Rinoceronte_O edificio Yacoubian_mostra

Page 1

1 Non máis de cen metros separaban a pasaxe Baehler, onde vivía Zaki Bei el Dessouki, do seu despacho no edificio Yacoubian, pero cada mañá tardaba unha hora en cruzala, xa que tiña que saudar os amigos pola rúa: os donos dos comercios de roupa e de calzado, os dependentes de ambos os sexos, os camareiros, os empregados do cine, os clientes habituais do café Brasil, incluso os porteiros, os limpabotas, os mendigos e os gardas de tráfico, Zaki Bei coñecía a cada un polo seu nome e intercambiaba con eles saúdos e novidades. Zaki Bei era un dos habitantes máis antigos da rúa Suleimán Pashá, onde chegara a finais dos anos corenta, despois de rematar os estudos en Francia, e de onde nunca marchara. Para os veciños era un personaxe folclórico moi querido por todos. Fose inverno ou verán, sempre vestía o enorme traxe que disimulaba o corpo miúdo, da chaqueta colgáballe un pano da mesma cor que a gravata, ao que se lle pasara o ferro coidadosamente; ía co seu famoso puro, que nos mellores tempos era un excelente habano pero que agora se convertera nun cigarro de fabricación nacional, mal feito e de cheiro insoportable; tiña un rostro engurrado pola vellez, lentes de grosos vidros, brillantes dentes postizos, cabelo escaso tinxido de negro, repartido de esquerda a dereita para disimular a gran calva… Resumindo, Zaki Bei constituía en certa medida unha lenda pola súa presenza divertida e irreal. Semellaba que fose desaparecer en calquera momento, ou que se tratase dun actor desempeñando o seu papel e que ao rematar a función quitaría o disfrace para vestir a súa indumentaria auténtica. Se a todo isto engadimos o seu espírito alegre, os seus chistes verdes e a súa capacidade para conversar con calquera persoa coa que se atopase na rúa,

7


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.