GuĂa de lectura
165
Ficha técnica
Título: Ano de publicación: Autor: Tradución: Editorial: Colección: n.º de páxinas: ISBN: Target: Premio:
Z
MONTEDIDIO 2008 Erri de Luca María Cristina González Piñeiro Rinoceronte Editora Contemporánea 162 978-84-936413-3-7 1º e 2º de Bacharelato. Femina Étranger no ano 2002
O autor
Erri De Luca (Nápoles, 1950) abandonou aos dezasete anos o seu traballo como obreiro na construción para unirse ao movemento político Lotta Continua, do cal se converteu nun dos seus principais dirixentes durante os anos setenta. Tras isto desempeñou numerosos oficios en Italia e no estranxeiro, como obreiro, camioneiro, almacenista ou albanel. Durante a guerra na ex Iugoslavia foi condutor de convois humanitarios destinados á poboación. Estudou de xeito autodidacta diversas linguas, entre elas o hebreo antigo, do que traduciu algúns libros da Biblia. En 1989, case aos corenta anos, publicou o seu primeiro libro, Agora non, aquí non, unha evocación da súa infancia en Nápoles, ao que seguirán numerosas novelas e volumes de relatos. A obra de Erri de Luca, de marcado carácter autobiográfico, traduciuse a varias linguas. Montedidio é o seu primeiro libro vertido ao galego.
166
'
A tradutora
Ademais de Montedidio de Erri de Luca, María Cristina González Piñeiro, conta no seu haber coas traducións de Seda de Alessandro Baricco, Pericle o Negro de Fernandino Giuseppe, Dez de Andrej Longo en Rinoceronte Editora, e Manu Chao: música e liberdade de Alessandro Robecchi (Edicións Xerais de Galicia).
Trama
O barrio napolitano de Montedidio conforma o escenario onde se desenvolve o paso da infancia á adolescencia dun neno de posguerra. Polas súas rúas bole, enmarañada no xentío, a vida, e o protagonista asiste asombrado ao devir dos acontecementos, descubrindo os fortes vínculos familiares, o amor, as responsabilidades do traballo, as inxustizas, o sexo, o confuso mundo dunha realidade diglósica, o respecto polos devanceiros, a importancia de ter sangue napolitano e o marabilloso feito de que a un zapateiro lle broten unhas ás da súa xiba. A historia está escrita por el mesmo nun rolo de papel que lle regalou o impresor, don Liborio. A acción iníciase cando o protagonista fai os trece anos e abandona o colexio para poñerse a traballar cun ebanista, co mestre Errico, no seu taller. Por primeira vez vai levar un soldo á súa casa, o que demostra que xa non é un neno. Para celebralo a súa nai mércalle os seus primeiros pantalóns longos. No taller cepilla a madeira, varre as serraduras e comparte as conversas co Errico, que intenta instruílo en todas as tarefas. O seu carácter bondadoso fai que acolla a un xudeu que foxe dos horrores da Segunda Guerra Mundial, un zapateiro xiboso chamado Rafaniello que soña con voar cara a Terra Santa, a Xerusalén, para acadar a paz e o sosego. Seu pai regálalle un búmerang, e adestraba cada atardecer na terraza do seu edificio para poder lanzalo. Nun dos seus adestramentos coñece a María, unha veciña da súa mesma idade. Entre eles afiánzase un forte vínculo amoroso. María vese na obriga de cumprirlle os caprichos sexuais ao seu caseiro porque
167
a súa familia carece de recursos económicos. Os pais sábeno, malia fan a vista gorda. Sobreviven oprimidos polas débedas. Á vez, súa nai enferma de ictericia é ingresada no hospital. Seu pai solicita unha baixa laboral no porto (traballa de estibador) para dedicarse a tempo completo na súa recuperación, dando pé a que afiance a relación con María, xa que ambos os dous, dalgún xeito, quedan orfos ao se desentender os seus familiares, atopando acubillo fronte as adversidades entre os seus brazos. Afonda no traballo na súa amizade con Rafaniello, que lle desvela que debaixo da súa xiba lle medran unhas ás. Todo culmina o 31 de decembro, co estoupido da chegada do aninovo, entre fogos artificiais e bengalas, nunha festa que rebenta Montedidio, Rafaniello consegue bater as súas ás e o protagonista fai voar na noite o seu búmerang. Ambos os dous cumpren o seu destino: acadar a devecida liberdade.
Personaxes 1 Personaxes principais PROTAGONISTA Malia que escribe a historia en primeira persoa non se nos revela o seu nome. Recolle no seu rolo de papel a lapis o seu día a día, desde o verán ata a noite de Aninovo. É o diario dun adolescente da posguerra en Italia. Resulta un fresco da sociedade na que se ve inmerso. Coa súa caligrafía vai debullando o seu carácter e os dous seus veciños. Trátase dun neno introvertido debido a que ten unha saúde delicada, o cal lle permitiu, a pesar de pertencer a unha familia humilde, estudar ata os trece anos, algo infrecuente para un neno naquela época, e que lle deixa certa liberdade para expresarse e coñecer o italiano, pero a súa lingua materna é o dialecto napolitano. Non emite xuízos morais, limitase a recompilar a vida tal como a ve, a pesar de ser pitoño. Polos seus escritos sabemos que posúe un forte vinculo paternal, que é sensible as inxustizas, benevolente e que está orgulloso de pertencer á clase social obreira. PAPÁ E MAMÁ A figura paterna, canda a materna, son tratadas no texto con delicadeza. Fronte a repentina enfermidade da nai, da que está profundamente namorado, o pai entregase en corpo e alma ao seu coidado, desatendendo ao protagonista. Quedan especialmente perfilados cando evoca os paseos polo peirao, sendo neno, despois de ir recollelo ao traballo. Fica completamente desolado tras a súa morte.
168
MARÍA Veciña do seu mesmo andar. Representa o amor, e é ela quen escolle ao protagonista como noivo, que acepta como a cousa máis natural do mundo. Iníciao na sexualidade. A familia de María pasa apuros económicos, así que baixo o consentimento dos seus pais vexe empurrada a deitarse con seu caseiro como pago do aluguer. Ten a mesma idade que o protagonista, pero ten maior experiencia sobre a vida. Enfrontase, con carraxe aos abusos do caseiro, axudada polo protagonista. Os seus pais abandónana sen reparos, e ela decide ir vivir con el, á casa dos seus pais, ocupando o lugar da súa nai en canto esta falece. MESTRE ERRICO Ebanista que posúe un taller na mesma rúa na que vive o protagonista, e onde comeza a traballar. De carácter agradable e santo, acolle no seu taller a un zapateiro xudeu, Don Rafaniello, que foxe da desfeita provocada nalgún país do norte europeo. Apréndelle ao protagonista o oficio, e a través das súas conversas infúndelle a importancia de ser un fillo do Montedidio e a sabedoría popular. RAFANIELLO O seu verdadeiro nome é Rav Daniel, pero acaeulle o alcume de Rafaniello debido á súa chepa. Rafaniello escapou da guerra coa idea de chegar a Terra Santa, a Xerusalén, como todo bo xudeu, para atoparse con Deus. Pero os barcos, desde Nápoles só parten cara a América. Por iso permanece na cidade. Ten unhas fondas crenzas relixiosas, considerase un devoto do Talmud. Conforma un dos personaxes máis atractivos e complexos. A través das súas confidencias vaille abrindo ao protagonista os secretos da alma humana. Coas súas sentenzas e parábolas móstralle a importancia de aspirar á inocencia, a pureza e a resignación como único camiño para aspirar ao Ceo, a Deus. Nunha das súas confidencias revélalle que baixo a súa chepa lle medran dúas ás, como a un anxo, e que será dentro de pouco cando estea preparado para voar cara a Xerusalén. Este confíalle o segredo do seu búmerang, obxecto cunha gran carga simbólica ao longo da novela, que, curiosamente, ten o mesmo destino que as súas ás: voar.
2 Personaxes secundarios DON LIBORIO Dono da imprenta de Montedidio, un vello perverso, pero que agocha un gran corazón. Proba diso é que lle regala ao protagonista un rolo de papel para escribir ou que lle ofrece gratis a graxa ao ebanista.
169
DON CICIO O porteiro do edificio, a boa consciencia. Durante a guerra axudaba ás agachadas á resistencia. Coñece, debido ao seu oficio, todas as vicisitudes dos veciños. Unhas das súas irmás caera tamén, polas mesmas razóns que María, nas gadoupas do caseiro. Tan pronto como sabe das súas relacións acode ao seu piso para aconsellarlles que non teñan présa en adquirir as responsabilidades dos adultos, que actúen con siso porque a vida en Nápoles é moi dura. O CASEIRO Simboliza a maldade, a ausencia de solidariedade. Na novela forma o antagonista por antonomasia, xa que constitúe o único personaxe con carga negativa. Encarna a unha persoa sen escrúpulos, capaz de saciar os seus instintos máis baixos e incapaz de sentir empatía polos seus veciños situados nunha situación económica menos favorable. De feito, aproveitase da situación de extrema pobreza que vive a familia de María a causa da guerra para deitarse con ela a cambio dos cartos do aluguer. Devece por María, a cal busca por todos os recunchos do edificio, e incluso vai á súa casa sen importarlle o máis mínimo que os pais estean diante. María, chea de noxo e carraxe, enfrontase a el, axudada polo protagonista. Xa lle fixera a mesma xogada anteriormente a unha irmá do porteiro, Don Cicio. GIGINO O’FETENTE O pizzeiro mellor pizzeiro de todo Nápoles, onde todos os veciños acoden a deleitarse coas súas gorentosas pizzas. Revela outro aspecto do carácter dos veciños de Montedidido, a bondade e o respecto cara aos demais, sobre todo, cara a aqueles que atoparon o amor. Así, cando acoden ao seu local para mercar unhas pizzas estes recíbeos como se trataran de auténticos monarcas.
Espazo e tempo En canto ao espazo, Erri de Luca ambienta a novela nun lugar e unha época concretas: a mediados do século XX, nun país de posguerra, Italia, e máis especificamente no barrio de Montedidido, realizando unha exhaustiva introspección na vida da veciñanza. Céntrase, sobre todo, nunha rúa e nun edificio cunha ampla terraza con lavadoiros, un balcón desde onde se pode albiscar o barrio, o peirao e o volcán Vesubio, que asiste,
170
como un animal ancestral, ao seu trasfego diario. Erri de Luca preséntanos un espazo idílico, un verxel de bondade, un barrio ao pé dun volcán, e só ascendendo a el, por enriba do seu cráter de xofre e cinzas, se pode divisar con maior nitidez o rostro de Deus. No tempo insistimos que nos atopamos na Italia de posguerra a mediados do século XX.
;
Propostas didácticas
1 ANÁLISE PREVIA a) Observa o título, que che suxire? Busca información en internet para facerte unha idea de cal é a intención do autor ao optar por ese título. b) Le con atención a sinopse que aparece na contraportada. Cres que é un bo incentivo para comezar a lectura? c) Coñeces o autor? Le a breve nota biográfica que aparece na lapela interior e redacta un texto sobre a impresión que che deu o autor. Podes, a través da súa biografía, facerte unha idea sobre o que vas ler? d) Escribe un pequeno texto sobre a sinopse e retómao despois da lectura para comprobar o efecto que che causou. e) A obra é unha tradución. Cal é o papel que desempeña o tradutor?
2 ANÁLISE DURANTE A LECTURA DA OBRA Comprensión lectora Dedicatoria a) A que cres que se refire o autor cando fai referencia á mestura de sangues? b) A que se refire cando menciona o milagre de Nápoles? c) Que poden anticipar os datos anteriores con respecto á lectura? O verán a) Que trazos da condición social quedan perfilados na primeira páxina da novela? b) Como os reflicte o autor?
171
c) A que se refire o autor cando sinala que “neste barrio de ruelas que se chama Montedidio se queres cuspir no chan non atopas un sitio libre entre os pés”? d) Con que trazos físicos queda patente a chegada do protagonista á adolescencia? e) Cal é a orixe do búmerang do protagonista e o hulahop de María? Que papel desempeñaron os americanos en Italia a fins da Segunda Guerra Mundial? f ) Por que razón devece o protagonista por lanzar o búmerang cara ao ceo de Montedidio? g) Que significa, ao teu xuízo, a aparición dos espíritos na terraza? h) Cal é a orixe de Rafaniello? De que foxe? Cal é a súa relixión? Que lles sucedeu aos xudeus durante o Holocausto? i) Por que a nai di na páxina 22 que “a miña Italia está en América, onde vive media familia miña”? j) Que agocha debaixo da chepa Rafaniello? Por que motivo cres que o anxo lle di que as conseguiu para poder voar a Xerusalén? k) Que sensación esperta María no protagonista? l) Por que di que o búmerang “é unha á de madeira”? Consideras que existe algún paralelismo coas ás que lle medran na chepa a Rafaniello? O outono a) Que nos revela a relación entre María e o caseiro? b) A que se refire María cando lle di ao protagonista: “Ti impórtasme”? c)Os dous amantes maduran con rapidez, na páxina 55 que se nos revela na frase: “ a min faríame falta un confesor de trece anos que comprenda o noxo, a nosa idade, que somos bonecos en mans dos maiores, non contamos para nada”. d) Que paralelismo cres que existe entre o búmerang e Deus na páxina 63 cando o protagonista recolle no seu diario: “Rafaniello di que pola nosa insistencia a Deus non lle queda máis remedio que existir, polas nosas oracións ten oído, polas nosas bágoas ven os seus ollos, pola nosa alegría asoma o seu sorriso. Como o búmerang, penso: polo exercicio prepárase o lanzamento, pero a fe pode obterse con adestramento?. e) Con que trazos queda caracterizada a nai do protagonista? Que se nos mostra sobre o seu carácter? f ) Que vínculo se forxa entre o protagonista e Rafaniello cando lle confesa que o que morre déixalles en herdanza a historia aos fillos, aos familiares.(...) Eu cóntocha porque vou partir en breve, cando rebente esta chepa de ósos e plumas”.
172
O Nadal a) Analiza a seguinte frase: “Non foi á escola, por iso papá valora tanto a educación, para que eu non acabe na rúa, para que non quede alí”. b) Cres que a educación xogou un papel relevante para acadar a igualdade social? Por que?. c)Existe algún tipo de relación segundo o teu criterio entre “un anaco de madeira da arca da alianza” que lanzará un napolitano ao ceo e o búmerang do protagonista cando Rafaniello lle confesa na páxina 86 tras preguntarlle cando voará cara a Xerusalén: “Cando queira a madeira da arca da alianza, foi o que me dixo o anxo. estou preparado para a derradeira noite do ano. Os napolitanos tiran as cousas vellas. Un deles tirará sen o saber un anaco de madeira da arca”. d)Que representa a aparición de don Cicio, o porteiro? e) Na páxina 132 cóntase unha fermosa alegoría sobre a oración. Que significa e que lugar ocupa dentro do contexto da novela? f ) A medida que medra o protagonista vai experimentando tanto cambios físicos coma emocionais, descobre o amor pero tamén o odio. Quen é o albo da súa furia? g) Quen cres que é esa sombra que o protagonista guinda pola terraza a noite de aninovo?
3 ANÁLISE TRAS A LECTURA Propostas didácticas de carácter global 3.1 A obra a) Realiza unha valoración persoal da obra. b) Que che pareceu a súa trama argumental? Cres que é sinxela ou complexa? c) Cres que se trata dunha novela ben estruturada? d) Paréceche que os personaxes están ben caracterizados? Quen son os personaxes principais? E os secundarios?. e) Indica cal é o tema principal da novela? E os secundarios? g) O sangue é un dos motivos principais da obra. Analiza o seguinte texto: Por cambiar de tema dígolle: sabe, don Rafaniello, vostede fixo a mesma viaxe que santa Patrizia. Tamén ela quería ir a Xerusalén e unha tempestade fixo que desembarcase en Nápoles. Cóntolle a historia da santa, morreu nova en Nápoles e deixou un
173
sangue milagroso, licúase e ao momento coagúlase, moito máis rápido ca o de san Gennaro. Rafaniello parece interesado. Quere saber como saíu o sangue da santa Patrizia? Unha noite un devoto forzou a sepultura e cunhas tenaces arrincoulle un dente á santa para gardalo como reliquia. Entón ela, despois de levar cen anos morta, comezou a deitar sangue pola enxiva, metérono nunha ampola e así comezou o milagre. Don Rafaniè, aquí pasan cousas que se un as conta tómano por parvo, pero aínda así pasan. Esta cidade é toda ela un segredo. “Este á unha cidade de sangues”, di, “coma Xerusalén”. É, si, aquí teñen unha fixación co sangue, a xente méteo nas blasfemias, nos insultos, mesmo o como cocido e despois vaino venerar ás igrexas. As mulleres, sobre todo, devecen por nomealo, `o sang. E mesmo a salsa dos domingos é tan escura, espesa, que se asemella. 1. Por que lle di que realizou a mesma viaxe que santa Patrizia? Por que se trata dunha santa, a Patroa de Nápoles, que no século VII renunciou á coroa de Constantinopla, entregou os seus bens aos pobres e emprendeu a peregrinación cara á Terra santa. Unha treboada provocou o seu barco naufragase na costa de Nápoles, fica da illa de Megaride onde morre tras unha breve enfermidade. A historia que relata sobre o devoto que lle arrinca un dente cunhas tenaces para gardalo como reliquia pertence ao acervo cultural popular. O sangue que verteu é considerado un milagre. O protagonista dálle a calidade de santo debido ao seu carácter bondadoso, e ao igual que santa Patrizia desexa ir a Xerusalén. 2. A cidade adquire no texto unha dimensión mística e enigmática, a que cres que é debido? Sobre todo ao seu pasado, non só non concernente ás haxiografías, á vida dos santos, senón a aspectos clarificadores na novela como o rexeitamento da ocupación alemá durante a Segunda Guerra Mundial e ao forte vínculo que se establece ante as adversidades entre todos cantos viven no barrio de Montedidio, onde prima a solidariedade. 3. Que simboliza o sangue? Simboliza a mestura de sangues, a mestizaxe de diferentes pobos, e todo concentrado no barrio de Montedidio. Cabe ter conta que o propio autor é de orixe norteamericana, e que ao longo guerra Nápoles foi un porto de acollida de americanos, un auténtico lupanar, e que, incluso os propios italianos emigraban cara a América na procura dun futuro máis alentador. O sangue é doador de vida e morte, na novela adquire un rango de confraternidade entre os seres humanos, por iso esta en boca de todos, na linguaxe, na veneración divina e na gastronomía. 3.2 Os temas transversais Na novela atopamos varios temas que vertebran o eixe fundamental do argumento: un dos temas máis importantes é o tema da emigración. 1. Que significa emigración.
174
2. En que se diferencia do exilio? 3. Que motivos lles impulsan aos emigrantes da posguerra a trasladarse a outro país? Outro dos temas importantes da obra é o Holocausto, xa que é a causa principal pola que Rafaniello recale en Montedidio. 1. Que foi o Holocausto? 2. Como logrou sobre vivir Rafaniello no seu país de orixe? 3. Que consecuencias tivo para os xudeus? Outro tema a tratar o constitúe a diferenza entre as clases sociais durante a posguerra. A educación era unha porta aberta para poder ascender no escala social. 1. Que ocorre coa linguaxe, esa preocupante diglosia ao que se refire o protagonista entre o napolitano e o italiano? 2. Cres que se asemella á situación que se vive actualmente entre o galego e o castelán? 3. Cal é a túa opinión sobre a explotación laboral infantil? Propón medidas para remediala.
175