Gc20

Page 1

GuĂ­a de lectura

189


Ficha técnica

Título: Ano de publicación: Autora: Tradución:

DEZ 2010 Andrej Longo María Cristina González Pi-

ñeiro Editorial: Colección: n.º de páxinas: ISBN: Target:

Z

Rinoceronte Editora Contemporánea 152 978-84-936413-8-2 1º e 2º de Bacharelato.

O autor

Nado hai case cincuenta anos na illa de Ischia, en Italia, situada en fronte de Nápoles, cidade onde se desenvolve a trama da novela, Andrej Longo debe o seu nome á devoción do seu pai por Guerra e Paz, a novela do famoso escritor ruso León Tolstói, pois Andrej Bolkonski é un dos personaxes da obra. Longo, que vive actualmente en Roma, estudou letras en Boloña e despois traballou como socorrista, camareiro e cociñeiro. Hoxe en día alterna a súa actividade de escritor, guionista e dramaturgo co oficio de pizzeiro e as partidas de xadrez. Antes de que a casa Adelphi recoñecese o valor literario de Dez, esta obra fora descartada por once editoriais diferentes. Actualmente, esta novela conta co Premio Bagutta e o Premio de Piero Chiara. Outros títulos do mesmo autor son Prima o poi torneró, Più o meno alle tre, Adelante ou Chi ha ucciso Sarah?

190


'

A tradutora

Cristina González Piñeiro é unha tradutora que conta con diferentes traballos tanto en Rinoceronte Editora coma noutras editoriais. Especializada en italiano, é a tradutora de Manu Chao, música e liberdade de Alessandro Robecchi (Edicións Xerais de Galicia); Montedidio de Erri de Luca (Rinoceronte Editora); Pericle o Negro de Giuseppe Ferrandino (Rinoceronte Editora) e Seda de Alessandro Baricco (Rinoceronte Editora).

Trama e personaxes

Esta novela está configurada por dez pequenas historias que comparten un espazo común. Son dez historias de xente que vive en Nápoles, Italia. Desvélasenos unha visión da cidade cruel e violenta. Todas as historias teñen un sabor amargo, marcado pola corrupción e a extorsión. Cada historia vai introducida con un dos dez Mandamentos da relixión cristiá, cada Mandamento está relacionado coa historia que relata, pero non se trata dunha relación directa, senón que se dá un paradoxo un tanto rebuscado entre a historia e o Mandamento. O autor sérvese destas pequenas historias para levar a cabo unha denuncia social. Relata de forma moi gráfica como é a vida en Nápoles a día de hoxe, con mafias, corrupción, roubos e moita violencia. Cada personaxe, cada historia vive a súa miseria particular. UN: Amarás a Deus sobre todas as cousas Esta é a historia dunha parella de mozos novos, Papiliú e Vanessa, que un día decide saír de festa. A rapaza é tan guapa que axiña chama a atención de varios dos tipos que roldan o local. A pelexa, mesmo con navallas, está a piques de comezar no aparcadoiro da discoteca cando Giggino Mezzanotte, o mafioso, aparece alí. Salva os dous mozos e automaticamente o mozo xa queda en débeda co mafioso. VANESSA: é unha das protagonistas da novela canda o seu mozo. É moi guapa e nova. É un pouco infantil e inocente, pois prefire saír o sábado para pasalo ben sabendo que é perigoso para ela. 191


PAPILÚ: É o mozo de Vanessa e o outro protagonista. A pesar de ser tamén un rapaz novo, é consciente da realidade da cidade e non quere saír os sábados. Ao comezo do capítulo ofrécenos unha visión moi gráfica da mafia que opera na cidade, el é responsable e maduro, sabe que debe estar lonxe do mafioso para non ter problemas. TRES RAPACES DA DISCOTECA: estes rapaces son tres mozos que non reparan á hora de ter pelexa e quitar as navallas. Forman parte desta Nápoles violenta. Son os antagonistas de Papiliú. GIGGINO MEZZANOTTE: é o mafioso que goberna parte da cidade. Papiliú non quere ter contacto con el e ao final non tivo máis remedio que entrar no seu sistema. DOUS: Non tomarás o nome de Deus en van Esta é a historia dun rapaz que se fixo rico e famoso grazas ás súas dotes como cantante. A Savé íalle todo moi ben ata que pouco a pouco se foi metendo no mundo da drogadicción. Acaba os seus días como cobaia experimental dos narcos que traen mercancía nova e lla dan para que a probe. SAVÉ: é o protagonista absoluto deste relato. Grazas á súa espléndida voz consegue moita sona e diñeiro. A súa ambición lévano a entrar nun trato de favores relacionado co contrabando de narcóticos. El mesmo acaba completamente adicto, con débedas importantes e facendo de cobaia humana. Representa a consecuencia da droga, o que o tivo todo e o perdeu debido á drogadicción. DONO DA MANSIÓN: É o mafioso deste relato. Non se nos dá o nome. Ofrécelle axuda a Savé na súa carreira musical, pero os xuros foron demasiado caros. Isto é o que adoita pasar co trato cos mafiosos. MULLER DO POLÍTICO: simplemente representa a ambición de Savé. Deitouse con ela porque era a muller dun político e quería ir ao festival de Sanremo, pero a muller aproveitouse del e non lle ofreceu nada a cambio. TRES: Santificarás as festas Este relato narra a vida dun matrimonio que vive afastado por culpa do traballo. O home, Enzuccio, vai á casa todos os martes e é o único día que pode ver a súa muller e a súa filla Francesca. non especifica de que traballa Enzuccio. ENZUCCIO: é o home deste matrimonio que vive separado por culpa do traballo. Adora a súa familia pero só a pode ver un día á semana. CIUCIÚ: é a muller de Enzuccio, devece por ter o seu home na casa e así nolo demostra co cariño con que fai as cousas o día que vén el. FRANCESCA: é a filla do matrimonio, apenas sae para saudar o seu pai.

192


CATRO: Honrarás o teu pai e a túa nai Neste relato vemos a historia de dous irmáns, Ciro e Michele, que viven coa súa nai impedida e enferma. Un día chega Michele á casa e ve que o seu irmán asfixiara a súa nai. Quedaran en facelo, pero Michele sorpréndese moito porque non agardaba que o seu irmán fose capaz. CIRO: é o menor destes irmáns e o que mata a nai. Sorpréndese da facilidade coa que é capaz de matala. Agarda tranquilo a que chegue o irmán e vexa o que fixo. MICHELE: é o irmán maior. Case mata o seu irmán ao ver o que fixo. Súa nai morría coas dores que tiña, pero el nunca sería capaz de facelo, a pesar de acordar que a matarían para aliviarlle o sufrimento. CINCO: Non matarás Esta historia conta como un home que vive coa súa muller Rosaria e o seu fillo Diego viven felizmente na súa casa, pero en realidade o pai anda fuxido de alguén, non se especifica na novela quen, pero enténdese que da mafia, e un día decide dar un paseo co seu fillo ao parque de atraccións. En todo momento vemos a agonía do home, desconfiando de todo e de todos e como ao final, cando agarra o seu fillo no colo, sente a súa pistola entre el e o seu fillo e pensa que non quere unha vida como a del para o seu fillo. PAPÁ: este é o nome que se nos dá. Foxe dalgunha mafia e está agachado na súa casa, pero non pode resistir a tentación de saír de paseo co seu fillo. En todo momento está alerta e incluso case dispara contra dous rapaces que non tiñan nada que ver con el. DIEGO: é o neno pequeno fillo do matrimonio. Representa a inocencia, pois non é consciente da situación do pai e o seu único desexo é saír con el. ROSARIA: é a muller deste matrimonio. Anóxase co home cando decidesaír, pois sabe que o poden matar en calquera momento. SEIS: Non cometerás actos impuros Rosa é unha rapaza moi guapa, noviña á que lle gusta vestir moi provocativa. A súa historia, como a dos demais personaxes da novela, tamén está marcada pola desgraza. Neste relato o autor describe como Rosa vai abortar clandestinamente e o mal que o pasa no momento e no postoperatorio. Rosa inda non ten catorce anos. Despois de ser acosada varias veces consegue ter tranquilidade dentro dunha igrexa. ROSA: é a protagonista da historia. Unha vítima máis da sociedade en que vive. Con trece anos xa ten ir abortar e completamente consciente da dura realidade que a arrodea. Consegue ter paz dentro dunha igrexa, lonxe dos homes que a acosan, lonxe da realidade. CAMAREIRO: representa o máis baixo da sociedade. Un home que ve unha rapaciña vestida de forma provocativa e só pensa en manter relacións con ela. CURA: este personaxe intentou axudar a Rosa. Non quixo abusar dela como os demais.

193


SETE: Non roubarás Esta é a historia dun rapaz habituado a roubar para subsistir. Un día decide roubar a pensión dun vello que sempre anda a pasear co seu can. Obsérvao e calcula con precisión os seus pasos. O día de cobro vai atracalo e os dous teñen un enfrontamento duro que remata co vello en coma debido a dúas puñaladas. Tras varias semanas en coma e coa agonía do protagonista porque non sabía se a policía iría tras del ou non, un día ve pola xanela o vello paseando co seu can coma se nada. Vai correndo onda el cheo de carraxe e case queda mudo ó vela actitude do vello, que fixo que liscase de alí e fíxoo reflexionar sobre a vida que levaba. PROTAGONISTA: é un rapaz acostumado a roubar, sen moitos escrúpulos. Vive coa súa nai e sempre anda buscando algún ao que poida roubar. Séntese o amo do mundo impoñendo a súa lei do medo coa navalla na man. VELLO: é o señor ao que rouba o protagonista. Non lle quixo dar os cartos e logo dunha pelexa acabou en coma con dúas navalladas. Despois dun tempo recuperouse e volveu facer o emso que facía antes. Fai reflexionar ao protagonista porque non ten medo, non lle ten respecto, e isto ao protagonista nunca lle pasara. Pinuccio, Tonino, Jessica: son os personaxes secundarios destas historia, personaxes coma el, resignados e vítimas da sociedade, sen moitas opcións de futuro porque tampouco as buscan. OITO: Non dirás falso testemuño nin mentirás Esta historia é a de dous amigos que se atopan despois de tres anos, Riccá e Nicó. Riccardo estivo en Afganistán e cóntalle ao seu amigo como é a vida alí. O encontro destes dous amigos en Nápoles desenvólvese sobre todo a través de conversas que teñen no coche de camiño a un pizzería. Diríxense un local ao que habituaban ir antes de marchar. Tras unha boa cea deciden coller o coche a marchar. No coche falan de como cambiou a vida de Nápoles. Riccá está sorprendido dos roubos e da violencia que existe agora na cidade, Nicó asente e reflexiona sobre como cando estás fóra notas o cambio namentres que se segues dentro non notas nada e as cousas van mudando progresivamente. Chegan a unha gasolineira e Nico para a botar combustible. Saen do coche e de súpeto o coche ponse en marcha. Riccá consegue agarrarse á ventaíña do coche. Nicó berra desesperado para que Riccá deixe marchar o coche e que non lle pase nada, pero a arrincada forte do mercedes fai que Riccá saia disparado e bata coa cabeza nun muro producindo un ruído que entendemos como aniquilador. RICCÁ: é un dos protagonistas. Despois de tres anos volve ao seu país, á súa cidade, pero atópaa moi cambiada. A pesar de vir da guerra, el nota a cidade moi violenta, marxinal. precisamente el será vítima desa violencia.

194


NICÓ: é o outro protagonista. É amigo de Riccá e dáse conta do cambio da cidade grazas a el. Intenta axudalo no momento do roubo do coche, pero non deu resultado. RAFELE: é o dono do restaurante onde van comer. Mario o gardacoches: é o tipo que coida do seu coche a pesar de que eles xa pagaran o aparcadoiro público. Riccá dáse conta da realidade a cidade grazas a el e a actitude do seu amigo. NOVE: Non consentirás pensamentos nin desexos impuros Esta é a historia de Adelina e a súa nai. Están nun cuarto preparándose para a voda de Adelina, aínda que esta non fai máis que chorar desesperada porque non quere casar. A nai ve como a filla chega incluso a querer suicidarse antes de casar co rapaz, de boa posición económica, mais vinculado coa mafia. Ao final deciden saír daquel cuarto finxindo unhas convulsións nerviosas que levan á noiva a saír daquela casa e daquela condena. DONA CARMÈ: é a nai da noiva. Desespérase ante a actitude da filla, mais despois intenta axudala. ADELINA: é a noiva. Quere casar por amor e non por cartos, por iso crea tantalea para que a saquen desa casa. CARMINE ACCIARDI: é o noivo. Non sae como personaxe, senón que só se menciona. É o noivo mafioso rico que quere casar con Adelina. DEZ: Non cobizarás os bens alleos. Esta historia é a de tres delincuentes xuvenís acostumados a roubar e a rexerse pola imposición da lei do medo. Despois de mancar un rapaz no baño dunha discoteca, deciden roubar un coche de luxo que estaba parado mentres o seu dono falaba por teléfono. Colleron o coche pola forza rompéndolle o nariz ao dono do Ferrari e marcharon a todo gas de alí. Ían a toda velocidade polas rúas da cidade e tiveron un accidente. Cando espertaron estaban nun cuarto lúgubre rodeado de homes, incluído o que lle roubaran o coche. Resultou ser un mafioso e os rapaces pagaron caro o seu roubo. REIBÀN: é un dos protagonistas e narrador da historia. Dirixe os seus amigos nesa cuadrilla de delincuentes xuvenís. Ao final está obriga a matar o seu amigo e non dubida en facelo. ROLEX: é outro compoñente da cuadrilla. Adícanse a intimidar e extorsionar a baixo nivel, ata que meten a zoca e rouban o home equivocado. PANZAROTTO: é o terceiro compoñente da cuadrilla. Non realiza actos tan crueis coma os dos seus amigos, pero tamén forma parte das súas trasnadas. É a vítima desta historia.

195


LUCA: é o rapaz que atopan na discoteca e que non dubida en acudir a eles para que impoñan a lei do medo cun rapaz que quere ligar coa súa moza. É un covarde que utiliza a violencia como solución. MAFIOSOS: estes homes son como os rapaces da cuadrilla pero noutro nivel. Utilizan a violencia sen reparos e impoñen a súa lei. Os rapaces pagan caro o roubo do seu coche.

Espazo e tempo Respecto do espazo, a trama da obra desenvólvese na cidade de Nápoles en Italia. Existen moitas referencias espaciais reais ao longo da obra que nos indican a localización da trama: Poggioreale, Pozzuoli, Saverio... A obra ademais é unha obra de denuncia social, unha obra que deixa ver a corrupción e as mafias que existen en Nápoles, que non son produto dunha obra hollywoodiense, por iso identificamos moi ben o espazo. O autor naceu nunha illa moi cerca de Nápoles e coñece ben a cidade. O tempo situámolo na actualidade. Non hai referencias temporais específicas na novela, pero vemos que se trata dunha cidade cosmopolita, grande, con metro, autobuses urbanos... O ano de publicación da novela é o 2007. A partir destes datos que podemos situar a novela no primeiro lustro do 2000.

;

Propostas didácticas

1 ANÁLISE PREVIA a) Observa quen é o autor do libro. Coñeces a súa obra? Le a información que nos ofrece o libro sobre el e elabora un pequeno informe sobre a súa vida e a súa bibliografía. Podes axudarte de internet. b) Le o título da obra, que che suxire? Que temas cres que se van tratar? c) Elabora a túa propia historia baseándote na sinopse que aparece na contraportada do libro. Unha vez rematada a lectura compara a túa historia coa do libro, son semellantes? En que coinciden e en que difiren? d) A obra é unha tradución. Cal é o papel que desempeña o tradutor?

196


2 ANÁLISE DURANTE A LECTURA DA OBRA Comprensión lectora MANDAMENTOS Un a) Como describe Papiliú o lugar onde vive? b) Que incidente lles ocorre ao saír da dsicoteca? c) Que implica para Papiliú a aparición de Mezzanotte? Dous a) Como é a vida do protagonista antes de caer na drogadicción? b) Que intercambio de favores se ven neste relato? c) Como é o final de Savé? Como relata Savé a súa historia? É consciente do que lle pasou? Tres a) Por que pon tanto coidado Ciuciú en prepararlle as cousas ao seu marido? Cres que se levan ben? b) En que traballa Enzuccio? c) Cal é o desexo da súa muller? Catro a) Que fixo Ciro? Por que cres que o fixo? b) Cal foi a reacción de Michele? c) Cres que está xustificada a actuación de Ciro? Cinco a) Por que o pai de Diego non debía saír da casa? b) Por que saíu co fillo a pesar de non poder estar na rúa? c) Como vive o pai o paseo ao parque? Seis a) Quen é Rosa? b) Que lle pasou a Rosa? En que condicións realizou a operación? c) Por que cres que se sente ben na igrexa? Sete a) Como é o protagonista do relato? Cres que está xustificada a súa actitude? 197


b) Que pasou no atraco do vello? c) Que actitude tiña o vello despois do atraco? Oito a) Quen é Nico? E Riccá? De onde vén Riccá? b) Que percibe Riccá ao chegar a Nápoles? c) Que lles pasou na gasolineira? Nove a) Que lle pasaba a Adelina? Que actitude mantiña? b) Nesta voda pesaban máis o amor ou os cartos? c) Como conseguen saír do cuarto? Dez a) Como eran os rapaces protagonistas? b) Que fixeron na discoteca? c) Que lles pasou despois do accidente?

3 ANÁLISE TRAS A LECTURA Propostas didácticas de carácter global 3.1 A obra a) Elabora unha valoración crítica pormenorizada da obra. b) Que che pareceron os relatos? Están en relación as microhistorias? Que teñen en común? c) Cres que é unha novela ben estruturada? Que relación existe entre o título do capítulo e o que acontece? Por que cres que o autor escolleu os Dez Mandamentos para titular os capítulos? d) Que che parecen os personaxes? Están ben caracterizados? Quen son os personaxes de cada historia? e) Cal cres que é o tema fundamental da obra. E os temas secundarios? Que denuncia o autor? f ) Como caracteriza o autor o espazo? Que papel desempeña o espazo nesta novela? g) Comentario de texto:

198


Estudo, polas noites traballo nun bar servindo cafés, e intento non ter problemas con ninguén, sobre todo cos que traballan para Giggino Mezzanotte, que é quen manda en todas as rúas dos arredores. Chámanlle Mezzanotte porque lle gusta a vida nocturna. A Giggino Mezzanotte trátano coma un deus, porque son moitos os que conseguen algo por mediación del. Hai quen trapichea, hai quen agocha xénero ou armas, quen vende falsificacións, quen obtén traballo nalgunha obra ou en empresas de limpeza. Eu, se podo, a Giggino Mezzanotte non lle penso pedir nada nin agora nin nunca, porque unha vez que entraches no sistema estás fodido, e xa non es o dono da túa vida. 1. Por que o protagonista non quere problemas cos homes de Mezzanotte? Porque non quere ter problemas cos homes dun mafioso. Estes homes acostumados á violencia máis brutal, non terían reparo ningún en matalo ou torturalo, por iso é mellor estar lonxe deles. 2. Segundo a información que nos achega o protagonista, quen é Mezzanotte? É un mafioso que controla parte da cidade de Nápoles. É un home con moito poder que pode dirixir a vida dos demais á forza, a través da extorsión ou o trato de favores. 3. Por que di o protagonista " Eu, se podo, a Giggino Mezzanotte non lle penso pedir nada? Porque o feito de estar afastado do mafioso é unha responsabilidade que non recae o 100% nas súas mans, é dicir, o protagonista intentará afastarse del, pero pode chamalo para calquera cousa en calquera momento, e é unha chamada que non pode rexeitar se quere vivir tranquilo. 4. De que "sistema" fala o protagonista? Fala do sistema de mafias que funciona en Nápoles. Un sistema que o autor denuncia reiteradamente en todos os relatos de Dez. Fala do sistema da imposición do medo, a extorsión, os roubos e a violencia que imperan unha vez entraches no seu xogo. Podes entrar por vontade propia ou por obriga, agora ben, para saír só hai un camiño e non o decides ti senón o mafioso, por iso di que "xa non es dono da túa vida". 3.2 Os temas transversais Na novela atopamos varios temas que vertebran o eixe fundamental do argumento: un dos máis importantes é o tema da violencia. A lei do medo que opera na cidade. 1. Todas as historias mostran como operan os mafiosos na cidade, como impoñen a súa lei do medo. Que cres que significa "lei do medo"? 2. Moitos dos personaxes son pequenos ladróns e delincuentes. Cres que está xustificada a súa actuación, que non teñen outra forma de subsistir? 3. Hoxe en día existen numerosas cidades en todo o mundo onde acontece o mesmo ca

199


en Nápoles. Busca pola rede algunha cidade onde goberne a violencia e explica o que alí acontece. 4. Que opción existe para esa xente de non entrar no sistema que os mafiosos crearon? 5. Como solucionarías este problema? Que medidas adoptarías? A novela é unha obra de denuncia social. O autor sérvese da literatura para ensinar o que acontece en Nápoles. 1. Que opinas sobre o uso da literatura como medio de denuncia? Paréceche axeitado? 2. Que outras medios de denuncia coñeces? Explícaos. 3. Cres que son útiles? 4. Como denunciarías ti unha inxustiza? 5. Busca unha obra que tamén sexa de denuncia social e explica o seu argumento e que é o que denuncia. Un dos relatos narra como unha adolescente vai abortar. O aborto é un tema presente nunha destas microhistorias. 1. Elabora un informe sobre o aborto. Recolle información e elabórao dunha forma obxectiva. 2. Que polémica suscita este tema? 3. Cres que unha adolescente debe ter liberdade para abortar libremente? 4. Como levarías a cabo a erradicación das clínicas clandestinas? 5. Como é a lei en España respecto do aborto? Na páxina 69 fálase do dialecto, do napolitano. 1. Que é un dialecto? E unha lingua? 2. Que é a sociolingüística? Quen é o seu máximo representante? 3. En Italia existen numerosos dialectos ademais do italiano oficial, que se corresponde co italiano de Florencia. O tema da lingua en Italia é interesantísimo pola gran cantidade de dialectos que alí existen. Busca información sobre a situación sociolingüística en Italia e realiza un traballo onde expliques cantos dialectos hai, cales son, a súa situación sociolingüística, cal é a norma oficial e por que... 4. Cal é a situación sociolingüística no estado español? Explica de forma pormenorizada o caso galego.

200


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.