Mª do Carme Kruckenberg
Jazz espido Un e dous
BARBANTESA
Sáudo de benvida para Jazz Espido un e dous
Jazz espido foi o fermosísimo título que a sempre pioneira poeta galega Mª do Carme Kruckenberg Sanjurjo nos ofreceu, en edición bilingüe, no ano 1999, en Edicións do Castro, computando o libro número vinte e dous dunha tradición escrita ininterrumpida, iniciada en 1953 coa publicación en Buenas Aires de Las palabras olvidadas e por seguida, xa en galego, en 1956, na Colección Alba, coas Cantigas do vento. Con Jazz espido puidemos gozar, con carácter inédito, dos debuxos de Eva Lloréns –riscos intuitivos do ritmo corporal da muller-, do arquivo sonoro das voces masculinas do jazz que envolven os negros escorzos nus e o reclamo poético emocional de quen ollou o mundo a través da arte poética. Aquel Jazz espido foi, e segue a ser, un froito maduro de conxunción artística das tres grandes paixóns de Mª do Carme Kruckenberg Sanjurjo: poesía, música e debuxo. Un poemario senlleiro, construído desde a fondura da personalísima identidade poética da súa autora, no que ela propia se ve reflectida de maneira sobresaínte, como ten recoñecido na súa recente biografía, Vivir, aventura irrepetibel: “A sombra ergueita, xunto ás Cantigas do vento, Memoria de mi sueño e Jazz espido, estes catro títulos, marcáronme profundamente na miña persoal historia de creación literaria que con tantos momentos e experiencias boas me ten gratificado.”
O legado poético de Mª do Carme non deixou de se acrecentar desde aquel 1999. A constancia e entrega vital ao traballo de creación
5
desta escritora vocacional que precisa, ininterrumpidamente, anotar pensamentos, trasladar sensacións, exportar rabias incontida, transgredir normas xerarquicamente impostas, partillar unha visión propia do mundo que a rodea... Foinos doando ás lectoras e lectores dos seus títulos sucesivos coma un puntual compromiso pactado non escrito, mais sempre agardado. Acadada a trintena de títulos poéticos, neste 2011 a piques de se despedir, esta voz madura, e, ao tempo sempre actual volve sorprendernos, cumprindo, coma sempre fai, a súa palabra poética e humana. Mª do Carme era consciente de que o seu compromiso coa melodía jazzística, que tanto admira e na que se recoñece, non podía ficar incompleto. Xa nolo anunciara no tempo de elaboración da súa biografía: “Interesaríame moitísimo facer aínda un poemario dedicado ás grandes mulleres do Jazz, unha materia que teño pendente conmigo mesma, pero a música non é cousa de homes e mulleres. É difícil dicir cousas diferentes de homes e mulleres que puxeron son e voz ao jazz cando todo é música e non podo dicir o mesmo dúas veces. Resúltame difícil. Podería referirme a cada voz feminina en concreto. Quen o sabe! Non son quen de desbotar a idea. Ao mellor algún día sae. É posíbel.”
E foi posíbel para gran satisfacción do seu lectorado que poderá descubrir agora, neste corpo único aquela edición esgotada e de moi difícil lectura hoxe, xunguida a unha nova proposta arriscada en que o protagonismo feminino é pleno. A música; A melodía; A partitura; A poeta; A voz; A ilustración; A expresión; A arte; Mª do Carme Kruckenberg; Puri del Palacio; Mahalia Jackson; Ella Fitzgerald; Aretha Franklin; Dinah Washington; Cassandra Wilson; Diana Krall; Nina Simone… A palabra, máis que unha vez, a convivir nas súas diferentes expresións desde unha coralidade pluralmente feminina.
6
Asemade, o debuxo, o contorno, o movemento do home acha o seu espazo neste exercicio metodolóxico creativo plural á procura da simbiose fina. Eles e Elas. Elas e Eles. Este conxunto de dezasete agardadas melodías perennes, que aquí se estrean, novamente en edición bilingüe, en que a poeta rende tributo a vidas e interpretacións musicais propias en clave feminina, veñen completar unha marxe pendente nesta fértil e experimentada relación tripartita: poesía – jazz - debuxo. Dezasete suxestivas, dezasete fíos de voz, dezasete melodías interpretativas, dezasete vidas harmonicamente libres. Sempre reconfortablemente inauguradora, grazas tamén máis unha vez á pluma de Mª do Carme Kruckenberg, a poesía galega contemporánea, con esta publicación na que inmensamente nos orgullamos en participar, segue a abrir os brazos á experimentación, a desatrancar as portas do conformismo estético, a superar marxinalidades acoutadoras, a soprar bos ventos de futuro e a converter en centro do mundo o que outros pretenden falsamente camuflar en periferia. Benvidos, pos, estes trinta e catro poemas de Jazz espido Un e dous. Leámolos, bailémolos, pintémolos!
Mercedes Queixas Zas
7
Jazz espido I
Para Alberto Conde, a miña amizade e o meu cariño
E a miña filla cada verso con amor
1 Os arames dos sentimentos vanse desfacendo pola perturbación sensorial dunha vibración teimosa, que envolve a nostalxia do «blues» no sur da trompeta, ata esvaescer os sentidos polo corpo do devezo oculto, que arrastra a sensibilidade do murmurio. Louis Amstrong na invisibilidade da noite arrinca o misterio e o estremecemento da perfección.
Los alambres de los sentimientos / se van deshaciendo por la perturbación sensorial /de una vibración obsesiva / que envuelve la nostalgia del «bIues» / al sur de la trompeta / hasta desvanecer los sentidos / por el cuerpo del ansia oculta / que arrastra la sensibilidad / de un murmullo. / Louis Amstrong en la invisibilidad / de la noche, / arranca el misterio / y el estremecimiento de la perfección.
12
2 O ritmo emocional, crea a busqueda da atmosfera intensa e suxestiva, da expresión asumida pola inhibición dos sentidos que instrumentan a Iiberdade íntima do pensamento. John Coltrane desgrana co saxo un regueiro de estrelas firentes, na pel da luminosidade.
El ritmo emocional, crea / Ia búsqueda de la atmósfera / intensa y sugestiva / de expresión asumida / por la inhibición de los sentidos / que instrumentan la libertad / íntima del pensamiento / John Coltrane desgrana con el saxo / un reguero de estrellas hirientes, / en la piel de la luminosidad.
14