GuĂa de lectura
1
Ficha técnica
Título: Ano de publicación: Autor: Tradución: Editorial: Colección: n.º de páxinas: ISBN: Target:
Z
O XIRO POSTAL 2008 Ousmane Sembène Isabel García Fernández Rinoceronte Editora Contemporánea 92 978-84-936101-1-1 1º e 2º de Bacharelato.
O autor
Ousmane Sembène (1923-2007) figura entre os grandes nomes da literatura e o cine africanos. Naceu en Senegal, loitou en Europa durante a II Guerra Mundial e posteriormente traballou en Francia como mecánico, estibador e albanel nos anos 50. Nesa época comezou a súa actividade política como militante comunista e publicou O estibador negro, a súa primeira novela. Interesouse polo cine coa intención de chegar a un público máis amplo, viaxou a Moscova para aprender dirección no Estudio Gorki, e despois de varias curtametraxes dirixiu en 1966 A negra de..., primeira longametraxe africana. Autor concienciado e comprometido, Ousmane Sembène concibe a súa obra literaria e cinematográfica como un instrumento didáctico útil para transmitirlle ao pobo africano unha mensaxe de loita e esperanza.
2
'
A tradutora
Ademais do libro de Ousame Sembène, Isabel García Fernández conta con varias traducións de diversos autores como Fantasía e realidade de Guy de Maupassant (Ir indo Edicións); A posibilidade dunha illa de Michael Houellebecq (Rinoceronte Editora) e Onte de Agota Kristof (Rinoceronte Editora).
Trama
Bah, o carteiro dunha vila en Senegal, entrégalle a Ibrahim Dieng un xiro postal proveniente de Francia, onde emigrou o seu sobriño Abdú fuxindo da vida miserenta en que se viu inmerso o país nos anos posteriores ao colonialismo. Para poder cobralo Dieng vaise afrontar ás diversas trabas burocráticas, deambulando polo labirinto administrativo de oficinas, á condescendencia cara aos veciños, á horda de mendigos que pululan pola cidade na busca duns escasos francos que lles permitan sobrevivir e á usura dos tendeiros e intermediarios que intentan sacar proveito duns cartos fáciles. Incapaz de conseguir o diñeiro por si mesmo ao carecer de documento de identidade, estafado e humillado por un fotógrafo, inerme ante unha vella sociedade baseada na solidariedade e no coidado polo próximo, afogado pola forte presión veciñal que devece por tirarlle o mellor partido, acode con desesperación a Mbaye, un familiar considerado un “Nouvelle Afrique”, un home de negocios emerxente na nova sociedade senegalesa, que cobra un tanto por cento por cada encargo. Grazas a el consegue cobrar o xiro, pero este engánao e fica coa maior parte dos cartos. Ousmane Sembène opta por un final aberto, sen dar unha solución ao gran problema político que asola o Senegal de mediados do século XX, deixando nas mans dos propios cidadáns a solución, a intención de poder cambiar a realidade social.
3
Personaxes 1 Personaxes principais IBRAHIM DIENG Home de mediana idade, con dúas esposas e nove fillos, intransixente e audaz que cumpre cos ollos pechados as ensinanzas do Corán. Guíase polo mundo das aparencias, por iso lle presta moita atención á súa vestimenta. Mantén vivos os vellos costumes e as tradicións do seu pobo, e se atopa desbordado ante as novas esixencias sociais que emerxen coa chegada da independencia ao país. Ao redor de Dieng xira toda a historia. Encarna o conflito moral dos habitantes da vila sobre se deben ser ou non solidarios entre eles para afrontar a súa paupérrima situación ou pecharse dentro do seu egoísmo e non compartir para poder vivir sen estreiteces. METY Unha das esposas de Dieng, a de maior idade. Caracterízase pola súa carraxe á hora de encarar as dificultades, defendendo con uñas e dentes o seu esposo. Inicialmente alégrase de que reciba o xiro postal, pero a medida que avanza o relato, asistindo á impotencia do seu esposo a percibir os cartos, que desbalde as súas pertenzas entre a veciñanza, comeza a cobrar forza encarándose con todos cantos intentan aproveitarse da súa situación. Para protexerse difunde pola vila a loia de que lle roubaron os cartos do xiro.
2 Personaxes secundarios MBARKA O tendeiro da vila, que intenta tirar o maior proveito da extrema pobreza dos veciños, chuchándolle os cartos. Fíalles, pero vai anotando con cobiza cada produto no seu caderno. Mentres Deing ten cartos todo son vantaxes, pero en canto se decata da súa precaria situación inténtao afundir aínda máis, insinuándolle que venda a súa casa para saldar as débedas. ABDÚ O sobriño de Dieng que emigra a Francia para probar fortuna, xa que, en Senegal, se malvive. Envíalle o xiro postal acompañado dunha carta. Marchou de Dakar sen avisar os seus pais. Agora que vive con folgura e está establecido en Francia, intenta pórse en contacto cos seus familiares para axudarlles a saír da súa precaria situación. 4
MBAYE Mbaye é un parente da muller de Dieng. Representante dos novos ricos, coñecido polos medios como “ Nouvelle Afrique”, un home de negocios, un intermediario, interesado nos negocios de cobro de cartos, e que percibe a cambio un tanto por cento. Cando Dieng require dos seus servizos, como un intento desesperado por cobrar o xiro, ve unha posibilidade de -enganalo, de tirarlle o maior proveito dos seus cartos en beneficio propio. Sen escrúpulos, fica coa maior cantidade de cartos e ofrécelle a Deing un saco de arroz. Personifica á xente argalleira, corrupta e hipócrita, capaz de tecer trampas para poder conseguir o seu propósito. AMBROISE O fotógrafo da vila. Dieng acode a el para conseguir as tres fotografías que necesita para realizar o documento de identidade. É o máis económico que atopa. Ten o seu negocio no seu garaxe, e ao seu servizo está Malic, un mozo insolente e descarado. Ambroise cóbralle por adiantado as fotografías, pero non llas entrega alegando que se lle avariou a máquina. Neste escenario desenvólvese unha das escenas clave e máis intensas da novela. Dieng é desprezado e recibe unha malleira por parte de Malic cando intenta reclamar os seus cartos. Dieng, por primeira vez, descre da benevolencia dos veciños, comprobando na súa propia pel ata que extremo pode chegar o ser humano para poder sobrevivir. NAI DE ABDÚ Irmá do protagonista. Vítima da precariedade social e económica da sociedade. Vive nunha aldea, e tras recibir a carta do seu fillo visita a Dieng para conseguir os cartos que lle promete Abdú. Para viaxar ata alí tivo que pedir cartos emprestados, e incluso a roupa non lle pertence. Dieng vese na obriga de poñer en peñor uns pendentes de ouro da súa esposa para compracela. GORGUI MAISSAI Clasificado na novela como un bandido. Gorgui é unha consecuencia da situación económica. Para conseguir cartos válese de todo tipo de artimañas: gabar un europeo, mendigar etc. A súa amizade con Dieng, e a gorentosa idea de que pode rabuñar algúns francos á conta do xiro postal, fai que o acompañe ao longo da súa epopea para conseguir os cartos. Obviamente, movido polo interese, só se mostra a prol de Dieng nos momentos favorables, así que ve como a situación se torna difícil desaparece do seu lado.
5
Espazo e tempo O espazo e o tempo da novela desenvólvese nunha pequena vila senegalesa nos anos sesenta do século pasado. Nela o autor analiza os seus habitantes. Sembène lévanos polas súas rúas, mostrando a pobreza na que viven, con casas de madeira podre e cubertas de chapas enferruxadas, pallas vellas e hule negro, e situándonos con habelencia nos diversos acontecementos cotiás que reflicten a súa condición social. Trátase, pois, dun espazo e tempo concretos, dos que realiza unha metáfora das iniquidades humanas. A súa idea non é denunciar esa situación, Sembène mostra de forma calculada a acción, sen tomar partido moral, unicamente describe o fluír dun suceso trivial, o cobro dun xiro postal, deixando ao lector a capacidade de tomar partido, adquirir conciencia social e achar unha solución que os permita saír dela.
;
Propostas didácticas
1 ANÁLISE PREVIA a) Observa quen é o autor do libro. Investiga en internet sobre a súa obra. Cres que é un autor cunha fonda preocupación social? b) Que é un xiro postal? c) Le a contraportada. Que che suxire? d) Sitúa Senegal no mapa. Busca información sobre a súa historia para facerte unha idea do tipo de sociedade neste país a partir do momento en que se liberou do colonialismo e logrou a súa independencia.
2 ANÁLISE DURANTE A LECTURA DA OBRA Comprensión lectora a) Que personaxe adquire maior relevancia no inicio do capítulo? b) Por que razón ten tan mala sona na vila? c) A que se debe a bondade de Mbarka, o tendeiro?
6
d) A que conclusión chega Dieng tras a visita de Madiagne Diagne? Que información nos achega cara á sociedade senegalesa? e) Por que razón non lle queren entregar os cartos do xiro postal na oficina de correos? f ) Como tratan os funcionarios do concello a Dieng cando vai solicitar a súa partida de nacemento? g) Que nos revela a actitude da muller que estaba a carón del na cola sobre a actitude dos funcionarios? h) Ao difundirse o rumor de que Dieng cobrara o xiro acércanse á súa casa varios veciños para solicitarlles axuda. Como se comporta? É solidario? Que opinan as súas mulleres ao respecto? i) Que pretende pór en peñor a muller de Dieng para pagarlle á nai de Abdú? j) Por que a nai da Abdú lle di: “Es un home incapaz de saltar a un nivel social máis elevado, máis respectable; no canto de facer iso, podreces na miseria”. (páx.55)? k) Cres que a pesar da aldraxe sufrida na tenda de Ambroise o protagonista mantén a fe de que a sociedade pode cambiar? l) A que se refire a señora Nogoi cando di. “Xa non sei os anos que teño e nunca saín de Dakar, porén, confeso que xa non coñezo este país. (Páx. 63)? m) O malestar da sociedade é xeral e queda patente en frases da xente da vila como por exemplo: “neste país a honradez é un delito nos tempos que corren. (Páx.66). É de tolos o que rifamos por culpa do diñeiro dende a nosa independencia. (Páx. 70). No noso país, dende hai tempo, os cartos substitúen á moral”. Cres que o malestar é xeral? n) Mety difunde unha mentira para salvagardar os cartos e como última opción acoden a Mbaye para cobrar o xiro. Consideras que Dieng renuncia aos seus principios morais a cambio dos cartos? ñ) Engánao Mbaye? o) Como consideras que actuará Dieng cando a muller, ao final do libro, acode a el para conseguir alimento?
3 ANÁLISE TRAS A LECTURA Propostas didácticas de carácter global 3.1 A obra a) Elabora unha valoración crítica da obra. b) Que che pareceu a trama argumental?
7
c) Ante que conflitos morais se atopa Dieng para cobrar o xiro? d) Como actúa? e) Os personaxes secundarios que función desempeñan? f ) Comentario de texto: O carteiro clasificaba o paquete de cartas que tiña nas mans. -Que pasa, Ibrahim Dieng? Na outra rúa escoitei dicir que repartías arroz. Dieng púxoo ao corrente do que acontecera. Bah levantou a viseira do seu quepis e proclamou: -O que fixeches foi un xesto de desesperación. -Acabouse. Eu tamén me vou vestir coa pel da hiena. -Por que? -Por que...? Porque en realidade non hai máis que trampas e embustes. A honradez é un delito nos tempos que corren. Bah deulle unha carta dicindo: -Vén de París. Ten o cuño. Pensas que todo está podre...? Non... Nin sequera os que teñen traballo están contentos. Isto vai cambiar. -Quen o vai cambiar? Pasei un ano sen traballar porque fixera folga. Teño dúas mulleres e nove cativos. O único que dá cartos son as trampas. -Mañá faremos que todo iso cambie. -Quen, nós? -Ti. -Eu...? -Si, ti. Ibrahim Dieng. -Eu...? Entrou unha muller cun bebé ás costas, interrompendo a Dieng cos seus saúdos: -Señor desta casa, pola graza de Alá, pídoche que me vallas. Hai case tres días que os meus nenos e máis eu só comemos unha vez ao día. O seu pai non traballa dende hai cinco anos. Na rúa dixéronme que eras bo e xeneroso. Dieng endereitouse. A súa ollada cruzouse coa de Bah. A esmoleira observou os dous homes. Todos gardaron silencio.
1. Por que Bah, o carteiro, lle di que o que fixo foi un acto de desesperación? Dieng, que aínda conserva os antigos valores da sociedade, vese inmerso nun caótico deambular, entre a miseria, o nepotismo e a indiferenza dos funcionarios, e tras esgotar todos os camiños para cobrar o xiro dun xeito legal, entrégase a Mbaye, un home sen escrúpulos que lle
8
rouba os cartos. A súa mentalidade entón cambia, trastornando a súa moral, a súa fe da sociedade. 2. Por que di que “a honradez é un delito nos tempos que corren”? Porque a sociedade que nace despois da independencia, afundida na miseria, só se preocupa dos cartos, de sobrevivir, e para iso rompe cos valores e costumes da tradición, recorrendo a todo tipo de artimañas como o engano ou a mentira para conseguir cartos. Dieng considera que a sociedade está ao revés. 3. analiza a frase “mañá faremos que todo iso cambie”. O autor denuncia o aniquilamento social que o país sofre tras a caída do colonialismo. A corrupción política, a ineficacia do funcionamento dos resortes sociais para conseguir unha sociedade equilibrada, queda resumida nesa breve frase de esperanza en boca do carteiro, que a pesar dunha precaria situación ten fe nos homes de bo corazón, como Dieng, capaces de superar a mala situación, crendo na solidariedade, en compartir cos demais para crear un futuro máis esperanzador. 4. Que simboliza a derradeira escena? Sembène coloca a Dieng ante un conflito moral. Acaba de recibir outro xiro postal de París, do seu sobriño. Bah, o carteiro, considera que só as persoas de bo corazón poden cambiar a sociedade do país. A esmoleira que se achega á súa casa para mendigar un pouco de arroz trae consigo un bebé ás costas, símbolo da esperanza. Da determinación que tome, ser ou non ser xeneroso, dependerá o futuro do país, o cambio de conciencia. Sembéne, non achega ningunha solución, limítase a deixar a porta entornada e que sexa o propio lector quen tome consciencia do problema. 3.2 Os temas transversais Na novela atopamos varios temas que vertebran o eixe fundamental do argumento, un dos máis importantes é o tema da emigración. 1. Que significa a emigración? 2. Cal é a razón fundamental da emigración? 3. Que consecuencias ten para o país que recibe os emigrados? E o país que os perde? Outro dos temas importantes é o colonialismo. 1. Que é o colonialismo? 2. Que país europeo colonizou Senegal? 3. Cales foron as consecuencias políticas e sociais cando logrou Senegal a súa independencia?
9
A colonización arrastra consigo a problema da lingua, xa que se producen un enfrontamento lingüístico entre o francés e o wolof, a lingua dominante das etnias senegalesas. 1.Constitúe unha traba non dominar a lingua dos colonizadores á hora de enfrontarse aos trámites burocráticos? 2. Cres que existe discriminación lingüística entre a lingua do país dominnte e o colonizado? 3. Como repercute nos seus habitantes? 4. Por cres que Sembène escribe o seu libro en francés? Tería a mesma repercusión se usase o wolof? 5. O uso dunha ou outra lingua provoca discriminacións de índole social?
10