Gc011

Page 1

GuĂ­a de lectura

83


Ficha técnica

Título: A CASA DAS BELAS ADORMENTADAS Ano de publicación: 2007 Autor: Yasunari Kawabata Tradución: Mona Imai Editorial: Rinoceronte Editora Colección: Contemporánea n.º de páxinas: 104 ISBN: 978-84-936101-0-4 Target: 1º e 2º de Bacharelato.

Z

O autor

Yasunari Kawabata (Osaka, 1899-1972) foi o primeiro escritor xaponés galardoado co Premio Nobel de Literatura, en 1968. Graduouse na prestixiosa Universidade Imperial, onde fundou xunto a un grupo de compañeiros a revista Shinshiko (Novo Pensamento) un ano despois de ingresar, en 1921. Kawabata quedou orfo con tres anos, e aos catorce sen os avós e sen a única irmá. Esta soidade marcou a súa vida e o ton melancólico das súas obras, recoñecido por el mesmo. Suicidaríase catro anos despois de recibir o Nobel. Foi un dos escritores xaponeses máis puros, de estilo melodioso e gran lirismo. Entre as súas numerosas obras cabe destacar A bailarina de Izu, O país da neve, O son da montaña ou O belo e o triste.

84


'

A tradutora

Ademais da tradución de A casa das belas adormentadas de Yasunari Kawabata (Rinoceronte Editora), Mona Imai conta con varias traducións de diversos autores como Kitchen de Banana Yoshimoto (Rinoceronte Editora), Tras o solpor de Haruki Murakami (Editorial Galaxia) e Do que estou a falar cando falo de correr de Haruki Murakami (Editorial Galaxia).

Trama

Esta novela, indicada para lectores a partir de 1º de Bacharelato, narra unha historia que invita a reflexionar sobre a vellez, a fugacidade do tempo, a soidade, a morte e o sexo. A casa das belas adormentadas amosa unha sucesión de escenas que repite unha situación base. A novela xira ao redor dunha peculiar pousada, situada en Toquio, cunha seleccionada clientela que está constituída por anciáns. Estes clientes pagan pola compañía de fermosas mozas virxes, baixo os efectos dos narcóticos, que dormen espidas xunto a eles. Deste xeito poden gozar da presenza das rapazas, mais sempre cumprindo unhas esixencias: non poden espertalas e non poden manter relacións sexuais con elas. Yoshio Eguchi, protagonista desta historia, é un home de sesenta e sete anos, casado e con tres fillas. Un amigo, o vello Kiga, recoméndalle acudir a esa peculiar pousada, frecuentada por anciáns de boa posición económica e social. A muller que rexenta este local avísao de que non debe facer nada de mal gusto, só pode durmir ao carón das mozas descoñecidas. Unha das normas da pousada é gardar o anonimato, por iso a rexente do local, tras a insistencia de Eguchi por coñecer as mozas espertas, ínstao a que esqueza as caras das belas adormentadas e que, de atopalas pola rúa, non se dirixa a elas para que o bordel non teña problemas. Eguchi desexa rexuvenecer ao carón destas mozas, mentres experimenta o temor da chegada da morte.

85


Esta novela está dividida en cinco capítulos, cada un dos cales recolle un dos encontros de Eguchi cunha bela adormentada, aínda que no quinto e último encontro pasará a noite con dúas mozas. Nestas visitas, Eguchi lembra as mulleres da súa vida: a súa nai, a súa muller, as súas amantes e as súas fillas. Coñecemos así pouco a pouco a idea do protagonista sobre a morte, o amor, a sexualidade, o desexo e a beleza. Así mesmo, en cada un dos capítulos, o protagonista deléitase na descrición das mozas coas que comparte o leito, con gran lirismo vai percorrendo o corpo das belas adormentadas, os seus brazos, os seus beizos, os dedos e as dedas, a cadeira e o cabelo. A crueza da historia agudízase no quinto capítulo coa morte dun dos clientes e dunha das belas adormentadas. O tratamento da morte é sorprendente, xa que, para preservar a seguridade da pousada, o ancián, o director Fukura, é transportado ata un hostal do mesmo dono da peculiar casa. Deste xeito non habería unha investigación na pousada. Neste mesmo capítulo, ten lugar o último encontro de Eguchi, quen goza dunha noite na compañía de dúas mozas. A presenza destas dúas rapazas é fundamental xa que unha delas fina mentres el dorme, mais tras retirar o corpo sen vida, a noite continúa para el.

Personaxes 1 Personaxes principais EGUCHI É o protagonista desta novela. Como cliente da peculiar pousada non se resigna a ser un simple observador, quere que as mozas reaccionen ante os seus estímulos. Procura con insistencia comunicarse con elas e espertalas do seu profundo sono, mais os seus intentos son inútiles. Os fermosos e firmes corpos das belas adormentadas provocan en Eguchi múltiples sensacións, ás veces tenras e outras perversas. Recréase contemplando os movementos das mozas durante o sono: a posición dos brazos, a cor dos beizos, as formas dos dedos, a curvatura da cadeira e o brillo dos cabelos. Estas imaxes provocan as súas lembranzas e liberan as súas fantasías. MULLER DA POUSADA Line é a segunda protagonista da trama argumental. Representa a esperanza de Tobias, a felicidade. O protagonista agárdaa durante toda a súa vida, sabe o seu nome pero non

86


a súa cara; sabe que é a solución á súa desgraza. O que non agardaba é que fose a Line que el coñeceu na infancia, a súa medio irmá. Decátase de que é ela inmediatamente, cando a ve subir no autobús do traballo. O destino volve xogar con el colocándoa na súa vida durante dous anos e facendo caer sobre eles o peso do pasado e do infortunio. Non hai escapatoria, a pesar de seren felices xuntos Line déixao pola pobreza do seu pasado e por como vive no presente. Nunca soubo que compartían o mesmo pai. BELAS ADORMENTADAS As belas adormentadas son rapazas virxes dunha gran beleza. Estas mozas permanecen alleas á visión dos clientes, xa que dormen baixo o influxo de narcóticos. Os clientes son anciáns que pagan polo pracer de durmir con elas. Representan a última aventura destes homes antes da chegada da súa morte. ANCIÁNS Os anciáns son a clientela do peculiar bordel onde pagan por gozar do pracer de durmir unha noite xunto a unha moza virxe. Conseguen así sumirse noutra realidade e soñar con mulleres amadas na xuventude. Estes clientes non senten vergoña ao espirse ante as belas adormentadas, pois non son quen de percibir a decadencia física dos seus corpos. Volven ser novos, unha vez máis, grazas á imaxe dos corpos insinuantes das rapazas.

2 Personaxes secundarios O VELLO KIGA Kiga é o amigo de Eguchi que lle descobre a existencia da casa das belas adormentadas. É un pouco maior que Eguchi, como case todos os clientes da casa. Ao longo da historia non é un personaxe relevante, mais sen a súa información Eguchi nunca remataría acudindo á pousada.

Espazo e tempo O espazo principal é a casa das belas adormentadas, situada nas aforas de Toquio. É un espazo máxico, cheo de enigmas. Dentro desta pousada, a trama principal transcorre dentro dun cuarto de cortinas cor carmesí e con luz tenue. Cada noite que Eguchi goza

87


da compañía dunha destas mozas, presenta no seu discurso diferentes elementos da natureza, como o vento, o mar, as flores, o bosque, que se internan no cuarto en íntima relación coas sensacións que cada bela lle espertan. A presenza de elementos da natureza e a referencia ás estacións simbolizan a unión do home coa natureza. As estacións están presentes nun cadro no cuarto. Nos primeiros capítulos este cadro reflicte o outono, e no cuarto capítulo o cadro xa representa unha paisaxe nevada, o inverno, que no Xapón simboliza a morte. Cada unha das mozas con que se deita Eguchi tráelle lembranzas relacionadas con algunha estación do ano diferente, cos seus aromas e as súas flores. Eguchi viaxa ao pasado con cada visita á casa das belas adormentadas. A través dos corpos das mozas, o protagonista faise consciente do paso do tempo.

;

Propostas didácticas

1 ANÁLISE PREVIA a) Observa quen é o autor do libro. Coñeces a súa obra? Le a información que ofrece o libro sobre el e elabora un pequeno informe sobre a súa vida e a súa bibliografía. Podes axudarte de internet. b) Esta obra é unha tradución. Cal é o papel que desempeña o tradutor? c) Le o título da obra, que che suxire? Que temas cres que se van tratar? Pensas que pode estar relacionado con algún conto popular? d) Elabora a túa propia historia baseándote na sinopse que aparece na contracuberta do libro. Unha vez rematada a lectura compara a túa historia coa do libro, son semellantes? En que coinciden e en que difiren?

2 ANÁLISE DURANTE A LECTURA DA OBRA Comprensión lectora Capítulo primeiro a) Por que cres que no portal da pousada non había ningún tipo de letreiro? b) Da muller que rexenta a casa non se ofrece o nome. Cal pensas que pode ser o motivo?

88


c) “Na alcoba pendía un cadro de Kawai Gyokudo”, pescuda na rede quen é e a que se dedica e elabora unha pequena biografía. d) Neste primeiro capítulo, nunha das lembranzas, Eguchi lembra unha gueixa coa que tivo unha relación. Sabes que é unha gueixa?Fai pescudas en internet. Capítulo segundo a) Comprendes a expresión “verán de san Martiño” (páx. 34)? A que mes fai referencia? Busca refráns na rede que fagan referencia a este mes ou a san Martiño. b) Quen é Ishikawa Jözan (páx. 46)? Busca información na rede e escribe a súa biografía. c) Que opinas sobre o que lle sucedeu á filla máis nova de Eguchi? Cres que decidiu comprometerse co segundo mozo polo que lle sucedeu ou por amor? Como afronta Eguchi a aldraxe que sufriu a súa filla? Capítulo terceiro a) Eguchi responde a unha pregunta da moza de Kobe dicindo “É unha pregunta típica de mulleres”. Pensas que hai preguntas típicas de homes e de mulleres? Cal é a visión que ten Eguchi das mulleres? b) Esta novela está ambientada no Xapón e amosa costumes xaponeses. O protagonista nun momento expresa “pensou que poderían ser costumes copiados dos occidentais”. Cres que hai diferenzas entre os costumes orientais e os occidentais? Es quen de descubrir no libro algunha similitude e algunha diferenza entre os dous mundos? c) Neste capítulo amósase unha visión violenta do sexo. Podes extraer frases do texto que o confirmen? Por que Eguchi ten eses pensamentos? Capítulo cuarto a) Eguchi respóndelle á muller que rexenta a casa con estas palabras “Acaso me está a mostrar a verdadeira cara da natureza feminina?” (páx. 73). Que opinas sobre este comentario do protagonista? b) Que cres que quere expresar a señora da pousada coa expresión “Quen ten rabo de palla sempre pensa que llo queiman”? (páx. 73) c) O pensamento de Eguchi “Os anciáns teñen a morte, a mocidade ten o amor; a morte vén só unha vez, e os amores cantas queren” (páx. 77) transmite algúns dos temas que trata a historia. Podes extraer estes temas recorrentes na novela e comentar cos teus compañeiros esta frase?

89


Capítulo quinto a) Eguchi ao comezo deste capítulo dille á señora da pousada “Os vellos somos veciños da morte” (páx. 83). Debate cos teus compañeiros que desexa expresar o protagonista cando di esta frase. Podes extraer algún dos temas recorrentes da obra? Cal? b) Como ocultan as mortes que se suceden ao longo deste capítulo? Cal é a visión que ten Eguchi sobre a morte do ancián? Tras a morte da bela adormentada, como reacciona Eguchi? Que quere facer? Por que motivo non pode facer o que quere? Cal é a actitude da señora da pousada ante estas mortes?

3 ANÁLISE TRAS A LECTURA Propostas didácticas de carácter global 3.1 A obra a) Elabora unha valoración crítica pormenorizada da obra. b) Que che pareceu a trama argumental? c) Cres que é unha novela ben estruturada? d) Cales cres que son os temas que se desenvolven ao longo da obra? Poderías facer unha distinción entre temas principais e secundarios? e) Pensas que os personaxes están ben caracterizados? Quen son os personaxes principais? E os secundarios? A través de que personaxe coñecemos os trazos máis significativos das belas adormentadas? f ) Cal é a importancia do vello Kiga? Que función desempeña nesta novela? g) En cada capítulo da historia, antes do encontro coas belas adormentadas, Eguchi segue un ritual xaponés, a cerimonia do té. Que cres que consegue o protagonista tomando o té verde? Como interpretas este ritual? Podes buscar información na rede acerca desta cerimonia para obter argumentos que xustifiquen a túa resposta. h) Comentario de texto: ─A moza desta noite ten máis experiencia cá anterior. ─Eh? ─Esta tamén é moi bela. Xa que vostede se porta ben, que menos que ofrecerlle unha moza bela. ─Non é a mesma da outra vez?

90


─Non. Non lle parece ben cambiar de moza? ─Eu non son promiscuo. ─Promiscuo? Vostede non fixo nada que lle permita falar neses termos. O falar relaxado da muller parecía ter un ton irónico e burlón. A muller dos beizos finiños non levantaba a vista mentres falaba co ancián. Eguchi sentiu vergoña e non soubo que dicir. En fin, aquela muller só era unha alcaiota atrevida e fría. ─Ademais, aínda que vostede fale de promiscuidade a moza está adormentada e non sabe con quen estivo. Nin a moza da outra vez nin a desta noite saberán nada de vostede, por iso falar de promiscuidade é un pouco… 1. Que personaxes participan neste fragmento? Como en toda a obra, as únicas voces presentes son a de Eguchi e a da señora da pousada. Calquera comentario sobre outro personaxe sempre se produce a través dos recordos de Eguchi ou dos comentarios da muller. 2. A que se refire a muller cando lle di a Eguchi que esta moza ten máis experiencia ca a anterior? A muller non lle explica por que unhas mozas son máis experimentadas ca outras, mais si lle sabe dicir que é máis bela se é posible. Cada rapaza presenta unhas características distintas, tanto físicas, como sensitivas, así Eguchi traerá á súa mente sensacións diferentes segundo a moza coa que pasa a noite. 3. Cal é a visión que ten Eguchi sobre a promiscuidade? E a visión da muller da pousada? Pensan o mesmo sobre esta conduta? O protagonista entende a promiscuidade como pasar cada noite cunha bela adormentada diferente. Mais a señora da pousada, ao non manteren unha relación real, posto que as mozas descoñecen os seus acompañantes, non considera que se poida falar de promiscuidade. 4. Por que Eguchi sente vergoña tras a resposta da señora do peculiar bordel? Eguchi pensa que esta casa está destinada a anciáns que xa non son homes e que senten a necesidade de durmir ao carón dunha bela adormentada para sentirse vitais e rexuvenecer. El non considera estar aínda nesa idade, vese como un home aínda capaz de compartir o leito cunha muller esperta e gozar canda ela.

3.2 Os temas transversais Na novela pódense distinguir varios temas, moi relacionados entre eles, que vertebran o eixe fundamental do argumento: a vellez, a fugacidade do tempo, a morte e o sexo. O tema da vellez, moi relacionado co tema da fugacidade do tempo, é un dos máis importantes da novela, ao redor do cal xiran os cinco capítulos da historia.

91


1. Como pensas que afronta Eguchi a chegada da vellez e o paso do tempo? Cres que Eguchi se sente diferente do resto dos anciáns que van á pousada das belas adormentadas? Que cres que motiva os anciáns a achegarse a esta pousada? Se existisen estas peculiares pousadas, pensas que terían a mesma clientela que na obra? Cal é a túa opinión sobre a existencia desta casa das belas adormentadas? 2. Ao longo da obra repiten continuamente que os clientes da casa xa non son homes. Como interpretas esta idea de “non ser home”? Pensas que chegados a certa idade os homes deixan de selo? 3. A fugacidade do tempo é un tema recorrente na literatura. Coñeces a expresión latina tempus fugit? Fai unha pescuda na rede sobre este tópico. Podes identificalo nesta obra? Cal é a túa visión sobre o paso do tempo? O tema da morte está moi relacionado cos temas da vellez e da fugacidade do tempo. 1. Que relación atopas entre os somníferos que toman os anciáns, as belas adormentadas e a morte? Eguchi pregúntase varias veces ao longo da novela “que se sentiría ao durmir tan profundamente como ao estar morto?” (páx. 57). Analiza o significado desta frase e coméntao cos teus compañeiros e profesores. 2. O tema da morte aparece relacionado tamén co tema relixioso, xa que en varias ocasións Eguchi compara as mozas adormentadas con antigas deidades budistas, ás que os anciáns piden clemencia polos seus pecados. Pescuda cales son os trazos principais da relixión budista e busca información tamén sobre as deidades budistas. Como se sente a morte desde as diferentes relixións? Fai uso da rede para indagar sobre a idea da morte que está presente en cada relixión. O tema do sexo tamén rodea por completo esta historia. O sexo aparece intimamente relacionado coa morte e coa violencia. 1. O desexo sexual en moitas ocasións está mesturado con trazos de violencia. Así, o protagonista intenta en varias ocasións vulnerar a fraxilidade das mozas, fala da posibilidade de estrangular algunha das belas adormentadas. Cres que están xustificados os seus pensamentos? Que opinas da violencia sexual? Pensas que sempre se dá do home contra a muller? Pensas que é posible a violencia sexual da muller contra o home? 2. Eguchi evoca diferentes recordos do pasado. Entre estes, lembra a violación que sufriu a súa filla máis nova. Como sucedeu esta violación? De que xeito respondeu a filla? Cal é a túa opinión sobre este feito? Infórmate sobre o concepto de violencia sexual e abuso sexual. Saberías a quen debes acudir no caso de que coñeceses un caso

92


semellante? Consulta a páxina web http://igualdade.xunta.es/, navega nela e extrae a información que che pareza máis relevante. 3. O sexo con violencia mestúrase coas descricións eróticas das mozas “Tiña o cabelo espeluxado coma se desfixese unha trenza e cubríalle unha das meixelas. A outra meixela tíñaa cuberta co dorso da man. Se cada iso facía o rostro máis pequeno. Semellaba unha nena inxenua adormentada” (páx. 56). Que opinión tes de Eguchi despois de ler estas descricións das belas adormentadas? Cal é visión da muller que ofrece esta obra? Que opinas deste tratamento da muller como obxecto sexual?

93


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.