A conxura dos Gosende Retrincos da intrahistoria de Cerdedo III
Doela brasonada do pazo das Raposeiras.
QUEN É O CAPITÁN GOSENDE? Na primavera do ano 1589, o capitán Xoán de Gosende e Rascado e mais o seu morgado, o capitán Alonso de Gosende e Quinteiro, dos Gosende das Raposeiras (Meilide), chefiando as milicias de Terra de Montes, acoden en auxilio da vila da Coruña, asediada pola frota corsaria da raíña Isabel I de Inglaterra. O transo da defensa da Coruña enmárcase no contexto da chamada guerra anglo-española que se estenderá ao longo de case vinte anos, dende 1585 deica 1604. Na amañecida do 4 de maio de 1589, unha podente escuadra, integrada por perto de 200 naves, apóstase en fite ás costas coruñesas. Ao mando da temíbel English Armada vén o almirante Sir Francis Drake. O goberno das tropas de desembarco correspóndelle ao xeneral Sir John Norreys. A gornición e o pobo da Coruña, en evidente inferioridade, axiña recibirán o apoio dos batallóns de milicianos, mobilizados polas autoridades das distintas xurisdicións do país. Os de Montes responden xaora á chamada. Os labregos, instruídos polos Gosende nas artes da guerra, pousan a fouce e o legón e empuñan agora picas, espadas e arcabuces. As forzas defensivas manteñen o inimigo alén dos muros da fortaleza de San Carlos e do castelo de Santo Antón. O xeneral Norreys, tendo ao seu dispor un continxente de 17.000 homes, procede ao desembarco no areal de Oza, tomando, non sen dificultade, a parte baixa da cidade (A 19
Peixaría) e causando unhas 300 mortes. A seguir, diríxense cara aos recintos murados. Na porfía, os asaltantes sofren a perda duns 1.000 efectivos, por mor da tenacidade dos herculinos. Malia a forte resistencia, o día 14, a artillaría británica consegue abrir unha fenda nas fortificacións. A situación inclínase, ende mal, do lado dos invasores. A moral dos nosos soldados semella decaer ante o embate do inimigo. De socate, no fragor da loita, na ardencia do corpo a corpo, xurdiu arroubadora a voz dunha muller: “Quen teña honra, que me siga!!”. Eis María Pita, a carniceira coruñesa que, brandindo a pica do seu home, caído en combate, abateu con saña un abandeirado inglés, heroica determinación que insuflaría folgos nas fileiras da paisanaxe. Revividas, as tropas galegas fan recuar o invasor. O día 16, os Gosende interveñen na refrega da ponte do Burgo, intenso combate no que resultan feridos varios mandos britanicos, entre eles, Edward Norreys, irmán do xeneral Norreys . O 18 de maio, 14 días despois do seu avistamento, as hostes anglosaxoas optan por embarcar, abandonando o noso litoral para non volver. A batalla da Coruña sáldase cun milleiro de vítimas galegas por mil trescentas inglesas. Os “inimitábeis” galegos vingaban deste xeito a desfeita protagonizada pola Armada Invencíbel que, un ano antes, fora enviada por Filipe II ás Illas Británicas para loitar, como é sabido, contra os elementos. Os capitáns Xoán de Gosende e Alonso de Gosende, pai e fillo, tornarán indemnes da lide, mais, non vivirán para inaugurar a décimo sétima centuria. Os despoxos de ambos os dous heroes, amortallados co brasón da “grande media lúa, tres luceiros e catro globos”, xacen baixo as lousas da parroquial de Cerdedo, ao pé da capela do Rosario que, en pago pola intercesión divina, dotaran e investiran con indulxencias papais. Séculos despois, nunha tarde treboenta do verán de 1982, a señora Gumersinda Solla e o señor Vitorino Bouzán, os derradeiros moradores do pazo, transmitíronlle a un neno de Pontevedra (que tiñan por neto), a historia do capitán Gosende, unha anacrónica pantasma que, alertada polas bombardas do ceo, deambula cerimoniosa e marcial polas congostras das Raposeiras. 20
O primeiro de abril do ano 2012, ao abeiro da hospitalaria Casa Florinda (Pedre-Cerdedo), un grupo de entusiastas da cultura galega conxurámonos para, máis alá das boas palabras e da militancia de gabinete, demostrar con feitos a nosa adhesión inquebrantábel ao proxecto de conservación e promoción do patrimonio de Terra de Montes e, por extensión, da Galiza. Os lazos familiares ou sentimentais que nos ligan con Cerdedo propiciaron que se escollese este concello, paradigma da Galiza, como territorio de referencia e, así mesmo, como escenario das nosas primeiras intervencións. A denominación escolleita para a cuadrilla, Capitán Gosende, escusa máis xustificacións. Capitán Gosende difire de moitos outros colectivos de natureza e motivacións semellantes en que é unha asociación exenta de cargos directivos e retórica estatutaria, aberta a todos aqueles que, afectos ao progresismo mais obviando matices ideolóxicos, queiran sumar o seu esforzo á ardua tarefa de reivindicación do noso acervo. O debate interno considérase síntoma inequívoco de vizo e louzanía. Suxeitos á dinámica do comando cultural, o noso leitmotiv inspírase no coñecido lema martiano “Facer é o mellor xeito de dicir”. Nestas porfiaremos até que os azos ou a saúde dispoñan outra cousa. En Capitán Gosende non hai obrigas nin aliñación titular. O grao de compromiso demóstrase coa asistencia e participación nas diversas actividades e cometidos que adoitan escollerse por unanimidade (buscar, documentar, valorar e dar a coñecer). Por regra xeral, corta feira, no faladoiro do Eirado da Leña (Pontevedra), decídese a misión e o domingo vénse actuando. As presenzas non se gaban, as ausencias non esixen xustificación. Non estamos abonados ao martiroloxio, secomasí, aínda gozamos de dignidade abonda como para escoller con quen sentamos á mesa. Os que son o problema xamais nunca serán a solución. Feitas as presentacións, recuemos, de novo, no tempo. En xuño do ano 1592, morto Alonso de Gosende e Quinteiro, a súa viúva, María Núñez, a requirimento do xuíz de Montes, fai inventario dos bens que gozaba canda seu home. O extracto 21
da listaxe, transcrito por Rodríguez Fraiz (Protocolos de Xoán Sueiro, ano 1592)2, non ten desperdicio. Velaquí, baixo xuramento, algúns dos haberes do 3º capitán Gosende a finais do século xvi: o casarío das Raposeiras coas súas herdades “no que vivían e moraban”; parte do muíño do Bustelo (ou dos Montinos, ou da carballeira de Meilide), xa por herdanza do falecido, xa por escrituras e títulos de compra. Media ducia de vacas (cinco animais adultos, unha xovenca e mais tres becerros); outros cinco animais; corenta roxelos (cabritos) e outros; tres porcas paridas e cinco bacoriños. Unha arca de castiñeiro de catro pés e trece fanegas, coa súas pechaduras; unha caldeira de cobre e un caldeiro pequeno e vello. Unha meda de centeo; dúas fanegas de millo (miúdo) e outras dúas de centeo. As leiras do Cachafal e do Agro do Val (O Ghordoval), a leira do Saighideiro (O Seidorio), a leira de Foce (A Foza) e As Revoltas de Augalonga, todas elas, entre outras moitas, sementadas de centeo. Unha vaca marela que se vendeu para sufragar as honras fúnebres do defunto. Outros tres becerros. Tres mantas de burel novas, de a tres lenzos; dúas de la, novas, de a dous lenzos; seis mantas de burel de a tres e a dous lenzos, usadas (“que andan polas camas”); lenzos de liño para dúas sabas; vinte e seis meadas de liño; dúas varas e media de xénero que gardaba o defunto para facer unha capa; cinco mesas de manteis novas, tres de liño e dúas de estopa, novas. Un carro de campo usado, dous xugos para bois, un arado de man e un tomoeiro de cedro, usado. Unha fouce e un legón; tres fouzañas de segar pan e un fouzaño de coller palla. Un trado vello. Unha decena de cuncas de pau e cinco pratos de pau; unha mesa grande de carballo na que se adoita comer e catro tallos para sentar. Dúas lanzas, unha longa e outra media, e unha espada de puño do defunto. A roupa do finado, de pouco valor, déuselles aos pobres. Oito galiñas e un capón, e esterco nas cortes e casas onde viven; dúas picañas de ferro coas que se saca o esterco. Unha xuntura cumprida para bois, xa usada, agás os adivais que son bos. Uns armarios de 2 “Los ascendientes del Padre Martín Sarmiento en Cerdedo”, Cuadernos de Estudios Gallegos, tomo XXVII, 1972, páxs. 32-3. Os protocolos consérvanse no Arquivo Histórico de Pontevedra.
22
catro portas, xa vellos e rotos. Unha grade usada e vella. Unha arquiña pequena de porte de tres fanegas de pan. Un martelo de man de ferro. Tres touciños curados e dous untos de porco”. O capitán Alonso de Gosende e Quinteiro, que establece o vínculo familiar nas Raposeiras (Meilide), é o tataravó do Padre Sarmento: Este capitán Gosende é Alonso de Gosende, capitán das milicias de Montes, o que as conduciu á Coruña, cando veu sobre ela o Dracke […] Este capitán Gosende e a súa muller María (Núñez?) […] foran pais do meu bisavó Alonso de Gosende e os meus terceiros avós.3 Alonso de Gosende e Quinteiro ordena a construción do pazo das Raposeiras (a casa matriz), no que residirá xunta a súa muller, María Núñez. Asemade, o seu irmán, Xoán de Gosende e Quinteiro manda edificar o pazo e capela de Cavenca, aveciñándose, canda súa primeira muller, nesta aldea. Tras enviuvar, casa en segundas nupcias coa compostelá María de Castro, ascendente de Rosalía de Castro. Os veciños denominan o pazo de Cavenca “a casa de Rosalía de Castro”, argüindo que a egrexia poeta naceu ou viviu na antiga residencia dos seus parentes cerdedenses, os Gosende. Após o falecemento de Alonso de Gosende, a súa viúva dispón construír a casa anexa (ao leste da matriz), para legarlle a vincular ao seu fillo Alonso de Gosende e Núñez (bisavó de Sarmento). Ambas as dúas construcións uníronse cun portal arcado en cuxa doela mestra se labrou o escudo familiar. Alonso de Gosende e Núñez casou con María Lourenzo, irmá do crego Pedro Lourenzo, fundador da capela do Loreto, padroeira de Meilide (ano 1734, segundo lemos nunha inscrición da parede norte). Da unión xorde María de Gosende e Lourenzo (avoa de Sarmento) que casará con Alonso García de Ceraxe, natural de Augasantas (Cotobade). O matrimonio concibe, entre outros, a Alonso García de Ceraxe Gosende e Lourenzo que, á súa vez, contraerá matrimonio con Clara de Balboa e Sarmento, oriúnda de Samos. O 9 de marzo de 1695, vén ao mundo, no pazo das Raposeiras, o seu cuarto fillo: Pedro Xosé García de Ceraxe Gosende e Lourenzo Balboa e Sarmento (o Padre Sarmento). 3 Fr. Martín Sarmento: Viaxe a Galiza (1745).
23
Afastándonos de todo dogmatismo, sigo defendendo o que xa intuíra e avanzara en Cerdedo na obra do Padre Sarmento (2002): Este fillo de Cerdedo, persoeiro insigne da Europa ilustrada, xamais esqueceu de onde era nin de quen viña sendo, xamais esqueceu a súa orixe galega e cerdedense (páx. 17). A inexistencia da partida bautismal en Vilafranca do Bierzo4 e as oportunísimas pescudas do profesor da Universidade da La Laguna José Santos Puerto (“Martín Sarmiento, natural de San Juan de Cerdedo”, Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, nº 12, ano 2008) confirman a natureza cerdedense do ilustre beneditino: Que Sarmiento era natural de San Juan de Cerecedo (Zercedo, Zerecedo) aparece en la documentación del monasterio de San Martín de Madrid, a donde llegó por primera vez el 18 de mayo de 1710 con la intención de tomar el hábito benedictino. Como la toma de hábito era una decisión que debía acordarse en consejo, al día siguiente el abad de San Martín, Juan Bautista Lardito, convocó a los monjes que formaban parte del consejo. En el libro de actas quedó anotada la decisión tomada el 19 de mayo de 1710: “En dicho consejo su Rvma. propuso para el hábito de monje de este dicho monasterio a D. Pedro García, natural de San Juan de Zercedo en el reino de Galicia…” […] En el libro de San Martín no hay referencias que relacionen a Sarmiento con El Bierzo. Lo que sí advertimos, es que un año después de la toma de hábito y en el acta de un acontecimiento fundamental para un monje, como es el examen que da paso a la profesión, nuevamente se dice que Sarmiento es natural de San Juan de Zerecedo, en Galicia.5 O 20 de abril de 2010, en atención ao envío do meu libro sobre Sarmento e Cerdedo, recibín do profesor Santos Puerto o seguinte correo electrónico:
4 No arquivo da parroquial de Cerdedo tampouco se conservan a partida de bautismo do pai de Sarmento nin as dos seus tíos. Segundo afirma Rodríguez Fraiz: La razón de esta falta es que se hallaba al frente de la parroquia el Lcdo. Domingo Lois, ya muy anciano y más preocupado en administrar y aumentar sus cuantiosos bienes que en atender la vida parroquial (“Los ascendientes…”, páx. 24). 5 Léase tamén Santos Puerto, J.: “Acerca de la patria gallega del Padre Sarmiento”, Faro de Vigo (8-3-2010).
24
Amigo Calros: Te agradezco mucho que me hayas enviado esa segunda edición de tu libro “Cerdedo na obra do Padre Sarmento”. Te felicito por esa acertada selección de textos en los que Sarmiento habla de Cerdedo y de Terra de Montes. También te felicito por ese roteiro que tú y la Asociación Verbo Xido habéis puesto en marcha y, que según tengo entendido, se lo apropió el alcalde de Cerdedo para hacerlo a su modo, o sea, al modo que lo hacen los políticos de nuestro país, gastando la pasta y desbaratándolo todo. Creo que tienes razón cuando te quejas de que en Cerdedo no se den por enterados de la importancia que para el pueblo tiene, y ha de tener, el que Sarmiento sea natural de Cerdedo. Creo, sin embargo, que habrá que esperar algunas décadas para que llegue a calar esa idea. La razón es sencilla: hay muchos intereses encontrados y creo que hay pocas luces en los regidores de Cerdedo. Si a todo eso añades que el alcalde de Cerdedo tampoco tiene mucho interés, ya lo tienes todo compuesto. Y digo que tiene poco interés porque yo personalmente le hice llegar un correo señalándole lo que se iba a publicar en la revista de historia de la educación de las universidades gallegas. Y le decía que era un buen momento que desde el punto de vista cultural tenía que aprovechar Cerdedo. O sea, que yo entendía, como tú, que “calquera concelleiro de Cultura estaría fretando as mans”. Pero ya ves que no. Yo le ofrecí, además, un texto de Sarmiento que todavía no se ha publicado (sólo se han editado algunos párrafos de carácter pedagógico), y que desde mi punto de vista marca el cambio de rumbo en la perspectiva intelectual de Sarmiento. Me refiero a sus “Notas al Privilegio de Ordoño II al Monasterio de Samos”6, para el que había preparado una introducción abundando en lo de su nacimiento en Cerdedo y clarificando varias cuestiones de su vida personal. Pero, como decía Sarmiento, “habló el buey y dixo mu”. De modo que, ya para concluir, te animo a seguir dando la tabarra con Sarmiento. Aunque los frutos no se vean hoy, los cerdedenses de las siguientes generaciones te lo agradecerán.
6 Publicado en 2013 polo Museo de la Educación de la Universidad de La Laguna.
25
Reproducindo a esclarecedora descrición facilitada en 1745 polo propio Sarmento: A casa da aldea das Raposeiras componse de tres, e vellas, unha grande no medio e outras dúas casas colaterais. A do medio ten unha xanela na sala, que mira dereita a igrexa de Cerdedo, case ao rumbo de noroeste.7 A casa matriz (“a do medio”), que data de finais do século xvi, abrangue unha superficie duns 70 m2. Cara ao leste, atópase a segunda das vivendas, de comezos do século xvii (superficie habitábel: uns 100 m2). No principiar do século xx, ambas as dúas construcións aínda se unían polo devandito portal brasonado, conforme se aprecia na recreación de Agostiño Portela Paz.8 A mediados do século xvii, levantouse (cara ao sur) a terceira das construcións (superficie habitábel: uns 50 m2). In situ, a tipoloxía construtiva permite distinguir, no conxunto pacego, as estruturas orixinais dos engadidos. O panel informativo, chantado polo Concello no camiño de acceso, omite, inexplicabelmente, a posibilidade de que o Padre Sarmento nacese naquel lugar. O catálogo do patrimonio cultural de Cerdedo (PXOM, 2014) oculta a relevancia histórica da casa matriz (cuxa cuberta veu abaixo hai dous invernos) e nos mapas alusivos, identifícase erroneamente o pazo das Raposeiras. Nin saben nin queren saber. Dende hai máis dunha década, os actuais donos do pazo das Raposeiras, aveciñados en Asturias, veñen manifestando con reiteración o seu desexo de converter en ben público as súas propiedades nas Raposeiras. En troco, apenas solicitan unha inxel inscrición, agradecido recordatorio de seus pais, os benqueridos e lembrados Gumersinda e Vitorino, e, unha vez rehabilitado o inmóbel, o seu emprego exclusivo para a promoción da cultura galega en xeral e cerdedense en particular (museo ou aula de interpretación). Neste senso, agradézolles de corazón as mostras de agarimo que, ao longo destes anos, me teñen dispensado. 7 Fr. Martín Sarmento: Viaxe a Galiza (1745). 8 “Los ascendientes…”, páx. 10.
26
Gumersinda Solla era filla de Indalecio Solla, meu tío avó, dos Solla de Abelaíndo, que casara en segundas nupcias con Flora Sueiro, de Meilide. Vitorino Bouzán proviña dos Bouzán de Arén. Hai uns meses (verán de 2014), e polo mesmo motivo, os posesores do pazo dos Gosende entrevistáronse co rexedor local, obtendo como resposta a frialdade do desinterese. En Diario de Pontevedra (20-12-2012), nun irreflexivo desaforo, a alcaldía cualificara as ruínas da casa grande das Raposeiras como “pésima palleira”. A sibilina autoridade, que ancheou e rebautizou a costa de Meilide co pomposo nome de Avenida do Padre Sarmento, consente, ao mesmo tempo, a derruba das paredes que o viron nacer, un edificio de indiscutíbel valor histórico para Cerdedo. A maiores, os descendentes de Gumersinda e Vitorino desexarían que o escudo dos Gosende tornase a Cerdedo. De non ser posíbel reconstruír o arco orixinal, a doela brasonada dignificaría a colección do rimbombante e paupérrimo Museo da Pedra. Luís F. Messía ofrécenos unha descrición heráldica da peza: Se trata de una piedra que es la dovela del arco de entrada a una casa; sobre la misma está gravado un escudo cortado, correspondiente a las armas del Capitán Gosende: Primero, leyenda: “Capitán Gosende”. Segundo, GOSENDE: A la siniestra una media luna “tornada”, entre sus puntas, una estrella de ocho puntas. Adiestrados de otras dos estrellas de ocho puntas colocadas en palo. En jefe, en faja dos bezantes o roeles, y otros dos en la misma posición, en punta.9 O 30 de decembro de 2014, unha delegación do colectivo Capitán Gosende entrevistouse co director do Museo de Pontevedra no seu despacho da vila do Lérez. Transmitímoslle a nosa preocupación polo estado de conservación do pazo das Raposeiras, a vontade dos propietarios de legarllo ao pobo e a abulia do Goberno cerdedense. Manifestámoslle, así mesmo, o desexo de fotografar o escudo que, custodiado de primeiras nas ruínas de San Domingos, leva máis dunha década lonxe 9 Labras heráldicas del Museo de Pontevedra‒Ruínas de Santo Domingo, Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 1991.
27
da vista da xente (ao parecer, embalado nalgún almacén). O director da institución museística limitouse a trasladarnos o seu pesar persoal e a súa incapacidade institucional. Mágoa do Museo de Pontevedra, convertido nun tentáculo do caciquismo cefalópodo da provincia. Como xa expuxen no Inventario xeral da freguesía de Cerdedo (2002), as operacións de compra (fálase de cinco pesos daquel tempo) e traslado do brasón resolvéronse a finais dos anos vinte do pasado século, axilizadas polas componendas dalgún preboste. Recepcionouna Xosé Millán, membro da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. Abafados por tanta ineptitude, un empresario da hostalaría local decidiu hai uns meses enfeitar o seu establecemento cunha reprodución en pedra a tamaño real (45x35 cm) das armas de Gosende. Alí reina dende aquelas o escudo para quen se queira reconciliar co noso glorioso pasado. Agardo que estes artigos vallan para satisfacer a curiosidade (ou inducida ignorancia) dos que, á vista do símbolo do que nós tanto nos honramos, preguntan: “E quen é o Capitán Gosende?”. * *
28