Os secuestradores de burros (mostra)

Page 1

Gerald Durrell

Os secuestradores de burros

Este Li onllo a ☐ regalár no ☐ gañou uno o c ☐ mer no o p ☐ ato u

bro



Para o meu afillado Andreas Damaschinos, que vive nunha illa na que ben puido ocorrer isto.



Capítulo 1

Melisa A illa de Melisa atópase nalgún lugar do mar Xónico. É tan minúscula, e queda tan a desmán, que moi pouca xente sabe dela. É unha illa afortunada porque ten auga en abundancia, o campo está inzado de oliveirais e cipreses, e en certas épocas hai grandes extensións cubertas de flores de amendoeira brancas e rosas. Unha vez ó ano visítaa un barquiño de turistas que atraca no porto de Melisa, e alí os turistas desembarcan en tropel e compran grandes cantidades de falsas antigüidades gregas, que son a principal fonte de ingresos dos oleiros do lugar. A illa presume de ter unha pequena colonia estranxeira, que consiste nun francés moi ancián, que vive nunha remota vila e moi rara vez se deixa ver en público. Rumoréase que se está a recuperar dun amor desgraciado, pero a xulgar polo número de rapazas labregas, repoludas e de bo ver, que ten empregadas na vila, atopou o antídoto idóneo para a súa mágoa. Tamén hai dúas señoras inglesas maiores que pasan a vida rescatando gatos extraviados, facendo boas obras e dando aburridísimas clases de inglés ós melisiotas que desexan adquirir coñecementos desa lingua. Esa é, por así dicilo, a poboación estable, pero durante os meses de verán a pouca xente que sabe da existencia de Melisa (e que é intelixente) aluga escangalladas vilas no campo e alí toma o sol, báñase no mar morno e cada ano cóllelle máis

9


estima á illa e ós seus simpáticos e amables habitantes. Melisa é certamente unha especie de mundo ó revés onde nunca se pode usar a lóxica. Pode pasar practicamente calquera cousa, e con frecuencia pasa. O santo patrón de Melisa é san Policarpo. Unha vez, en 1230, no transcurso das súas viaxes, un siroco apartouno do seu rumbo e viuse obrigado a quedar na illa ata que o tempo mellorou. Como mostra da súa gratitude pola hospitalidade con que o acolleran, agasalloulle á illa un par de vetustas zapatillas. Os melisiotas, conmovidos por un xesto tan xeneroso, declarárono de inmediato santo patrón da illa, e as zapatillas (coidadosamente colocadas nun relicario) convertéronse no punto central de todas as cerimonias relixiosas. Na parte norte da illa hai unha aldea que se chama Kalanero. Está no alto da ladeira, e ós seus pés esténdese unha fértil chaira cultivada e que chega ata o mar. Os aldeáns levántanse todas as mañás e baixan pola ladeira –e haberá os seus bos cinco ou seis quilómetros– nos seus burros para traballar as súas leiras. No centro da aldea érguese unha gran vila veneciana que leva esmorecendo ó sol os últimos trescentos anos ou máis. Durante moitos anos os aldeáns de Kalanero miraron esta vila con certa animosidade, porque a pouca xente que chegaba ata alí non a alugaba nunca, de modo que outras aldeas podían gabarse de ter vilas habitadas por forasteiros, pero a xente de Kalanero non. Entón chegaron os Finchberry-White. O pai, o xeneral de división Finchberry-White, era a personificación do que os melisiotas pensaban que debía ser un inglés. Era alto, un pouco corpulento, e sempre se movía por todas as partes con aires de ser o amo. Pero a verdade é

10


que no fondo era un melisiota. Posuía un raro talento –polo menos raro entre os ingleses–, que era a súa facilidade para os idiomas. Non lembro de memoria cantos idiomas hai en Europa, pero, por moitos que sexan, el falábaos todos tan ben coma un nativo. Así que para os labregos do lugar presentaba o atractivo inmediato de ser un inglés que (o nunca visto) falaba grego. Tiña outro atractivo: perdera unha perna e levaba unha de aluminio, articulada, sobre a cal nos momentos de tensión executaba complicados ritmos de percusión africana. Cando descubriu a vila de Kalanero alugouna de inmediato por un período moi longo. Naturalmente, os aldeáns quedaron moi compracidos. Agora non só tiñan un inglés vivindo entre eles, senón un inglés que falaba grego e que, ademais, era evidentemente un heroe de guerra, porque lle faltaba unha perna. A aldea dividiuse en dúas correntes de pensamento acerca de como o lograra. Unha metade insistía en que lle ocorrera mentres tomaba Roma el só. A outra metade estaba convencida de que lle pasara mentres tomaba Berlín el só. Ninguén lles revelou que o xeneral perdera a perna un día que bebera máis da conta e caera polas escaleiras da casa dun amigo en Chelsea. Pero en realidade, o que máis fixera que gañase o cariño deles era o seu dominio da lingua grega. O xeneral só tiña unha ambición en vida, e era pintar, pero con aquela perna só podía percorrer distancias moi curtas. Esta foi a razón pola que alugou a vila de Kalanero sen pensalo dúas veces. Tiña unha ampla terraza dende a cal se dominaba un panorama de cipreses co mar de fondo. Era un lugar con vistas privilexiadas para pintar. O xeneral instalaba o cabalete e pintaba moitos e malísimos cadros de cipreses, porque na súa opinión era unha árbore fácil de debuxar, e poñéndolles moitas cores por detrás o resultado era tan

11


atractivo coma calquera pintura das que poden atoparse na Real Academia. Así, cunha pertinacia que seguramente fora a que lle fixera gañar os galóns, pintaba un cadro tras outro dende aquel mesmo lugar con vistas privilexiadas, para completa satisfacción súa e dos aldeáns, que, por suposto, o trataban cunha reverencia digna do propio Rembrandt. Había tamén, claro está, unha señora Finchberry-White e dous nenos, un neno e unha nena. A esposa era unha desas señoras inglesas algo mirradas que deberon de ser moi guapas na súa mocidade, e agora levaba o paso dos anos con moita elegancia. Dedicaba o seu tempo a deambular distraidamente, a recoller flores silvestres e a organizar comidas totalmente desorganizadas a intervalos irregulares. Pero, por suposto, o heroe e a heroína desta historia son os nenos, David e Amanda.

12


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.