Gc017

Page 1

GuĂ­a de lectura

153


Ficha técnica

Título: Ano de publicación: Autora: Tradución: Editorial: Colección: n.º de páxinas: ISBN: Target:

Z

KITCHEN 2008 Banana Yoshimoto Mona Imai Rinoceronte Editora Contemporánea 110 978-84-936413-2-0 A partir de 4º de ESO.

O autor

Banana Yoshimoto naceu en 1964 en Toquio, o Xapón. É unha das escritoras xaponesas máis relevantes dos últimos anos. Licenciada en literatura na Universidade de Nihon, debutou con Kitchen (1988), escrita na súa época estudantil e que supuxo o seu descubrimento no Xapón e no estranxeiro, onde se converteu nun best seller. Filla dun coñecido pensador e poeta, é autora de numerosas publicacións, que comprenden novelas, relatos e ensaios, caracterizadas pola insólita sensibilidade e delicadeza con que aborda os temas do amor, a amizade, a soidade e a morte. Entre os galardóns nacionais e internacionais con que foi recoñecida destacan os premios Kaien, Izumi Kyoka, Yamamoto Shugoro, Murasaki Shikibu, Newcomer Writers Prize, Scanno ou Fendissime.

154


'

A tradutora

Ademais da tradución de Kitchen de Banana Yoshimoto (Rinoceronte Editora), Mona Imai conta con varias traducións de diversos autores como A casa das belas adormentadas de Yasunari Kawabata (Rinoceronte Editora), Tras o solpor de Haruki Murakami (Editorial Galaxia) e Do que estou a falar cando falo de correr de Haruki Murakami (Editorial Galaxia).

Trama

Esta novela narra unha historia que mestura o amor, a amizade, a soidade e a melancolía. O texto preséntase dividido en dúas partes: “Kitchen” e “Lúa chea”. A primeira parte, “Kitchen”, comeza como un relato autobiográfico contado por unha universitaria, Mikage Sakurai, á que lle morre a avoa, único familiar que lle quedaba. Cobra importancia o espazo, a cociña é o único lugar onde se sente arroupada. Ao quedar orfa, fica desorientada, ata que aparece na súa vida a familia Tanabe, que a acolle no seu fogar. Yuichi Tanabe traballaba nunha florería á que acudía acotío a avoa de Mikage. Ao coñecer a nova da súa morte, achegouse á casa da familia Sakurai para ofrecerlle a Mikage vivir canda el e a súa nai. Mikage logra superar a súa dor grazas á axuda que lle presta Yuichi. Co paso do tempo estes dous mozos manteñen unha boa relación e Yuichi confésalle que Eriko non é en realidade a súa nai, é o seu pai que se someteu a unha operación de cambio de sexo tras a morte da súa verdadeira nai. A segunda parte, “Lúa chea”, comeza cunha escena violenta, o asasinato de Eriko. Un home, do que o narrador non nos ofrece o nome, ve a Eriko pola rúa e queda enfeitizado coa súa beleza. Perséguea e, ao saber que rexenta un bar de homosexuais, comeza a ir moito por ese bar. Tras descubrir que é un home sofre unha decepción e acoitélaa; mais ela, antes de morrer, mátao a golpes. Yuichi será quen sufra a dor de quedar orfo. Mikage e Yuichi retoman así o contacto, perdido pola marcha de Mikage a unha casa propia. Estes dous mozos adoptan unha ac155


titude crítica ante a morte e compréndense por estar nunha situación semellante na vida. A figura de Chika-chan, compañeira de traballo de Eriko nun bar de homosexuais, será o impulso que precisan Mikage e Yuichi para tomar a decisión de continuar as súas vidas xuntos e encarar o futuro con esperanza.

Personaxes Algúns personaxes presentan o sufixo cariñoso -chan que se emprega en xaponés con persoas coas que se ten moita familiaridade e afecto.

5.1. Personaxes principais MIKAGE SAKURAI Na primeira parte da novela pódese considerar que a historia xira ao redor desta personaxe, das súas vivencias. É unha rapaza universitaria que queda orfa tras a morte da súa avoa e que só atopa acougo ás súas penurias na cociña, ao principio na cociña como espazo, pero ao final na cociña como arte culinaria. Segundo avanza a narración entrevemos unha historia de amor e tenrura entre ela e Yuichi. FAMILIA TANABE Tanto Yuichi como Eriko están obsesionados coas compras de electrodomésticos e de aparatos novos que fan a vida máis cómoda. Estes dous personaxes representan a solidariedade acollendo na súa casa a Mikage nun momento desagradable da súa vida. YUICHI TANABE Este personaxe, tamén estudante na mesma Universidade que Mikage, axudaraa a superar a súa dor pola perda dun ser querido. Na segunda parte da novela, Yuichi tamén sofre un revés coa morte da súa nai e será Mikage quen o axude a superalo e xuntos analizarán o tema da morte e da esperanza. ERIKO TANABE (YUJI) É a nai de Yuichi. En realidade é o pai, de nome Yuji, que fixo unha operación de cambio de sexo cando a súa muller morreu. Na súa personalidade contraponse a súa bondade co momento da súa morte no que tamén ela mata.

156


CHIKA-CHAN É a travestí encargada do bar de Eriko. O seu protagonismo faise patente cara ao final da historia. É a personaxe que provoca o desenlace da obra ao chamar a Mikage e provocar que busque a Yuichi. Chika-chan coñecía os sentimentos de Yuichi cara a Eriko, e sospeitaba que esta lle correspondía, por iso se decidiu a chamala.

5.2. Personaxes secundarios Estes personaxes non son relevantes na historia, mais pódense contrapoñer aos personaxes principais polos seus trazos persoais. SOTARO Fora o mozo de Mikage. Ten curiosidade por saber que relación manteñen Mikage e Yuichi, xa que na universidade todas as persoas falan deles; sobre todo despois de que Okuno, a moza de Yuichi, lle dese unha labazada a este trastornada polos celos. OKUNO Era a moza de Yuichi. Sente celos de Mikage por estar vivindo na casa de Yuichi. Vai xunto dela e fálalle do amor, da responsabilidade de ter unha parella e do egoísmo, xa que pensa que Mikage non está verdadeiramente interesada en Yuichi. Esta personaxe non coñece a verdadeira historia de Mikage nin os sentimentos de Yuichi tras a perda da nai. COMPAÑEIRAS DA ESCOLA DE COCIÑA Tras abandonar os estudos universitarios, Mikage entra nunha escola de cociña, tras pasar un verán enteiro estudando e practicando. Conseguiu pasar as probas para entrar nesa escola polos seus propios méritos, sen ningunha axuda. PROFESORA Esta personaxe non ten nome. A narradora sempre se refire a ela como profesora. Con ela viaxará a Izu por negocios, desde onde percorrerá unha longa distancia en busca de Yuichi. NORI-CHAN E KURI-CHAN Estas son as súas compañeiras na escola. Conseguiron a súa praza por recomendación. Tiñan unha vida máis cómoda que a de Mikage. De todos os xeitos, levábanse moi ben.

157


Espazo e tempo O primeiro espazo onde nos sitúa a novela é unha cociña. Podería tratarse de calquera cociña en calquera fogar do mundo. Este é o espazo principal da historia: a cociña, tanto a da casa onde vivía Mikage coa súa avoa, como a da casa da familia Tanabe. Os nomes dos personaxes son os que nos fan situar esta cociña nun ambiente xaponés. A cidade onde se desenvolve a historia é Toquio, esta información ofréceselle ao lector cando xa avanzou na lectura. Mikage realiza unha viaxe por traballo a Izu. E desde alí desprázase a buscar a Yuichi, lugar do que non coñecemos o nome pois a autora decidiu poñer uns XXX. Este espazo onde se atopa Yuichi non é relevante, o que si importa é que está lonxe de Toquio, fóra do seu ambiente. No tempo, non se ofrecen referencias temporais que permitan situar a novela nunha época determinada. Mais podemos intuír pola presenza da muller na universidade e a súa independencia que é unha historia ambientada na época contemporánea, a finais do século XX. A autora fai algunha referencia a estacións do ano. Así, Mikage recorda a Eriko, xa morta, cando lle falou da súa muller. Nesta volta ao pasado, faise a indicación de que era inverno cando estaba no hospital. Así mesmo, a morte de Eriko ten lugar a finais do outono, e Yuichi informa a Mikage da morte da nai no inverno tamén.

;

Propostas didácticas

1 ANÁLISE PREVIA a) Observa quen é a autora do libro. Coñeces a súa obra? Le a información que ofrece o libro sobre ela e elabora un pequeno informe sobre a súa vida e a súa bibliografía. Podes axudarte de internet. b) Esta obra é unha tradución. Cal é o papel que desempeña o tradutor? c) Le o título da obra, que che suxire? Que temas cres que se van tratar? Que te suxire a cor da cuberta? Ten algún significado para ti a cor verde? Pensas que pode estar relacionada con algún tema do libro?

158


d) Elabora a túa propia historia baseándote na sinopse que aparece na contracuberta do libro. Unha vez rematada a lectura compara a túa historia coa do libro, son semellantes? En que coinciden e en que difiren?

2 ANÁLISE DURANTE A LECTURA DA OBRA Comprensión lectora Kitchen a) Yuichi proponlle a Mikage que fagan unhas tarxetas de aviso de cambio de domicilio cando Mikage vai vivir á casa da familia Tanabe. Ti tamén tes o costume de facer estas tarxetas ao cambiar de domicilio? Cal cres que é o motivo de que aparezan as letras XX en lugar dunha referencia real? b) Nun momento da novela (páx. 35) faise a seguinte referencia: “Parecía unha escena de Embruxada”. Bota man de internet para coñecer que é Embruxada. c) Nesta primeira parte da novela, pódense distinguir diversos elementos especificamente xaponeses. Así na descrición da súa antiga casa, Mikage nomea o tatami (páx. 37). Sabes que é un tatami? Fai pescudas na rede. d) Así mesmo, Mikage, como narradora, sinala: “Eu, pola miña parte, estaba a tomar o té nun cunco, sosténdoo coas dúas mans como nunha cerimonia do té” (páx. 41). Que información podes achegar acerca da cerimonia do té? Bota man de internet para obter esta información. Lúa chea a) Ademais dos nomes dos personaxes, as comidas tamén nos indican que a historia se desenvolve no Xapón. Coñeces todos os pratos de comida xaponesa que saborean ao longo da novela? Podes facer pescudas en internet sobre estas comidas ou xeitos de preparar as comidas: oden (páx. 53), tempura (páx. 64), tofu (páx. 68), wasabi (páx. 83), tanuki soba (páx. 88), torikishimen (páx. 88), katsudon (páx. 94), sashimi (páx. 110). b) Empréganse dúas expresións durante a historia que conviría que explicásedes entre todos. Que cres que expresan? Que personaxe di cada expresión? -“O medo fai que as formigas parezan elefantes” (páx. 69). -“Sabe dar no cravo” (páx. 91). c) Cara ao final da historia, un dos personaxes comenta “Hai un santuario xintoísta no alto da montaña” (páx.95). Acude á biblioteca ou fai unha pescuda en internet para intere-

159


sarte sobre o xintoísmo e os santuarios xintoístas. Reflexiona xunto cos teus compañeiros acerca dos principios desta relixión. d) Sabes quen é Xoana de Arco? A protagonista, Mikage, pensa cando vai en busca de Yuichi: “Eu estaba tan decidida coma Xoana de Arco” (páx. 98). Nas páxinas da rede ou nunha enciclopedia poderás coñecer un pouco máis a esta muller. e) Por que pensas que a narradora non nos ofrece o dato da cidade na que está Yuichi cando marcha de Toquio? Nas seguintes intervencións: “–Pode levarme a XXX?” (páx. 98), “– A XXX?” (páx. 98), “O taxi comezou a correr cara á cidade de XXX a través da escuridade da noite” (páx. 99), “Pouco despois o coche entrou na cidade de XXX” (páx. 99), podes comprobar como evita dar o nome da cidade na que se atopa hospedado Yuichi. Xustifica o motivo polo que cres que a autora preferiu non ofrecer este dato.

3 ANÁLISE TRAS A LECTURA Propostas didácticas de carácter global 3.1 A obra a) Elabora unha valoración crítica pormenorizada da obra. b) Que che pareceu a trama argumental? c) Cres que é unha novela ben estruturada? d) Cal cres que é o tema fundamental da obra? E os temas secundarios? e) Pensas que os personaxes están ben caracterizados? Quen son os personaxes principais? E os secundarios? f ) Comenta os trazos máis salientables de Chika-chan. Cal cres que é a importancia desta personaxe? c) Comentario de texto: Kitchen Creo que a cociña é o lugar do mundo que máis me gusta. Dáme igual de quen ou como sexa. Na cociña ou en calquera lugar onde se fai comida non sufro. Se é posible, prefiro que sexa funcional e que estea moi usada e gastada. Que haxa panos secos e limpos dabondo e que as baldosas brancas brillen. 1. Quen fala neste fragmento? A voz deste fragmento é a da narradora, Mikage Sakurai, unha das personaxes principais da novela.

160


2. Que representa a cociña para esta personaxe? A cociña é o espazo máis importante da historia. Nela, Mikage séntese cómoda, é o seu refuxio. Mestúrase o cuarto “cociña”, nesta primeira parte, coa “arte culinaria”, que na segunda parte sairá a relucir. 3. Por que está sufrindo a protagonista? Mikage quedou orfa. Os pais e o avó xa morreran. Vivía coa avoa ata que esta morreu. Nese momento quedou soa e decatouse da crueza da realidade. Este sufrimento pola perda da avoa segundo avanza a historia vaise transformando nun recordo agradable do pasado. Lúa chea Eriko morreu a finais de outono. Un tolo que a acosaba acabou matándoa. Aquel home viu a Eriko por primeira vez na rúa, gustoulle e seguiuna, e dese xeito descubriu que traballaba nun bar de homosexuais. Logo escribiulle unha carta longa na que dicía que foi un golpe para el que ela, unha muller tan fermosa, fose un home, pero dende entón empezou a ir moito polo bar. Canto máis a miúdo aparecía por alí, máis frías se mostraban con el Eriko e as outras mozas, e unha noite púxose a berrar que lle tomaran o pelo e acoitelou a Eriko. Ela, malia estar sangrando, colleu un peso de ferro que había sobre a barra e matou a golpes o seu agresor. Din que estas foron as súas derradeiras palabras: “… Foi en defensa propia, así que estamos en paz, non?” 1. Que cres que motivaba que o tolo fose polo bar de Eriko? A obsesión que sentía pola beleza desta. 2. A que se pode deber que Eriko e as outras mozas que traballaban no bar cambiasen o seu comportamento para co tolo? Tiñan medo porque sabían que el lle escribira unha carta a Eriko e sentíanse acosadas por el. Aínda que non se dean detalles do comportamento desta persoa, a indicación de que se trataba dun tolo é suficiente para entender que as traballadoras do bar tivesen medo da súa presenza. 3. Por que o tolo acabou matando a Eriko? Porque se sentiu enganado ao descubrir que non era unha muller de nacemento, senón que estaba operada. 4. Cres que se Eriko fose unha muller de nacemento, o tolo non a mataría? A condición de tolo parece que nos indica que mataría a Eriko aínda que esta non fose unha transexual. Aínda que tamén podemos considerar que se trataba dunha persoa que non aceptaba socialmente os transexuais, e que por iso a matou. 5. Analiza o comportamento de Eriko na primeira parte do libro en contraposición coa escena deste parágrafo. Eriko é unha personaxe de gran sentimento e demóstrao cando fala da

161


súa muller, xa morta, nas súas conversas co fillo e con Mikage. Tamén é moi solidaria, xa que acolle a Mikage na súa casa cando esta atravesa un momento delicado da súa vida pola morte da avoa. Na escena que describe este parágrafo, aparece unha muller vingativa, ante a morte deféndese matando o seu agresor. E xustifícase sinalando que o fixo en defensa propia. 3.2 Os temas transversais Na novela distínguense varios temas que vertebran o eixe fundamental do argumento: O tema da solidariedade é un dos máis importantes da novela xa que dá inicio á relación entre os dous protagonistas: Mikage e Yuichi. 1. Por que cres que importante a solidariedade como valor entre as persoas? 2. Analiza esta relación solidaria entre os personaxes. 3. Coñeces o termo “empatía”? Poderías identificar esta capacidade na relación entre Mikage e Yuichi. Relacionado co tema da solidariedade está o tema do amor e dos celos. 1. Analiza a evolución da relación entre Mikage e Yuichi. 2. Que pensas das reaccións de Sotaro e de Okuno cando descobren que Mikage vive na casa de Yuichi? Coméntaas contrapoñéndoas. 3. Por que cres que nacen os celos nunha persoa? Consideras que esta resposta emocional está xustificada? Hai que ter en conta o tema da aceptación social nesta historia xa que unha reacción contra un transexual provocará a morte dunha personaxe. 1. Que podes explicar sobre a transexualidade? Fai unha busca na rede ou na biblioteca do teu centro para obter argumentos e debater sobre este tema na túa clase. 2. Na obra tamén aparecen travestís. Coñeces a diferenza entre transexualidade e travestismo? 3. A morte de Eriko está relacionada coa súa condición de transexual. Analiza a relación de Eriko co seu fillo. Comportábase como unha nai ou como un pai? Pensa tamén na carta-testamento que lle deixa a Yuichi. Outro tema que se pode analizar na novela é a violencia. 1. Comenta os momentos relacionados con este tema que apareceron durante a lectura. 2. Cres que está xustificado o comportamento de Okuno con respecto a Yuichi? Por que cres que lle deu unha labazada?

162


3. A escena na que o tolo mata a Eriko tamén representa un momento de violencia na obra. Cres que a súa condición de tolo xustifica que matase a Eriko. 4. Eriko antes de morrer provoca outra escena violenta e ela mesma di “Foi en defensa propia”. Pensades que a violencia pode estar xustificada nalgún caso? A morte como tema ao redor do que xira a obra cobra importancia nas dúas partes da novela. 1. Como pensas que está visto o tema da morte nesta novela, con esperanza ou con desesperación? Xustifica a túa resposta. 2 De que xeito afronta Mikage a morte da avoa? Que fai que supere esta situación traumática? E Yuichi, que precisa para seguir adiante tras a morte da súa nai? 3. A narradora, cara ao final da historia, comenta: “As lembranzas verdadeiramente entrañables sempre viven e brillan. O paso do tempo non lles impide permanecer”. Que cres que significan estas palabras?

163


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.