Diván (Antoloxía)

Page 1

Diván (Antoloxía)



I [LI]

Prestade atención, meus amigos, o amor é coma un sol; quen non ama semella unha pedra. Que pode saír dun corazón de pedra? Da súa lingua fumega [veleno; por máis que fale con dozura, as súas palabras semellan [guerra. Arde o corazón no que hai amor e tórnase brando e [maleábel como arxila; os escurecidos corazóns de pedra semellan o máis duro dos [invernos. Á porta dese Sultán, na presenza da Súa Santidade, a estrela dos namorados semella unha sentinela perpetua. Ignora os teus medos, Yunus, e sae desta silveira. o home que fai do amor a súa prioridade semella, á fin, un [dervixe32.

32  Dervixe é unha palabra de orixe persa (darviş, ‘mendigo’) que probabelmente chegou a nós desde a súa versión en turco, derviş. Refírese xenericamente a un membro dunha tariqa, ou confraría relixiosa islámica de carácter ascético. 29


Yunus Emre

II [LXVIII]

É preciso que te aferres ás vestiduras do amor, de xeito que [á fin non remate todo nun ocaso, quen tan só lea un alif 33 do amor, xa non será cuestionado [por ninguén. Se es sensible ás palabras do amor, se ao amor te adhires [dende o fondo da túa alma, esa alma túa será o sacrificio que fagas no camiño do amor, [non as posesións materiais. Esta é a marca que distingue os nobres, se a quixeses coñecer: aínda que fosen nenos, nas súas palabras non hai pecado. Esta é a marca que distingue os sabios, sempre pronta no [corazón de cada un deles: encóntranse entre os que se someten34 e nas súas palabras [non hai dano para ninguén. Non ves a abella? De cada flor extrae o seu valor en mel, mentres que no niño da mosca ou da avelaíña non atoparás [ese mel. Se quixeses perlas ou xoias, ponte ao servizo dos sabios, aínda que o ignorante proferise mil palabras, non valerían 33  Alif é a primeira letra do alfabeto árabe. 34  Taslim é a parte final da oración musulmá, cando o crente di Assalamu alaikum wa rahmatullah (“Sexan contigo a paz e as bendicións de Alá”) a esquerda e dereita. Relaciónase co termo muslim que significa ‘sometido’. Implica que os sometidos voluntariamente aos designios divinos son os que acadan a paz e o acougo espiritual. 30


Diván (Antoloxía)

[tan sequera un miscal.35 Pobre Yunus, nas mans do amor o veleno asasino tórnase [antídoto; sabedoría, obras piadosas, ascetismo e devoción, sen amor [non acadan a categoría do que é lícito.36

35  O miscal era unha unidade de peso para o ouro e outros metais, equivalente a un dirham e medio (4,25 gr). 36  No poema úsase o termo árabe halal, referido a calquera acción, alimento ou obxecto permitido para o musulmán. A súa contrapartida é haram, e equivale a todo o que lle está prohibido. 31


Yunus Emre

III [CCXXXV]

Nada pode existir neste mundo sen coñecer o amor de [maneira evidente; todos somos amantes e temos querenza por algo. Cada un carga coa vergoña de amar a Satanás o Lapidado37 ou ben co mérito de amar o Máis Misericordioso e [Compasivo. O Profeta experimentou este amor no mundo, foi o namorado do Creador, sendo Gabriel intermediario.38 Omar, Osmán e Alí foron os compañeiros de Mustafá, Xunto con Abú Bakar, o máis santo dos catro39.

37  “O Lapidado” é un epíteto para o diaño. Cando Agar, escrava de Abraham, foi abandonada no deserto cerca da Meca co seu fillo Ismaíl, o demo achegouse a ela para tentala e Agar lanzoulle pedras para afastalo. Este fragmento coránico inspirou o ritual da lapidación de Satanás, que forma parte do hajj, a peregrinación obrigatoria á Meca polo menos unha vez na vida. 38  Gabriel é o anxo de Deus que ditaba os versículos do Corán no oído de Mahoma, que este repetía nun transo chamánico para seren anotados, xa que era iletrado. O texto orixinal refírese a el co termo turco tercüman, do árabe tarjuman, que se traduce por ‘intermediario’ ou ‘intérprete’. 39  Mustafá é un dos nomes do profeta Mahoma. Esta estrofa ten grandes implicacións no debate sobre a adscrición de Emre a segundo que corrente do Islam: Abu Bakar, Omar, Osmán e Alí foron os catro primeiros califas (do árabe halifa, ‘representante’), coñecidos como “os ben guiados” polo sunís, a corrente maioritaria. Tras a morte de Alí produciuse o cisma entre sunnitas e xiítas. Así como os sunnitas recoñecen os méritos de Alí, os xiítas só recoñecen a Alí como sucesor válido do profeta por estar emparentado con el como marido da súa filla Fátima, negando a validez dos outros tres. 32


Diván (Antoloxía)

Pola súa Ascensión40, Mahoma alzouse alén da vaidade [mundana; o devezo por Deus é alimento para a comunidade dos [crentes41. Yunus, a Verdade42 foiche decretada, sería lamentábel que non volveses a vista ao que xa viches [cos teus propios ollos.

40  A Ascensión de Mahoma, ou Miraj, foi unha viaxe mística do profeta desde a Meca ao lugar que ocupa hoxe en día a Cúpula da Rocha de Xerusalén e de alí ao ceo, ata serlle dado contemplar a maxestade de Deus. Como referiu a súa esposa Aisha, como testemuña directa, foi unha experiencia mística, non física, xa que en ningún momento abandonou o seu leito na súa casa da Meca. 41  “A comunidade dos crentes” é como traducimos o concepto islámico de Umma, que agrupa todos os musulmáns sen distinción de nacionalidade, sexo, raza ou nivel social. 42  “A verdade”, ou haqiqa, é unha das catro estacións do sufismo para o murit, que é o nome que recibe o que se inicia nesta disciplina: a primeira é a xaría, ou práctica exotérica común a todos os crentes; a segunda é a tariqa, ou camiño esotérico encarnado nas diferentes vías ou confrarías; a terceira é a haqiqa, ou percepción das verdades místicas; e finalmente chégase á maarifa, ou coñecemento final que se adquire a través da unión mística con Deus. 33


Yunus Emre

IV [CXXXIII]

Cheguei cunha pregunta e ninguén soubo recoñecer o meu [estado; falo, escoito, pero non hai quen saiba a miña lingua. A miña lingua é a dun paxaro, o meu coñecemento é o do [Amigo43; son un rousinol e o Amigo é a miña rosa, sabede que esta [miña rosa é imperecedoira. “Ven onda min”, dixo este Amigo, “un cáliz heiche ofrecer”, [dixo; 44 tomei o cáliz e bebín o viño que nel había, e agora o meu [corazón non ha morrer. Non hai para min Sinaí, non hai parada nin lugar ningún [onde me poida deter; a miña invocación é para a Realidade45, xa que semella [imposíbel que poida coñecer o meu lugar. 43  “O Amigo” (dost, no orixinal) representa no sufismo o Amado, é dicir, Deus. No turco contemporáneo esta palabra resérvase para referirse aos amigos máis íntimos. 44  A do viño (şarap, no orixinal) é unha imaxe frecuente na literatura sufí, que pode resultar chocante nun contexto islámico e que, de feito, foi tamén mal entendida por moitos musulmáns coetáneos dos autores que a empregaron. Fai referencia ao estado de embriaguez espiritual que pode embargar un místico. O cáliz é o corazón do que ama. 45  Haqq, termo árabe traducíbel por Verdade ou Realidade (o único real, increado, que existe per se), un dos noventa e nove nomes de Deus, que no sufismo distingue a Divindade da criatura. De aquí en diante traduciremos o termo Haqq como “Deus”. 34


Diván (Antoloxía)

Preguntei que lugar me correspondía. “Se me acompañas [amosareicho”; non hai partícula que permaneza afastada da Realidade, os [meus ollos non poden ver cada obxecto. No monte Sinaí46 ocorreu unha transfiguración, mira as [cousas que realizou Moisés; Yunus divos: “Estando ante Deus as miñas palabras non [permanecerán”.

46  “Monte Tur” (Tur dağ no orixinal) é o nome polo que se coñece o monte Sinaí na tradición islámica. Tamén deu nome á Sura 42 do Corán. 35


Yunus Emre

V [CLXXI]

Unha vez máis saes do teu leito, louco corazón. Es quen de [facerte fervenza coma as augas? Unha vez máis fluídes, miñas bágoas de sangue. Seica [queredes atrancar o meu camiño? Que hei facer? O meu namorado fica lonxe da miña man, [non hai remedio para o meu mal; lonxe da miña terra acabei sendo un vagabundo; seica [queres que aquí me demore? Perdín o meu compañeiro de viaxe, non hai cura para o [meu ferido corazón; bágoas de sangue dos meu ollos, seica vos queredes tornar [nun río precipitado en fervenza? Torneime en poeira do teu camiño, ti coidas ben de min; seica queres ser esa serra de montes rochosos que me sae ao [camiño? Unha montaña nevada sáeme ao camiño coma un bandoleiro; do meu namorado fiquei separado. Seica queres atrancar o [meu camiño? Nubes que vos amoreades coroando as montañas nevadas; cos vosos cabelos desenguedellándose cara a min, seica [chorades en segredo? 36


Diván (Antoloxía)

En éxtase atópase a alma de Yunus; ando no camiño, onde [é que está o meu lar? Foi nun soño que Yunus te viu, seica estás ben ou seica [doente?

37


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.