das nove Musas. Ovidio presenta neste comezo un eco de Hesíodo, que nos inicios da súa Teogonía conta como as Musas se lle apareceron no Helicón, sito en Beocia, igual que a cidade de Ascra. 26  Os símbolos da muller casada, que non debe ler esta obra. 27  Intenta con isto Ovidio xustificar que a súa obra trata sobre un amor cortesán, sen incitar ao adulterio, delito castigado pola Lex Iulia de adulteriis coercendis, promulgada por Augusto no 18 a.C. 32

35


Libro I

Esta é a liña que o meu carro marca, esta é a senda que o teu ha de seguir.

40

[Lugares nos que atopar moza: os pórticos e o foro] Mentres é lícito e podes ir por todas as partes coas correas [soltas, elixe a quen dicirlle: “Ti es a única que me gusta”. Ela non che vai caer do ceo entre lixeiras brisas; a moza axeitada tes que buscala cos teus ollos. Sabe ben o cazador onde lle ha tender redes aos cervos, sabe ben en que val vive o enrabechado xabaril. Ao cazador de aves resúltanlle familiares as enramadas, o [que sostén anzois sabe en que augas nadan máis peixes. Tamén ti, que buscas obxecto para un longo amor, debes aprender primeiro os lugares que frecuentan as mozas. Eu non vou ordenarlles aos pretendentes que dean velas ao [vento, nin deberás percorrer un longo camiño para atopar algo. Aínda que Perseo trouxese a Andrómeda28 dende as negras [Indias, 29 e o frixio raptase unha moza grega , Roma darache tantas mozas e tan fermosas que dirás: “Este lugar ten todo canto hai no mundo”. Cantos cereais produce o Gárgaro e cantos acios Metimna30, cantos peixes se agochan nas augas e cantas aves na follaxe, cantas estrelas hai no ceo, tantas outras mozas posúe a túa [Roma: 28  Perseo, no seu camiño de volta tras matar a Medusa, rescatou a princesa etíope Andrómeda, que estaba encadeada para ser devorada por un monstro mariño. 29  O frixio é Paris, que raptou a grega Helena, muller de Menelao, desencadeando así a guerra de Troia. 30  Vilas da Tróade e de Lesbos, respectivamente. 33

45

50

55


Arte de amar

a nai de Eneas31 ficou na cidade do fillo. Se che gustan as idades máis temperás, que aínda están a [desenvolverse, ante os teus ollos virá unha verdadeira rapariga; se desexas unha nova, miles de novas che han gustar: veraste abafado sen saber cal prefires. Se casualmente che agrada unha idade maior e máis [experimentada, creme, tamén haberá unha tropa moi completa. Ti só debes pasear con calma baixo a sombra do pórtico de [Pompeio, cando o sol se achega ás costas do león de Hércules32, ou por onde a nai engadiu os seus dons aos dons do fillo33, unha obra excelsa grazas ao mármore importado. E non evites o pórtico que, salpicado de cadros antigos, foi chamado “de Livia”34 polo seu fundador, nin o lugar onde as Belides, que se atreveron a planear a [morte dos seus míseros curmáns, fican erguidas, xunto co seu doente pai35, coa [espada desenvaiñada na man. Non te esquezas de Adonis, chorado por Venus36, nin dos cultos do sétimo día que respecta o xudeu sirio37, 31  A deusa Venus. 32  O catasterismo do león de Nemea, morto por Hércules, deu lugar á constelación de Leo. O Sol achégase a esta no mes de xullo. 33  Pórtico de Octavia (irmá de Augusto), sito a carón do teatro do seu fillo Marcelo. 34  Augusto construíu este pórtico no 7 a. C. en honor da súa muller, Livia. 35  No pórtico de Apolo estaban esculpidas as Danaides, as cincuenta fillas de Dánao e netas de Belo, que por instigación de seu pai e na noite de vodas mataron os seus homes, curmáns ao mesmo tempo por seren fillos de seu tío Exipto. 36  Namorado de Venus, morto por un xabaril. As festas no seu honor eran moi celebradas polas prostitutas. 37  Os xudeus chegados a Roma dende a conquista de Xerusalén (no 63 a. C. por Pompeio) seguían a practicar o seu culto e a festividade do sábado. 34

60

65

70

75


Libro I

nin esquives os templos menfíticos da xovenca vestida de [liño38: esta fai que moitas sexan o que foi ela para Xúpiter. Até os foros (quen podería crelo?) son axeitados para o amor, e moitas veces tense atopado a chama do amor no ruidoso [foro. 39 Por onde a fonte da Apíade , baixo o marmóreo templo de [Venus, expulsa as augas lanzándoas ao aire, por alí a miúdo os avogados quedan apresados polo Amor, e quen acostuma a defender a outros non se dá defendido a si [mesmo. Decotío alí as palabras fáltanlle ao orador, apareceulle un novo caso e ten que defender a súa propia [causa. Venus rise del dende o seu templo, que está nos arredores; quen antes era contratado, desexa agora ser cliente.

80

85

[O teatro] Pero, sobre todo, vai cazar nos curvos teatros; estes lugares son os máis produtivos para o teu propósito. Alí atoparás a quen amar, alguén con quen poidas [divertirte, algo que desfrutes unha vez, algo que queiras reter. Tal como a formiga vai unha e outra vez en longa ringleira, cando carrexa o alimento cotián na súa boca portadora de [gran, ou tal como as abellas, unha vez que atopan os seus bosques [e prados olorosos, 38  A deusa exipcia (de aí o cualificativo de menfítica) Isis asimilouse a Ío, amada por Xúpiter e metamorfoseada en vaca, de maneira que ás veces se representa coa forma deste animal. 39  Fonte sita no Forum Iulium que contiña representacións de ninfas. 35

90

95


Arte de amar

voan entre flores e matas de tomiño, así acode a muller, moi elegante, aos concorridos festexos: a abundancia delas a miúdo atrasou a miña decisión. Veñen para ver, pero tamén para que as vexan a elas: ese lugar cáusalle baixas ao casto pudor. Rómulo40, ti fuches o primeiro en celebrar violentos xogos, cando lles pareceu ben aos solteiros cometer o rapto das [sabinas41. Entón non colgaban toldos do marmóreo teatro, nin o escenario se puña encarnado con azafrán líquido42; alí, unhas ramaxes sacadas do frondoso Palatino43, colocadas con sinxeleza, fixeron un escenario sen artificios; daquela o pobo sentaba en bancadas feitas no céspede, e cubríanse os crechos cabelos con calquera póla. Os homes miran cara atrás e cos ollos sinalan a moza que [cada un quere para si, e remexen moitas cousas no seu peito silandeiro. E mentres ao son da ruda melodía dun frautista etrusco un bailarín golpea tres veces co pé o plano chan no medio dos aplausos (que entón carecían de artificio) o rei dálle ao pobo o sinal para botarse á presa. Entón lanzáronse de súpeto, descubrindo a súa intención co [balbordo, e botaron sobre as mozas as súas ansiosas mans. Igual que as pombas foxen das aguias nun tumulto cheo de [terror, e igual que a aña nova foxe ao ver os lobos, así temeron aquelas mulleres os homes que se lles botaban

100

105

110

115

40  Fundador de Roma. 41  Comeza aquí o relato do rapto das sabinas, localizado por Ovidio no teatro, fronte a outras versións que o sitúan no circo (Tito Livio, Dionisio de Halicarnaso). 42  O teatro romano perfumábase con esencia de azafrán. 43  Un dos sete outeiros de Roma. 36


Libro I

[enriba sen lei ningunha; non persistiu en ningunha delas a cor que tiña antes. Pois o temor era un só, mais non era unha soa a expresión do [temor: unhas arríncanse os cabelos, outras fican sentadas e esvaecidas; unha, triste, garda silencio, outra chama en van a súa nai; esta laméntase, pasma aquela; esta fica queda, aqueloutra [foxe. Os mozos rouban as mozas raptadas, botín nupcial, e o propio temor parecía facer fermosas a moitas. Se algunha se resistía de máis e rexeitaba o compañeiro, o home levábaa erguida sobre o seu peito arelante, e dicíalle así: “Por que estragas con bágoas os teus delicados [olliños? O que teu pai é para túa nai, sereino eu para ti”. Rómulo, só ti soubeches recompensar os soldados: se me deses a min estas recompensas, faríame soldado. Dende aquel consagrado costume, os teatros aínda son hoxe lugares axeitados para espreitar mulleres [fermosas.

120

125

130

[O circo e as loitas de gladiadores] Tampouco esquezas a carreira de cabalos famosos: o Circo, que acolle tanta xente, ten moitas vantaxes. Non fai falta que contes segredos mediante xestos, nin tes que aceptar unha mensaxe facendo acenos coa cabeza; senta a carón da túa dona, se ninguén cho impide, e xunta o teu costado ao seu canto poidas. Ademais, aínda que non queiras, a liña obriga a xuntarse, e has ter que tocar a rapaza pola estreiteza do lugar. Busca entón o comezo dunha charla amigábel, e conversas triviais que desaten as primeiras palabras: fai por preguntarlle interesado de quen son os cabalos [que veñen, 37

135

140

145


Arte de amar

e apoia sen demora o cabalo que ela apoie, sexa cal for. E cando avance a concorrida procesión cos deuses celestes de [marfil, ti apláudelle con ganas á soberana Venus. Se caese po no regazo da moza, como adoita pasar, debes sacudilo cos dedos, e aínda que non haxa nada de po, sacude igualmente o nada: calquera escusa valerá para facerlle as beiras. Se o manto, por baixar demasiado, lle roza na terra, recólleo e érgueo axiña do inmundo chan: deseguido, en recompensa ao teu servizo e se o consinte [a moza, os teus ollos terán a sorte de ver as súas pernas. Ademais vólvete e mira, non sexa que calquera que sente [detrás vosa prema as súas delicadas costas ao apoiar nelas os xeonllos. As pequenas cousas cativan os espíritos débiles: foille útil [a moitos colocar cunha hábil man unha almofada; tamén lles foi de proveito abanicar a moza cunha fina tabela e colocar un escano foco baixo o seu tenro pé. Darache o Circo estes recursos para un novo amor, e tamén o ruidoso Foro coa súa esparexida e funesta area44. A miúdo o fillo de Venus45 loitou nesa area, e o que antes miraba as feridas dos outros, ten tamén agora [unha ferida: mentres falaba, estreitaba unha man, pedía un folleto e preguntaba, despois de apostar, cal ía gañar, xemeu ferido, sentiu unha frecha voadora e converteuse el mesmo en parte do espectáculo observado.

44  As loitas de gladiadores celebrábanse aínda no foro. 45  Cupido ou o Amor. 38

150

155

160

165

170


Libro I

[Naumaquia e desfile triunfal de César] E que pasou, cando hai pouco, á imaxe dunha batalla [naval, César presentou naves persas e atenienses? Dun e outro mar viñeron mozos, dun e outro viñeron mozas e o inxente orbe estivo na cidade de Roma. Quen non atopou a quen amar entre aquela multitude? Ai, a cantos torturou un amor vido de fóra! Velaí, prepárase César para engadir agora o que lle falta [por dominar do orbe: agora, recóndito Oriente, serás noso. Parto, sufrirás castigos; alegrádevos, Crasos46 xa sepultos, e estandartes que sufristes funestamente as mans bárbaras. Está aquí o voso vingador, que se presenta como xeneral [nos primeiros anos47, e sendo mozo dirixe guerras que non han ser dirixidas [por un mozo. Deixade de contar, covardes, os natalicios dos deuses: aos Césares chegoulles o valor antes do día. un talento divino xurdiu neles máis rápido que os seus anos, que non soporta os danos causados por unha tardanza [preguiceira. Pequeno era o Tirintio cando coas súas mans afogou dúas serpes48, e xa no berce era digno de Xúpiter; e ti, que tamén es neno agora, Baco, que grande fuches entón, cando a India vencida temeu o teu tirso! Combaterás cos auspicios e os anos de teu pai, rapaz, e vencerás cos anos e os auspicios de teu pai.

175

180

185

190

46  Marco Licinio Craso e o seu fillo Publio, mortos no 53 a. C. na batalla de Carras contra os Partos. 47  Gaio César, neto de Augusto, emprendeu unha campaña contra os Partos aos vinte anos. 48  Hércules matou dúas serpes que Xuno lle enviou cando aínda estaba no berce. 39


Arte de amar

Baixo un nome tan importante estás obrigado a tal comezo; agora es o primeiro entre os mozos, despois seralo entre os [vellos. Posto que tes irmáns, vinga os irmáns ofendidos, e posto que tes pai, defende os dereitos do pai. A ti vestiute coas armas o proxenitor da patria, que tamén o [é teu, pero o inimigo arrebata o imperio contra a vontade do pai49. Ti has levar dardos piadosos, el frechas criminais; ante as túas insignias estarán en pé a xustiza e a piedade. Vencemos os Partos nunha guerra xusta: venzámolos [tamén nas armas; que o meu xeneral engada ao Lacio as riquezas orientais. Pai Marte e pai César, dádelle forzas ao que parte: pois, de vós os dous, ti es deus, e ti seralo. E velaquí, eu agoiro que vencerás, compoñerei poemas votivos e celebrarémoste con ilustre linguaxe. Deteraste e exhortarás o exército coas miñas palabras (que as miñas palabras non sexan indignas do teu valor!). Hei cantar a fuxida dos partos e o empuxe romano, e as frechas que lanza o inimigo, xirado sobre o seu cabalo. Ti, que foxes para vencer, parto, que deixas ao vencido? Parto, xa dende agora o teu Marte ten un mal agoiro. Así, chegará o día no que ti, César, o máis fermoso do mundo, irás vestido de ouro nunha cuadriga tirada por níveos cabalos; irán diante os caudillos partos cos seus pescozos cheos de [cadeas, para que non poidan salvarse coa fuxida, coma noutrora. Asistirán ao espectáculo os mozos ledos, e mesturadas [entre eles as mozas, e ensancharáselle o ánimo a todos ese día. 49  O actual rei dos partos usurpara o dereito ao trono dos seus irmáns, logo de matar a seu pai. 40

195

200

205

210

215


Libro I

Cando algunha pregunte o nome dos reis, que lugares, que montes ou que ríos se presentan, responde a todo, mesmo aínda que non che pregunte, e o que non saibas, cóntallo coma se o coñeceses ben. Este é o Éufrates, coa fronte cinguida de canas; adornado cunha cabeleira azulada irá o Tigris; a eses fainos armenios, esa é Persia, da estirpe de Dánae50, esta cidade estivo nos vales aqueménidas; este e aqueloutro son xenerais, e xa terás nomes que dicir, se podes, verdadeiros, se non, que sexan cando menos [axeitados.

220

225

[Os banquetes] Tamén ofrecen posibilidades os banquetes, cando as mesas [xa están preparadas. Alí, ademais do viño, debes buscar outra cousa. Alí moitas veces o purpúreo Amor estreitou cos seus tenros brazos os cornos de Baco, posto á mesa, e cando os viños salpican as bebedoras ás de Cupido, el fica no sitio e queda adormecido. E aínda que deseguido sacode as húmidas plumas, tamén feren o peito as salpicaduras de Amor. Os viños preparan os espíritos e vólvenos idóneos para os [acaloramentos; a preocupación vaise e disólvese en viño abundante. Entón veñen as risas, entón o pobre arrúfase, entón vanse as penas, as preocupacións e as engurras da fronte. Entón a naturalidade abre as mentes, tan rara nos nosos tempos, e o deus sacúdelle os enganos. Alí a miúdo as mozas cativan os espíritos dos mozos, e Venus, entre o viño, engadiu lume ao lume. 50  O epónimo de Persia é Perses, fillo de Perseo e neto de Dánae. 41

230

235

240


Arte de amar

Neste ambiente non creas moito á lámpada mentireira: a noite e a borracheira son malas para xulgar a beleza. Con luz e a ceo aberto contemplou as deusas Paris, cando lle dixo a Venus: “Vences ás outras dúas, Venus”51. De noite disimúlanse os defectos e tolérase calquera [imperfección, esa hora volve fermosa a calquera. Examina as xemas e a lá tinguida de púrpura, examina tamén o rostro e a figura de día.

245

250

[Outros lugares] Que lugares de reunión das mulleres, axeitados para a caza, che hei enumerar? Ante o seu número cede a area. Que vou dicir de Baias52, das ribeiras que a bordean e da auga que exhala vapores de cálido xofre? Alguén que marchou de aquí cunha ferida no peito dixo: “Esta auga non era tan saudábel como din.” Velaí o templo do bosque de Diana, próximo á cidade, e o poder que mediante a espada adquire unha man daniña53; esta deusa, aínda que é virxe, aínda que aborrece os dardos [de Cupido, fíxolle moitas feridas á xente, e aínda moitas lle ha facer.

255

260

51  Alusión ao famoso xuízo de Paris, no que o fillo de Príamo decidiu que a deusa máis fermosa era Venus, desprezando a Xuno e Minerva. A gañadora concedeulle o amor da espartana Helena, causa da guerra de Troia. 52  Cidade próxima a Nápoles e famosa polo seu balneario, escenario de condutas inmorais segundo moitos autores romanos. 53  Referencia ao culto de Diana Nemorensis, cuxo sacerdote era un escravo fuxido do seu amo. O cargo obtíñase asasinando o sacerdote anterior, e así sucesivamente. 42


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.