As aventuras de Mikołaj Doświadczyński (mostra)

Page 1

As aventuras de Mikołaj Doświadczyński



Prefacio O prefacio dun libro é coma o recibidor dunha casa, pero cunha diferenza: é difícil que exista unha casa sen recibidor, pero é posíbel que un libro pase sen prefacio. Os autores antigos non coñecían os prefacios. A súa invención, como a doutras moitas cousas aínda menos necesarias, é obra dos séculos posteriores. Hai múltiples razóns que impulsan os autores a poñeren prefacios á cabeza dos seus escritos. Algúns, cheos de falsa modestia, revélanlles aos seus lectores (aínda que non llelo pedisen) que amigos seus, seguros do seu gran refinamento e da súa perfección, os forzaron a sacar á luz o que querían manter oculto e escribiran só para a súa propia satisfacción. Outros quéixanse da traizón de que lles roubaron o seu manuscrito contra a súa vontade. Uns terceiros cumpren as ordes dos anciáns e imprimen o libro coma un heroico sacrificio de obediencia. E coma se lle interesase realmente ao lector, que está xa bocexando, fanlle estas e demais confidencias. Pouco a pouco puxéronse de moda os prefacios. Agora esta moda prevalece, xa que a arte de escribir se converteu nun oficio. Moitos autores, probabelmente máis da metade dos meus coetáneos, viven de publicar. Polo que agora facemos libros coma reloxos. E como a súa calidade depende do seu grosor, tratamos de estirar, alongar e inflar as nosas obras todo o que podemos. Un lector perspicaz pode comprender facilmente como benefician os prefacios ao comercio literario. Ademais das razóns mencionadas anteriormente, hai outras múltiples causas que alentan e instan a escribir prefacios. A miúdo o escritor dille ao lector cal era o seu obxec25


Ignacy Krasicki

tivo, que intención tiña ao escribir o libro, o cal merece respecto e gratitude, por ser tan exemplar e unha mostra de confianza. Como podería adiviñar se non o lector que un libro de oracións está escrito para rezar con el? Ou que unha comedia é para rir? Ou unha traxedia para chorar e unha crónica para coñecer a historia antiga? Certamente estaría confuso, tería dúbidas. E se non o advertise magnanimamente o benevolente autor, o lector riría cunha traxedia, choraría lendo unha comedia, consideraría un libro de oracións unha historia de amor e rezaría cunha crónica. Hai autores que son conscientes do refinada que é a súa obra e do nivel doutras persoas, e, cheos de compaixón pola multitude de lectores ordinarios, dígnanse a degradarse eles mesmos e a rebaixarse polo ben común explicando no prefacio aquilo que é difícil de comprender no que segue. Eu, pola miña parte, aínda que admiro enormemente a súa grandeza intelectual, son pola contra tan audaz coma para recomendarlles que escriban postscripta en vez de prefacios. Normalmente lese o prefacio antes de ler o libro. Polo tanto, o lector atopa simplificadas as dificultades que aínda non coñece e traducidas as complexidades das que aínda non oíu falar. E que pode ocorrer entón? O lector abandonará o libro atemorizado e sen saber que reter, e quedará no seu estado salvaxe orixinal, co dano incalculábel para a humanidade que iso implica. Cando un autor alenta o lector con promesas, o prefacio convértese nun sutil encomio da obra. Despois, para evitar ser xactancioso, muda deliberadamente de figura. Tanto pode ser un compañeiro que ofende o seu amigo pola súa modestia, como un impresor que escribiu un prefacio a pesar do que dixera o autor, e finalmente un escritor, descoñecido para ambos, que, sabendo da aparición na imprenta dunha obra tan útil, non puido evitar expresar a súa satisfacción tras ler por casualidade o manuscrito. 26


As aventuras de Mikołaj Doświadczyński

Hai plumas melancólicas que se lamentan cun ton elexíaco da ignorancia, a cegueira e a ingratitude desta idade de ferro. Nese tipo de prefacios lúgubres o autor non se enxalza a si mesmo, senón que modestamente dá a entender que vive en tempos difíciles e que se vivise en Atenas ou Roma, levantarían estatuas na súa honra… É unha mágoa que non nacese antes. Tantaene animis caelestibus irae?6 Hai tamén ­ –e dígoo tristemente− autores, como o cabaleiro español, que fan xigantes de muíños de vento7. Enfádanse cun espírito profético. Antes de que ninguén lea a súa obra, xa están atacando a Zoilo8. Non contentos cun combate singular, deostan a todos os que están convencidos, os distraídos, frívolos, superficiais, envexosos e estúpidos. Naturalmente, os convencidos, distraídos, superficiais, frívolos, envexosos e estúpidos son todos aqueles que non os aproban nin adoran. E aínda hai outro tipo de autor, totalmente oposto ao que acabamos de mencionar. Aquel que está convencido da súa propia imperfección ou que quizais pretende estar convencido dela, para espertar non tanto admiración, senón máis ben compaixón. Tremendo e axeonllado (como di o satírico francés9), no seu humilde prólogo quere abrandar e pedir desculpas ao lector, máis aburrido aínda que irritado. Estes esforzos son inútiles. Nesta época nosa, corrupta e completamente contaminada, pode escapar a maior inxus6 Virxilio, Eneida 1, 11: “Como teñen tanta ira as almas dos deuses?”. 7  Alusión a don Quixote, e concretamente ao episodio dos muíños de vento, no capítulo viii da Primeira parte. 8  Esta referencia a Zoilo pode interpretarse en relación coas dúas frases anteriores, que aluden a Don Quixote, pois Cervantes menciona a Zoilo como maldicente por criticar a Homero no seu “Prólogo” da Primeira parte. 9  Como sinala Mieczysław Klimowicz na súa edición, este satírico francés é o poeta Nicolas Boileau-Despréaux (1636-1711) e, concretamente, Krasicki alude á súa sátira ix, “A son esprit”. 27


Ignacy Krasicki

tiza, pero ser aburrido é un pecado inadmisíbel. Eu recomendaríalle a este que non escribise, mais escribir é unha enfermidade incurábel. Eu mesmo, membro indigno deste honorábel gremio, aínda non rematei este libro e xa teño varios novos proxectos para escribir outros. Se este atopa aprobación, aceptarei agradecido o benévolo xuízo do lector. Se non, desgustareime, pero seguirei escribindo.

28


Libro primeiro I Quen lea esta descrición da miña vida debe saber de antemán que non é unha confesión nin un panexírico. Non acometín este traballo por gloria va nin para humillarme. Pero como mentres estou no campo teño tempo libre, decidín escribir antes que romper o pescozo tras unha lebre ou buscando unha gota nunha xerra de cervexa. Nacín nun fogar honesto e nobre. Non direi en que ano, porque non é útil para ninguén. A cronoloxía da miña historia non é necesaria, e, ademais, non é moi agradábel recordarme a min mesmo o vello que son. Se quixese adxudicarme polos certificados ou panexíricos dos meus antepasados, que podrecen colgados na capela da miña casa, quizais descubrise que estou relacionado con todas as familias gobernantes de Europa. Pero estou lonxe desa vaidade. Niesiecki incluíunos no seu libro de heráldica, para desgusto de Paprocki e Okolski10, e eu mesmo cheguei a ler nun antigo manuscrito que durante a famosa rebelión de Glinianski un tal Gabriel Doświadczyński levou un estan10  A obra sobre heráldica de Bartosz Paprocki titúlase Herby rycerstwa polskiego −Brasóns dos nobres polacos− e data de 1584. A de Okolski, Orbis Polonus, en latín, é de entre 1641 e 1645. E a de Kasper Niesiecki, Herby y Familie Rycerskie Tak w Koronie Jako y Wielkim Księstwie Litewskim −Brasóns e familias nobres da Coroa e do Gran Ducado de Lituania−, de entre 1728 e 1743. Nalgunhas das familias nobres que recolle na súa obra, Niesiecki menciona explicitamente que os anteriores autores sobre heráldica non as incluíran: “O tych ani Paprocki, ani Okolski nie pisał”, é dicir, “sobre estes non escribiu nin Paprocki nin Okolski”, como sería o caso da familia do protagonista. 29


Ignacy Krasicki

darte diante de Rafał Granowski, entón mariscal e hetman da gran coroa11. Antes de comezar a falar da miña educación, debo dicir algo sobre aqueles grazas aos que estou vivo, é dicir, simplemente sobre meu pai e miña nai. Meu pai, despois de pasar gradualmente polos postos de tesoureiro, alguacil, portador da espada, cazador, copeiro e escudeiro, e de sesenta anos de servizo á súa terra e á provincia e constantes viaxes ás Dietas electorais e económicas12, ao final da súa vida viuse felizmente recompensado e coroado: nomeárono mordomo na corte13. Chegara a tal grao de consideración que incluso lle deran o último posto de candidato a xuíz, pero a fortuna, contraria á virtude, non lle permitiu chegar a ese grao. Mais pronto se esqueceu disto despois dunha reflexión sobre as vaidades deste mundo, habitual entre os desgraciados. A súa alegre natureza axudoulle moito nesta resolución, pois era dese tipo de persoas das que comunmente se di que teñen boa alma. Meu pai non sabía nada sobre o que fixeran os gregos e os romanos, e se oíu algo sobre Czech e Lech14, foi probabelmente no sermón da parroquia. Contábanos sempre o que lle dixera unha vez seu pai (quen, segundo 11  O hetman era o comandante do exército polaco, mentres que o Gran Ducado de Lituania tiña o seu hetman, e por riba de ambos estaba o rei da Comunidade das Dúas Nacións. 12  Tradúcese como “Dieta” a Sejm ou parlamento polaco formado pola nobreza na confederación polaco-lituana. Como se aprecia nesta obra, era o corpo lexislativo que controlaba o poder do monarca. Había varios tipos de Dieta. Neste caso menciónanse a “sejmik elekcyjny” e a “gospodarczy”, é dicir, aquela na que se elixían os representantes para distintos postos públicos, e aquela na que se trataban asuntos económicos, como impostos e investimentos. 13  “Stolnik” era un dos cargos de funcionario polaco baixo o monarca electo, e encargábase principalmente da cociña e da mesa na corte real. 14  Czech e Lech foron, xunto con Rus, os lendarios irmáns fundadores de tres pobos eslavos: os checos, os polacos e os rusos, respectivamente. A lenda conta que eran cazadores e que cada un dos tres irmáns seguiu unha presa en diferente dirección e acabou asentándose nun lugar distinto. Lech asentouse en Polonia despois de considerar de bo augurio a presenza dunha aguia branca, aínda hoxe símbolo do país. 30


As aventuras de Mikołaj Doświadczyński

dicían os anciáns, tiña unha alma aínda mellor ca a súa), que ata agora non só herdaramos a terra, senón tamén o noso modo de falar e de pensar. Ou sexa, meu pai foi un home honrado, sincero e un bo amigo, e aínda que non puidese definir a virtude, soubo practicala. Mais por esta dificultade coas definicións confundíase un pouco coa noción de amabilidade: pensaba que ser hospitalario cun convidado na túa casa era o mesmo que emborracharse con el. Polo tanto, os seus bens diminuíron e a súa saúde deteriorouse. Con todo, aguantou a súa gota heroicamente, e durante o tempo no que non se viu afectado por ela sempre repetía que era un pracer sufrir pola súa querida patria. Miña nai criouse no campo e só visitaba as aldeas dos arredores cando era tempo de gañar a indulxencia. Calquera pode deducir facilmente disto que carecía de moitas das habilidades actuais. Pero isto non a preocupaba o máis mínimo, e unha vez, cando a amoestou un home solteiro porque parecía ter uns principios demasiado rigorosos e certo primitivismo que ofendía os da alta sociedade, díxolle cunha gran sinceridade que prefería a virtude rústica aos vicios da cidade. Pasei os primeiros anos da miña infancia en compañía de mulleres. As neneiras e coidadoras interpretaban as miñas aínda malamente articuladas palabras como respostas extraordinariamente prudentes. Estas, cun grande entusiasmo, contábanllo inmediatamente á miña nai, a cal normalmente comezaba con isto a conversa en calquera evento social. Os veciños asentían boqueando, e máis de un comezaría finalmente a cabecear se meu pai non os mantivese espertos con frecuentes cálices. E entón, frescos, comezaban a facer abundantes desexos, peticións e profecías, mentres meu pai choraba. Co paso do tempo, máis dunha vez pensei nos inconvenientes da miña educación máis temperá, e tamén con31


Ignacy Krasicki

siderei que é prexudicial confiar incluso os bebés a persoas que teñen poucas luces. Aínda a día de hoxe teño a cabeza chea das fábulas e historias espantosas que oín. Malia ser un home completamente racional, frecuentemente debo loitar para non dar crédito á feiticería e ás supersticións, para librarme dalgún medo que outro ou para non detestar a soidade da escuridade. Ademais, isto fixo que arraigase lixeiramente en min o gusto pola difamación. O feito de oír as mulleres censurar as maneiras de todo o mundo na casa e de saber que os maiores da familia recibían os seus contos calorosamente, fíxome convertelo nun punto co que gañar o favor da miña nai ou da criada principal agasallándoas con todo tipo de cousas sobre os demais. Se non había nada no que basear esa conversa, inventábaa. Observei tamén que as historias que se contaban cara á noitiña adoitaban tratar sobre fantasmas, bruxas e medos, e as da mañá, sobre soños. Unha muller contáballe a outra o que soñara, e por medio das súas interpretacións e adiviñacións eu aprendía que cando alguén soña con lume, deben esperarse convidados na casa, e que se un perde un dente, seguro que morre alguén da familia. A miña vida continuou así ata que, cando tiña sete anos, nos visitou o irmán da miña nai, un home importante polo seu traballo, pola súa educación e polo seu coñecemento do mundo. Eu observaba con detemento o meu tío, especialmente porque vía que meus pais lle mostraban moito respecto. Sorprendíame que despois de pasar dous días connosco aínda non se emborrachase. E non quería crer o home que nos lía sobre fantasmas. Comigo mostraba certa aversión e non se divertía coma cos demais. E, o que era peor, non respondía aos esaxerados eloxios que miña nai facía de min, senón que, pola contra, me deixaba enormemente perplexo preguntándome se sabía ler e escribir, ou se tiña outras habilidades apropiadas para alguén da miña idade. 32


As aventuras de Mikołaj Doświadczyński

Eu era a primeira vez que oía esas palabras. A miña nai ao principio quixo cambiar de tema, pero como el insistía cada vez máis, dixo (e podo case recordar o que dixo palabra por palabra): –Sei que estarás sorprendido, irmán, cando che diga sinceramente que o noso Mikołajek non sabe aínda escribir nin ler. Pero non nos culparás por isto ao meu home e a min cando che diga as razóns polas que non nos quixemos dar présa na súa educación: en primeiro lugar, o neno é sensíbel e débil, e podería facerlle mal estar sentado demasiado tempo, o que é necesario para aprender os rudimentos. Ademais, como podes ver, é extremadamente temeroso. Se lle atopásemos un titor perdería a súa imaxinación, e unha vez perdida non pode recuperarse. Sería difícil atopar a alguén tan perfecto coma o que queremos para a educación de Mikołajek. E, finalmente, aínda unha última cousa, como din: non se pode domar un poldro novo. –Ben dito, querida –dixo meu pai– o meu defunto pai, que o Señor o teña con el, dixo xusto o mesmo sobre min. Pero é igual, se o cabaleiro o di probabelmente o mellor sexa que Mikołajek vaia á escola. Sé tan amábel de escolleres o lugar e a persoa. Por agora bebamos á saúde deste cabaleiro, señor tan honrado e querido benfeitor. É difícil de explicar a ledicia que sentín, e quizais tamén miña nai, cando ao día seguinte marchou o noso inimigo común. Mais o seu discurso deixou unha pegada fatal no meu pai. Sempre estaba falando das escolas, e ata me mercou un libro elemental e un encerado. Isto entristeceu enormemente a miña nai. Con todo, como era unha muller crente e a reprobaran por consentirme, fixo o que debeu de ser o sacrificio máis heroico da súa vida permitindo que me mandasen á escola pública, porque meu pai criticaba a educación na casa obstinadamente e con gran tenacidade, e mantiña que en Polonia non se tiña esa tradición. Non 33


Ignacy Krasicki

recordo que respondeu miña nai a iso. O que si sei e sempre recordarei é que ao final, despois de longas discusións, dúbidas, despedidas e bendicións, me mandaron á escola mentres derramaban amargas bágoas.

II Antes de describir a miña educación na escola, permitídeme que reflexione sobre certos aspectos, especialmente sobre a situación da miña mente naquel momento. Despois de sete anos que non foran tanto de educación como de aloumiños, estaba desprovisto non só de ensinanzas, senón tamén do costume de que contradixesen o máis mínimo os meus desexos. Polo tanto, este primeiro momento de partida involuntaria resultou insoportábel para min. Por primeira vez coñecía o peso da subordinación. Separábame por primeira vez da compañía dos meus pais, das caricias da miña nai e da adulación dos membros da casa. Pero, segundo recordo, o que máis me aterrorizaba era o propósito co que me enviaban: a aprendizaxe. Non podía consideralo algo positivo, pois ameazáranme con iso coma se fose un castigo. Polo tanto chegara á conclusión de que non podía ser senón algo desagradábel e doloroso. Como nunca vira a ninguén na nosa casa ler un libro, agás na igrexa, pensaba que a felicidade dos adultos se baseaba en non teren que estudar. A miña aflición acentuouse polas despedidas queixosas dos membros da casa, que lamentaban que tivese que aprender. Aínda que os meus pais dixeron que sería beneficioso para min, tomeino como unha forma de aliviar a miña miseria, profundamente convencido de que estudar era un castigo que merecía e que por iso me mandaban á escola. O tan desexado titor resultou ser un rapaz novo, totalmente inexperto, que era aínda el mesmo un estudante, 34


As aventuras de Mikołaj Doświadczyński

sobriño do padre superior da escola á que ía. Ao meu criado, fillo do noso mordomo, coñecíao desde había moito, e era máis ou menos da miña idade e un compañeiro fiel e inseparábel en todas as miñas trasnadas na casa. O resto do séquito estaba formado por un vello tendeiro e unha ama de chaves avezada nos segredos dos remedios caseiros para curarme se caía enfermo, Deus non o quixese. A véspera da miña partida chamoume meu pai xunto co meu titor e fixo que escoitase as instrucións que daba. Entón entendín como as boas almas poden aceptar facilmente ideas completamente opostas ás súas inclinacións. Primeiro, como delegara a súa autoridade no titor, fíxolle xurar todas as obrigas, para que non me relaxase. Trouxo a colación dos castigos en ton eloxioso, coma se fose a primeira vez, unha cita que sacara directamente dun libro de nenos: “O Espírito Santo aconsella usar a vara cos nenos…”. Sempre remataba con estas estrañas máximas as partes máis ben breves do seu discurso. Finalmente, como un signo do seu suposto poder, púxolle na man un látego, pequeno e fino, en realidade, pero como puiden comprobar despois, moi doloroso. Cando estabamos a piques de saír, coma se esquecese o máis importante, abriu a porta e díxolle ao titor: –Azóutao, que para iso che pago. Podedes imaxinar como me sentín entón, como de atemorizado estaba, como tremía e choraba. Corrín inmediatamente cara á miña nai e conteille chorando todo o que pasara. Ela chamou o titor e en poucas palabras fíxolle entender que se tocaba o seu neno o despediría e respondería co seu pelello. Isto, dalgunha maneira, consoloume, e ao día seguinte partimos. Eu queixeime case toda a viaxe, mentres o meu titor probabelmente ponderaba se lle debía facer caso ao señor ou á señora. Chegamos ao noso destino sen ningún contratempo, e recibíronnos con grande alegría. O meu comezo na escola 35


Ignacy Krasicki

foi normal. Aínda que posuía unha grande intelixencia, tiña aínda unha maior aversión ao estudo. O meu titor, recordando as ameazas da miña nai máis ca as ordes do meu pai, ao principio foi discreto comigo, pero despois de recibir un lategazo do seu propio profesor, enfadouse tanto que, aínda que eu era inocente, me deu o dobre de forte. Desde entón satisfacía alternativamente as obrigas que os meus pais lle impuxeran: prodigaba eloxios sen razón e pegábame sen causa. Despois de recibir un conxunto de roupa como agasallo da miña nai polo seu santo, escribiulles aos meus pais que o seu fillo, o señoriño Mikołaj, no seu momento superaría ata ao propio Hércules nas súas obras. A maneira na que continuei aprendendo na escola foi similar á inicial. A camaradería cos meus compañeiros e, máis aínda, a nosa participación conxunta nos xogos foi das causas menos previstas, pero non por iso tivo menos consecuencias prexudiciais. Fixera dezaseis anos cando recibín a noticia da morte do meu pai e a orde de volver á casa inmediatamente. Sentín mágoa, sinceramente, como é natural, pero cando me tranquilicei, presentóuseme ante os ollos a agradábel perspectiva da liberdade. Sería coma un convidado ao que levaban tempo desexando ver na casa e comezaría a recibir a súa adoración por partida dobre. Ata o titor certificou que non tiña que ir máis á escola. Os veciños sumáronse co seu apoio a esta idea e convenceron á miña nai de que xa fora xusto ata a idade necesaria para ser digno do aprecio dos meus iguais e para apoiar a fama da popular familia Doświadczyński. Polo tanto, sobre esta base, fíxenme cunha xenerosa provisión de cervexa, mel, viño e un licor forte e comecei a estar feliz na miña casa. Ao principio este modo de vida non lle gustaba moito á miña nai, especialmente despois de lesionarme lixeiramente nas costelas cando nun paseo acabei debaixo dunha zorra. Pero subornaba os membros da casa 36


As aventuras de Mikołaj Doświadczyński

con promesas e agasallos para que ocultasen algunhas das miñas aventuras. E dábanlles polo menos unha aparencia neutral a aquelas que non podían pasar por alto. Os días daquela doce vida pasaban rapidamente, pero había un obstáculo na miña felicidade: o meu tío, que fora nomeado titor por desexo do meu pai. Cando chegou non mostrou nada de aversión, e eu comezaba a sentirme triunfante. Pero un día, de súpeto, chegou correndo onda min, tremendo e cheo de medo, o meu axudante, un criado ao que ascendera recentemente, e anuncioume que afogaran no estanque a todos os meus cans de caza, os perdigueiros e os galgos, que usabamos xunto cos mestizos para manter a raia a caza maior, e que levaran algúns dos cabalos a outras aldeas e venderan outros no mercado. Despediran os cazadores e, o que é peor, expulsaron da casa de maneira vergonzosa o bandurista cosaco15, que recibiu un doloroso viático para o camiño. Chamoume meu tío e atopei alí con el a miña nai. Medio morto pola vergoña, a ira, a amargura e a humillación tiven que escoitar alegremente as advertencias e as regras que me impuxeran. Tiven que facer virtude da necesidade: prometín cambiar o meu modo de vida, pero resolvín interiormente non cumprir nada do que prometera. Porén, ou ben os veciños souberan dalgunha maneira deste encontro ou ben algúns cabaleiros foran informados intencionadamente, porque non vin a ningún dos meus antigos compañeiros durante toda a prolongada estancia do meu tío connosco. Pola contra, só puiden divertirme con xente que, malia non ser tan divertida nin tumultuosa coma a do meu pasado, sempre daba pé discretamente a novos divertimentos.

15  Os banduristas, músicos que tocaban a bandura (un instrumento ucraíno de corda) eran habitualmente cosacos, “dun pobo nómade ou seminómade que habita as estepas do sur de Rusia” (Dicionario da Real Academia Galega). 37


Ignacy Krasicki

Despois de botaren o anterior profesor, non puideron atopar un novo en pouco tempo, e, mentres meu tío saíra nunha longa viaxe, unha veciña que chegara recentemente de Varsovia convenceu a miña nai de que o que necesitaba un mozo da miña idade non era un mestre de latín, coma os nenos da escola, senón un preceptor que me puidese ensinar francés e, aínda máis importante, impartir boas maneiras e presenza. Entón recomendou para este posto un francés novo que quedaba con ela, o cal, aínda que entrara ao seu servizo como home de cámara, fixérao intencionadamente, segundo el, para ocultar o seu famoso nome. Doutro xeito recoñeceríano e tería que responder por matar nun duelo ao lado do rei en Versalles o primeiro presidente do parlamento francés. Miña nai conmocionouse singularmente con esta desafortunada historia e axiña mandaron polo señor Damon.

III Os primeiros días da estadía do titor connosco, mentres aínda non coñecía ben a todos, caracterizáronse polas mostras de cortesía cara a todos, cunha particular atención cara a miña nai. Nós, pola nosa banda, intentamos, na medida do posíbel, non parecer groseiros e rústicos a ollos do señor marqués. E o señor Damon (o cal nos desvelou que era marqués pero pediu que non o tratásemos con ese título, para manterse oculto) ofrecíanos cada vez máis mostras dunha extraordinaria cortesía que nunca viramos na nosa zona. Despois de varios días, cando miña nai lle pediu que nos contase como foran as súas aventuras, inicialmente mostrou receo, pero ao final convencémolo, non sen antes recibir moitos agasallos, e revelounos o seu nacemento, case entre os máis brillantes, experiencias practicamente incríbeis por mar e terra, aventuras amorosas, algunhas favorábeis e outras 38


As aventuras de Mikołaj Doświadczyński

con consecuencias fatais; a máis malograda foi a que o levou en último lugar ao duelo co primeiro presidente do parlamento. Rematou o relato e suplicounos que polo que máis quixésemos non o traizoásemos. Como nolo revelara, a súa vida estaba nas nosas mans, pois xa sabía por un duque moi amigo seu que o rei de Francia lle escribira ao noso pedindo que o buscase por Polonia. Prometémoslle ao señor marqués absoluta protección na nosa casa, coa advertencia de que sería tratado como titor, agás en reunións privadas, onde sería un amigo da familia e un home digno de todo o respecto. Miña nai non podía crer a súa gran sorte ao atopar, sen buscar moi lonxe, tal tesouro na súa casa. Pero como lle pesaba un pouco o segredo do señor marqués na súa conciencia, con precaución e sendo extremadamente discreta, confesóullelo só a dous veciños de demostrada prudencia, e só despois de facerlles xurar solemnemente que non o contarían. Cando o rumor sobre as incríbeis aventuras do señor marqués se estendeu por toda a rexión, ela non podía comprender como ocorrera: todos foran discretos e só o falaran en encontros privados. Houbo xente de mala fe, pero as damas, que eran misericordiosas por natureza e presenciaban a degradación dunha boa persoa, sabían refrear ese resto de rusticidade sármata. Ao final gustoume o meu novo titor, principalmente porque defendera ante a miña nai de xeito claro e inequívoco que a aprendizaxe na escola era só para nenos, e que a intelixencia dun pequeno ilustrado coma min, se se vía obstaculizada por regras, só serviría para que me sinalasen co dedo en París. –Entre nós –dixo– a lingua latina desprézase ata tal punto que os que a coñecen non se atreven a ostentala en público, as mulleres móstranse a desgusto con eles e os homes chámanlles pedantes. Unha boa educación comeza coa adquisición de presenza e estilo, e continúa comproban39


Ignacy Krasicki

do a grandeza da mente e, finalmente, experimentando os sentimentos do corazón. Debo admitir que non entendín nin o máis mínimo deste sistema de educación, e probabelmente miña nai tampouco. Mais pareceunos tan fermoso, tan intelixente e útil, que todo o mundo estaba contento véndome formarme nun pensamento señorial e na experiencia dos sentimentos do corazón, e sen esquecer a lingua francesa, porque sen ela, como mantiña o señor Damon, un non podía esperar ter sentimentos ou ser señorial. Meu tío deixara na casa unha gramática francesa. A seguinte mañá ensineilla ao señor Damon para que puidese comezar a darme clases con ela. Pero sorprendeume enormemente a súa resposta: –Xa vexo –dixo– que vostede, señor, case non sabe nada dos sentimentos e hai que ensinarllo. Mencionei non hai moito que as regras traban o intelecto. E que é a gramática senón un conxunto de regras? Deixe, señor, estas ferramentas de neno da escola e siga só o camiño do gran mundo. A educación dun home reflíctese na conversación cos seus semellantes. Polo tanto, as túas clases van consistir soamente en manter conversas comigo. De aí adquirirás un coñecemento das cousas e practicarás os sentimentos dun home. Estaba tan encantado coa resposta de Damon que pensaba que xa dominaba todo. Comezamos inmediatamente a levar o plan acordado a termo e debo dicir que nun período breve de tempo comezaría a ter nocións de francés, despois a entendelo e finalmente a falalo.

IV Como comezara a entender o francés e tamén a falalo, para que non só conseguise unha fluidez cada vez maior nesta 40


As aventuras de Mikołaj Doświadczyński

lingua, senón para que ademais adquirise os rudimentos dos sentimentos, o señor Damon considerou que era esencial que acudísemos aos libros de amor e moral. Na nosa casa, ademais de Heloizy, A voz da pomba e O altar de incenso, non atopamos outros libros16. Tras un grande esforzo por parte do señor Damon e varios meses de espera chegaron por fin as historias de Cyrus e Klelia17. E non me asustou o máis mínimo a enormidade destas historias tan extensas. De feito, comezoume a gustar tanto escoitar ao señor Damon lermas que ás veces, por querer chegar ao final da complicada intriga, pasaba noites sen durmir co magnífico Alkandro ou a fiel Mandany. Cheo dun sentimento de heroísmo que nunca experimentara, de non ser por Dorynny ou Kleomiry, suspirei e queixeime aos deuses, e para facer máis sonoros os meus dolorosos xemidos escapei moitas veces a un pequeno bosque preto da nosa mansión. Unha vez, mentres estaba lendo o capítulo máis doloroso da historia de Hippólito18 deitado nunha ladeira de suave herba, comecei a chorar e a berrar: –Como non che dou pena, querida Julianna? Es cruel con alguén que admitiría que é o máis feliz do mundo se puidese ser o teu eterno criado… Dáme un sinal! Estou preparado para facer todo o que desexes, sempre e cando non só quixeses perseguirme tan desapiadadamente! Irei a calquera lugar do mundo! –Ai, meu señor, non me faga esta inxustiza –dixo unha criada da miña nai que estaba preto de min nese momento 16  Como anota Mieczysław Klimowicz na súa edición, Heloizy, Głosu synogarlicy e Ołtarzyka wonnego son mostras de obras relixiosas cunha ampla difusión no século xviii. 17  Cyrus e Klelia, xunto coas figuras que se mencionan a continuación, Alkandro, Mandany, Dorynny e Kleomiry, son personaxes das obras francesas Artamène ou le Grand Cyrus e Clélie, histoire romaine, de Madeleine de Scudéry. 18  Trátase do protagonista da obra de Madame d’Aulnoy Histoire d’Hippolyte, comte de Douglas, que estaba namorado de Julianna. 41


Ignacy Krasicki

e se chamaba xusto igual, e que mentres camiñaba polo bosque xusto chegara á miña altura cando estaba pronunciando esas heroicas palabras–. Non entendo –continuou– por que o meu comportamento podería enfadar a alguén, e moito menos ao fillo dunha muller que se converteu nunha nai para min, que son orfa. Non sei se foi por este curioso incidente, polo seu rubor e a encantadora voz coa que falaba Julianna, ou a miña imaxinación alterada polas historias de amor, pero nese momento pareceume unha deusa. Caín aos seus pés e as miñas bágoas bañaron as súas mans. Prometinlle amor eterno. E, se non se apartase de min, sei que Julianna escoitaría o que lle dixo Cyrus a Mandany e Hippólito a Julianna, e todo isto sería a miña primeira introdución no mundo das aventuras sentimentais. Pero os meus respectos cara a ela non me permitiron desobedecer a súa orde. Quedei no mesmo lugar, e unha vez que desapareceu da miña vista, comecei a falar cos regatos, as árbores e os outeiros. Para reproducir todo o que me pasou, non omitín nin sequera as máis pequenas circunstancias que rodearon os meus primeiros encontros, que aprendera por ler historias de amor. Ata ese momento a beleza de Julianna, malia ser exquisita, nunca me impresionara especialmente. Como estaba acostumado a vela, mantívenme nos límites de respecto adecuados coas mulleres. E este curioso incidente pareceume un extraordinario exemplo de predestinación: cada emoción de Julianna afectou ao meu corazón, que, como agora tiña un obxectivo claro, non se sentiu atraído máis por aventuras fantásticas. Cando volvín á casa notei que a cara de Julianna se ruborizara, e que cando entrei baixara os ollos. Como eu non estaba de todo formado nos sinais do amor verdadeiro, interpretei que a miña indiscreción a enfadara, e este pen42


As aventuras de Mikołaj Doświadczyński

samento entristeceume tanto que estaba excepcionalmente sombrío e distraído, e esperaba a noite para poder descansar e aliviar as aflicións do meu corazón. Pasei a noite practicamente sen durmir. Julianna, xa fose como a vira no bosque, xa fose enfadada, sempre estaba ante os meus ollos. E cando por fin prendía no sono, coas pálpebras pechadas, soñaba unha e outra vez coa súa encantadora e agradábel figura.

V Se, coma os demais amantes, quixese describir a beleza da persoa que cheguei a querer, cansaría os lectores cunha descrición demasiado longa: os lirios e as rosas, as perlas e os rubís, a figura de Diana e a graza de Venus terían sen dúbida o seu sitio. Mais a beleza verdadeira non necesita de adornos, e, ademais, o meu estilo claro e directo non sería axeitado para esta tarefa. Julianna non tiña ese brillo que, como din nas historias de amor, fai envexosos os lirios. Non quero ser inxusto coas rosa ou cos lirios, e debo dicir entón simplemente que era branca e cun rubor fermoso, e que o máis agradábel da súa personalidade era a súa pouco corrente modestia. Os seus ollos escuros eran vivos e profundos, e non miraban cara á dereita ou cara á esquerda agardando o brillo dos doutra persoa. O seu andar era acompasado, non torpe; a súa voz era elegante sen soar artificial. Quizais estas características fosen defectos para outros, pero xa gañara o meu corazón. Non lonxe da nosa mansión había un grande estanque. Miña nai e Julianna saíran a dar un paseo nesa dirección e camiñaban á sombra das árbores plantadas á beira do camiño. Mentres, vin un pequeno bote preto dunha ribeira, metinme nel e desamarreino. Cando estaba case no medio chamoume miña nai, e cando quixen cambiar a dirección 43


Ignacy Krasicki

do barco demasiado abruptamente, escorou tan rápido que perdín o equilibrio e caín á auga e afundinme. Os servos saltaron inmediatamente e, con gran dificultade e un enorme risco, arrastráronme cara á beira, medio afogado. Cando abrín os ollos por primeira vez despois de saír, vin que Julianna estaba chorando. Isto xerou en min unha emoción tan forte que me desmaiei por segunda vez, e só recobrei a consciencia despois de que me levasen á casa e me deitasen na cama. Tras recuperarme, dilixentemente busquei a maneira de ver a Julianna, e cando lle preguntei á miña nai por ela, díxome que o meu segundo mareo a asustara tanto que se desmaiara e que parecía practicamente imposíbel espertala: agora estaba recuperando forzas descansando no seu cuarto. Se ben a debilidade de Julianna me entristeceu, a causa desta deu alento ao meu corazón. Mais as consecuencias do medo ou do frío foron tan fortes que non puiden saír da cama en varias semanas. Durante toda a miña convalecencia miña nai estivo case sempre ao meu carón. Unha vez, cando miña nai saíu do cuarto, díxolle a Julianna que volvería nun momento e mandoulle que quedase comigo. En canto vin a Julianna a soas, sen testemuñas, o medo e a confusión que sentín eran tan fortes que case non fun quen de abrir os beizos. Pero, sobrepoñéndome á miña vergoña, dixen con voz tremente: –Podo esperar que perdoes os meus impulsos, quizais impropios? Aumentaría a túa fe en min se xuro mil veces cumprir o que prometín? Primeiro as miñas preguntas toparon co silencio. Os meus ollos craváronse nela, e agardei polas palabras que selarían o meu destino. Ao final, cun fondo suspiro, pronunciou a seguinte resposta: –Non me parece que sexa apropiado para a casa na que vivo desde hai moito tempo pola virtude da caridade que o 44


As aventuras de Mikołaj Doświadczyński

único herdeiro da súa considerábel fortuna case nun matrimonio que moi probabelmente non lle ofreza máis que cariño honesto e sentimentos de gratitude. Non podo disimular que sería feliz, pero é preferíbel que o deber me faga infeliz, a que me converta nunha desagradecida. Paremos de falar disto. Sinto que xa dixen máis do que debía. Conmocionado por esta resposta tan apropiada, ía abrir a boca porque desexaba vencer a súa inoportuna sensibilidade, e xusto nese momento entrou miña nai e comezou a falar doutro asunto. Durante moito tempo busquei a mellor ocasión para que oíse a miña petición. Unha vez que miña nai estaba de bo humor e falaba sobre como casaría eu un día, comecei a estenderme, coma se falase en xeral, sobre como se degradaban lazos tan sagrados ao buscar un dote e un rico enxoval de noiva. E despois comecei a enumerar as calidades que me gustaría atopar na miña futura esposa definindo sutilmente a Julianna. Non sei se foi porque miña nai descubriu o meu truco, porque percibiu nas miñas atencións algo máis ca educación ou porque a Julianna a traizoaron os seus ollos, que dixo, co pretexto de darlle á súa criada unha mellor educación, que decidira mandala a un convento próximo, e falando con ela preguntoume sen ningunha pretensión se eu non estaba de acordo con ela neste asunto. Un rubor repentino desvelou o feito de que a súa pregunta me collera coa garda cambiada. Recuperando a miña compostura, comecei a estenderme amplamente nos defectos da educación monástica, e debo dicir que falei tan elocuentemente que se miña nai non soubese por que tiña estas conviccións, nunca tomaría esa decisión. Chegou por fin o día da despedida. Só alguén que xa se atopou nesa situación entendería o que sufrimos, todas as bágoas clandestinas que derramamos, todas as promesas que xuramos e as declaracións que nos fixemos o un ao outro. 45


Ignacy Krasicki

Tras a marcha de Julianna, miña nai percibiu a miña profunda melancolía. Evitaba a compañía doutros, e o meu favorito e practicamente único divertimento era visitar o agradábel e agora aínda máis precioso bosque. E, preocupada por se esta melancolía danaba a miña saúde e desexando apartarme do que imaxinaba que era amor prematuro, decidiu mandarme ao estranxeiro aceptando o consello do seu irmán. Como o señor Damon coñecera o meu tío, decidiron que non se separase de min, apresurouse a preparar a miña marcha e nunhas semanas todo estaba preparado para a miña viaxe.

VI Xusto cando iamos marchar, xurdiron asuntos de traballo inesperados, e miña nai tivo que enviarme a unha das cidades máis importantes do reino para que me ocupase deles. E pospúxose así, para a miña desgraza e a do señor Damon, a nosa viaxe ao estranxeiro. Esta cidade estaba bastante lonxe da nosa casa, e déronme unha carta para un familiar que vivía alí. Chegamos a este lugar sen ningún incidente, pero non puiden localizar as persoas ás que concernía o negocio, e os meus familiares non volverían ata dentro dun mes. Como non tiña ningún amigo na cidade, todo era bastante aburrido, ata que o señor Damon mencionou que a fortuna puxera no noso camiño unha circunstancia bastante favorábel, xa que xusto nesta cidade estaba unha dama coñecida súa, a baronesa de Grankendorff, polaca de nacemento, que enviuvara recentemente e volvera do estranxeiro para tomar posesión dunha considerábel herdanza, e agora decidira pasar varias semanas na cidade. –Soamente recibe amigos de confianza na súa casa e, cando te introduza nela, intenta non contarlle a ninguén que está na cidade. 46


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.