'O Famoso Catálogo Walker & Dawn' (mostra)

Page 1

Este Li onllo a ☐ regalár no ☐ gañou uno o c ☐ mer no o ☐ atop u

bro



,

d e l er e s e u iq p a c ia u e es ta d es q o r era referen b i u l q l a O C . ia s d e fa n ta soc ieda d e,s u o s a u n h a o b ra o s r e luga res, p o pasa d o e n n e s i a f e itos, t s i ou qu e e x , e xis ten tes . a a i t c s e n e d i r ia p u ra c oin c e,s ta h is to , a d n O a b pasa da. a Por ou tra c o p e a e da n u n h or pa r te d p o c a a m b i e n ta b a t e alcol e ef eren c ias r s a r, a c o n su m o d z a s xogos d e m o, todas u s e r n e m en ores, o e, idas u ra c ia is o s i a l osas c o n t u a x e d s n a c s e de c ousas en si b il ida s a n as d em a,is e t c i in as refl a h is toria e v l o v n e n es tas pa x s e d os qu e se m od er n o e z a p a r d os a n os n n of e n d e r u e p od er ia n e. resp o n sa b l o nsa bl e,s, p s e r e s o n r e as apaces m od es te l i b r o Daqu,ela, r s e d a e l os qu e a c o n se l l o v a is. os v osos p d s a d a h c r aga O tra d u to

5



PA R T E 1

O B AY O U


IXE PANTASMA ENGAD O DE MOPIEEFECTIVO!

seda imde peixe, en - Con form a os ta m años rs ve di Cód. 6M9o o8 en le ib ada. Disp oñ inclus o pa ra perm eabi liz rón, é idea l , prata e m ar ul do indique az r di co pe o en e facer grandes. Ó s ái m as es as pr sexado. o ta m año de polgadas 2, 3, 4, 4½ : ns sió Dim en . , 32, 40 cent Prezo: 25, 28


1

ENGADO DE PEIXE PANTASMA

T

odo comezou co asasinato do señor Darsley. Ou non. Pensándoo ben, todo comezou unhas semanas antes, a tarde que acabamos de construír a canoa. Era unha canoa ben bonita. Estivemos buscando a árbore axeitada durante meses, ata que atopamos un ciprés grande e robusto que crecía en augas profundas. Derrubámolo a golpes de machada (ou derrubeino eu, e Julie tamén un pouco, mentres Eddie se queixaba de que unha muller non debería cortar árbores e Tit nos ollaba sen dicir nada. Tit nunca di moito, a verdade). Despois de cortar o ciprés baleiramos o tronco, co gallo de facer catro prazas cómodas para nós, e cepillamos o casco e repasámolo con area dunha punta a outra, fregándoo ata que nos sangraron as mans. Fixeron falla meses para terminar o traballo, tamén porque decidiramos gardar a canoa no Refuxio, e o Refuxio estaba bastante lonxe da casa, e eu só podía ir á noitiña ou cando mamá me daba permiso. É dicir, case nunca. 9


O BAYOU

Porén, aquela tarde decidín escapar. Conteille á miña nai que tiña que ir á granxa dos Fabron para axudarlles a arranxar a palleira, pero marchei correndo ó Refuxio. Era unha cabana que construiramos eu e o resto da banda o verán anterior. Estaba xusto á beira do bayou, o gran pantano, e quedaba oculta por unha maraña de lianas colgantes e por enxames de mosquitos do tamaño de andoriñas. O Refuxio non é que fose gran cousa: tiña o teito torto e o chan era de terra pisada, pero ninguén sabía del, fóra de nós, e ese era o seu maior atractivo. Ós poucos forámolo arranxando cunha chea de cousas útiles, e podíase chegar a el en barca ou superando a Ponte Fráxil e un tramo de areas movedizas perigosísimo, onde se dicía que morreran decenas de persoas. E esta é outra razón pola que me gustaba tanto aquel sitio. Chegar ata alí sempre era unha aventura (aínda que, obviamente, nós coñeciamos o paso secreto de terra firme que se escondía no pantano). Sexa como for, cheguei á cabana pouco despois da hora de comer e atopei a Julie e a Tit traballando xa na canoa, dándolle os últimos retoques. Julie e Tit eran irmáns, pero quen non os coñecese ben xamais o adiviñaría. Julie tiña a miña idade e era moi guapa. Non digo que estivese namorado dela nin nada polo estilo, pero era algo no que todos estabamos de acordo, e de feito na vila chamábanlle Jolie, que significa “guapa”. Jolie Julie. Joju. Tiña o pelo rubio, pencas, os ollos escuros e os dentes de diante cunha graciosa fenda no medio. Tit, en cambio, tiña a pel de cor chocolate e o pelo moi rizado. Era pequeno, non só por ser pequeno de idade, senón porque era pequerrecho, e por iso todos lle chamabamos Petit, que significa precisamente “pequeno”. Julie era branca e Tit era negro, e o feito de que, malia iso, fosen irmáns facía da nai de Joju unha fresca e unha 10


ENGADO DE PEIXE PANTASMA

rameira, como dicía o meu irmán Chuck, e na súa opinión ese era o motivo polo que Tit saíra medio parvo. Pero eu sabía que todo iso eran contos: ó contrario, Tit era moi intelixente. Só que prefería non falar. Miraba, escoitaba e estaba sempre calado. Quizais comprendera que os parvos son os que falan moito. O que quero dicir é que o meu irmán Chuck non podía estar calado un momento. Tit estaba sentado sobre un vello cepo e Julie traballaba co coitelo longo no casco da canoa. Estaba acabando de gravar o nome, L’Effrayant, é dicir, “O Terrible”. Nin sequera os saudei, senón que entrei sen facer ruído no Refuxio, que fedía a humidade e a lama podre. Joju deixara no chan o seu bolso de cánabo. Furguei no seu interior, atopei picadura de tabaco e preparei unha boa pipa. Logo saín e sentei diante do Refuxio coa pipa, sorrindo, feliz. Foi entón cando Tit reparou en min –xa dixen que é intelixente– e me sinalou co dedo. Julie deixou de traballar e secou a fronte suada cunha punta da saia, mostrando por un intre dúas pernas pálidas que fixeron que algo se axitase no meu interior. Ás veces Joju causaba ese efecto en min. –Te Trois! –berrou–. Quen che deu permiso para coller o meu tabaco? Te Trois son eu. Empecei a rir coma o diaño nunha encrucillada e púxenme en pé dun pulo. –Veña, ho –respondín–, que nin sequera acendín a pipa. O que tes que facer é deixarme o coitelo, ou non acabamos nin mañá. Pero Joju non estaba disposta a deixarme o coitelo nin morta, así que, tras insistir un pouco máis, non me quedou outra que resignarme e poñerme a cepillar o remo. Entrementres chegara tamén Eddie. Eddie Grilo ou Eddie Ollotorto, o meu mellor amigo. Tiña un ano máis ca 11


O BAYOU

min e era moi alto, pero tamén era fraco e eu sempre lle gañaba nas pelexas. Tiña o pelo louro, da cor da cana de azucre, e unhas vellas lentes coas patillas suxeitas cun cordel. No bayou ninguén tiña lentes agás Eddie, porque o seu pai era o médico e fora mercarllas a propósito a Nova Orleáns. –Non me sinto moi ben –empezou a dicir Eddie, mentres sentaba no cepo xunto a Tit–. Creo que teño febre. Eddie sempre tiña febre. Estaba malo seguido, e cando deliraba dicía que oía as voces do pantano e que podía entender a linguaxe secreta dos animais, aínda que estaba claro que iso só eran contos. O caso é que cando dicía que tiña febre non había xeito de facer que traballase, así que Julie e eu nos miramos ós ollos e acabamos a canoa sós. Levounos unhas cantas horas, pero antes do solpor estaba lista e era unha auténtica beleza; unha barca ben feita que sen dúbida podía gañarlle en velocidade a calquera navío oceánico. Naturalmente, como a canoa a construíra eu, correspondíame a min botala á auga, pero Julie non estaba de acordo e Eddie menos, e Tit, por algún motivo, xa subira a bordo e non había xeito de facelo baixar. Así que ó final decidimos inaugurala todos xuntos. Empuxamos a canoa á auga e flotaba ben, de feito estaba máis alta do previsto, e fomos subindo nela de un en un. Eu quedei de pé e comecei a remar con movementos lentos, esquivando os illotes daquela parte do bayou e os troncos mergullados que asomaban coma dedos na auga estancada. O día era calorosísimo, e húmido. O sol quedaba aprisionado entre as follas e coloreaba o pantano con sombras rotas. Remei ata que o Refuxio desapareceu nalgún lugar detrás de nós, e entón sentinme canso e sentei para fumar a pipa que non chegara a acender dende antes. 12


ENGADO DE PEIXE PANTASMA

–Pásama –dixo Joju–. No fin de contas o tabaco é meu. –Eu hoxe non fumo, que teño febre –dixo Eddie. Mentres Joju acendía a pipa, eu preparei as canas de pescar co meu famoso engado con forma de peixe pantasma, que fixera eu, pero que era máis bonito cós do catálogo. –Coidado –dixo Eddie–. Esta zona do bayou é perigosa. Oio estraños murmurios na auga. –Vaia trola –dixo Joju. –Diso nada –respondeu Eddie–. Murmurios, rumores e asubíos. Eu diría que son mocasíns, centos deles. Os mocasíns acuáticos son unhas serpes moi perigosas, e se che morden podes morrer. Pero eu non pensaba que houbese realmente centos, como dicía Eddie, e ademais o meu engado de peixe pantasma non atraía serpes. Pero si algún peixe gato, e quizais ben gordo. Así que lancei a tanza e me puxen cómodo, e agardei mentres charlaba cos outros disto e daquilo. Eddie contou que aquela noite a señora Boucher se puxera de parto e tivera unha nena, pero que nacera con seis dedos na man esquerda e iso era sinal de desgraza. Non coñezo a ninguén que crea tantas parvadas coma Eddie Grilo. Joju, pola súa banda, dixo que case capturara unha tartaruga xigante, e que por pouco lle arrincara un pé dunha trabada. Se fose outra rapaza a que dixese algo semellante pensaría que o estaba a inventar todo, pero coñecía a Joju, e se ela o dicía era certo. Nese momento a cana deu un tirón e non caeu da canoa por pouco. Agarreina xusto a tempo. –Collín algo! –anunciei–. Por como tira debe de ser un auténtico monstro! Eddie levantouse para botarme unha man, pero ordeneille que non se movese. Só nos faltaba que fixese envorcar a canoa e acabásemos todos na auga. No fin de contas podía haber mocasíns de verdade. 13


O BAYOU

O que fixen foi colocarme coas pernas abertas, agarrei ben a cana e tirei, preparándome para unha longa loita. Era un peixe gato enorme, sen dúbida. O peixe gato máis grande xamais visto naquel lado do bayou. Pero trabucábame. O engado volveu á superficie ó primeiro tirón, e o que colgaba do anzol non era ningunha presa, senón unha lata oxidada e chea de lama. –Puagh! Só é unha lata de sopa de tomate. Tíraa –dixo Eddie. –Parvo –respondeu Julie–. Esa lata pódenos ser útil. Podemos facer unha lámpada para o Refuxio. –Así tamén podemos ir de noite –suxerín. –Pero de noite hai trasnos! –chiou Eddie. –Vaia trola –dixo Joju. –Non tal! –insistiu Eddie–. Vagan polo pantano coma chamas azuladas sobre a auga. Aqueles dous xa se ían poñer a discutir, pero o pequeno Tit farfallou algo, alongou a man e foi o primeiro en coller a lata. Que tintinou. –A ver, trae aquí –dixen eu. Quiteille a lata das mans e baleirei o seu contido no fondo da canoa. Saíu unha boa cantidade de auga e lama. E tres moedas. Moedas dun dólar, que brillaban baixo os raios do sol coma pequenas fogueiras. –Tres dólares! –murmurou Eddie, mentres se adiantaba para collelos. Deille unha pancada no ombreiro que houbo de mandalo á auga. –Quieto aí –advertinlle–. Pesqueinos eu. Son meus. –Pero a cana de pescar é miña. –Si, pero a tanza é miña. –E a canoa é de todos –entremeteuse Julie–. E se non fose por Tit e por min tirariades a lata e as moedas. 14


ENGADO DE PEIXE PANTASMA

Paramos a miralas. Brillaban tanto que mancaban os ollos. –Poderiamos coller unha cada un –dixo Eddie. –Pero as moedas son tres e nós somos catro –dixen eu–. Aínda que en realidade Joju e Tit son irmáns. –Con un dólar podes mercar algo bo –observou Julie–. Pero tres dólares xuntos son un auténtico tesouro. Eu coido que debemos decidir entre todos como gastalos! –Aposto a que por tres dólares o señor Travert nos vendería media tenda –murmurou Eddie–. Vou comer caramelos brandos ata rebentar! –Tamén podemos ir onda o señor Fabron e mercar un porquiño –propuxen eu–. Témolo no Refuxio e traémoslle todos os días restos de comida. En canto medre vendémolo e cos cartos mercamos tres ou catro porquiños e montamos un criadeiro, e en cinco anos somos ricos. –Pero cinco anos é moitísimo tempo –exclamou Eddie–. E, á parte, que pasa se o porquiño enferma e morre? –A min dánseme moi ben os animais –protestei–. Por iso sempre vou axudar ós Fabron cando lles fai falta… –Pero iso non significa… Mentres discutiamos, Julie quedara observando as moedas en silencio. Nun momento dado sorriu, recolleunas e apertounas todas no puño. –Teño unha idea mellor! –exclamou. –Cal? –O catálogo. Podemos mercar algo do catálogo

15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.