O niño (mostra)

Page 1

Kenneth Oppel

O niño

Este Li onllo a ☐ regalár no ☐ gañou uno o c r ☐ me no o p ☐ ato u

bro



Para Julia, Nathaniel e Sophia





A

primeira vez que as vin pensei que eran anxos. Que outra cousa podían ser, coas súas pálidas ás de gasa e a música que liberaban, e a luz que desprendían? De inmediato tiven a sensación de que estiveran observando e agardando, de que me coñecían. Apareceron nos meus soños dez días despois de que nacese o bebé. Todo estaba un pouco borroso. Eu atopábame nunha especie de cova bonita con paredes brillantes coma tea branca, iluminada dende fóra. Os anxos mirábanme dende arriba, flotando no aire. Só unha se acercou, luminosa e branca. Non sei como, pero souben que era unha, non un. Irradiaba luz. Non a vía con claridade, pero o seu aspecto non era humano en absoluto. Tiña uns enormes ollos escuros e unha especie de melena feita de luz, e cando falaba 11


non vía moverse ningunha boca, pero percibía as súas palabras coma unha brisa no meu rostro, e entendíaas perfectamente. –Viñemos por mor do bebé –dixo–. Viñemos axudar.

12


Ó

bebé pasáballe algo, pero ninguén sabía o que. Nin nós nin os médicos. Tras unha semana no hospital, a mamá e papá permitíronlles traelo á casa, pero tiñan que volver case todos os días para facerlle máis probas. Cando regresaban, había información nova, teorías novas. Non era coma se tivese un virus, algo do que o bebé se recuperaría. Non era ese tipo de enfermidade. Podía ser un tipo de enfermidade da que un nunca se cura. Quizais non chegase a falar. Quizais non chegase a camiñar. Quizais non fose capaz de comer por si só. Quizais nin sequera sobrevivise moito tempo. Cando naceu o bebé, papá chegou á casa e contoume o problema. Pasáballe algo ó seu corazón, e tamén ós seus ollos e ó seu cerebro, e probablemente habería que operalo. Ó bebé pasábanlle moitas cousas malas. 13


14


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.