Sushi Books: 'Venres', S. Freire, D. Padrón

Page 1


D

esobedecín a autoridade do xerarca da tribo, e xulgáronme; condenáronme como ofrenda ós deuses para o seguinte plenilunio. Atado de mans e pés, á luz da lúa, vogando nunha canoa, leváronme á illa veciña, bordeando o arrecife, e deitáronme na ara. Unxíronme o peito para o

sacrificio.

6


7


8


Íanmo resgar,

sacarme

o corazón e ofrecerllo a Etröm, a deusa da vida.

Eran tres compañeiros e mais o feiticeiro.

9


10


Mentres preparaban o ritual, na procura da herba sagrada coa que conseguir adormecerme e duns feixes de leĂąa para acender o lume, conseguĂ­n desatarme e fuxir con sixilo.

11


Corrín polo bosque ás toas ata quedar sen folgos e caín rendido; tremendo, suorento, arfando, decateime de que caera de fociños sobre a area. Acubilleime nunha duna, entre unhas matogueiras. Ollei cara atrás: non me perseguiran.

medo Atrapado polo

pasei a noite en vela, aínda que, cara ó amencer, fiquei durmido un anaco.

12


13


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.