'O couso' (mostra)

Page 1

Ilustrado por Tony Ross

Este Li onllo a ☐ regalár no ☐ gañou uno o c ☐ mer no o p ☐ ato u

bro



Para Percy, Wilfred e Gilbert


AGRADECEMENTOS QUERO DARLLES AS GRAZAS ÓS SEGUINTES MONSTROS:

ANN-JANINE MURTAGH

TONY ROSS O meu ilustrador

A miña editora executiva

PAUL STEVENS CHARLIE REDMAYNE O meu axente literario

Conselleiro delegado de Harper Collins

ALICE BLACKER

HARRIET WILSON

KATE BURNS

A miña correctora

Directora de edición

Editora gráfica


RACHEL DENWOOD

SAMANTHA VAL STEWART BRATHWAITE

Editora

Directora editorial

Directora creativa

DAVID MCDOUGALL

SALLY GRIFFIN

KATE CLARKE

Director artístico

Deseñadora

Deseñadora

ELORINE GRANT

MATTHEW KELLY

TANYA HOUGHAM

Axudante do director artístico

Deseñador

A miña editora de audio

GERALDINE STROUD

A miña directora de relacións públicas


Saúda a…

O señor Manso


A seĂąora Manso


Myrtle Manso


E un COUSO…

?


E

sta é a historia dunha nena que o tiña

todo, pero aínda quería máis.

Un couso.


PRÓLOGO

Á

s veces, uns pais estupendos teñen uns fillos que son uns monstros.

Aquí tendes a familia Manso. Este é o pai, que se chama Maurice Manso. Tal como su-

xire o seu apelido, o señor Manso é un home amable. Gústalle levar calcetíns coas sandalias e xamais se atrevería a comer un pexego en público. O señor Manso é bibliotecario. Adora

SR MAURICE MANSO

13


as BIBLIOTECAs porque son lugares tranquilos, coma el. É un home que non lle faría dano a unha mosca. Nin a ningún outro insecto. Esta é a nai, a señora Meredith Manso. Leva lentes cunha cadea que lle rodea o pescozo.

H MANSO SRA MEREDIT

O momento máis embarazoso da súa vida foi unha vez que esbirrou nun autobús e todo o mundo se volveu para mirala. Non vos sorprenderá saber que tamén é bibliotecaria. Meredith e Maurice coñecéronse na BIBLIOTECA. Eran tan tremendamente tímidos que os dez primeiros anos que traballaron na biblioteca non intercambiaron unha soa palabra. Finalmente, Maurice e Meredith namoráronse no corredor 14


dedicado á poesía. Uns anos máis tarde estaban casados, e uns anos despois tiñan unha filla.

15


MYRTLE

MANSO

Esta é a súa filla, Myrtle. Se cadra pensas que non hai nada máis tenro ca un bebé. ERRO! Dende o momento en que naceu, Myrtle foi un auténtico HORROR. Por máis cousas que lle desen –monecos, peluches, patiños de goma–, sempre pedía máis. A primeira palabra que dixo Myrtle foi “máis”, e pronunciouna o mesmo día que naceu. O que pedía a pequena Myrtle era máis leite, malia que xa engulira cinco litros. Nunca se cansaba de repetir a palabra “máis”. –MÁIS!

MÁIS! MÁIS!

16


Como Maurice e Meredith, ademais de seren mansos de apelido, tamén o eran por natureza, non se atrevían a contrariar a súa monstruosa filla. Todo o que pedía a pequena Myrtle conseguíao. Os pais mercábanlle xoguetes e xoguetes e MÁIS xoguetes, aínda que ela os esnaquizaba ó momento. PLIF! PLAF! PLOF!

–MÁIS!

MÁIS! MÁIS!

Cando xa gateaba, déronlle ceras e ceras e MÁIS ceras, que Myrtle usaba para esborranchar todas as paredes da casa. RAS! Antes de partilas en dúas. CRAC!

Myrtle foise facendo grande e grande e máis grande, e o señor e a señora Manso só lle daban de comer galletas de chocolate, e veña galletas e máis galletas de chocolate. Máis e máis e máis. A pesar de que Myrtle gozaba moito cuspíndolles as migas á cara.

17


S

! H C R U L P MÁIS!

MÁ IS !

MÁIS!

18


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.