CONTEMPORÁNEA
UNHA LECTORA FÓRA DO COMÚN Alan Bennett
Tradución de Moisés Barcia
Guía de lectura
221
Ficha técnica
Título: UNHA LECTORA FÓRA DO COMÚN Ano de publicación: 2010 Autor: Alan Bennett Tradución: Moisés Barcia Editorial: Rinoceronte Editora Colección: Contemporánea n.º de páxinas: 90 ISBN: 978-84-92866-04-5 Target: A partir de 4º de ESO.
Z
O autor
Alan Bennet (Leeds, 1934) é un autor difícil de clasificar, xa que a súa prolífica produción inclúe series e programas de televisión, guións para películas de cine, obras de teatro, xornalismo e, dende hai unha década, tamén prosa. Recoñecido mestre do monólogo en televisión, as súas series Un inglés no estranxeiro e Talking Heads atópanse entre os maiores logros da BBC británica de todos os tempos. Como dramaturgo é autor de pezas teatrais moi celebradas, como Habeas Corpus, Kafka's Dick ou A loucura do Rei Xurxo (levada posteriormente ao cine). Tamén realizou o guión da longametraxe Ábrete de orellas, dirixida por Stephen Frears, sobre a vida do dramaturgo Joe Orton. Alan Bennett, na súa produtiva obra, acadou numerosísimos premios e con esta novela foi preseleccionado para o premio de literatura cómica Bollinger Everyman Wodehouse no ano 2008 e para o premio Booksellers Association Independent Booksellers' Book Prize.
222
'
A tradutora
Ademais desta novela de Alan Bennet, Moisés Barcia conta con varias traducións de diversos autores como Deshonra de John Maxwell Coetzee (Rinoceronte Editora), O curioso incidente do can á media noite de Mark Haddon (Rinoceronte Editora), Decamerón de Giovanni Boccaccio (Rinoceronte Editora), A derradeira bágoa de Stefano Benni (Editorial Laiovento), Gramática del silencio de Eusebio Lorenzo Baleirón (Rinoceronte Editora), A guerra dos elfos de J. H. Brennan (Edicións Xerais de Galicia), O hobbit de J.R.R. Tolkien (Edicións Xerais de Galicia), Larga noche de piedra de Celso Emilio Ferreiro (Rinoceronte Editora), As leis fundamentais da estupidez humana de Carlo M. Cipolla (Rinoceronte Editora), Oliver Twist de Charles Dickens (Editorial Galaxia), Poesías do desamor de Cesare Pavese (Rinoceronte Editora) e O señor dos aneis de J.R.R. Tolkien (Edicións Xerais de Galicia).
Trama
Esta novela relata como a raíña de Inglaterra Isabel II se converte nunha obsesiva lectora que devora libros, aconsellada polo seu axudante literario Norman. Todo comeza cando un mércores pola tarde escoita ladrar os seus cans sen descanso e, preocupada polo balbordo que crean, vai tras eles para calmalos. Diante da porta da cociña descobre un furgón aparcado. Este furgón é unha biblioteca móbil do concello de Westminster, que acode a Buckingham todos os mércores, e en cincuenta anos de reinado, nunca soubera da súa existencia. Alí coñece a Norman, un aprendiz que traballa na cociña do palacio. Aconsellada por el e mais polo bibliotecario, decide levar un libro para ler. Non lle parecía adecuado marchar de alí sen nada nas mans, o deber sempre se antepuxera aos seus desexos persoais. Comezou cunha escritora que ela mesma coñecía, Ivy Compton-Burnett, logo pasou a Proust, Genet... Pouco a pouco, e sempre aconsellada por Norman, a quen ascendera da cociña e puxera ao carón do seu despacho, comeza a 223
ler todo tipo de libros que logo comenta con Norman. A lectura convértese nun pracer tan grande para ela que, pouco a pouco, vai desviando as súas obrigas e deberes como raíña para poder ter tempo para ler. Este feito non é ben recibido en palacio, sobre todo polo seu asesor legal Sir Kevin, que aproveita unha viaxe da raíña a Canadá para enviar a Norman á Universidade. Norman acepta a desgana esta oferta crendo que a raíña xa non precisaba dos seus consellos. Tras a marcha de Norman, a raíña segue coas súas lecturas, o conselleiro real, os ministros e mesmo o duque de Windsor están moi preocupados pola actitude da raíña, que chega a preguntarlles aos seus súbitos cales son as súas lecturas favoritas durante as comitiva reais. A personalidade da raíña, tantas veces fría e distante, cambia e convértese nunha raíña que entende mellor os seus súbitos, todo grazas á lectura, pero chega un día en que se dá conta de que ler non é suficiente para marcar a historia. Dáse conta de que o lector é un simple espectador e decide escribir un libro. Reúne a todos os conselleiros reais e ministros que estiveron con ela nestes cincuenta anos e cóntalles cales son as súas intencións. O primeiro ministro alporízase e dille que ninguén dos seus antepasados fixera tal cousa sen abdicar e ela respóndelle que, efectivamente, así fora e que así é tamén a súa intención.
Personaxes 1 Personaxes principais ISABEL II É a protagonista desta novela. A historia da novela é fantástica, pero a protagonista é real. A raíña en todo momento é tratada con respecto e o autor soubo caracterizar moi ben os sentimentos deste personaxe respecto os seus deberes e as súas obrigas de servizo ao pobo. Grazas á lectura vemos como van cambiando as súas prioridades e mesmo o seu carácter. O final inesperado da novela indica ata que punto a literatura influíu na vida da raíña. NORMAN SEAKINGS Norman é o rapaz que traballaba na cociña e que pronto se converteu no axudante literario da raíña. Visto por moitos con malos ollos, Norman comparte a súa afección con ela con moita devoción, pero séntese defraudado cando Sir Kevin o envía á Universidade. Co tempo todo volve ao seu sitio, pois descuberta a trampa de Sir Kevin, Norman volve a palacio e Sir Kevin é enviado de volta a Nova Zelandia.
224
2 Personaxes secundarios SEÑOR HUTCHINGS É o bibliotecario do furgón de Westminster. Aconsella á raíña nas súas primeiras lecturas e, a pesar de redactar un informe indicando que contaba coa raíña entre as súas fieis visitas, non pode impedir que eliminen este servizo de biblioteca móbil. SIR KEVIN SCATCHARD É o conselleiro real da raíña. Non soporta a nova faceta da monarca porque desvía a súa atención, e tampouco soporta a Norman porque se converte no seu asesor literario. Engana a ambos os dous para acabar coa afección da lectura, pero co tempo todo se descobre e el é enviado de volta a Nova Zelandia, país de onde veu e de onde detesta que lle fale a raíña. DUQUE DE EDIMBURGO É o home da raíña. O seu papel non é transcendente na trama argumental, aparece acompañando a raíña nos actos oficias e reclamándolle máis atención aos súbditos fronte a lectura. PRIMEIRO MINISTRO É un personaxe do que nos se nos ofrece o nome. Reúnese cada martes coa raíña e tamén ve que cada vez lle fai menos caso. Ese ano a raíña quería falar de literatura na mensaxe de Nadal, ao primeiro ministro pareceulle unha tolemia, pero por sorte e alivio dos homes do palacio, todo saíu ben. SIR CLAUDE POLLINGTON Este personaxe é chamado polos conselleiros de palacio para que disuada á raíña de ler libros. É un home xa moi maior, que serviu en palacio ata a súa retirada. A raíña sempre lle fixo moito caso e sir Kevin e os demais agardaban que lle fixese caso, pero non foi así o que sucedeu.
Espazo e tempo O espazo e o tempo veñen moi ben definidos debido á historia da novela, que se basea nun personaxe real. O espazo onde se desenvolve a trama percorre principalmente o pa-
225
lacio de Buckingham, vivenda oficial da casa real en Inglaterra. Tamén existen referencias espaciais de lugares londinenses como Westminster, Windsor ou incluso de fóra de Londres como Escocia. Fóra de Inglaterra a raíña viaxa a Canadá e outro país mencionado na novela é Nova Zelandia, todos forman parte da CommonWealth. Respecto o tempo, é doado identificalo porque a novela remata coa festa do seu aniversario, onde fai oitenta anos. Se a raíña naceu no ano 1926, atopámonos no ano 2006. A trama argumental desenvólvese nun período aproximado dun ano e uns meses, polo tanto a trama comeza a finais do 2004 e desenvólvese no 2005. Temos referencias temporais que nolo indican como expresións da propia protagonista (páx. 38) ou referencias ás estacións do ano (páx. 48), desde que inicia a súa afección pola lectura ata que fai a festa de aniversario e anuncia que vai abdicar.
;
Propostas didácticas
1 ANÁLISE PREVIA a) Observa quen é o autor do libro. Coñeces a súa obra? Le a información que ofrece o libro sobre el e elabora un pequeno informe sobre a súa vida e a súa bibliografía. Podes axudarte de internet. b) Esta obra é unha tradución. Cal é o papel que desempeña o tradutor? c) Le o título da obra, que che suxire? Que temas cres que se van tratar? d) Elabora a túa propia historia baseándote na sinopse que aparece na contracuberta do libro. Unha vez rematada a lectura compara a túa historia coa do libro, son semellantes? En que coinciden e en que difiren?
2 ANÁLISE DURANTE A LECTURA DA OBRA Comprensión lectora Dada a brevidade da lectura, faremos as preguntas da comprensión lectora todas seguidas: a) Quen é o personaxe principal? Cres que a súa forma de ser se corresponde coa vida real? b) Que vehículo viña todos os mércores? Que lle pasou despois? c) Quen é Norman? En que axuda á raíña?
226
d) Que afección desenvolve fanaticamente a monarca? e) Que consecuencias implica para o seu cargo? f ) Por que Sir Kevin detesta a afección da raíña? g) De onde é Sir Kevin? Que odia da raíña respecto a súa procedencia? h) Que lle pasou a Norman? Onde o enviaron e por que? i) Que lle pareceu a el? E á raíña? j) Que cambio na personalidade notan os seus súbditos e a xente do palacio? k) Quen é Sir Claude? Que intenta? l) Por que volve Norman? m)Por que decide escribir? Que significa para ela "non teño voz"? an Para que fixo a raíña a súa festa de aniversario? Que gran noticia nos desvela o final?
3 ANÁLISE TRAS A LECTURA Propostas didácticas de carácter global 3.1 A obra a) Elabora unha valoración crítica pormenorizada da obra. b) Que che pareceu a trama argumental? c) Cres que é unha novela ben estruturada? d) Cales cres que son os temas que se desenvolven ao longo da obra? Poderías facer unha distinción entre temas principais e secundarios? e) Pensas que os personaxes están ben caracterizados? Quen son os personaxes principais? E os secundarios? Analiza a protagonista da novela. Que trazos a caracterizan? Nesta obra temos personaxes reais nunha historia fantástica. Que che parece este recurso? f ) Cal é a importancia da función pública que desempeña a protagonista? Marca este feito a novela? g) Comentario de texto: Se lle preguntasen se a lectura enriquecera a súa vida respondería que si, sen dúbida, aínda que engadiría con igual certeza que ó mesmo tempo lle baleirara a vida de todo propósito. Noutrora fora unha muller segura de si mesma e audaz, coñecedora do seu
227
deber e disposta a cumprilo todo o tempo que puidese. Agora había moitas ocasións en que dubidaba. Ler non era actuar, ese fora sempre o problema. E malia a súa idade ela seguía a ser das que actúan. Volveu acende-la luz, colleu o caderno e escribiu: "Un non pon a vida nos seus libros. Atópaa neles". 1. Por que a lectura enriqueceu a súa vida? ? Porque lle descubriu un mundo novo cheo de coñecementos e aventuras do que ata o momento non era consciente. A lectura tratábaa coma unha igual, e iso é algo que a raíña non estaba acostumada e que lle parecía fascinante. 2. Por que a baleiraba de todo propósito? Porque centraba toda a súa atención, sen importarlle os seus actos oficias e as súas comitivas. 3. Por que a lectura fixo cambiar a súa personalidade? Porque o seu casamento é un trato puramente comercial, non ten nada que ver co amor nin cos sentimentos, e ambos os dous sábeno. 4. Por que ela “seguía a ser das que actúan”? Para asegurarlle un futuro e protexelo de todas as agresións que poida sufrir alí. Baixo o amparo de Petrus sería improbable que os volvesen asaltar. 5. Que significa a última frase? ? Significa que coa lectura descubriu un mundo totalmente alleo a ela. Un mundo que lle ofreceu sabedoría, humanidade e humildade. A pesar de entregarse a esta afección moi tardiamente, a raíña soubo aproveitar as ensinanzas dos seus libros e aplicalas á súa vida persoal e profesional. Mellorou o seu trato cos demais e enriqueceu a súa vida persoal. 3.2 Os temas transversais O tema principal da novela é a lectura. A devoción pola lectura da raíña marca a trama argumental da novela. 1. Por que a protagonista se obsesiona cos libros? Que significa para ela este novo mundo? 2. Es un lector habitual? Que tipo de libros adoitas ler? 3. Que connotacións positivas implica a lectura? Cres que ten algunha negativa? 4. Cal é o teu libro favorito? De que trata? 5. Que opinas sobre as campañas de animación á lectura? 6. Estás de acordo coa obrigatoriedade dos libros de lectura en materias como Literatura?
228
7. A que cres que se debe que tanto nenos coma maiores non vexan na literatura unha boa opción de ocio? O tema da monarquía tamén é salientable nesta obra. 1. A raíña de Inglaterra exerce de monarca en todo o país. Que significa isto? Cales son as responsabilidades do seu cargo? 2. Que tipo de monarquía existe en Inglaterra? E en España? 3. Define os termos de monarquía e república. 4. Houbo en España república algunha vez? Busca información e elabora un pequeno mapa político do que sucedeu en España durante o século XX. Outro tema que se menciona na obra aparece en Norman. Este rapaz é homosexual e só escolle para as súas lecturas autores que tamén o sexan. A homosexualidade tamén é un bo tema transversal co que pode traballar. 1. Que é a homosexualidade? E o homosexualismo? 2. Como se define a homosexualidade entre homes' E Entre mulleres? 3. Que é a bisexualidade? E a transexualidade? 4. Cres que hoxe en día aínda permanecen na nosa sociedade prexuízos contra esta orientación sexual? En que o notas? 5. España foi un dos países da Unión Europea, e de todo o mundo, que marcou un fito histórico neste tema. Saberías dicir por que? 6. Entra na páxina http://www.colegaweb.org/ e infórmate da súa activade. Elabora a continuación un informe que explique que é, que denuncian, cales son os seus obxectivos etc.
229