Andrea Alciato
Libro de emblemas Tradución do latín, introdución e notas de Raúl Gómez Pato
Prefacio do editor Heinrich Steyner á edición de 1531 Ao sincero lector, saúde. Non equivocadamente, sincero lector, deplorarás a nosa falta de dilixencia nos gravados que van adxuntos nesta obra, xa que a autoridade do notabilísimo autor e a dignidade deste libro merecían ilustracións máis elegantes, feito que nós mesmos admitimos. Desexabamos que estas invencións che fosen presentadas máis fermosas, para que fosen postas diante dos teus ollos pintadas coa maior arte posíbel, e non omitimos nada, que eu saiba, para que así fose. Polo demais, sendo esta unha empresa que requiría enorme esforzo (o cal non escatimamos) e tamén un gran gasto, comprende que canto houbese de máis teríalo que ter pagado ti enteiramente de novo. Así, pois, polo de agora pareceunos a solución máis conveniente ilustrar, aínda que fose con algunhas pequenas imaxes un pouco bastas, a invención deste notabilísimo autor, aínda que os doutos soubesen deducila por si mesmos. E con isto quixemos compracerte, cociñándoche, con pouco, grandes manxares. Adeus, e consulta benevolamente a nosa obra.
35
Andrea Alciato
Prólogo á edición de 1534 Ao reverendo pai en Cristo don Filiberto Babou2, Bispo de Angoulême, o seu respectabilísimo señor e patrón, Chrétien Wechel3 envía os seus saúdos. Lemos que era costume entre os exipcios, reverendo bispo, que cada un rendese contas da súa propia vida a un maxistrado destinado a este quefacer: estimaban en efecto de suma importancia para o estado que todos cumprisen o seu propio deber. Reflexionando sobre a miña persoa, comecei a considerar se podería pola miña parte construír un camiño que me permitise vivir unha vida honesta e contribuír con algún beneficio á comunidade. Escollín, entre o gran conxunto de mesteres, a arte de estampar libros, unha arte que moitas veces descubrín neglixentemente realizada e descoidada. Estas miñas palabras serían vas se non desen disto claros testemuños moitísimas obras de autores miserabelmente estragadas pola desidia dos tipógrafos. Tamén é proba disto este libro dos Emblemas de Andrea Alciato, publicado en Alemaña nos anos pasados e sen a autorización do autor, de tal maneira descoidado, por non cualificalo aínda peor, que moitos pensarían que fose debido a certa malévola intención de diminuírlle o prezo. Por isto considerei que era o meu deber acudir en axuda dos lectores cunha nova edición e, na medida do posíbel, lavar a vergoña carrexada ao señor Alciato producida pola neglixencia do 2 Filiberto Babou de la Bourdaisière, foi bispo de Angoulême, embaixador francés en Roma e posteriormente cardeal de Pío IV. 3 Chrétien Wechel foi un libeiro e editor, cuxa actividade se desenvolveu en París entre 1522 e 1554. 36
Libro de emblemas
editor anterior. Aínda que Alciato concedeu de mal grado poñer nas mans do público os primeiros resultados dos seus estudos, non obstante, posto que era case imposíbel destruír a obra xa estampada pola imprudencia doutros, obtiven facilmente del o permiso para poñela nas miñas mans para corrixila, e lambéndoa como fai a osa4, dar mellor forma a aquel parto inmaturo e deforme. El, polo tanto, eliminou os erros que escaparon por todas as partes, e tamén retomou e corrixiu moitísimas cousas e engadiulle ao mesmo tempo non poucas, ata tal punto que semella que só agora o libro é publicado pola mans do seu autor. Polo que a min respecta, afaneime con todas as forzas para que ninguén poida obxectar con razón que fun guiado pola fatiga, ou polos custos da realización das imaxes, que sen dúbida neste libro son moitísimas. De feito, oh Filiberto!, honra dos bispos, non habería ningún outro máis digno ca ti para publicar, baixo os teus auspicios, o libriño renacido desta palinxénese5: que eu saiba, nada provén da laboriosidade de Alciato que tamén ti non estimes digno de colocar entre as xemas máis preciosas6, como nun sagrado tesouro. Ten a ben, por tanto, reverendo bispo, pola túa extraordinaria humanidade, acoller benevolamente este meu traballo. Se o fas deixarasme moito máis motivado para o futuro, para que coa miña obra tamén outros moitísimos autores sexan sacados das profundísimas tebras dos erros ao seu esplendor. Que che vaia ben, e coa mesma quero que teñas por seguro que 4 Cfr. Eliano, Sobre a natureza dos animais 2,19: “A osa é incapaz de parir un cachorro. Ninguén se pode atrever a afirmar, ao ver a criatura despois de ser parido, que é un ser vivo. En efecto, a osa tivo as súas dores de parto, pero a masa de carne é indistinguíbel, sen forma nin figura. Porén, a osa ama e coñece o seu fillo, manteno quente baixo as súas coxas, alísalle o pelo coa lingua, vai dando forma aos seus membros, e pouco a pouco este adquire o seu aspecto, de modo que ao velo xa se pode dicir que é un cachorro de osa.” 5 En grego no orixinal: παλιγγενεσία. 6 En grego no orixinal: κειμήλια. 37
Andrea Alciato
me atopo entre aqueles que son devotísimos do teu nome e da túa dignidade máis ca de calquera outra cousa. Da miña imprenta en París, no ano 1534.
38
Libro de emblemas
Prólogo de Andrea Alciato ás edicións de 1531 e 1534 Prólogo ao libro dos Emblemas do ilustrísimo señor Andrea Alciato ao señor Konrad Peutinger7 de Ausburgo. Mentres que as noces entreteñen os nenos, os dados, os mozos e os coloridos naipes os homes preguizosos, eu nas horas de lecer acuñei estes Emblemas e gravados elaborados pola man ilustre de artistas para que cadaquén poida colocar adornos na roupa e [insignias nos seus sombreiros ou escribir mediante símbolos velados. Que o supremo César che conceda preciosas moedas e insignes códices8 dos antigos. Eu, de poeta a poeta, entregareiche estes dons en papel que, oh Konrad, debes recibir como peñor do meu afecto.
7 Konrad Peutinger (1465-1547) foi un diplomático alemán, xurista, político, economista e famoso anticuario. Estudou en Padua, Boloña e Florencia, e mantivo unha relación moi confidencial co emperador Maximiliano I de Ausburgo. 8 En latín manus, que neste contexto parece máis acaído traducir por “códices” ou “escrituras”. O sentido é que mentres o César ten a potestade de concederlle moedas ou códices antiguos, que poidan levar imaxes ou enigmas escritos, Alciato entrégalle este libro, que tamén os contén. 39
Andrea Alciato
I Ao ilustrísimo Maximiliano, duque de Milán9
Un neno que se lanza fóra das fauces dunha sinuosa serpe é a nobre divisa da túa familia. Vimos que o rei de Pela10 acuñaba imaxes semellantes nas súas moedas, e que con elas celebraba a súa estirpe: pois el declarábase fillo de Amón11, nacido de seme divino, xa que a súa nai fora seducida pola imaxe dunha serpe12.
9 Trátase de Maximiliano Sforza, fillo de Ludovico “o Mouro” e neto de Francesco Sforza. Este xa morrera en 1530, catro anos antes da publicación dos Emblemas, o que fai supor que o epigrama foi elaborado antes da súa morte. 10 Refírese a Alexandre Magno, rei de Macedonia, cuxa capital foi Pela, onde el mesmo naceu. 11 Amón, unha deidade local de Tebas, no norte de África, era identificada con Zeus e Xúpiter. Cando Alexandre visitou o santuario de Amón, foi aclamado como fillo do deus. 12 Xúpiter, baixo a forma dunha serpe, seduciu e fecundou a nai de Alexandre Magno, Olimpia. Plutarco, en Vidas paralelas, Alexandre 2-3 conta que Alexandre naceu da unión de Amón-Zeus, coa súa nai Olimpia. 40
Libro de emblemas
Sae pola boca: contan que así o fan algunhas serpes…13 ou tal vez porque Palas naceu tamén así, da cabeza de [Xúpiter14?
13 Plinio (Historia natural 10, 170), Claudio Eliano (Sobre a natureza dos animais 1, 24), e Isidoro de Sevilla (Etimoloxías 12,4,10) fan referencia á víbora como a única das serpes que non pon ovos, senón que pare as súas crías. 14 O relato do nacemento e Palas Atenea chegou a nós por varias fontes. As máis antigas son as de Homero, Himnos, 3, 308 ss e Hesíodo, Teogonía, 923 ss. Conta o mito que Zeus, que sofre unhas dores de cabeza terríbeis, lle pide a Hefesto que coas súas ferramentas lle abra a cabeza para liberalo do sufrimento. Da fenda producida por Hefesto na cabeza de Zeus nace Atenea, xa adulta e armada. 41
Andrea Alciato
II Alianzas
Recibe, Duque15, esta cítara16 que se chama haliética17 [pola súa forma de barca, e que reivindica para si a Musa Latina. Que te compraza este agasallo, neste tempo en que te dispós a emprender novos pactos cos teus aliados. Resulta difícil tocar tantas cordas, a non ser que o faga [persoa experta, 15 Este emblema, igual ca o anterior, está dedicado a Maximiliano, o Duque de Milán. 16 A conexión entre harmonía musical e harmonía política é de orixe pitagórica e neoplatónica, como apunta Gabriele (2015), e que amplificará Cicerón e escritores posteriores: a propósito desta relación referimos as palabras do propio Cicerón en Sobre a república 2.42.69 retomadas posteriormente por Agostiño de Hipona en A cidade de Deus contra os pagáns: “Porque tal como nos instrumentos de corda ou de vento, e no canto a varias voces, debe gardarse un axuste que dá pola súa mesma compaxinación unidade e congruencia a moi diferentes voces […] así tamén unha cidade ben gobernada é cohesionada pola unidade de moi diferentes persoas, pola concordia entre as clases altas, baixas e medias, tal como os sons. O que os músicos chaman harmonía no canto é o que na cidade se chama concordia”. 17 Do grego ἁλιευτικός, ‘referido á pesca’. Recibe este nome porque se semella na súa forma a unha barca de pesca. 42
Libro de emblemas
e se unha soa delas non está ben tensada ou está rota (feito ben frecuente), esváese toda a graza do [instrumento, e o seu extraordinario canto resultará molesto. Desta mesma maneira chegan a pactos os príncipes itálicos: en concordia nada tes que temer, mentres che teñan afecto; pero se alguén se afasta, como en moitas ocasións vemos, toda aquela harmonía disólvese no nada18.
18 A importancia da cítara (que adquire nas súas variedades nomes diferentes como, por exemplo, salterio, lira, barbiton, fenicia, pectis ou indica) como símbolo de concordia pódese observar no cadro de Holbein o Novo titulado Os embaixadores, que se conserva na National Gallery de Londres. Os protagonistas desta obra son Jean de Dinteville, señor de Polisy, e Georges de Selve, bispo de Lavour, que son os seus personaxes únicos. Pero ademais aparece unha serie bastante numerosa de elementos simbólicos (entre os que se atopa unha caveira que ten que ser vista anamorficamente), e entre eles, en primeiro termo, un libro con notas musicais e un laúde (substituto ás veces da cítara). Este laúde viría simbolizar a necesidade da concordia entre os dous máximos poderes temporais e humanos, o poder político e o poder eclesiástico: a simboloxía do laúde vénnos significar que coa concordia entre ambos se pode alcanzar unha convivencia pacífica e cívica. 43
Andrea Alciato
III Sobre o silencio
O tolo cando cala en nada é diferente dos sabios; porén, a súa lingua e voz son o indicio da súa estupidez. Entón, que peche os labios, e co dedo sele o silencio, e convértase en Harpócrates Fario19.
19 Harpócrates, fillo de Isis e Osiris, considerado polos gregos o deus do silencio, do segredo e da discreción. Fario, de Faros, illa situada fronte a Alexandría de Exipto, pode considerarse unha metonimia por exipcio. 44