As meigas forman parte da tradición oral galega. Son mulleres feiticeiras con poderes curativos e de adiviñación.
pilonga no peto… Pero ás veces tamén acoden a elas para curar doenzas ou para saber do seu porvir.
As persoas que cren nelas fan unha serie de ritos para afastalas: gardar unha ferradura no fogar, levar un dente de allo ou unha castaña
En xeral, caracterízanse por ser anciás crueis que se moven por vinganza, pero, como veremos, hai meigas de todo tipo. -
Deixámosche aquí unha listaxe das meigas máis comúns. Aínda que en cada aldea de Galicia se fala dunha meiga diferente asociada a lendas do máis arrepiantes. MEI GA CH U CH O N A DA MA D E CA S T RO F E I T I CE I RA V E D O I RA AG O RE I RA L AVA N D E I RA MA RI M A N TA
CAR T UXE I R A AUR E ANA BALUR A AS UM C O R DAS VO L ADO I R A B R UTA ETC.
Ademais, na nosa mitoloxía existe unha cantidade grandísima de seres horripilantes, xa que as noites escuras, chuviosas e de neboeira densa activan a imaxinación. SA NTA COMPA ÑA BA SIL ISCO A L EN MOURA NUBEIRO SACA ÚNTOS LOBISHOME
LOBISMUL L ER D ONA COCA URCO X ACIO GATIPED RO ETC.
Vive baixo os castros ou en castelos de cristal. Adoita verse cun aspecto xovial, levando un longo vestido braco, unha variña máxica e un gorro medieval.
Atende as peticións de axuda da xente humilde. Aparécese ante persoas apesaradas ou tristes para darlles consellos ou outorgar favores. -
Vese preto de ríos e regatos, con aspecto de anciá de rostro amable e encurvada. Leva un chal grande co que cobre a cabeza. Coa súa fermosa voz e cantos hipnóticos atrae
os mozos e nenos ata a auga para afogalos. Dise que cura o mal de ollo e que debes levar unha pedra pequena na boca para non sucumbir. -
As meigas chuchonas ou chupadoras son as máis temidas, pois poden presentarse con distintas caras ou con aspecto de insecto, como abellóns ou moscas. Ataca os nenos
pequenos para chucharlles o sangue e o unto ata que o corpo queda mirrado. Logo, utiliza isto nas súas apócemas, pomadas e ungüentos. -
É fermosa, esvelta e agradable. Ten calidades de adiviña e media entre os vivos e os mortos para que os familiares dun falecido poidan saber como lle vai, se xa está no ceo
ou aínda no purgatorio, e así axudarlle a resolver os problemas que non o deixan pasar á vida eterna. -
Estas meigas envellecen prematuramente, pero logo viven moitísimos anos como anciás. Sempre van cun bastón. A súas facultades de adiviñación son espectacula-
res, aínda que teñen unha peculiaridade: só adiviñan o malo que lle vai suceder ás persoas. Mellor non deixes que unha Agoreira che lea o futuro. -
Esta anciá sempre leva un cesto cheo de roupa á cintura. Sorprende a quen camiña durante as noites de lúa chea preto dun lavadoiro e pídelle axuda para escorrer unhas pezas
-
de roupa con sangue que nunca desaparece. A persoa debe retorcelas en sentido contrario a meiga, se non caerá en desgraza ou mesmo na morte.
A meiga do saco. Se vos pide esmola unha vella fea, encurvada, que leva un saco ás costas chepudas, dádella! E vixiade os nenos ata que se afaste. Ao menor despieste róu-
baos e fainos desaparecer, pois ninguén sabe que fai con eles despois. Crese que esta meiga veu nun barco, na época dos celtas. -
Esta meiga é experta en botar as cartas e sempre acerta na súa predición. Este é o seu perigo, pois comeza por ler só a parte esperanzadora e a súa vítima queda cativada
-
dos seus vaticinios. Pola coviza de coñecer o futuro, vólvese a ver á Cartuxeira unha e outra vez ata quedar sen cartos nin bens.