Orla Tragarrás Ole Lund Kirkegaard Este li onllo a ☐ regalár no ☐ gañou uno o c r e ☐m uno ☐ mango no ☐ atopou
bro
Os matóns
N
on sempre é agradable ser pequeno. Por suposto, ás veces é divertido. Mesmo moi divertido. É divertido no verán, cando podes andar descalzo, ata que se fai de noite e a herba está mollada. É divertido cando construíches unha bonita cabana nunha árbore e te podes refuxiar nela mentres fóra chove a cachón. Tamén é divertido cando os catro porcos do panadeiro lle escapan do cortello e van explorar os xardíns, mentres as mulleres berran e levantan as saias. (E resulta aínda máis divertido cando fuches ti quen soltou os porcos.) E é divertido no inverno, cando un pode lanzarse pola neve desde o outeiro da igrexa nunha vella almofía e chegar ata o fondo da horta do carniceiro. A muller do carniceiro ponse feita unha besta brava cando alguén entra disparado na súa horta.
7
Ás veces, se un é desvergoñado dabondo, mesmo pode ocorrer que te persiga coa vasoira. Pero o máis divertido de todo é tirar castañas no chan na escola de baile. Entón a profesora cae unha e outra vez berrando que na súa vida viu uns nenos tan maleducados. Si, ás veces é divertido ser pequeno. Pero outras veces non é moi agradable, e iso débese a que a nosa cidade está chea de matóns e outros rapaces grandes e estúpidos que non poden deixar en paz a xente decente coma Jakob e coma min, e outro par de nenos encantadores. Cando se ve a nosa cidade nun cadro ou nunha fotografía, parece bastante bonita. E en realidade éo. Polo menos ten flores, galiñas, farois e casas acabadas de pintar. Pero é que nas fotos non se pode ver os matóns. Os matóns da nosa cidade sempre se esconden detrás das casas, das árbores e dos valados cando alguén vai fotografar a cidade e a beirarrúa nova. Na tenda de ultramarinos da esquina hai unha morea de fotos destas da nosa cidade. E algunhas mesmo son en cor. PERO NAS FOTOS NUNCA SAEN OS MATÓNS.
8
Sempre se esconden detrás de algo, porque teñen medo de que alguén os vexa.
9