'Frode e os outros pícaros' (mostra)

Page 1

Frode e os outros pícaros Ole Lund Kirkegaard Este li onllo a ☐ regalár no ☐ gañou uno o c r e ☐m uno ☐ mango no ☐ atopou

bro



Capítulo 1 No que sabemos algo sobre os veciños da casa-da -esquina

A

ntes de embarcarnos na historia de Frode e os outros pícaros, quizais sería boa idea saudar as persoas que viven na mesma casa ca Frode. Chamarémoslle a casa-da-esquina. Estivemos alí para falar cos veciños, e o primeiro que atopamos foi o señor Storm. O señor Storm vive na planta baixa e pode oír cando a xente entra e sae polo portal. –Humm –dixen eu–. Que lle parece o de vivir na casa-daesquina, señor Storm? –A casa-da-esquina! –berrou o señor Storm anoxado–. Chámalle casa a este caixón ruinoso e fedorento? O que hai que oír! O señor Storm estaba alporizadísimo. Tiña a cara da mesma cor ca un tomate maduro, e semellaba que o afogaba a gravata. –Vivir aquí é absolutamente insoportable! –berrou–. Sempre hai balbordo de nenos e doutras persoas noxentas. E que me di do fedor na escaleira? Sempre alcatrea a col e a re­ polo, e outros alimentos repugnantes.

7


–Humm –dixen eu–. Non lle parece que se preocupa de máis polos nenos e pola comida, señor Storm? –Detesto a comida e detesto aínda máis os nenos! –berrou o señor Storm, que agora estaba case completamente azul coa carraxe–. E tamén detesto a xente que pregunta estupideces. –Cantos nenos viven nesta casa? –pregunteille.

8


–Un! –berrou o señor Storm–. E xa é demasiado. E pechou a porta dando tal golpe que resoou no resto da casa. Enriba do señor Storm, no primeiro andar, viven dúas señoras que se chaman Irene TV e a señorita Ravn. Tamén lles preguntei a elas que lles parecía o de vivir na casa-da-esquina. –Ihh –dixeron as dúas señoras, retorcendo as mans mentres proferían uns pequenos rinchos–. Ihh, hi, hi, é agradable vivir aquí. Temos as mellores vistas. Podemos saber absolutamente todo o que sucede. Encántanos estar informadas do que pasa. –Si –continuou Irene TV–. Como onte, por exemplo. Vimos un carro de cabalos. –Si –rinchou a señorita Ravn–. Un auténtico carro de cabalos. –Cun auténtico cabalo diante –piou Irene TV–. Deses que hoxe non se ven moi a miúdo. –E a casa –dixo a señorita Ravn–, a casa é marabillosa, é o único que podo dicir. Sempre hai un marabilloso recendo a comida na entrada, a col, a repolo, a chucrut… –Si, e a carne de tenreira e a rabo de porco –piou Irene TV. As dúas señoras rinchaban e sorrían coma dous pequenos e alegres papagaios.

9


–Humm –dixen eu–. Seica ó señor Storm ese olor non lle gusta demasiado. –Ihh, é un señor moi simpático –chiaron as dúas señoras á vez. E asomáronse pola varanda para mirar a porta do señor Storm, que estaba entornada.

10


–Ola, señor Storm –rincharon e saudaron coa man–. Ola, encanto. –Grrr, esas dúas vellas bruxas! –exclamou o señor Storm, furioso, e pechou unha vez máis a porta cun golpe atronador. –Non é encantador? –cacarexaron as dúas señoras–. É un vello barril de pólvora. No segundo andar vive Frode co seu pai e a súa nai. A nai chámase Carla e o pai chámase Henry. Ese día eles non estaban na casa, pero Frode si. Estaba a facer caramelo, e había en toda a cociña un terrible cheiro a caramelo queimado. –Ben –dixen–. Que che parece o de vivir na casa-da-esquina? –Estupendo –respondeu Frode mentres removía o caramelo–. Ás veces suceden cousas emocionantes, e aquí vive xente moi agradable. En primeiro lugar, o Tifón. –Eh? –dixen eu–. Quen? –Si, o señor Storm –dixo Frode–. É a monda. Ponse coma un cogombro se un baixa a chimpos pola escaleira. –Coma un cogombro? –dixen eu. –Coma un auténtico cogombro –dixo Frode, mentres vertía o caramelo nun tarro–. Unha vez, Laeris e eu trouxemos unha cabra á casa e ó Tifón estivo a piques de darlle algo. Por pouco traga o cigarro.

11


–E as demais persoas que viven aquí? –preguntei. –Están as señoras de abaixo –dixo Frode probando o caramelo, que tiña a mesma cor ca a lama–. E logo está Simme. Vive na casa de atrás. E quizais tamén vive alguén no faiado. Polo menos ás veces óense ruídos alí arriba. –Se cadra é un trasno –dixen, pero xa me dei de conta de que soaba un pouco parvo. –Ah, vai de aí! –dixo Frode e sorriu–. Os trasnos están nos grandes almacéns, nos supermercados e en sitios así. Non, a persoa de aí arriba é alguén misterioso, dígocho eu. Pero tranquilo, que non vas quedar sen sabelo, porque ti es o que vai escribir un libro sobre os de aquí, os da casa-da-esquina, non? Asentín coa cabeza, e púxenme colorado. –Será divertido ler sobre nós mesmos nun libro –dixo Frode–. Tes moitas faltas de ortografía? –Non –dixen eu–. Deféndome. –Vale –dixo Frode–. Xa nos veremos. E púxose a comer o caramelo. Cando saía da casa-da-esquina, o señor Storm asomouse á porta. –Aínda está por aquí? –berrou–. Que é o que anda a osmar? –Prometín escribir un libro sobre a casa-da-esquina –dixen eu.

12


–Un libro! –berrou o señor Storm–. Os libros son unha porcallada. Non queremos que escriban ningún libro sobre nada. Queremos que nos deixen en paz e non nos molesten con libros. E pechou a porta dun golpe, pero quedoulle a gravata atrapada. –Ve? –berrou furioso, e retirou a gravata–. Isto é o que pasa cando un mete os fociños nos asuntos dos demais. Saín correndo para que non se alporizase máis. Antes de volver á casa, fomos á parte de atrás para saudar a Simme. –Ola –dixo Simme, que estaba apoiado na súa moto. –Así que imos poder ler historias sobre nós, os da casa-daesquina. Vai ser interesante, non, tío? –Si, iso espero –díxenlle. –Contra! –dixo Simme–. As miñas fans van tolear. Pero ten coidado, non vaias pillar a barba coa máquina de escribir, meu. Prometinlle a Simme que o tería, e corrín á casa para tomar dous grandes vasos de leite. E esa mesma tarde empecei a escribir as historias que podedes ler nas páxinas que seguen.

13


14


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.