Otto é un rinoceronte (mostra)

Page 1

Otto é un rinoceronte Ole Lund Kirkegaard Este li onllo a ☐ regalár no ☐ gañou uno o c r e ☐m uno ☐ mango no ☐ atopou

bro



Capítulo 1

O

neno chamábase Topper, e dende logo non era moi guapo. Tiña o pelo de cor marrón avermellada, coma o ferro oxidado, e tan groso e duro que a súa nai debía peitearllo cun anciño cando quería que estivese un pouco máis presentable. Tiña pencas na cara, e un dos dentes asomáballe pola boca. Topper vivía nunha casa vermella fronte ó porto. A casa vermella era grande e antiga, e estaba chea de escaleiras renxedoras e portas torcidas. No inverno vivían ratos no soto, e no verán, corvos na cheminea. O resto do ano, a casa estaba chea de xente, de nenos e de gatiños a raias. A Topper gustáballe moito aquela casa grande e vermella, e cando chegaba da escola sempre lle dicía: –Ola casa! Que bo tempo vai, eh? E parecíalle que a casa se poñía bastante contenta, tanto como pode poñerse unha casa sen que se lle abran fendas nas paredes.

7


8


No último piso, xusto debaixo do tellado, vivía o señor Holm, o porteiro. O señor Holm coidaba daquela gran casa e asegurábase de que a xente o pasase ben e estivese contenta. Fumaba nunha pipa pequena e curvada, e sabía estrañas historias de pantasmas, de bruxas e de caníbales que arrepiarían a calquera. O señor Holm era un home baixiño e repoludo, e tiña o bigote branco. Non era caníbal, senón que comía cousas sinxelas, coma bistés, arenques fritidos, cacahuetes e ás veces flan de chocolate. Chamáballe á súa pequena pipa “quentanapias”, e só a sacaba da boca para comer e para contar historias de medo. –Seguro que de noite dorme con ela –díxolle Topper a Viggo. Viggo era o amigo de Topper. –Non –dixo Viggo–. O meu pai di que non se pode durmir coa pipa, porque se ciscaría todo o tabaco pola cama. O meu pai é moi intelixente e sábeo todo. –Ben –dixo Topper–. Pode ser. Pero no fondo pensaba que o señor Holm sen dúbida sabía máis, e Topper decidiu que lle preguntaría o da pipa sen que o soubesen Viggo nin o seu pai intelixente. O pai intelixente de Viggo era o señor León.

9


Tiña un café no baixo da casa vermella. Chamábase CAFÉ O BACALLAU AZUL, e todas as noites estaba cheo de pescadores e mariñeiros que ían comer carne guisada, mascar tabaco e beber augardente. Topper vivía no piso do medio da casa vermella. Vivía alí coa súa nai, que era peixeira e vendía peixe nun posto, ó outro lado do porto. Cando a nai de Topper cantaba, as fiestras tremían e os peixes retorcían a cola asustados. O pai de Topper era mariñeiro. Navegaba en mar aberto e só viña á casa unha vez ó ano. Na escola, Topper contáballes ás veces á mestra e ós outros nenos cousas do seu pai. –O meu pai –dicía Topper– é un auténtico mariñeiro. Navega en mar aberto e ten dentadura postiza. –Que é a dentadura postiza? –preguntaron os outros nenos. –Ben –dixo a mestra, axustando as lentes–. A dentadura é postiza cando un pode quitar e poñer os dentes da boca. –Ooh! –dixeron os outros nenos–. O teu pai pode quitar os dentes da boca, Topper? –Exactamente –dixo Topper moi orgulloso–. Unha vez que había tormenta no mar, quitou a dentadura postiza para

10


botarlle unha ollada e caeulle entre a ondas. Fixo PLOP, e a dentadura desapareceu. –Vaites! –dixeron os outros nenos–. Fixo PLOP? –Si –dixo Topper–. Fixo un auténtico PLOP, e quedou sen dentes. Durante moito tempo, o meu pai tivo que conformarse comendo só papas de sémola e sopa. Os outros nenos quedaron mirándoo.

11


–Puagg –dixeron algúns–. Iso non debeu de ser moi agradable para o teu pai. –Non –dixo Topper–. Foi un momento terrible para el. Acabou collendo a febre do ouro, co desgusto. –Meu Deus! –dixo a mestra–. Colleu a febre do ouro? –Colleu –dixo Topper–. E ben gorda. Pero agora xa está ben. No canto da febre do ouro ten unha moza en cada porto. Á mestra case lle caeron as lentes. –Ben –dixo–. Agora imos escribir. Xa oiremos máis cousas sobre o pai de Topper outro día. Os nenos inclináronse sobre os seus cadernos e puxéronse a escribir o mellor que podían. Pero pensaban moito no pai de Topper e nos seus estraños dentes que se podían quitar da boca. E esperaban que puidesen velo ben cando volvese á casa dende mar aberto. Na casa vermella tamén vivía unha anciá. Chamábase señora Flora, e usaba unha longa trompetiña amarela, porque oía terriblemente mal. O seu balcón estaba cheo de enormes tarros con fermosas flores e pequenas gaiolas con bonitos paxaros verdes. –As flores son o máis bonito que existe –díxolle ó señor Holm cando baixaba pola escaleira para varrer un pouco a rúa.

12


–Si, moi certo –dixo o señor Holm, fumando na súa pipa–. Non hai nada mellor ca as flores. Quizais só unha cunca de café. –Como di? –preguntou a señora Flora, apuntando a súa trompetiña amarela cara ó señor Holm. –CAFÉ –berrou o señor Holm. –Ai, si! O café tamén está moi bo –dixo a señora Flora–. Apetécelle unha cunca de café, señor Holm? O señor Holm asentiu. –Si, grazas –dixo–. Pero non querería abusar demasiado. –Demasiado? –dixo a señora Flora, e sorriulle–. Non, non lle darei demasiado. Só o que a vostede lle preste. Así falaban o señor Holm e a señora Flora, de cando en vez, de flores e de café, e no fondo ó señor Holm gustáballe moito. Case todos os días sentaban el e a señora Flora no balcón, entre as flores grandes e fermosas e os paxaros pequenos e bonitos, e sentíanse felices tomando café quente. –Un home tan guapo coma vostede, señor Holm –dixo a señora Flora–, un home tan guapo coma vostede debería buscar unha mulleriña. –Si –dixo o señor Holm–. Nós os dous non estariamos mal casados.

13


–CADUCADO? –exclamou a señora Flora, e olfacteou a cafeteira–. Cre vostede que o café está caducado? Non, non pode ser, meu querido porteiro. É auténtico café de Xava. –Humm –dixo o señor Holm, un pouco avergoñado–. Si, saúde, señora Flora. Pero pensaba para si: “Un día escribireille unha carta, e nela direille: CASE COMIGO, DOCÍSIMA SEÑORA FLORA. Unha carta así sen dúbida terá que entendela esta doce e vella burrica.” Así era a vida na gran casa de cor vermella que había fronte ó porto, e así era a xente que vivía nela. E agora é hora de que saibamos algo moi estraño que sucedeu alí.

14


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.