A MITOLOXÍA GREGA OS DEUSES DO OLIMPO
A MITOLOXÍA GREGA A mitoloxía grega componse dun monte de historias fascinantes, con infinidade de personaxes e tramas imposibles para explicar a orixe do mundo.
QUEN SON OS DEUSES DO OLIMPO? Nesta relixión politeísta, os principais deuses viven no monte Olimpo. Son os máis coñecidos e poderosos, e a maioría son irmáns ou fillos de Zeus, o seu rei.
ZEUS CEO
REI DOS DEUSES. É máis poderoso que todos os demais deuses xuntos e supervisa o Universo. É fillo dos titáns Cronos e Rea. Adóitase representar como un home de barba e cabeleira espesa, musculado e cos símbolos do seu poder: o raio, a aguia, o touro e o carballo.
HERA FAMILIA
RAÍÑA DOS DEUSES. Protexe o matrimonio e o parto. É nai de varias deidades e esposa e irmá de Zeus. Este engánaa constantemente, polo que Hera conspira e se vinga de forma cruel e orixinal das amantes e fillos de Zeus. Un deles foi Hércules, ó que enviou serpes, caranguexos, tabáns, tormentas…
POSEIDÓN MAR
DEUS DO MAR, dos terremotos e dos cabalos. Poseidón é un dos principais deuses do panteón grego e irmán de Zeus. Vive nun palacio de cristal nas profundidades do mar. A súa arma letal é o tridente e navega polos océanos nun carro tirado por hipocampos, seres metade cabalo metade peixe.
HADES
INFRAMUNDO
DEUS DOS MORTOS e señor do inframundo. É o máis temido dos deuses, pois decide o destino final das almas. Posúe unha arma excepcional: un casco invisibilizador. Acompáñao Cérbero, o can infernal de varias cabezas que custodia a entrada do inframundo. Atribúeselle a creación das estacións.
DEMÉTER AGRICULTURA
DEUSA DA FERTILIDADE, da terra e da agricultura. É unha deidade moi importante, xa que protexe as colleitas e a vexetación. Unha das súas fillas, Perséfone, foi secuestrada polo seu irmán Hades. Desesperada, provocou unha dura seca que durou ata que se xuntaron de novo.
APOLO BELEZA
DEUS DA LUZ, dos Sol, da música e da curación, pero tamén das pragas. Relaciónase coa xuventude, a beleza, o pastoreo e a vida. Leva un arco como a súa irmá xemelga, pero el, máis que para a caza, úsao para a guerra. Toca a lira e foi o mestre indiscutible da música no mundo grego.
ATENEA SABEDORÍA
DEUSA DA SABEDORÍA, da batalla, da estratexia, da arte e da xustiza. É a deusa patroa da cidade grega de Atenas. Naceu da cabeza de Zeus, polo que é a súa favorita. Represéntase con armadura e cun casco botado cara atrás. É tan forte e imbatible que nin o mesmo Ares pode derrotala.
AFRODITA AM OR
DEUSA DA BELEZA, do amor, do desexo e da sexualidade. É unha deusa de grande influencia. Protexe a quen navega polo océano, xa que naceu da escuma do mar. Foi obrigada a casarse con Hefesto, pero tivo aventuras con outros deuses como Ares, Hermes ou Dionisio.
HEFESTO FOGO
DEUS DO FOGO, dos volcáns, da forxa, da artesanía e da arquitectura. Constrúe armas, xoias, tronos e pazos para os demais deuses. É feo, coxo e ata grotesco, pois representa a enfermidade que padecían os ferreiros por ir envelenándose co arsénico que usaban. Está casado con Afrodita.
HESTIA FOGAR
DEUSA DO FOGO DO FOGAR, dos sacrificios e da harmonía familiar. Apenas sae do Olimpo e non se inmisce na vida de ninguén, pero é moi venerada e popular. Inventou a arte de construír casas e protexe o sentimentos íntimos e tradicionais. Co tempo, chegou a ser a protectora do universo.
ARES GUERRA
DEUS DA GUERRA e do masacre. É violento, irritable e capaz de causar grandes danos ós seus inimigos. Foi amante de Afrodita, a súa aliada na guerra. Isto fixo enfadar a Hefesto, que os capturou cunha malla irrompible cando estaban xuntos para que todos os visen.
ARTEMISA CAZA
DEUSA DA CAZA, da Lúa, dos animais salvaxes e da curación. É a protectora das mozas e da virxindade. Defendese dos mortais que a ofenden co seu arco e frechas, pero tamén pode convertelos en animais. Vai acompañada por cans, cervos e ninfas. O seu irmán xemelgo é Apolo.
HERMES COMERCIO
DEUS MENSAXEIRO, dos ladróns, dos comerciantes, dos atletas e dos viaxeiros. Inventou a adoración, os sacrificios e varios deportes. Como ten o poder da oratoria e da astucia, é un gran mensaxeiro e negociador, pero tamén mentireiro. Así mesmo, ten a función de conducir os defuntos ata o inframundo.
DIONISO VIÑO
DEUS DO VIÑO, da éxtase e dos excesos. Relaciónase coa agricultura, a loucura, o teatro, a alegría e as emocións. Ás veces preséntase como estranxeiro, pois viaxou por todo o mundo ensinando o cultivo da vide. Adoita ser representado como un mozo atractivo, coroado con follas de hedra e vide.