Catálogo Sushi Books institutos 2015

Page 1

CATÁLOGO 2015 avanzado

1º e 2º de ESO

Caídos do mapa María Inés Falconi Graciela, Paula, Fabián e Fede foxen da clase de Xeografía e agóchanse no soto da escola. Así comeza a serie Caídos do mapa, que narrará as aventuras destes catro amigos no seu paso do colexio ao instituto. 1. O comezo

2. Cun pé no autobús

ISBN: 978-84-15920-07-6 Páxinas: 105

ISBN: 978-84-15920-08-3 Páxinas: 188

3. A viaxe de fin de curso

4. Adeus, sétimo

ISBN: 978-84-15920-09-0 Páxinas: 208

ISBN: 978-84-15920-10-6 Páxinas: 202

Formato: 13,5 x 21 cm

PVP: 15 €

Ruído nunha noite de verán María Inés Falconi Un Puck distraído en perseguir coellos, unha Titania despeitada, un Oberón con pouca capacidade de mando, un pai anoxado, catro namorados confundidos e perdidos no bosque e un grupo de artesáns zoupóns protagonizan esta versión de Soño dunha noite de verán de William Shakespeare, que reforza os delirios do texto orixinal cunha linguaxe accesible para os máis novos. ISBN: 978-84-15920-21-2 Páxinas: 128 Formato: 13,5 x 21 cm PVP: 15 €


avanzado O libro da selva Rudyard Kipling Unha manda de lobos protexe a Mowgli cando este apenas sabe camiñar. O pequeno aprenderá as leis que rexen a vida na selva da man de Baloo, un vello oso pardo que tamén lle ensina o valor da amizade. Publicado orixinalmente en inglés en 1894, o libro recolle unha serie de historias ambientadas na selva india, protagonizadas por animais e das que se desprenden ensinanzas para a vida. ISBN: 978-84-15920-32-8 Páxinas: 180 Formato: 14 x 21 cm PVP: 16 €

Boy (Relatos de infancia) Roald Dahl Nos días mozos na escola, e nada máis saír dela, a Roald Dahl sucedéronlle unhas cantas cousas que xamais esquecería. Ningunha delas é importante, pero todas causaron unha grande impresión no autor e quedaron gravadas na súa memoria. Algunhas son divertidas. Outras son dolorosas. Outras, desagradables. Todas son verdade. Con ilustracións de Quentin Blake. ISBN: 978-84-15920-53-3 Páxinas: 174 Formato: 14 x 21 cm PVP: 14 €

Roald Dahl en Sushi Books Roald Dahl (Llandaff, Gales 1916 - Oxford, 1990). De pais noruegueses, pasou case toda a súa infancia en Gales. Na súa mocidade traballou para Shell en África. Co estalido da Segunda Guerra Mundial, uniuse ás forzas armadas aéreas británicas. Nos anos 50 coñece a súa muller Patricia Neal e a súa carreira literaria comeza a desenvolverse. Os anos 60 trouxéronlle éxitos, como James e o pexego xigante (1961) e Charlie e a fábrica de chocolate (1964). Morreu en 1990, deixando para as novas xeracións obras como Os gremlins (1943), O fantástico señor Raposo (1970), As Bruxas (1983), ou Matilda (1988), moitas delas levadas ao cine.


1º e 2º de ESO Ulises e as cronoamigas. Surfistas en California Érica Esmorís / Jacobo F. S. Ulises é unha rapaza brillante, pero abúrrese moito nas clases de Historia de Caraempanada. Cando remata o curso, volve á casa cun suspenso en Historia, e os seus pais deciden enviala a un campamento no Colexio Internacional Burato de Verme, na Illa do Tempo. Alí descobre que as súas compañeiras proceden de lugares e de décadas diferentes. Con ilustracións a toda cor de Jacobo Fernández Serrano.

NOVO!

ISBN: 978-84-15920-77-9 Páxinas: 200 Formato: 14 x 21 cm PVP: 15,50 €

Os contos de terror do tío Montague Chris Priestley O tío de Edgar vive nunha casa alén do bosque. Edgar está seguro de que os nenos da aldea o vixían dende detrás das árbores cando pasa, pero está decidido a agochar o seu medo. Un día, o tío de Edgar fascínao cunha serie de contos arrepiantes, e hai probas de que todos eles aconteceron en verdade: unha boneca minúscula, un marco dourado, un vello anteollo… Como chegou o tío Montague a coñecer tantas historias de obxectos malditos? Con ilustracións de Robert Williams.

PROXIMAMENTE

ISBN: 978-84-15920-84-7 Páxinas: 180 Formato: 14 x 21 cm PVP: 14 €

Sushi Books é un selo de Rinoceronte Editora S.L.U. Podes atopar os Sushi Books en librarías de toda Galicia grazas a Alonso Libros. Tamén os podes mercar na nosa web, e mandámoschos á casa. Avenida de Vigo, 103, galerías CP 36940 Cangas do Morrazo Teléfono: 986 16 80 28 Enderezo electrónico: falame@sushibooks.es

www.sushibooks.es


avanzado

3º e 4º de ESO Voando só Roald Dahl A primeira parte deste libro retoma a autobiografía de Roald Dahl iniciada en Boy (Relatos de infancia). Comeza coa viaxe á África oriental para desempeñar o seu primeiro traballo na petroleira Shell. A segunda parte do libro trata do tempo que estivo voando coa RAF, as forzas aéreas do exército británico, durante a Segunda Guerra Mundial, e no que cada acontecemento resultou totalmente fascinante. ISBN: 978-84-15920-54-0 Páxinas: 216 Formato: 14 x 21 cm PVP: 14 €

A casa de Mango Street Sandra Cisneros Esperanza, unha adolescente que vive nun humilde barrio hispano de Chicago, sente que non pertence ó mundo que a arrodea, e soña con poder ser a dona da súa vida e do seu futuro. Considerada xa un clásico da novela de aprendizaxe, A casa de Mango Street expón temas coma a inmigración, a pobreza, o machismo, ou a desigualdade, a través de relatos interconectados. ISBN: 978-84-15920-33-5 Páxinas: 104 Formato: 13 x 21 cm PVP: 14 €

Botchan Natsume Soseki Botchan é un mestre criado en Toquio que vai traballar a un afastado colexio de provincias. Alí converterase en vítima das falcatruadas dos seus alumnos e das manobras dos seus colegas. Baseado na propia experiencia do autor, Botchan é tan famoso na literatura xaponesa como pode selo Tom Sawyer na norteamericana.

PROXIMAMENTE

ISBN: 978-84-15920-86-1 Páxinas: 178 Formato: 13 x 21 cm PVP: 16 €


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.