O curioso incidente do can á media noite (mostra)

Page 1

Mark Haddon

O curioso incidente do can รก media noite



Este libro vai dedicado a Sos Doulles as grazas a Kathryn Heyman, Clare Alexander, Kate Show e Dave Cohen



AGRADECEMENTOS O logotipo do metro, o deseño da tapicería e o mapa dunha das liñas reprodúcense co permiso do Servizo de Transportes de Londres. O anuncio de Kuoni reprodúcese co permiso de Kuoni Advertising. A pregunta do exame de matemáticas reprodúcese co permiso do OCR. Fixemos todo o posible por contactar cos posuidores dos outros copyright, e os editores corrixirán de bo grado en futuras edicións calquera erro ou omisión que se detecte.



2 Pasaban 7 minutos da media noite. O can estaba deitado na herba, no medio do xardín dianteiro da casa da señora Shears. Tiña os ollos pechados. Parecía coma se estivese correndo de costado, como corren os cans cando pensan que van perseguindo un gato nun soño. Pero o can non estaba correndo nin durmido. O can estaba morto. O can tiña cravada unha forca de xardín. As gallas da forca debérano traspasar e chegar ó chan porque a forca non caera. Decidín que seguramente mataran o can coa forca porque non lle vía ningunha outra ferida e non creo que lle fosen cravar unha forca de xardín a un can que morrera por outra causa, como de cancro, por exemplo, ou atropelado por un coche. Pero non podía estar seguro. Abrín a cancela da señora Shears e pecheina despois de entrar. Crucei o seu xardín e axeonlleime a carón do can. Pouseille a man no fociño. Aínda o tiña quente. O can chamábase Wellington. Era da señora Shears, que era amiga nosa. Vivía no outro lado da rúa, dúas casas á esquerda. Wellington era un caniche. Non era un dos pequenos, ós que lles fan peiteados, senón un caniche grande. Tiña o pelo rizado e negro, pero se un se achegaba víaselle por debaixo do pelo a pel dun amarelo moi claro, coma a dos polos. Acariñei a Wellington e pregunteime quen o mataría e por que. 11



3 Chámome Christopher John Francis Boone. Sei todos os países do mundo e as súas capitais e todos os números primos ata o 7.507. Hai oito anos, cando coñecín a Siobhan, amosoume este debuxo:

E souben que quería dicir “triste”, que é como me sentín cando atopei o can morto. Logo amosoume este debuxo:

E souben que quería dicir “contento”, como estou cando leo sobre as misións espaciais Apolo ou cando aínda estou esperto ás tres ou ás catro da mañá e percorro a rúa de arriba para abaixo e imaxino que son a única persoa que hai en todo o mundo. Despois Siobhan fixo outros debuxos:

13


Pero non sabía dicir o que significaban. Pedinlle a Siobhan que me debuxase moitas cariñas desas e que escribise ó lado o que significaban exactamente. Gardei o papel no peto e sacábao cando non entendía o que me dicía alguén. Pero era moi difícil decidir cal dos debuxos se semellaba máis á cara que vía, porque as caras da xente móvense moi á présa. Cando lle contei a Siobhan o que facía, sacou o lapis e outro papel e dixo que seguramente iso facía que a xente se sentise moi:

E entón riu. Así que rompín o primeiro papel e tireino. E Siobhan desculpouse. E agora, se non sei o que está a dicir alguén, pregúntolle que quere dicir ou marcho.

14


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.