Mostra Glosario Historia Secundaria Castelán-Galego

Page 1

Abreviaturas: a. adxectivo m. substantivo masculino f. substantivo feminino al. alemán ár. árabe fr. francés ing. inglés it. italiano CONT OBS SIN

contrario

observacións

sinónimo


A

a un intermediario, de xeito que o propietario percibe un arrendamento.

ábside m. ábsida f. Construción de planta se-

abadengo a./m. abadengo 1 a. Referido ás te-

micircular cuberta mediante bóveda de cuarto de esfera ou bóveda de forno. SIN ousia.

rras ou xuridisción do abade ou abadesa. 2 m. Territorio propiedade dunha abadía ou suxeito á xurisdición dun abade ou dunha abadesa.

absolutismo m. absolutismo m. Sistema de goberno no que o rei sustenta todo o poder do Estado sen limitacións. Este concepto fai referencia ás monarquías absolutas da Europa dos séculos XVII e XVIII.

abacial a. abacial a. Pertencente á abadía, á xurisdición do abade ou da abadesa.

abarcar v.t. abranguer v.t. Conter ou comprender certa cousa. SIN abarcar.

aceña f. acea f. Muíño de fariña que conta cu-

abasí a./m./f. abbásida 1 a. Relativo ou per-

nha gran roda hidráulica vertical que se pon en movemento ó caer a auga nas súas pas.

tencente ós abbásidas. 2 m./f. Membro da dinastía abbásida. 3 m.pl. Dinastía árabe instalada en Bagdad. O primeiro califa foi Abu-I-Abbas al-Saffah. No califato abbásida sucedéronse trinta e sete soberanos que reinaron durante cincocentos anos.

acueducto m. acueduto m. Canle artificial que se utiliza para levar grandes cantidades de auga dun lugar a outro.

afrancesado, da a. afrancesado, da a. 1 Que adopta ou imita os costumes franceses. 2 Aplícase ás persoas que son partidarias do rei Xosé I de España. Con este nome eran coñecidos en España e Portugal os partidarios da Revolución francesa, do liberalismo e das ideas da Ilustración que apoiaron a ocupación francesa da Península Ibérica ó longo do Primeiro Imperio francés. Adquiriu un ton pexorativo durante o reinado de Xosé I, irmán de Napoleón, que pretendeu reformar completamente as estruturas do estado. Foron duramente perseguidos durante o reinado de Fernando VII.

abdicación f. abdicación f. Abandono ou renuncia voluntaria dun cargo, dignidade ou dereito. Renuncia voluntaria dun monarca ó seu trono a prol de quen o segue na liña hereditaria.

Abencerrajes m.pl. Abencerraxes m.pl. Nome co que se coñece a liñaxe nobiliaria de orixe norteafricana do reino de Granada gobernado polos narazitas do século XV. Os abencerraxes participaron nas diversas revoltas sociopolíticas que tiveron lugar nese período e contribuíron a desencadear a guerra civil que debilitou o reino nazarita e levou á fin do dominio musulmán coa guerra de Granada.

Agenda 2000 f. Axenda 2000 f. Programa de acción aprobado pola Comisión Europea en xullo de 1997. Neste documento recóllense todas as cuestións que se formularán á Unión Europea a principios do século XXI e os ditames da Comisión sobre as canditaturas de adhesión. Divídese en tres seccións. A primeira aborda a cuestión do fun-

absentismo m. absentismo m. 1 Abandono sistemático das obrigas dun traballo ou dunha responsabilidade. 2 Práctica sociolaboral que consiste na delegación da terra 5


cionamento interno da Unión Europea, e abrangue a reforma da política agrícola común e o sistema de cohesión económica e social. Na segunda sección proponse intensificar a estratexia de preadhesión integrando dous novos aspectos: a asociación para a adhesión e a ampla participación de países candidatos nos programas comunitarios. A terceira sección constitúe un estudo do impacto da ampliación nas políticas da Unión Europea. En 1998 a Comisión Europea concretou esas prioridades en vinte propostas. Estas medidas atéñense á reforma da política agraria común, á reforma da política estrutural, ós instrumentos de preadhesión e ó marco financeiro.

que variou a súa extensión durante toda a época medieval, desde a conquista en 711 ata a súa desintegración en 1492. Inicialmente estaba integrada na provincia norteafricana do Imperio omeia. Al Andalus sería un emirato entre os anos 756 e 929, e posteriormente un califato independente do poder abbásida entre os anos 929 e 1031, momento en que se disolve e se crean varios reinos de taifas. A partir de aquí iniciouse a Reconquista por parte dos cristiáns, refuxiados no reino de Asturias, o que significou a mingua de Al Andalus e a ocupación da metade sur da península (a área da antiga provincia romana Bética). As súas fronteiras foron progresivamente desprazadas cara ó sur, ata a toma de Granada polos Reis Católicos.

Agila II m. Akhila II m. Fillo de Witiza, penúltimo rei da Hispania visigoda. Pactou cos musulmáns, a través do conde don Julián de Ceuta, a entrada na Península Ibérica dun exército que vencería a don Rodrigo na batalla de Guadalete en 711. ➙ Witiza.

alano, na a./m./f. alano, na 1 a. Relativo ou pertencente ós alanos. 2 m./f. Persoa pertencente a algún pobo dos alanos. 3 m.pl. Confederación de pobos nómades de procedencia escita, no norte do Cáucaso.

ajuar m. enxoval m. Conxunto de mobles, al-

alcabala f. alcabala f. Tributo da Coroa de

faias, roupa ou outros obxectos que achegan os noivos cando casan.

Castela que gravaba as vendas de todos os produtos, pagado polo vendedor á Facenda pública, e que consistía nunha porcentaxe do prezo.

ajuar funerario m. enxoval funerario m. Conxunto de obxectos que aparecen ó carón do defunto nos enterramentos das diferentes etapas da Prehistoria e que serve ós historiadores como forma de diferenciación social.

Alcorán m. Alcorán m. Libro sagrado dos musulmáns que inclúe a predicación de Mahoma.

algodonero, ra m./f. algodoeiro, ra m./f.

ajuste económico m. axuste económico m.

Persoa que vendía, batía e fiaba o algodón.

Concepto que fai referencia, no ámbito da economía e as finanzas, ás medidas que adoptan os gobernos para evitar desequilibrios na economía.

Alianza de Civilizaciones f. Alianza de Civilizacións f. Proposta realizada polo presidente do Goberno español, José Luis Rodriguez Zapatero, na 79ª Asemblea Xeral da ONU, en setembro de 2004. Esta pro-

Al-Ándalus f. Al Andalus f. Denominación do espazo musulmán da Península Ibérica, 6


posta defende unha alianza entre occidente e o mundo árabe e musulmán co fin de combater o terrorismo internacional para evitar os conflitos militares. O programa proposto ten como puntos fundamentais a cooperación antiterrorista, a corrección de desigualdades económicas e o diálogo cultural.

Antigüedad f. Antigüidade f. Etapa histórica que se refire especialmente á época clásica.

Antiguo Régimen m. Antigo Réxime m. Termo empregado polos revolucionarios franceses para referirse ós tempos anteriores ó inicio da Revolución francesa de 1789, que deu pé á organización política e social da Europa moderna. As súas principais características eran: unha monarquía absoluta baseada no dereito divino do rei, colocado no cumio da pirámide feudal; e unha inapelable división social en tres estamentos (a aristocracia, o clero e o terceiro estado).

almena f. amea f. Elemento saínte de forma prismática que coroa a parte superior das murallas a intervalos regulares, co fin de servir de protección ante ataques externos.

almohades m.pl. almohades m.pl. Seita islámica fundada por Muhammad ibn Tumart, da tribo bérber dos masmuda. Defendía a existencia dun deus único e as excelencias do Alcorán e a sunna ante o crecente antropomorfismo relixioso dos musulmáns.

anúteba f. anúduba f. 1 Antiga prestación persoal para reparar as fortificacións. 2 Tributo que se pagaba para eximirse desta prestación.

aparcería f. parcería f. 1 Reunión de invivi-

almorávide m./f. almorábide m./f. Persoa

duos para un fin común. 2 Forma de arrendamento realizado entre dúas partes que supón a cesión ou dominio útil dunha propiedade a cambio dunha renda representada nunha parte da colleita.

pertencente á seita islámica orixinaria do Sáhara, fundada en 1042 por Abd Allah ibn Yasin.

alodio m. alodio m. Patrimonio libre de car-

aprisio f. aprisio f. Ocupación para o seu cul-

gas e dereitos señoriais durante o sistema feudal.

tivo dunha parcela de terra erma que carece de titular.

anarquismo m. anarquismo m. Doutrina política e social que se basea na liberdade do individuo, na abolición do Estado e na supresión da propiedade privada. Desenvólvese no século XIX.

árabe a./m./f. árabe 1 a. Relativo ou perten-

anclaje m. ancoraxe f. Imposición municipal

be pagar polos bens importados e, nalgúns casos, exportados a un Estado. 2 Certificado público onde se corroboran as mercadorías e o imposto que se debe aplicar a cada unha para a súa exportación.

cente a Arabia, ós seus habitantes ou á súa cultura. 2 m./f. Habitante de Arabia.

arancel m. arancel m. 1 Imposto que se de-

que, desde o século XIV, tiñan que pagar os navíos para poder fondear nos portos e noutros lugares habilitados da costa.

anexión f. anexión f. Acto polo que un esta-

arancelario a. arancelario a. Relativo ou

do incorpora un novo territorio á súa soberanía.

pertencente ó arancel. 7


arbitrismo m. arbitrismo m. Concepto do

de Nicea (325) condenouno como herexe, pero as súas ideas sobreviviron entre os xermanos ata o século VIII.

pensamento político-económico aparecido na monarquía hispánica, fundamentalmente na Coroa de Castela, a finais do século XV, para superar períodos de debilitamento económico. Estivo vixente ata principios do século XVIII. Este concepto está relacionado intelectualmente coa chamada Escola de Salamanca. O arbitrismo pode considerarse como a primeira literatura económica, coetánea e, en boa medida, precedente do mercantilismo doutras nacións europeas, como Francia e Inglaterra.

art nouveau fr. m. art nouveau m. Movemento artístico de finais do século XIX e principios do século XX, tamén denominado Modernismo. Os seus trazos máis destacables son: o predominio da curva sobre a recta, a riqueza e detallismo na ornamentación, o uso de motivos vexetais, a inclinación pola asimetría, unha coidada estética e forte dinamismo das formas. Con referencia a aspectos literarios, a denominación Art Nouveau emprégase especialmente nas literaturas castelá e catalá; na literatura galega, reflíctese na obra Na noite estrelecida de Ramón Cabanillas.

archiduque, archiduquesa m./f. arquiduque, arquiduquesa m./f. Título nobiliario por enriba do duque. A partir do século XIV é dignidade dos príncipes da Casa Imperial de Austria.

asentamiento m. asentamento m. Instalación provisional, por autoridade gobernativa, de colonos ou cultivadores en terras destinadas a expropiarse.

arévaco, ca a./m./f. arevaco, ca 1 a. Relativo ou pertencente ó pobo arevaco. 2 m./f. Persoa pertencente ó pobo arevaco. 3 m.pl. Pobo prerromano que habitaba nos territorios correspondentes á parte das actuais provincias de Soria e Segovia.

astrolabio m. astrolabio m. Aparello portátil que se utiliza para medir a altura dos astros.

astur a./m./f. ástur 1 a. Relativo ou pertencente ós ástures. 2. m./f. Denominación que recibe o conxunto de pobos indíxenas do Convento Asturicense.

Armada Invencible f. Armada Invencible f. Grande escuadra que Filipe II manda contra Inglaterra debido a causas de índole económica e político-relixiosas. Este episodio constituíulle un fracaso moi custoso á monarquía española do século XVI.

atarazana f. atarazana f. Lugar de construción e reparación de embarcacións.

Aufklärung al. f. Aufklärung f. Denominación que recibiu en Alemaña a Ilustración. Este movemento, en Alemaña, ocúpase sobre todo de cuestións morais e relixiosas. O seu principal representante foi Christian Wolff, mais tamén hai que salientar a Leibniz, Semier ou Lessing.

arrianismo m. arianismo m. Doutrina relixiosa chamada así por referencia a Ario de Alexandría, que no século IV afirmaba a unicidade e transcendencia de Deus. Negaba que Cristo e Deus fosen da mesma natureza, é dicir, vía o Fillo como un ser divino creado polo Pai, pero inferior a el malia ser froito da vontade de Deus. O Primeiro Concilio

Austrias mayores m.pl. Austrias maiores m.pl. Denominación que fai referencia ós 8


reinados de Carlos V e Filipe II, momento en que o Imperio hispánico gozou dun esplendoroso apoxeo. ➙ Casa de Habsburgo.

bailío m. bailío m. Na Orde de San Xoán, comendador que obtivo ese título por antigüidade ou por concesión do gran mestre, e que ten o privilexio de portar a gran cruz. Equipárase ós comendadores das outras ordes militares.

Austrias menores m.pl. Austrias menores m.pl. Denominación que fai referencia ós reinados de Filipe III, Filipe IV e Carlos II, que, malia coincidiren co período do Século de Ouro das artes e as letras, significou a decandencia do imperio, cunha profunda crise económica e social e a perda da hexemonía europea. ➙ Casa de Habsburgo.

bakuninismo m. bakuninismo m. Doutrina de Mikhail Aleksandrovich Bakunin, dirixente e pensador revolucionario anarquista do século XIX. Este consideraba a sociedade como un feito espontáneo, e o Estado, artificial e opresivo. A raíz disto programou a organización social como a colaboración espontánea dos pequenos grupos naturais de estrutura colectivizada asociados por unha libre confederación.

autarquía f. autarquía f. 1 Calidade da organización política ou económica autosuficiente, que rexeita sistematicamente calquera axuda exterior. Trátase dunha forma extrema de autonomía tendente ó ostracismo ou ó illamento. 2 No Estado español, programa económico do goberno despois de 1939.

bakuninista a./m./f. bakuninista 1 a. Relativo ou pertencente ó bakuninismo. 2 m./f. Seguidor do bakuninismo.

balanza de pagos f. balanza de pagamentos

autocracia f. autocracia f. Réxime autorita-

f. Documento contable que rexistra as operacións comerciais, de servizos e de movementos de capitais realizadas polos residentes nun país co resto do mundo durante un período concreto de tempo, xeralmente un ano.

rio no que o monarca é absoluto e semidivino e se apoia nunha aristocracia omnipotente.

auxilia lat. m.pl. auxilia m.pl. Tropas auxiliares do exército romano.

balcanización f. balcanización f. Termo pe-

B

riodístico que define fenómenos ou procesos de desintegración dun gran complexo político nunha serie de comunidades ou núcleos menores.

baile m. baile m. 1 En Andorra, xuíz de categoría inferior ó veguer e que falla en primeira instancia. 2 En Cataluña, durante a alta Idade Media, oficial que representaba o señor ante os seus vasalos e que estaba encargado do goberno dunha determinada zona. 3 ➙ batlle.

bandería f. ➙ bando m. bando m. bando m. Disposición de carácter xeral en forma de orde que a autoridade lle impón directamente á poboación. É unha manifestación da potestade regulamentaria do poder público que se recoñece diante da administración como un dos medios para conseguir os seus fins. A publicación dun

bailía f. bailía f. 1 Territorio onde exerce a súa xurisdición o baile. 2 Cargo e xurisdición do bailío da Orde de San Xoán. 9


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.