Helena Duggan
Unha cidade chamada Perfecta
Este Li onllo a ☐ regalár no ☐ gañou uno o c ☐ mer no o p ☐ ato u
bro
c em it eri o
U RBA N I ZAC I ÓN FA N TASM A n o. 13 5
rúa revi ra da
TÚ NE
Cas a d e v i o l et
L orfanat o
ec i da rúa es qu
EM PO RI O D OS I RM án s arc h er ,
FAB RI CA N T ES DE LE NTES
RÚA ES P LÉ N D I DA
rúa E D WAR D
ES CO L
A
gu n i n e t erra d
arc h e r
das árbore s men saxe
casa de i ri s arc h er
aven i d a
E I DO DO M ERCA D O
én
rap do t pasaxe
o t ea fact ory
CO N CE L LO
rúa
de sa ló n h er c r a té
ca d á fábri er h t é arc
e
g eo rg e
Para a miĂąa nai, a soĂąadora orixinal
capítulo 1
Neno Agardou. Oculto polo luscofusco e os arbustos do xardín contra a casca dun carballo. Á espreita. Dende aquel lugar tiña unha vista completa da casa e da entrada de grava. Preocuparse por ser visto facía que se sentise raro. Había semanas que Perfecta buligaba coas noticias da chegada do doutor Eugene. O doutor axudaría. Neno sabíao mellor que calquera outra cousa que soubera nunca. Só tiña que chegar ata o home antes de que cambiase. Mentres caía a noite. George e Edward Archer avanzaban a grandes alancadas e subiron os chanzos de pedra da casa. A vivenda iluminouse e Neno observou como se movían no interior. De súpeto unha luz cruzou a herba ata os seus pés e Neno retrocedeu ata as sombras. Un coche prateado avanzou pola renxente grava da entrada cara a el e detívose. O corazón aceleróuselle. O ronroneo do motor cesou e fíxose o silencio. A gran porta da casa abriuse e a silueta dos xemelgos Archer recortouse contra a luz do vestíbulo. Mentres Neno observaba, inmóbil coma unha estatua, un arrepío baixoulle polo espiñazo. Un home saíu do asento do condutor, unha muller, do lado do acompañante. Non imaxinara que o doutor tería compañía. A muller parecía nerviosa, fitando o home a través do teito do coche. El dirixiulle 11
un sorriso incómodo e logo camiñaron en dirección ós xemelgos, e saudáronos estreitándolles a man. A muller seguiuno e os catro desapareceron no interior da casa. Neno aventurouse a saír e afastarse un pouco das sombras, pero parou en seco cando o doutor berrou: –Violet. Ven, non quedes no coche, rula, que te vas conxelar. A porta traseira do coche abriuse un pouco e axiña se pechou dun golpe mentres a brisa axitaba as follas enriba da súa cabeza. Neno contivo o alento e volveu ó agocho. A porta do coche volveuse abrir e esta vez unha rapaza miúda e asustada cruzou a grava correndo en dirección á casa. Neno non puido evitar rir. Ela correu, saltou os chanzos e entrou precipitadamente pola porta principal, pechándoa tras ela dun golpe e mergullando de novo o xardín na escuridade. A porta do coche quedou aberta e Neno pechouna mentres se achegaba á ventá da cociña. Viu de pasada como a rapaza se escorría no cuarto. Sentou na escaleira a agardar. A noite avanzaba. Os Vixiantes pronto empezarían a patrullar e non podían volvelo pillar fóra da muralla. Volvería pola mañá, cedo, e falaría entón co doutor. Botou unha última ollada pola fiestra. A rapaza sentaba entre a súa nai e o seu pai: unha familia como era debido. Sentiu unha punzada no seu interior mentres acariñaba co polgar a gastada nota que tiña no peto.
12