Arto Paasilinna
O bosque dos raposos aforcados
PRIMEIRA PARTE
1 En Estocolmo, a carón do parque Humlegård, existe un antigo e opulento edificio habitado por xente adi ñeirada, como o finlandés Oiva Juntunen, delincuente profesional. Oiva Juntunen era un tipo duns trinta anos, máis ben tirando a fraco. Nacera en Vehmersalmi, provincia de Sa vo, e malia levar xa un par de décadas polo mundo adian te, ás veces aínda se lle daba por soltar algunha que outra expresión no dialecto de Savo, se a circunstancia o pedía: –Cagho nos collóns! Juntunen observaba dende unha ampla fiestra o par que iluminado pola luz da primavera, onde os homes do servizo de limpeza da cidade varrían sen présa as follas de aciñeira podres do outono anterior, formando pequenos montóns. Pola súa parte, o vivaz ar primaveral esparexía os montóns outra vez polo parque, de xeito que aqueles homes non tiñan que preocuparse por quedaren sen choio. Oiva Juntunen pensou que os encargados da limpeza do parque ben poderían ser de Bosnia, pola cor morena da súa pel; un par deles probabelmente turcos ou gregos. Tempo atrás, cando el era aínda un miserábel emi grante finlandés, Oiva Juntunen tamén tivera que fre cuentar os servizos de limpeza de Estocolmo e as súas va soiras. Durante un par de semanas tivera que gañar a vida recollendo dexeccións caninas dos paseos do parque, e eses recordos aínda lle producían calafríos. Mellor non ter que repetir tales experiencias laborais. 9
Pero agora iso non o preocupaba o máis mínimo, pois Oiva Juntunen tiña no seu poder trinta e seis quilos de ouro. Tres lingotes de doce quilos cada un. A dicir verda de non lle pertencían, pero non quería renunciar a eles. Xa se afixera moito a aqueles lingotes de ouro e acabara por collerlles un profundo cariño. Sabendo que un lingote dunha onza de ouro de lei vale catrocentos dólares ame ricanos, pódese entender con facilidade o amor que Oiva Juntunen lles profesaba. Unha onza pesa 31,2 gramos, e se o curso do dólar andaba no momento polas cinco coroas suecas, trinta e seis quilos de ouro valen catro millóns de coroas. Isto fai ao cambio uns tres millóns seiscentos mil marcos finlandeses. Inicialmente, cinco anos atrás, os lingotes eran catro. O que faltaba, Oiva Juntunen gastárao nunha vida de lu xos e comodidades: conducía só coches novos e grandes, bebía viños de reserva e viaxaba en primeira clase; os seus sofás eran de coiro; camiñaba sobre unha moqueta na que as pantuflas se afundían cinco centímetros. Dúas veces á semana viña limpar o seu piso de cinco dormitorios unha asistenta profesional, unha iugoslava duns cincuenta anos que padecía de varices. Sempre que cadraba que Oiva Jun tunen estaba na casa dáballe á señora un par de coroas de propina. Oiva tíñalle respecto a aquela muller da limpeza, pois era ben traballadora e non roubaba máis da conta. Como delincuente de prol, Oiva Juntunen valoraba moito a honradez. O ouro roubárano cinco anos antes do Banco Nacio nal de Noruega. Daquela, os noruegueses acababan de achar enormes cantidades de petróleo baixo a plataforma continental e puxéranse a gastar cartos a esgalla. O Banco Nacional vírase obrigado a comprar ouro do estranxeiro, para que o sistema monetario nacional non caese en pi 10
cado. Normalmente o ouro traíano de Australia ou de Suráfrica, pero cando a febre do petróleo aumentou aínda máis, Noruega comproulle ouro incluso a Namibia. Por aquel tempo Oiva atopouse un día en Vehmer salmi cun curmán seu, que nos anos cincuenta emigrara a Australia, de xeito que foron á sauna, suaron e azoutáronse sen piedade con pólas de bidueiro. –Se eu fose un ladrón da túa altura –díxolle o cur mán ao tempo que botaba máis auga ás pedras da sauna–, deixábame de caralladiñas e sacaba dunha soa vez tallada suficiente para non ter que dar pancada máis na vida. O curmán tiña unha carpintaría en Sydney que de cando en vez recibía encargas do goberno australiano, pois o ouro procedente das minas empaquetábase nuns caixóns de madeira de feitura sólida que montaba na súa totalida de a empresa do curmán. En cada caixón puñan douscen tos quilos de ouro en lingotes de doce quilos. –Eu o ouro nin o cheiro, pero ben sei que o levan aos barcos nesas caixas, e calquera pode saber as datas de saída dos barcos polo xornal. –E como é que non mandan o ouro en avión? –intere souse Oiva Juntunen. O curmán asegurou que os envíos por avión eran de masiado arriscados. –Imaxina que fan unha escala en Calcuta ou en Te herán… os aduaneiros de aló terían acceso aos caixóns do ouro. Cantos lingotes cres que ían quedar cando aterrase o avión no aeroporto de Oslo? Ademais, voar por esas latitu des ponlle a un os collóns de gravata. Seica de cada cinco voos secuestran un. A mente criminal de Oiva Juntunen púxose no mo mento a maquinar un magnífico plan. Quedou co seu cur mán en que este lle mandaría un telegrama dende Australia 11
en canto saíse o seguinte barco de ouro rumbo a Noruega. Bastaría coa data de saída e o nome do barco. Do resto xa se ocuparía Oiva Juntunen. E así se fixo. Un par de meses despois da conversa che gou a Estocolmo un estimulante telegrama do curmán de Juntunen, no que se indicaba o nome do barco do ouro, o porto de destino (Oslo), a data de saída e a velocidade media aproximada. Oiva Juntunen calculou a distancia de Sydney a Oslo, estimou o tempo da viaxe, e deuse de conta de que apurando un pouco chegaría á festa de benvida. Oiva Juntunen contratou como axudantes un par de criminais finlandeses. Un era un tipo grande e algo pailán, antigo condutor de escavadoras, que se chamaba Heikki Sutinen, alias Sutinen o Hostiazos. O outro era un perito mercantil chamado Hemmo Siira, home pequecho e mi rrado, e eficaz asasino en serie. Oiva Juntunen fixo con eles un pacto de sangue en virtude do cal tiñan que facerse co cargamento de ouro no mesmo porto, gardalo no bosque en lugar seguro e despois finxir que loitaban afoutamente contra as autoridades até que por fin os detivesen. A maior parte do botín habería que entregarlla ás autoridades (pero non todo, claro: era preciso conseguir achantar uns cin cuenta quilos) e só terían que cumprir a condena de xeito exemplar. Pasarían uns anos no caldeiro, pero a cambio recibirían unha boa recompensa. –Un millón de coroas suecas por ano –prometeu Oiva Juntunen–. Ou, se o preferides, cando saiades do cárcere dividimos o botín en tres partes e cada un que faga con el o que lle pete. Así quedaron, e comezaron a preparar o equipo. Me tralladoras, pasamontañas, un camión e todo o necesario. Durante a Segunda Guerra Mundial en Noruega oco rrera unha cousa digna de vergoña, e foi que cando a ma 12
riña alemá chegou a Oslo, os noruegueses nin se deron de conta do que estaba a pasar. Os barcos de guerra nazis puideron navegar con toda tranquilidade até o interior dos fiordes, e as tropas desembarcaron directamente nos peiraos. Como era de noite e o cuartel do Estado Maior estaba fechado, os altos mandos do exército noruegués non puxeron en marcha operación ningunha. O xeneral ao mando da infantaría telefonou alarmado ao primeiro ministro e preguntoulle que debía facer, pero como a esas horas en Oslo non hai xeito de atopar un taxi, o valoroso exército noruegués tivo que se render ante os alemáns. Cando se levou a cabo o gran roubo do ouro, no porto de Oslo ocorreu algo semellante. Unha vez descargado o ouro no peirao, o ex condutor de escavadoras Sutinen deu marcha atrás co seu enorme camión até poñelo a carón das caixas do ouro. O asasino reincidente Hemmo Siira abriu as portas traseiras do vehículo e púxose a disparar coa me tralladora por todo o peirao, de xeito que nuns segundos se esfumaran todos os noruegueses que poderían informar do seu traballiño. Cargaron o camión, Sutinen púxose ao volante e Siira ocupou o seu posto na parte de atrás, pa rapetado cos caixóns do ouro. O pesado camión cruzou Oslo á carreira para despois coller a estrada nacional en dirección a Suecia. En canto chegaron ao campo, o asasi no reincidente Hemmo Siira comezou a tirar lingotes de ouro á cuneta, e Oiva Juntunen, que oportunamente ía de excursión por aquela mesma estrada, púxose a recollelos. Os coches da policía pasaban sen cesar e ao lonxe oíase o ruído da metralladora. Todo ía tal e como estaba planeado. Finalmente, os policías conseguiron montar unhas ba rreiras no lado sueco das montañas. O camión atravesou as dúas primeiras barreiras coma se fosen de xoguete, até que na terceira, feita con alfombra de picos, se detivo botando 13
fume polo radiador. Tras un breve tiroteo de compromiso Siira e Sutinen entregáronse ás autoridades suecas. Man dáronos a Oslo para que os xulgasen. Pediron clemencia, confesárono todo e impuxéronlles unhas condenas bastan tes leves. En Noruega condenáronos só a tres anos e medio, e despois trasladáronos á prisión de Långholmen, en Es tocolmo, para arranxaren as contas pendentes por algúns pequenos delitos que cometeran no pasado en Suecia. Siira tirara os lingotes de ouro dun xeito tan descoida do que a Oiva Juntunen lle custou ferro e fariña atopalos. O primeiro día só achou dous lingotes. Ao día seguinte do roubo localizou un máis. A policía comezou tamén a rexis trar as beiras da estrada, o cal dificultou bastante as pes cudas de Oiva Juntunen, que non deu atopado o cuarto lingote até que xa pasaran dous meses do roubo. A policía norueguesa seguiu buscando con tenacidade nas beiras da estrada durante dous anos, e aínda atopou dous lingotes máis, pero finalmente deron por rematadas as pescudas. Seguramente nalgunha desas cunetas quede aínda algún que outro lingote do mellor ouro de lei australiano. Oiva Juntunen tiña por diante moitos anos de como didade. Mentres o asasino Siira e Sutinen o Hostiazos esti veron no caldeiro, Oiva viviu sen preocupacións económi cas na súa suntuosa morada de Estocolmo. Ao seu curmán de Australia mandoulle mil libras e convidouno a ir dar unha volta algún día por Humlegård. Oiva Juntunen ía visitar os seus cómplices ao cárcere unha vez por semana. Leváballes revistas porno recentes, tabaco, chocolate e galletas de xenxibre. Ás veces, despois de que Sutinen e Siira lle insistisen moito, aceptaba levar lles ansiolíticos ao cárcere. Pero canto máis se prolongaba a condena dos seus cómplices, máis se espazaban as visitas de Oiva Juntunen. Pasaba por Långholmen unha ou dúas 14
veces ao mes, e eran visitas brevísimas: cun minuto por persoa xa chegaba. Pódese dicir que a Oiva Juntunen lle repugnaba o ambiente pouco hospitalario do cárcere. De cando en cando as autoridades de Noruega e Sue cia facían rexistros domiciliarios na casa de Oiva Juntu nen, mais nunca atoparon nada que o relacionase co gran roubo do ouro porque agochara os lingotes na súa aldea de Vehmersalmi, debaixo dun monte de esterco, a carón da súa cabana abandonada. Oiva ía alá un par de veces no ano, cavaba un pouco coa pa e despois volvía a Estocolmo para seguir coa súa vida opulenta e tranquila. Pero aquel solleiro día de primavera recibiu unha des agradábel noticia da prisión de Långholmen. O asasino en serie Siira e Sutinen o Hostiazos ían saír axiña en liberdade por boa conduta, quizais xa antes do verán, e seguro que aparecerían decontado para reclamar a súa parte do botín. Durante aqueles anos de luxo, Oiva Juntunen fórase distanciando pouco a pouco dos seus cómplices. Parecíalle completamente innecesario repartir o ouro que quedaba con eles. Era ben certo que había trinta e seis quilos, pero aínda así, que ían facer un par de ex convictos con tanto diñeiro? A Oiva Juntunen parecíalle que en Suecia se trataba aos presos con excesiva permisividade. Na súa opinión, os de lincuentes profesionais como Siira e Sutinen eran tratados con man demasiado branda. A semellantes elementos inde sexábeis sería bo encerralos de por vida nunha institución. Pero, segundo parecía, en vez diso íanos deixar ceibos. “Aquí aos delincuentes trátanos a corpo de rei. Polo carallo lles ía ser así en Finlandia!”, pensaba Oiva Juntu nen con amargura.
15