Gc013

Page 1

GuĂ­a de lectura


Ficha técnica

Título: Ano de publicación: Autor: Tradución: Editorial: Colección: n.º de páxinas: ISBN: Target:

Z

DESHONRA 2008 J.M. Coetzee Moisés Barcia Rinoceronte Editora Contemporánea 272 978-84-936101-2-8 A partir de 4º de ESO.

O autor

J. M. Coetzee (Cidade do Cabo, 1940) educouse en Suráfrica e nos Estados Unidos. É profesor de literatura, tradutor, lingüista, crítico literario e un dos escritores máis importantes e premiados de África do Sur. En 1974 publicou a súa primeira novela, Terras de penumbra. Coas dúas seguintes, No medio de ningures e Agardando polos bárbaros, gañou o CNA, o premio máis prestixioso das letras surafricanas. Foi o primeiro escritor que obtivo dúas veces o Booker Prize, por Vida e época de Michael K. e Deshonra. En 2001, ao recibir o Premio Reino de Redonda de mans de Javier Marías, elixiu o título de “Duque de Deshonra” en alusión a esta novela. O variado elenco de galardóns con que foi recoñecido acadou o seu cumio cando en 2003 lle foi concedido o Premio Nobel de Literatura. Dende 2006, ano en que obtivo a nacionalidade australiana, vive na cidade de Adelaide. No ano 2008 estreouse a versión cinematográfica desta obra, dirixida polo director Steve Jacobs e protagonizada por John Malkovich. O título da película coincide co da novela "Disgrace", que na dobraxe ao castelán traduciron como "Desgracia".

106


'

O tradutor

Ademais da tradución de Deshonra de John Maxwell Coetzee, Moisés Barcia conta con varias traducións de diversos autores como O curioso incidente do can á media noite de Mark Haddon (Rinoceronte Editora), Decamerón de Giovanni Boccaccio (Rinoceronte Editora), A derradeira bágoa de Stefano Benni (Editorial Laiovento), Gramática del silencio de Eusebio Lorenzo Baleirón (Rinoceronte Editora), A guerra dos elfos de J. H. Brennan (Edicións Xerais de Galicia), O hobbit de J.R.R. Tolkien (Edicións Xerais de Galicia), Larga noche de piedra de Celso Emilio Ferreiro (Rinoceronte Editora), As leis fundamentais da estupidez humana de Carlo M. Cipolla (Rinoceronte Editora), Oliver Twist de Charles Dickens (Editorial Galaxia), Poesías do desamor de Cesare Pavese (Rinoceronte Editora) e O señor dos aneis de J.R.R. Tolkien (Edicións Xerais de Galicia).

Trama

Esta novela relata a historia de David Lurie, un profesor da Universidade Técnica de Cidade do Cabo en África do Sur. Con cincuenta e dous anos e divorciado dúas veces, David está obsesionado co sexo, sobre todo coas rapazas novas. Cada xoves tiña unha cita cunha prostituta musulmá chamada Soraya, cando estas citan rematan por decisión da prostituta, David refúxiase nos seus libros e no seu traballo, pero non son suficientes para evitar que teña un affaire cunha alumna súa. A rapaza, de vinte anos, resístese aos seus encontros, pero ao mesmo tempo consente e goza da relación co profesor. Tras varias ameazas por parte do mozo de Melanie, o profesor recibe un día a visita do pai de Melanie e todo se descobre. A Universidade decide crear unha comisión para xulgar e castigar o profesor, e ante a súa actitude é expulsado da Universidade. David abandona Cidade do Cabo e vai cara á Grahamstown, no Cabo Oriental, onde vive a súa filla Lucy nunha granxa. Lucy vive soa vendendo flores e verdura no mercado e alugando canceiras. A única compaña e axuda de Lucy é Petrus, un granxeiro que

107


traballa para ela e que vive ao seu carón, nunha pequena corte. David vive con ela unha tempada e axúdalle nos seus labores do campo, ademais de botar unha man nunha clínica para animais. Un día Lucy e David son salvaxemente atacados por tres mozos. A David encérrano no baño e quéimano con alcohol, mentres que Lucy é cruelmente violada. Este feito atormentará a David o resto da súa existencia, pois non entende a actitude da filla ao non querer denunciar á policía o que lle pasou. Tras un breve período na súa casa de Cidade do Cabo escribindo unha ópera sobre lord Byron e a súa amante Teresa, que comparten moitas similitudes con el e Melanie, David decide regresar onda súa filla. Alí ve que Lucy está embarazada e que vai ter o fillo. David desconfía de Petrus, cre que quere conseguir a terra de Lucy e que está detrás do asalto, pois un dos rapaces é familiar seu. Petrus pídelle en matrimonio a Lucy e esta acepta, sabendo que ofrece as súas terras a cambio de protección. David non pode entender a postura da filla e teima con insistencia en que abandone a granxa. Decide alugar un cuarto e refuxiarse no centro de animais, onde traslada cans sacrificados ao crematorio. Superado pola miseria que o rodea intenta entender a decisión da filla, nunha sociedade de intercambio de poderes onde eles serán as vítimas.

Personaxes 1 Personaxes principais DAVID LURIE É o protagonista máis importante da novela. A trama xira arredor del e dos feitos que envolven a súa vida. David acepta a súa condición de obsesionado co sexo, di que é demasiado vello para cambiar. Cando se coñece o escándalo acepta sen miramentos a súa expulsión. Na granxa da filla, marcada pola desgraza, aprende a querer os animais e a entender a vida do campo, pero o que non pode é aceptar as normas que rexen alí, as normas da violencia e do sometemento. LUCY LURIE É a filla de David. É unha rapaza nova e lesbiana. A súa paixón pola terra lévana a aceptar as crueldades dos que mandan naquela zona, aceptando casar cun home que non quere, tendo un fillo froito dunha violación e intentando convencer o pai da lóxica de

108


todos estes feitos. É unha rapaza loitadora e forte, pero a súa fortaleza mingua despois da agresión. MELANIE ISAACS Melanie é rapaza que simboliza a obsesión de David. Tras varios encontros e por presións familiares decide denuncialo. A pesar da denuncia e da expulsión da Universidade, David non pode esquecela. Non lle bota a culpa do acontecido, é a súa paixón, a súa obsesión. Quizais porque na súa madurez aínda o fai sentir vivo. PETRUS Petrus é o personaxe escuro da trama, a pesar de non realizar ningunha acción violenta nin cruel. Aparece como o protector de Lucy, e así o ven todos os personaxes a excepción de David, que está convencido de que está detrás do asalto.

2 Personaxes secundarios SORAYA É a prostituta coa que se citaba David todos os xoves. Musulmá e noviña, era moi do gusto de David. Unha vez vense pola rúa e ela ía cos fillos. Decidiu abandonar eses encontros e David ata chega a contratar un detective para conseguir os seus datos persoais. Vemos aquí a primeira mostra da obsesión de David coas mulleres. ROSALIND É a segunda muller de David. Intenta axudalo, inda que non atina moito nos consellos que lle ofrece. A David sérvelle para saber como está Lucy e para descubrir onde actúa Melanie a segunda vez que vai á Cidade do Cabo. COMISIÓN Os membros da comisión pertencen á Universidade e son colegas seus. Os compoñentes masculinos intentan axudalo e invítano a reflexionar na súa actitude, mentres que as compoñentes femininas da comisión condenan o profesor mesmo antes de oír a súa versión. A actitude de David encoleriza a comisión pois non acepta pedir perdón nin suplicar, reafirma a súa culpabilidade sen arrepentimento. SEÑOR ISAACS É o pai de Melanie. Preséntase na Universidade coma calquera pai anoxado dadas as circunstancias, pero a súa actitude cambia cando David o visita na súa casa. Séntese

109


compracido de ver a David pedindo perdón. É un home relixioso que se ve satisfeito cando o profesor se desculpa, pois cre que foi Deus quen o enviou. BEV E BILL SHAW Bev e Bill son un matrimonio amigo de Lucy que dirixen unha clínica de animais. A pesar de parecerlle a David fea e repoluda, Bev e David acaban tendo unha aventura. Bev encárgase de matar todos aqueles animais que non teñen cura ou que simplemente non teñen espazo na clínica. David convértese no seu axudante e acaba levando os corpos sen vida dos cans ao crematorio. David aliza esta tarefa con moito coidado e respecto. TRES RAPACES Estes tres rapaces atacan a granxa de Lucy e demostran non ter escrúpulos á hora de matar ou violar. Lucy afirma deles que non eran ladróns, senón violadores e que demostraron un odio tremendo cara a ela mentres a violaban. Quizais eses odio represente o odio da sociedade negra á branca, odio creado despois de décadas de colonización, escravitude e sometemento, e que agora semella vingarse da mesma forma violenta e salvaxe. Na trama só coñecemos o nome do máis pequeno, Pollux, que é familiar de Petrus e está amparado baixo a súa protección.

Espazo e tempo A novela desenvólvese en dous espazos principais dentro de África do sur: Cidade do Cabo, na parte occidental e a cidade de Salem, entre Grahamstown e Kenton, no Cabo Oriental. Na cidade do Cabo David vive e traballa. O seu apartamento sitúase en Torrance Road, e el imparte clases na Universidade Técnica de Cidade do Cabo. Temos numerosas referencias a lugares e espazos reais desta cidade. A granxa de Lucy sitúase preto de Salem, nun lugar apartado e solitario. Menciónanse na novela varios lugares do cabo Oriental tamén reais coma Salem, Kenton, Grahamstown ou Port Elisabeth. En canto ao tempo, a trama argumental desenvólvese na época actual, por todos os datos que nos ofrece o autor das cidades e da sociedade que describe. A acción desenvólvese nun período aproximado dun ano, entre que coñece a Melanie, a súa expulsión da Universidade, a súa estancia en Salem, a súa volta á casa e a súa última estancia no Cabo Oriental. O espazo e o tempo son fundamentais nesta novela para entender o contexto histórico en que se desenvolve, nunha África do Sur aínda marcada polo Apartheid. A novela foi escrita só cinco anos despois da súa abolición. 110


;

Propostas didácticas

1 ANÁLISE PREVIA a) Observa quen é o autor do libro. Coñeces a súa obra? Le a información que ofrece o libro sobre el e elabora un pequeno informe sobre a súa vida e a súa bibliografía. Podes axudarte de internet. b) Esta obra é unha tradución. Cal é o papel que desempeña o tradutor? c) Le o título da obra, que che suxire? Que temas cres que se van tratar? d) Elabora a túa propia historia baseándote na sinopse que aparece na contracuberta do libro. Unha vez rematada a lectura compara a túa historia coa do libro, son semellantes? En que coinciden e en que difiren?

2 ANÁLISE DURANTE A LECTURA DA OBRA Comprensión lectora A novela divídese en 24 capítulos, que nós dividiremos por partes, tres exactamente: PRIMEIRA PARTE: David en Cidade do Cabo (páx. 7-75). a) Quen é Soraya? Que información sobre David nos ofrece a súa relación? b) Que actitude mantén Melanie con David? Como son os seus encontros? c) Que actitude mantén David con ela? Por que cres que lle causa esa obsesión? d) Como se descobre todo? e) Que actitude mantén David ante os membros da comisión? f ) Cal foi a consecuencia da relación con Melanie? g) Cal é a súa "deshonra"? SEGUNDA PARTE: David en Salem (páx. 75-202). a) Como describe David a súa filla? De que vive? b) Quen é Petrus e que actitude ten con Lucy? Cres que é sincera? c) Quen é Bev Shaw? Que dirixe e como? Que relación chega a ter con David?

111


d) Que lles pasou a David e Lucy? Que consecuencias tiveron? e) Que actitude adopta Lucy tras o asalto? f ) Que actitude mantén a policía? g) Que ocorre na festa de Petrus? TERCEIRA PARTE: David volve a Cidade do Cabo, para acabar en Salem (páx. 203-269) a) A quen visita David en George? Que ocorre alí? b) Como é a ópera de David? Quen son os protagonistas? Que lles sucede? c) Que sentimentos ten David ao volver ver a Melanie? Que lle pasou no teatro? d) Por que volve á granxa? Que noticia coñece alí? e) Que pretende facer Petrus? Cal é a reacción de David? E de Lucy? f ) Quen é Pollux? Que ocorre entre os tres? g) Como remata esta historia? Cres que David chegou a entender a Lucy?

3 ANÁLISE TRAS A LECTURA Propostas didácticas de carácter global 3.1 A obra a) Elabora unha valoración crítica pormenorizada da obra. b) Que che pareceu a trama argumental? c) Cres que é unha novela ben estruturada? d) Cales cres que son os temas que se desenvolven ao longo da obra? Poderías facer unha distinción entre temas principais e secundarios? e) Pensas que os personaxes están ben caracterizados? Quen son os personaxes principais? E os secundarios? Analiza o protagonista da novela. Que trazos o caracterizan? Nesta obra temos personaxes brancos e negros, porén, o autor evita ofrecernos esta información. Por que intuímos, entón, cales son negros e cales brancos? f ) Cal é a importancia do espazo da novela? Cres que é importante o contexto histórico en que se desenvolve? g) Comentario de texto:

112


–Volve onda Petrus –di–. Proponlle o seguinte: dille que acepto a súa protección. Dille que pode contar o que lle pete sobre a nosa relación, que eu non o contradirei. Se quere que se me coñeza como a súa terceira esposa, que así sexa. Se como concubina, outro tanto do mesmo. Pero entón o neno pasa a ser parte da súa familia. No tocante á terra, dille que estou disposta a poñela ó seu nome mentres a casa siga sendo miña. Serei arrendataria da súa terra. –Unha bywoner. 1. Cal é a protección de Petrus? Petrus desexa casar con Lucy para ofrecerlle a súa protección. É un trato que lle ofrece: se casa con el non lle pasará nada, se queda ela soa, quizais volvan os asaltantes. 2. Por que sería coñecida como a terceira esposa? Porque Petrus xa posúe dúas mulleres. Lucy converteríase na terceira. A poligamia está permitida en moitos países de África e Asia Central. 3. Por que a Lucy lle é igual que se lle chamen terceira esposa ou concubina? Porque o seu casamento é un trato puramente comercial, non ten nada que ver co amor nin cos sentimentos, e ambos os dous sábeno. 4. Por que quere Lucy que o neno sexa da familia de Petrus? Para asegurarlle un futuro e protexelo de todas as agresións que poida sufrir alí. Baixo o amparo de Petrus sería improbable que os volvesen asaltar. 5. Por que renuncia á súa terra? Porque é o trato de Petrus. El sempre quixo aumentar a súa terra e o seu poder. Pasou de arrendatario a oficial e agora quere as terras de Lucy. Casar con ela é unha boa opción para conseguilas. Lucy sabe que o asalto e a súa violación non foron fortuítos, sabe que volvería pasar se non acepta as condicións de Petrus. Non quere renunciar a vivir alí e, polo tanto, ten que aceptar as normas socias que se lle impoñen. Son tempos de cambio onde o Apartheid se deixa atrás e se produce un cambio de poderes entre brancos e negros. O problema é que os novos mandatarios utilizan a mesma violencia ca os seus antecesores. 6. Que é un bywoner? Busca información en internet ou na biblioteca. Un bywoner é un termo que se usa en África do Sur para referirse á persoa que é un pobre arrendatario que traballa para o dono das terras e que ao mesmo tempo cultiva algo de seu. 3.2 Os temas transversais Na novela pódense distinguir varios temas que vertebran o eixe fundamental do argumento: o máis importante é o tema racial, que marca a novela. O Apartheid e as súas consecuencias sociais. Na novela vese un cambio de poder entre dúas sociedades divididas e mutuamente odiadas. O represor pasa a ser reprimido, é dicir, os afrikáners collen poder fronte aos británicos. 113


1. Que é o Apartheid? Elabora un extenso informe sobre a súa orixe, as causas, as consecuencias e en que período histórico se desenvolveu, relacionándoo despois co tema da novela. 2. Quen é Madiba? Busca quen é este personaxe e o seu labor no contexto surafricano. 3. A novela escribiuse tan só cinco anos despois da abolición do Apartheid. Como se reflicte este cambio na novela? 4. O Apartheid era claramente un fenómeno de segregación racial racista e discriminatorio. Cres que aínda se reflicten as consecuencias deste fenómeno en África do sur? Como se podería solucionar este conflito? 5. Que dereitos humanos se vulneraron durante este período? O tema da poligamia tamén é salientable nesta obra. 1. Que personaxe é polígamo na obra? Con quen estaba casado e con quen pretendía casar? 2. Busca información sobre a poligamia e descubre en que países é legal. 3. A poligamia outorga o dereito de poder casar un mesmo membro con varios individuos, pero a realidade é que na maior parte dos casos é un home que casa con varias mulleres. Que é a polixinia? E a poliandria? 4. Estás de acordo coa poligamia? Xustifica a túa resposta realizando unha valoración crítica. O protagonista está obsesionado co sexo, de feito, a súa obsesión polas rapazas coas que está repercute negativamente na súa vida laboral e social. 1. Cal é a "deshonra" de David? Por que nega o arrepentimento? 2. Na súa actuación con Soraya e con Melanie, cres que chegou a practicar acoso? 3. Define o termo acoso en termos legais. Cantos tipos existen? 4. Que é acoso sexual? En que casos adoita producirse? 5. O acoso escolar ou bullying é un fenómeno que preocupa na sociedade. O aumento deste tipo de agresións e a súa posterior divulgación a través das novas tecnoloxías fixo que as autoridades gobernamentais actuasen para evitar este tipo de práctica. Como cres que se poden controlar este tipo de agresións nos centros? Na clínica onde traballan Bev Shaw e David sacrifican animais a pesar de estar perfectamente sans. Ás veces ao animal non lle queda máis saída pola falta de recursos ou por-

114


que xa non existe remedio, pero moitas veces Bev vese obrigada a sacrificalos, sobre todo cans, por falta de espazo e de recursos para mantelos. 1. Que opinas de Bev, cres que podería evitar a morte dos cans que están en bo estado? 2. Esta clínica ofrécelle axuda aos animais, trátaos e cúraos, pero moitas veces non ten medicamentos nin utensilios para sandalos. Cres que o goberno debería estar obrigado a reservar unha partida orzamentaria para as clínicas veterinarias? 3. Que é o maltrato animal? Cres que no Estado existe maltrato animal? Como actúa a lei en España? 4. Coñeces algunha organización protectora de animais? Describe a súa actividade. Se non coñeces ningunha busca pola rede algunha asociación que traballe na defensa dos animais e explica a súa actividade.

115


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.