Gc009

Page 1

GuĂ­a de lectura

59


Ficha técnica

Título: O MUIÑEIRO OUVEADOR Ano de publicación: 2007 Autor: Arto Paasilinna Tradución: Tomás González Ahola Editorial: Rinoceronte Editora Colección: Contemporánea n.º de páxinas: 272 ISBN: 84-935375-8-6 Target: A partir de 4º de ESO.

Z

O autor

Arto Paasilinna (Kittilä, Finlandia, 1942) foi gardamontes, xornalista e poeta antes de converterse en novelista de culto no seu país, onde cada novo libro seu (xa máis de trinta) se vende por milleiros. A súa escrita, limpa e precisa, ten a capacidade de contar de forma cómica as historias máis tráxicas e desconcertantes, que ambienta sempre nunha natureza vista con respecto e amor, e protagonizadas polos seus prototipos de homes finlandeses, algo anárquicos e individualistas. O muiñeiro ouveador é o segundo libro de Paasilinna editado por Rinoceronte Editora, o primeiro foi O bosque dos raposos aforcados, que acadou grande éxito e sona entre os lectores galegos.

60


'

O tradutor

Tomás González Ahola é un tradutor que conta con varias obras. De Arto Paasilinna traduciu, ademais desta obra, O bosque dos raposos aforcados (Rinoceronte Editora). Á parte deste autor finlandés, Tomás Ahola traduciu varias obras do inglés como O bosque de alén do mundo de William Morris (Urco Editora), Conan, a filla do xigante de xeo de Robert Ervin Howard (Edizer SCP), Contos das illas encantadas do Atlántico de T.W. Higginson (Urco Editora), O corvo de Edgar Allan Poe (Edizer SCP), A gorida do verme branco Bram Stoker (Urco Editora), O monstro metálico de Abraham Merritt (Urco Editora), Nun vidro misterioso de Joseph Sheridan Le Fanu (Urco Editora), A praga escarlata Jack London (Urco Editora), Tres contos estraños de H.P. Lovecraft, Robert William Chambers, Robert Ervin Howard (Urco Editora).

Trama

Esta obra ten como protagonista a Gunnar Huttunen, o muiñeiro ouveador. A trama comeza cando Huttunen, un home grande e fraco, inda que ben feito, aparece nunha vila pequena ao norte de Laponia. Veu do sur e o único que os habitantes da aldea sabían del é que comprou o vello muíño de Suukoski, na ribeira do río Kemi. Á xente da aldea resultoulle, cando menos, moi curioso que este home quixese reparar o vello e derruído muíño. Achegábanse alí para ver as andanzas do forasteiro e practicamente toda a aldea o daba por tolo, sobre todo por unha teima que tiña o muiñeiro que non deixaba durmir a ninguén da aldea: cando Gunnar estaba moi triste, ou moi contento, cando se sentía excitado por algo, botaba uns ouveos que se oían a quilómetros de distancia, provocando os ladridos dos cans e un balbordo que non deixaba durmir á comunidade. A excepción dos ouveos, Gunnar era un home serio, traballador e que realizou un excelente labor de reparación no vello muíño. Nuns meses xa o tiña preparado para moer o gran dos seus veciños. Os seus ouveos creáronlle varios inimigos na aldea, aínda que tamén tiña varios coñecidos que lle ofrecían o seu apoio como o policía, o carteiro e unha asesora agraria cha-

61


mada Sanelma Käyrämo. Sanelma converteuse no grande amor de Huttunen. Ela vendía sementes polas casas e Huttunen aceptou construír alí unha horta para que a asesora tivese un motivo para volver de cando en vez e así poder verse. Os dous namoraron profundamente e todo semellaba ir ben, a excepción dos ouveos, que non cesaban ao estar Huttunen cheo de felicidade. Convencido por Sanelma decidiu visitar o médico. Ervinen e Huttunen tiveron un malentendido e o muiñeiro saíu da súa casa moi anoxado. Decidiu tomar varias das pastillas que lle receitou e aquí comeza o feito que desencadea a cacería contra Huttunen e que marca o resto da novela. Entre o alcol que bebera e as pastillas Gunnar tolea e rebenta todo canto atopa por diante, sen mancar a ninguén, pero provocando numerosos estragos. Atrápano e méteno no manicomio de Oulu. Alí consegue escapar grazas a un compañeiro san que estaba alí para fuxir da guerra. Huttunen volve ao muíño pero os seus veciños resístense a velo libre e organizan todo tipo de cacerías. O muiñeiro non ten máis remedio que fuxir cara ao monte. A obsesión dos veciños chega incluso a oídos do gobernador, que envía militares para collelo. Ao final téndenlle unha trampa a Sanelma e conseguen "cazalo". Gunnar vai no tren de camiño ao manicomio vixiado polo seu amigo o policía Portimo, ambos deciden escapar e vivir no monte. De cando en vez pódese escoitar a un lobo e a un can ouveando polos montes da comarca.

Personaxes 1 Personaxes principais GUNNAR HUTTUNEN É o protagonista absoluto da novela. É un home marxinado e incomprendido, cuxo destino está condenado polo feito de ser un enfermo mental. Mostra a crueldade da sociedade cara aos enfermos psíquicos, que semellan non merecer a mesma comprensión que os enfermos físicos. Huttunen loita unha e outra vez pola súa liberdade, polo seu dereito a vivir en paz a pesar da súa enfermidade. A obsesión dos seus veciños chega incluso a organizar partidas para matalo. Ao final consegue librarse do manicomio, pero non de vivir botado ao monte coma un criminal. SANELMA KÄYRÄMO Sanelma é a segunda protagonista da trama argumental. É a moza de Huttunen e sofre a discriminación da sociedade por defender e axudar o muiñeiro. Convértese na base sólida que Huttunen necesita para conservar a cordura. Representa a solidariedade e a súa esperanza.

62


PORTIMO, O POLICÍA É o amigo de Huttunen. O seu protagonismo na novela non se descobre ata o final. Portimo bótalle unha man ao muiñeiro varias veces ao longo da novela encubríndoo, mais a súa amizade vese de verdade cando os dous deciden fuxir do tren e botarse ao monte. Portimo abandona a súa vida de policía, abandona a aceptación dentro da comunidade da aldea a cambio de deixar saír a súa propia personalidade, de deixar aflorar a súa verdadeira liberdade.

2 Personaxes secundarios (defensores de Huttunen) PIITTISJÄRVI, O CARTEIRO Este carteiro é amigo de Gunnar e convértese nun personaxe moi importante na segunda parte da novela. Piittisjärvi é a conexión entre Huttunen e o mundo real. Axúdao no monte a cambio de que el lle manteña a súa destilería ilegal. Está caracterizado na novela como un verdadeiro amigo, pois a pesar das malleiras do comisario, nunca revelou onde estaba o fuxitivo. Ambos os dous comparten a desgraza de vivir marxinados debido a unha enfermidade, Huttunen por demencia e o carteiro por alcolismo. Ademais de Portimo e Sanelma, é o único que apoia a Gunnar. HAPPOLA, O TOLO QUE NON ESTABA TOLO Happola é quen axuda a Huttunen a saír do manicomio. Máis tarde axudará a Huttunen intentando venderlle o muíño, pero non pode por problemas legais. É un home cobizoso, incluso malo, pero con Huttunen pórtase ben. Quizais porque dentro do manicomio viu que Huttunen era coma el, que non estaba tolo.

3 Personaxes secundarios (inimigos de Huttunen) JAATILA, O COMISARIO É o principal inimigo de Huttunen. Levado polo énfase de atrapalo e demostrar a súa valía diante da aldea, non cesa na procura do muiñeiro. Representa a maldade, a crueldade e a cobiza. Chega incluso a utilizar o engano, despois de dar a súa palabra, para coller a Huttunen. É o antagonista da novela. SIPONEN E VITTAVAARA, OS VECIÑOS Son veciños de Huttunen. Non soportan a idea de que a Huttunen lle vaia ben co muíño, non queren que un enfermo leve vida normal porque para eles é inadmisible, a pesar de que Huttunen non está moito peor ca eles. O autor caracterízaos negativa-

63


mente, sobre todo a Siponen e a súa familia. A súa muller é unha obesa que finxe estar na cama para non moverse e o autor satirízaa en varias ocasións. O peón que traballa con el non serve máis que para ir detrás deles obedecendo sen reflexión crítica ningunha. ERVINEN, O MÉDICO Forma parte da cuadrilla que quere atrapar o muiñeiro. Ao principio lévase ben con el, pero por un simple malentendido acaba odiando a Huttunen e facendo uns informes médicos sobre el falsos. Desempeña un papel importante no inicio da persecución de Huttunen porque foi o culpable de que o muiñeiro toleara e o levaran preso. TERVOLA, O TENDEIRO Odia a Huttunen e négase a venderlle os seus produtos. A pesar de ver moitas veces as boas intencións de Gunnar, non soporta a idea de velo facendo vida normal mercando na tenda. HUHTAMOINEN, O BANQUEIRO Négase e darlle os cartos do muiñeiro a Sanelma e ao final fai que Huttunen atraque a sucursal. Disfrazado de boas palabras engana a Sanelma, pero non deixa de ser outro da cuadrilla do comisario.

Espazo e tempo Temos moitas referencias na novela, tanto espaciais coma temporais. En canto ao espazo, ao longo da novela ofrécensenos moitas referencias de lugares absolutamente reais como Suukoski, espazo principal; Oulu, onde Huttunen é encerrado; Kemi, onde vai o carteiro a repartir as cartas e nome do río onde está Gunnar, e Rentuaapa ou Puukkokumpu, montañas onde se refuxia o muiñeiro. Toda a acción xira arredor destes lugares situados ao norte de Laponia, en Finlandia. En canto ao tempo, tamén podemos localizar en que época se produce a historia de Huttunen. A principal referencia temporal ofrécenola o autor varias veces ao longo da trama ao falar das guerras (páx. 9). A primeira guerra que se menciona é a II Guerra Mundial. Temos moitas referencias temporais onde se fala da invasión alemá, dos países aliados, da desfeita que fixeron en Laponia... Esta época corresponde ao pasado máis recente respecto da trama da novela, polo que estamos falando de comezos da época dos cincuenta aproximadamente. Ademais, unha referencia temporal que fala en pre-

64


sente é a referida á outra guerra: a de Corea, iniciada en 1950 e finalizada en 1953. Situámonos, polo tanto, neste trienio. A novela comeza na primavera. Huttunen chega case ao principio do verán. Ponse a arranxar o muíño polo mes de abril ou maio porque en San Xoán, que é o 23 de xuño, xa está no manicomio de Oulu. O resto da novela transcorre durante ese verán. Xusto antes da chegada do inverno Huttunen e Portimo xa están refuxiados no monte, se observamos as últimas páxinas do libro vemos que o lobo e o can repartían xustiza no inverno.

;

Propostas didácticas

1 ANÁLISE PREVIA a) Observa quen é o autor do libro. Coñeces a súa obra? Le a información que nos ofrece o libro sobre el e elabora un pequeno informe sobre a súa vida e a súa bibliografía. Podes axudarte de internet. b) Le o título da obra, que che suxire? Que temas cres que se van tratar? c) Elabora a túa propia historia baseándote na sinopse que aparece na contraportada do libro. Unha vez rematada a lectura compara a túa historia coa do libro, son semellantes? En que coinciden e en que difiren? d) A obra é unha tradución. Cal é o papel que desempeña o tradutor?

2 ANÁLISE DURANTE A LECTURA DA OBRA Comprensión lectora Primeira parte: o muíño do tolo a) Que foi o que arranxou Kunnari e como? b) Que era o que desconcertaba aos veciños da aldea? Que imitaba? c) Por que crea unha horta na súa casa? d) Que che parece o acontecido na visita de Huttunen a Ervinen? Por que motivos cres que pasou todo?

65


e) Como foi a reacción da xente da aldea? Estaba xustificada? f ) Como é o manicomio de Oulu? g) Quen é Happola? Que che parece a súa actitude? h) Por que Portimo ten esa actitude cara a Huttunen? Segunda parte: a persecución do eremita a) Quen é o eremita e por que o autor lle outorga este nome? b) Quen foron ao muíño? Que lle pasou a Huttunen alí? c) Onde foi o protagonista para recuperar a súa machada? d) Como foi ese primeiro encontro con Sanelma? e) Que lle pasou a Sanelma no banco? f ) Como era Punta do Lar? g) Que lle pasou a Sanelma no seu segundo encontro con Gunnar? Como era a actitude de Vittavaara? E a de Portimo? h) Quen destruíron Punta do Lar? i) Por que Gunnar escolleu a casa do médico para ir coller cousas? j) Quen apareceu no monte Puukkokumpu canda Huttunen? k) Que obxecto se converteu na conexión de Huttunen co mundo? l) Que libros le Huttunen durante a súa fuxida? m) Que aconteceu durante o campionato? n) Como foi a partida que organizaron os militares? ñ) Por que apareceu Happola no monte? o) Que che parece o final da historia do protagonista?

3 ANÁLISE TRAS A LECTURA Propostas didácticas de carácter global 3.1 A obra a) Elabora unha valoración crítica pormenorizada da obra. b) Que che pareceu a trama argumental?

66


c) Cres que é unha novela ben estruturada? d) Que che parecen os personaxes? Están ben caracterizados? Quen son os personaxes principais? E os secundarios? e) Cal cres que é o tema fundamental da obra. E os temas secundarios? f ) Como caracteriza o autor o espazo da novela? Como é a paisaxe descrita na novela? g)Comentario de texto: O muiñeiro pensaba que se el tivese un doloroso tumor no peito seguro que o deixarían vivir en paz, compadeceríanse del, axudaríano e deixaríano vivir coa súa enfermidade entre as demais persoas. Pero como a súa mente non era como a dos demais, marxinábano e apartábano do resto dos seres humanos. Pero era mellor estar só naquel lugar que no cuarto enreixado do psiquiátrico, rodeado de pobres depresivos e apáticos.

1. Por que o deixarían vivir tranquilo se tivese un tumor? Porque a súa persecución se debe á incomprensión social da súa enfermidade. Cre que se tivese unha enfermidade física recibiría a axuda dos seus veciños, pero como ten unha enfermidade mental o único que recibe é unha persecución obstinada para encerralo. 2. Por que chega a esa conclusión o muiñeiro? Porque se ve coma un incomprendido social. Cre que a sociedade discrimina os enfermos mentais, e que no canto de axudalos encérraos nun hospital para que non molesten a xente. Explica que o trato dos enfermos mentais non é o mesmo trato ca os enfermos físicos. A súa persecución que roza, paradoxalmente, a tolemia, é unha mostra. 3. Por que prefire o desterro ao hospital? Porque prefire vivir no medio da natureza, á marxe da sociedade ca volver ao centro médico. Isto débese a que no centro non sandan ás persoas, só as medican para que non dean problemas, trátanos coma enfermos incurables aos que só lles queda resistir tranquilos o paso do tempo ata a súa morte. 4. Cres que a actitude dos veciños de Huttunen era “normal”? A actitude destes personaxes é bastante esaxerada e histérica porque chegan incluso a traer militares, a realizar partidas cargados de armas con ganas de cazalo e dispararlle. Todas estas cacerías lévanse a cabo cando, a efectos prácticos, só é un enfermo mental que precisa volver ao manicomio. 3.2 Os temas transversais Na novela atopamos varios temas que vertebran o eixe fundamental do argumento: un dos máis importantes é o tema da marxinación social dos enfermos mentais.

67


1. Que significa marxinación social? Cantos tipos de marxinación social coñeces? Están os enfermos mentais nesa clasificación? 2. Na novela vemos a caracterización positiva do muiñeiro e a negativa dos veciños da aldea. Cres que é certo a actitude do autor respecto a este tipo de enfermos? 3. Busca a través da rede como funcionan este tipo de centros hoxe en día. 4. Busca as diferenzas de significado que existen entre manicomio e centro psiquiátrico. Cal cres que é a máis adecuada? Que escolla realiza o autor para o centro de Oulu? A que cres que se debe? Outro dos temas importantes da obra é o respecto pola natureza. A natureza cobra moita importancia na vida do muiñeiro e de toda a xente da aldea. A paisaxe é un tema que o autor adoita introducir na súa obra, quizais debido ao seu pasado como gardamontes. 1. En que aspectos vemos que os personaxes coidan e respectan a natureza? Cal é a actitude de Huttunen á hora de facer os seus campamentos e de pescar? 2. Cres que en Galicia temos a mesma actitude de respecto polo hábitat que no norte de Europa? 3. Entra na páxina da Consellería de Medio Ambiente (www.cmati.xunta.es) e preme na sección de "Sostibilidade e paisaxe". Que se di nesta sección sobre a paisaxe galega? 4. A ría de Vigo está clasificada como unha das máis contaminadas de Europa (Ecologistas en Acción- Banderas Negras 2010). A que cres que se debe? Como podemos solucionalo? 5. Existen varias ONGs galegas de apoio ao medio ambiente. Unha delas é Amigos da Terra www.amigosdaterra.net, elabora un pequeno informe sobre a súa actividade. Un tema que podemos analizar é a busca da liberdade. Huttunen é vítima dos seus veciños, vítima dunha sociedade que non lle permite vivir só e libre, está condenado a vivir encarcerado no centro psiquiátrico. Toda a cacería de Huttunen consiste en impedir a súa liberdade, tema en que o protagonista insiste en toda a súa persecución. 1. Os tres principais protagonistas da novela sofren por non poder ser libres. Por que Huttunen non é libre? E Sanelma? E Portimo? 2. Cres que todo ser humano ten dereito á liberdade, incluso se molesta a alguén? 3. Busca nunha enciclopedia galega o termo liberdade. Que significa? Que simboloxía ten esta palabra?

68


4. Elabora unha relación de todas as cousas que che fan libre. Que significaría para ti que che privasen delas? Na obra menciónanse varias veces as consecuencias e os beneficios da guerra. Por unha banda, a II Guerra mundial trouxo a pobreza a Finlandia, Laponia quedou completamente aniquilada tras sufrir a táctica da "terra queimada". Pola outra, a Guerra de Corea achegoulle beneficios ao país coa venda de madeira. 1. Define os termos de guerra e conflito bélico. 2. Cres que algunha guerra está xustificada? Cres que os motivos bélicos de hoxe en día son os mesmos motivos que noutras épocas? 3. Que consecuencias implica para un país estar en guerra? 4. Como foron os anos da posguerra en Galicia? 5. En contraposición á II Guerra Mundial, que para Finlandia supuxo graves problemas, a Guerra de Corea está a proporcionarlle beneficios. En certa medida, a desgraza dos coreanos implica auxe económico para os finlandeses; que opinión che suxire?

69


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.