Tippe Tophat Ole Lund Kirkegaard Este li onllo a ☐ regalár no ☐ gañou uno o c r e ☐m uno ☐ mango no ☐ atopou
bro
O paseo en carro da avoa
O
meu avó era un velliño delgado de pelo gris. Nunca falaba demasiado, pero cando abría a boca para dicir algo parecía un gorrión conxelado que pía baixo o beirado un día de inverno. Adoitaba darme palmadiñas na cabeza e regalarme paus de regalicia e terróns de azucre. O meu avó era un velliño bondadoso e tranquilo, e todos o queriamos moitísimo. A miña avoa era completamente diferente. Era unha muller enorme, redonda e grosa. Parecía unha colleitadora. Cando se atopaba na súa cálida e acolledora cociña ocupábaa case por completo. Ata o gato debía encollerse na repisa do forno para caber. A miña avoa levaba sempre un mandil de cadros que lle cubría a enorme barriga, e cando falaba era coma se tronase detrás daquel ventre a cadros.
7
E que mans tiña! Eran tan grandes coma pas, e cando agarraba as negras e pesadas olas de ferro da cociña parecían cuncas nas súas anchas mans. Cando a miña avoa estaba na súa cociña semellaba un hipopótamo encerrado nunha gaiola para paxaros. Si, pódoche asegurar que moitas veces tiña medo de que derrubase unha parede ou un tabique, ou peor aínda: ás veces tiña medo de que sentase encima do avoíño sen darse conta. Pero por fortuna isto non sucedeu nunca e todos queriamos tanto á miña descomunal avoa como ó meu tranquilo e amable avoíño. Cando durante os invernos ía vivir cos meus avós, durmía no faiado, nunha caixa con palla branda preto da cheminea. Pero as noites despexadas e estreladas en que xeaba non sempre era fácil para un neno pequeno coma min manter a calor na cama de palla. Por iso todas as noites antes de durmir a miña avoa subía ó faiado pola escada, que renxía e rinchaba, levando uns ladrillos quentes que metía entre a palla para caldearme a cama. E todas as mañás ía recoller os ladrillos e levábaos á cociña para esparexelos por riba do forno e facer que se quentasen de novo ó longo de todo o día. Pero un día, cando a miña avoa ía buscar os ladrillos ó faiado, a escada afundiuse con estrépito baixo o seu enorme peso.
8
O meu avó e eu estabamos no cortello cando oímos o ruído, e fomos correndo ver que sucedera. Alí estaba a miña avoa: no medio do chan entre os anacos da escada, rosmando anoxada. –Maldita escada! –bufou, e levantouse–. Por pouco acaba comigo, a condenada. Non aguanta nin o peso dunha mosca. Entón reparou en nós. –Ah! –exclamou–. Non quededes aí mirando coma dúas ovellas asustadas. Alegrádevos de non estardes debaixo da escada cando caín, porque estariades convertidos en papas os dous. O meu avó e eu mirámonos e asentimos coa cabeza, e alegrámonos de non estar debaixo da escada. –Pero agora –dixo a miña avoa– temos que ir á vila e encargar unha escada nova. Veña. Adiante, tropa! A tropa eramos o meu avó e eu. O meu avó sacou o carro do pendello, mentres a miña avoa collía o abrigo e se envolvía nunha manta para cabalos, pois ese día ía un frío de cans. O avó non tiña cabalo para tirar do carro, pero aínda así sacábao cando había que ir á vila, porque era o único vehículo no que cabía a avoa.
9
–Se vós os dous tirades do carro ata a vila –rosmou ela bambeando o corpo sobre o empedrado do patio–, se tirades del polo camiño abaixo, ó volver empurrareino eu. O meu avó e eu asentimos, mirámonos e chiscamos un ollo. O camiño á vila era todo baixada, así que non había que tirar moito. Subimos a miña avoa ó carro. Vaites, como renxeu! Pero aguantou. Cando saímos polo portal ó camiño, as rodas resoaban coma frautas. –Alto! –berrou a miña avoa–. Non podemos chegar á vila facendo este balbordo. Semella un coro de gatos doentes. Tendes que engraxar os eixes antes de saírmos. Deixamos o carro no cumio do outeiro, diante do portal, e volvemos para coller o lubricante.
10
Dentro do pendello estaba escuro e levounos un bo anaco atopar a lata de lubricante. Volvemos saír polo portal ó camiño e paramos en seco. A avoa e o carro desapareceran sen deixar rastro. –Que raro –dixen, rañando a cabeza. –Si, é moi raro –piou o meu avó, e colleu un pouco de tabaco de mascar–. Rarísimo. Parece que marchou sen nós. Baixamos cara á vila. Polo camiño reparamos no palleiro do veciño. Estaba completamente desfeito, e a palla esparexérase por toda a leira. –Mmmm… –dixo o meu avó–. Algo me di que a túa avoa colleu por aquí. Pasamos por un enorme burato na sebe do veciño, un burato que antes non estaba. –Ceos! –exclamou o meu avó–. Parece que… eh… tamén colleu por aquí. Ó entrar no xardín do veciño contemplamos un espectáculo realmente estraño. O veciño estaba sentado no curuto dunha árbore. Estaba sentado no curuto da árbore máis alta do xardín, sen abrigo, malia ser un frío e ventoso día de inverno. Tremía coma unha folla. –Eh… ola –piou o meu avó–. Vai todo ben?
11