Gc002

Page 1

2

CONTEMPORÁNEA

SEDA

Alessandro Baricco Tradución de María Cristina González Piñeiro

Guía de lectura

13


Ficha técnica

Título: Ano de publicación: Autor: Tradución: Editorial: Colección: n.º de páxinas: ISBN: Target:

Z

SEDA 2006 Alessandro Baricco María Cristina González Piñeiro Rinoceronte Editora Contemporánea 112 84-934801-1-0 1º e 2º de Bacharelato.

O autor

Alessandro Baricco naceu en Turín en 1958, e actualmente vive en Roma. É autor de seis novelas (Castell di rabbia, Oceano mare, Seda, City, Senza sangre, Questa storia) dous textos teatrais (Novecento, Davila Roa) e dous libros de ensaio (Il genio in fuga, L´anima de Hegel e le mucche del Wisconsin) ademais da adaptación Homero, Ilíada.

14


'

A tradutora

Ademais do libro de Seda, de Alessandro Baricco, María Cristina González Piñeiro conta no seu haber con varias traducións de diversos autores como Dez, de Andrej Longo, Montedidio de Erri de Luca, Pericle o negro de Guiseppe Ferrandino, en Rinoceronte Editora. Asemade, en Edicións Xerais de Galicia, conta coa tradución de libro Manu Chao: música e liberdade de Alessandro Robecchi.

Trama

En 1861 chega a vila francesa de Lavilledieu un enigmático personaxe, Baldabiou, para instalar un fiadeiro. Para iso necesita mercar ovos de vermes de seda, e emprende viaxes na súa busca á África. Para conseguilo contrata a Hervé Joncour, o fillo do alcalde, que renunciará á súa carreira militar e que vive feliz casado con Hélène. Tras uns anos de bonanza económica, unha epidemia que afecta aos vermes ameaza o negocio. Baldabiou decide que para evitala deben ir ao outro lado do mundo, ao Xapón, e conseguilos de contrabando. Joncour é o elixido, atravesa Europa, Rusia e chega á costa chinesa, embarca dun barco de contrabandistas holandés e xa no Xapón contacta con Hara Kei, o cacique dunha aldea preto da cidade de Shirakawa, que a partir de entón será o seu distribuidor. Alí queda fascinado pola beleza da súa esposa, á que Hara Kei coida con receo. Durante cada nova viaxe procúraa con vehemencia, posúe unha atracción inexplicable cara a ela. Na segunda viaxe deixa caer unha das súas luvas enriba das súas roupas, mentres esta se baña nun lago. E na terceira viaxe, unha noite, tras bañalo, entrégalle unha nota cuns poucos ideogramas xaponeses. Entre eles prodúcese un código de amor tácito. De regreso a Francia vive entregado a Hélène, malia sufrir de certa nostalxia a causa da muller xaponesa. Para superala decide construír un parque, e merca a vella casa de Jean Berbeck, un veciño que certo día decidirá non falar e a súa familia acabou abandonándoo, preto dun lago. Investiga quen lle poder ler a nota, e Baldabiou dille que en Nîmes

15


hai unha xaponesa que rexenta unha tenda de tecidos, e que enriba hai un bordel, do cal tamén é propietaria, chamada Madame Blauche. Está lelle a nota: “volve ou morrerei”. El observa que entre os dedos leva unhas fermosas flores azuis. No Xapón estala unha guerra civil, e resulta perigoso aventurarse á compra de ovos de verme. Pero o mercado cos países africanos continúa afectado pola epidemia. Baldabiou contrata o servizo de Louis Pasteur, pero é incapaz de atopar cunha solución para recuperar os ovos infectados, só diferenciar os sans dos enfermos. Joncour, a pesar da guerra é impulsado polo devezo de ver outra vez á muller de Hara Kei, decide emprender outra viaxe para nutrir de ovos sans aos fiadeiros de Lavilledieu. Cando chega ao Xapón contempla unha imaxe de devastación: a vila de Hara Kei fora incendiada, e os seus habitantes fuxiran. De entre as ruínas xorde un rapaz que lle entrega a súa luva, Joncour comprende e ségueo pola espesura dos bosques, ata que co seu anteollo ve os habitantes da aldea. Cando chegou onda eles Hara Kei díxolle que non era tempo de vender vermes debido á guerra. Joncour buscaba, coa mirada, á muller do cacique. E descubriuna nun palanquín, cercada de axóuxeres, fitas de cores e gaiolas de paxaros. Ao día seguinte, pendurado dunha ponla dunha árbore, observa ao rapaz que lle mostrara a luva. Hara Kei dille que, segundo a tradición xaponesa, é un delito ser o mensaxeiro do amor. Nesa derradeira viaxe estrágaselle a mercadoría dos ovos de verme. Corre o ano 1865. Foi a ruína de Lavilledieu. Joncour decidiu construír o seu parque. Anos despois legalízase o comercio de ovos de vermes co Xapón, que abre as súas fronteiras despois da guerra. Joncour recibe unha carta do Xapón. Acode xunto a Madame Blauche para saber o que lle comunica. Trátase dunha carta de amor da muller de Hara Kei. Pasan os anos, continúa levando unha vida feliz ao coidado do seu parque. Morre a súa muller, e certa vez que visita a súa tumba atopa unhas fermosas flores azuis que lle lembran a Madame Blauche. Desconfía e vaina visitar. Ela revélalle que fora Hélène quen lle redactara a misiva. Joncour decátase da devoción amorosa que lle profesaba. Vive absorto o resto dos seus días, e gusta de baixar ao lago os días de vento, porque sobre a superficie do lago, as ondas que produce o vento, lle lembran á súa vida.

Personaxes 1 Personaxes principais BALDABIOU Personaxe enigmático, de xenio dócil e amable. Carece de egoísmo, e de ambicións xa que comparte as súas inquietudes cos demais. Aparece na vila de Lavilledieu para revo-

16


lucionar a súa economía coa instalación dun fiadeiro. O seu negocio é a sericultura. Ninguén coñece a súa procedencia nin a súa idade. Sabe, dalgunha maneira, que a súa estadía na vila será momentánea. Xoga unhas absurdas partidas de billar só, entre el e o denomina o manco, agoirando que sairá de Lavilledieu en cando o manco gañe unha delas, como así sucede cara ao final da novela. HERVÉ JONCOUR Trátase do protagonista da historia. Seu pai, o alcalde da vila, quere que realice a carreira militar, porén, impulsado por Baldabiou, cambia o seu oficio para se converter en provedor de ovos de vermes de seda para a vila. Leva unha vida despreocupada, monótona sen ningunha paixón que lle dea azos á súa vida ata que, nunca das súas viaxes a Xapón, coñece a unha muller xaponesa con trazos europeos. A raíz diso a súa existencia dá un xiro radical, abocándoo á melancolía, arrastrado por un desexo irracional por conseguir achegarse á ela en cada viaxe que realiza a Xapón, a fin do mundo. HÉLÈNE Abnegada esposa de Hervé Joncour. Queda descrita polos seus profundos silencios. Simboliza a paixón, a entrega con absoluta liberdade e devoción polo seu amado. Ninguén comprende mellor que a súa propia esposa a fonda melancolía en que cae despois das viaxes a Xapón. Tanto é así que, tacitamente, intúe que lle é infiel. Por iso, para non desilusionalo, para alimentar o seu desexo, encárgalle a unha xaponesa que rexenta un bordel, Madame Blauche, unha carta de amor para que non diminúa o desexo do seu esposo. HARA KEI Cacique dunha da aldea xaponesa á que acode Joncour para traficar cos ovos de verme de seda. Vive rodeado por un gran halo de misterio e poder. Representa os valores morais da tradición nipona, ás que fai que cumpran a ollos fechados. Convive cunha enigmática muller de trazos europeos da que se namora o protagonista.

2 Personaxes secundarios A MULLER DE TRAZOS EUROPEOS Vive ao abeiro de Hara Kei, non se especifica se realmente son marido e muller, está caracterizada pola súa beleza e mudez. Destaca entre os xaponeses por posuír unha fisionomía europea, trazo que chama a atención do Joncour. Entre ambos os dous establécese una tácito código de amor, unha paixón cega e arrebatadora que o acaba consumindo

17


ao protagonista, sumíndoo nun estado de melancolía. Non pronuncia unha soa palabra ao longo da novela, pero a súa presenza é fundamental para o seu desenvolvemento. Representa a paixón, algo que Joncour descoñecía ata o momento, xa que levaba unha vida gris e insubstancial na súa vila, e que atopa na fin do mundo. MADAME BLANCHE Unha muller xaponesa afincada en Nîmes, unha vila próxima a Lavilledieu, rexenta unha tenda de tecidos, e enriba del hai un bordel, tamén da súa propiedade. A ela acode Joncour para que lle lea a primeira nota que recibe da muller de trazos europeos, a protexida de Hara Kei. E posteriormente unha carta que lle envía desde o Xapón. Representa o enlace entre Joncour e a súa muller a través das fermosas flores azuis que leva entre os dedos.

Espazo e tempo Seda desenvólvese nun período concreto de tempo, entre 1861 e 1874, pero en dous espazos completamente distintos. O primeiro corresponde a Francia no albor da revolución industrial en Europa. Outro espazo, máis conflitivo e exótico, pertence a Xapón, ao outro lado do mundo, nel queda reflectido a paso dunha sociedade tradicional, cuns valores políticos e sociais case que medievais, a outra máis liberal coa explosión da Guerra Civil.

;

Propostas didácticas

1 ANÁLISE PREVIA a) Observa quen é o autor do libro. Coñeces a súa obra? Le a información que nos ofrece o libro e elabora un pequeno informe sobre a súa vida e a súa biografía. Podes axudarte de internet. b) Le o título da obra, que che suxire? Que temas cres que se van tratar? c) Elabora a túa propia historia baseándote na sinopse que aparece na contraportada do libro. Unha vez rematada a lectura compara a túa historia coa do libro, son semellantes? En que coinciden e en que difiren?

18


d) A obra é unha tradución. Consideras que é igual unha tradución que unha obra orixinal? Cal é o papel que desempeña o tradutor?

2 ANÁLISE DURANTE A LECTURA DA OBRA Comprensión lectora a) En que ano sucede a historia? b) A que se dedica Hervé Joncour? c) Como definirías a Baldabiou? d) Que é a sericultura? e) A que países se despraza para conseguir os ovos de verme de seda? f ) De que era a epidemia que asolou Francia e os países africanos aos que ían buscar os ovos? g) Que arriscada solución adoptou Baldabiou para conseguir ovos sans? h) Cal era a situación política e social do Xapón no século XIX? i) Como definirías a Hara Kei? j) Que viu nos ollos da fermosa rapariga que lles serviu o té? k) Que significado lle atopas ao feito de que a fermosa rapariga beba da mesma cunha de té do protagonista? l) Intenta explicar porque Joncour lle di a Baldabiou que a fin do mundo é invisible. m) Por que Joncour decide construír un parque? n) Que función ten a luva ao longo da novela? ñ) Que simboliza, na páxina 40, a lenda do paxaro que lle relata Hara Kei? o) Que significado teñen as gaiolas dos paxaros? p) Como se comporta Hèléne cando regresa das súas viaxes? q) Que significado teñen as floriñas azuis de Madame Blauche? r) Por que cres que lle di ao sedutor home inglés que se senta a carón da súa muller: “Damos todos noxo. Somos todos marabillosos, e damos noxo? (Páx. 70). s) Como descobre Joucour que a carta de amor que recibiu do Xapón fora escrita pola súa muller?

19


3 ANÁLISE TRAS A LECTURA Propostas didácticas de carácter global 3.1 A obra a) Elabora unha valoración crítica pormenorizada da obra. b) Que che pareceu a trama argumental? c) Cres que é unha novela ben estruturada? d) Que che parecen os personaxes? Están ben caracterizados? Quen son, ao teu xuízo, os personaxes principais? E os secundarios? e) Cal cres que é o tema fundamental da obra? E os temas secundarios? f ) Comentario de texto: O domingo baixaba á vila para a Misa Maior. Unha vez ao ano visitaba os fiadeiros para tocar a seda acabada de nacer. Cando a soidade lle oprimía o corazón subía ao cemiterio para falar con Hélène. O resto do seu tempo consumíao nunha liturxia de costumes que conseguían protexelo da infelicidade. De vez en cando, nos días de vento, baixaba ata o lago porque, debuxado na auga, lle parecía ver o inexplicable espectáculo, lene, que fora a súa vida.

1. As dúas primeiras liñas fálanos do carácter de Hervé Joncour. Cres que a súa vida cambiou algo despois da súa apaixonada historia de amor no Xapón? Joncour refúxiase na súa rutina diaria para poder superar a súa nostalxia, ao saber que o seu amor, o amor verdadeiro reflectido na muller xaponesa, nunca se realizará no plano físico senón no inmaterial, dentro do seu propio corazón. Só vence a súa melancolía acudindo cada ano aos fiadeiros para tocar a textura da seda. 2. Como vence a súa soidade? Finalmente, a través da carta que lle escribe Hélène, decátase do amor incondicional que lle profesaba a pesar de intuír (nunca queda claro no texto) que no Xapón atopara a paixón, o amor. Xa que logo, conságrase á soidade, a manter unha serie de hábitos cotiáns que o salven da infelicidade, a infelicidade de non se decatar de que o verdadeiro amor vivira cada día ao seu carón.

20


3. Que significado posúe a verdadeira frase? Hervé Joncour, como se sinala ao principio da novela, é “un deses homes aos que lles gusta asistir á propia vida e consideran fóra de lugar calquera ambición de vivila”. Porén, ao final da novela asistimos a un cambio substancial do seu carácter. A historia de paixón que viviu fai que reflexione sobre o significado da súa vida, sobre o marabilloso e inexplicable que é o amor, e a saber que quen nos ama é capaz de comprendernos e aceptarnos. Toda a historia está recreada no tacto da seda, por iso sinala que o seu espectáculo da vida foi lene, suave, como a seda que nace cada ano nos fiadeiros de Lavilledieu. A historia dun amor imposible, intanxible, irrealizable. 3.2 Os temas transversais Na novela atopamos varios temas que vertebran o eixe fundamental, un dos que máis chaman a nosa atención é o tema do Occidental e o Oriental. 1. Que diferenzas políticas e sociais atopas entre o Xapón e a Europa de mediados do século XIX? 2. Como varía o concepto da moral entre Occidente e Oriente? 3. Que diferenzas atopas na súa forma de vida? 4. Cres que hoxe en día a globalización eliminou estas diferenzas entre o Occidental e o Oriental? Que opinas da globalización? Outro tema a tratar é a linguaxe sinxela e a historia sinxela, que encerran unha maior complexidade. 1. Reflicte con claridade a linguaxe os conflitos dos personaxes? 2. Describe con exactitude os trazos do seu carácter? 3. Cres que nos silencios radica o verdadeiro celme da narración? Outro tema importante, moi mencionado polo autor, é a importancia da música na novela. 1. Describe algunha pasaxe poética que che chamase a atención. Cres que é adecuado o ton lírico co desenvolvemento da trama? 2. Ao longo da historia vanse repetindo estruturas, ideas e símbolos, poderías recoñecelos no textos? Cres que é importante para o significado do libro? 3. Seda é como unha ladaíña, un canto polo amor perdido. Consideras que o seu ton poético reforza cada un dos temas tratados.

21


4. Que é para ti a música? Que importancia ten na túa vida? 5. Que tipo de música escoitas? 6. Que cambios significativos notas na forma de escoitar e de crear música desde o século XIX ata hoxe en día? Cambiou moito?

22


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.