Autocoñecemento

Page 1

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL 4º ESO

Begoña Otero Riobó Departamento de Orientación IES Monte Carrasco Cangas –Pontevedra


ACTIVIDADES DE AUTOCOÑECEMENTO

O autocoñecemento é un bloque de actividades dentro da orientación académica e profesional que ten como obxectivo reflexionar sobre os propios intereses e expectativas de futuro. Tamén trata de fomentar a toma de conciencia sobre a importancia de coñecer os intereses profesionais e persoais á hora de realizar unha elección académica e/ou profesional.

As actividades han de desenvolverse no orden proposto e recollerase a actividade do alumnado para entregarllo á orientadora. A finais de curso todas as actividades recollidas seranlle devoltas ao alumnado.

Despois de realizadas as actividades propostas neste documento, na Aula Virtual / Departamento de Orientación / 4º ESO/ tema 3, hai unha serie de cuestionarios que o alumnado pode cubrir online e que poden axudarlle a descubrir a súa vocación: .- Intereses vocacionais .- Para coñecer as familias de FP que che interesan Lembrar que tamén está a súa disposición o programa orienta, que no apartado de cuestionarios tamén pode axudarlle.


OS MEUS RASGOS PERSOAIS (Actividade baseada no Programa Construyo mi futuro. 4º ESO. Consejería de Educación y Ciencia del Principado de Asturias)

PAUTAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN Introdución: a titora explica as ideas básicas para que o alumnado comprenda a importancia de coñecer os rasgos que definen a forma de ser e actuar de cada un, para a toma de decisións.

A forma de ser é un factor determinante á hora de escoller uns estudios ou profesión. É importante ter en conta que o máximo nivel de éxito e satisfacción nun traballo ou estudios ten que ver coa coincidencia: profesión, estudios e forma de ser. A maneira de ser e actuar de cada persoa, é o que se podería denominar carácter, temperamento ou personalidade.

As actividades que van realizar axudaranlles a reflexionar e a aproximarse un pouco mais a si mesmos/as. Non se pretende analizar en profundidade o seu carácter ou personalidade, senón unicamente axudarlles a coñecerse un pouco mellor para poder escoller con mais seguridade e garantías de éxito uns estudios ou profesión.

Desenvolvemento: Na ficha do alumno/a preséntase un cadro con varios rasgos persoais. O alumnado debe escoller ao menos dúas en cada bloque. Tamén poden propoñer outros rasgos que non aparecen no cadro. Para concluír a actividade realizarase unha posta en común na que se invitará a todas as persoas a expoñer os rasgos que a definen como persoa.


ACTIVIDADE DO ALUMNADO NOME E APELIDOS________________________________________________ CURSO _______

PARA QUE É ESTA ACTIVIDADE? Para afondar no coñecemento de ti mesmo ou de ti mesma. A imaxe que as persoas temos de nós mesmas ímola formando a partires das nosas experiencias en distintos contextos. É por iso que che propoñemos que reflexiones sobre como te ves, dende distintos puntos de vista.

COMO ME VEXO? Escolle ao menos dúas características en cada apartado. Optimista Reflexivo/a Sereno/a

Animoso/a Duro/a Outra/s:

Confiado/a Paciente Razoable

Controlado/a Seguro/a Outra/s

Aberto/a Desenvolto/a Conciliador/a

Dialogante Afable Outra/s

AUTONOMÍA PERSOAL

Independente Responsable Decidido/a

Obediente Seguro Outra/s

ACTITUDE NO TRABALLO

Perseverante Metódico/a Entusiasta

Práctico/a Constante Outra/s

EMOCIONALMENT E

AUTOCONTROL

SOCIABILIDADE

RASGOS QUE DESTACO DE MÍN MESMO: Recolle aquí entre os que sinalaches, os que cres que te definen mellor


AS MIÑAS COMPETENCIAS (Actividade baseada no Programa Construyo mi futuro. 4º ESO. Consejería de Educación y Ciencia del Principado de Asturias)

PAUTAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN Introdución: Resáltase a idea de que hai cousas que as persoas aprendemos con gran facilidade porque se non dan ben. Estas habilidades están moi relacionadas cos nosos intereses e coa nosa forma de ser. Ao longo desta sesión, van intentar coñecer mais a fondo as súas aptitudes e relacionalas cos seus intereses.

Desenvolvemento: Mostrarémoslle ao alumnado a definición de habilidade. A continuación, invitarémolos a que se sitúan no cadro coas distintas habilidades. Lerémolas; cada alumno lerá en voz alta a definición de cada unha das habilidades. Seguidamente, cada un valorará na columna da dereita de 1 a 10 cada habilidade, en función como cre que ten desenvolvida esa habilidade (1 para a habilidade menos desenvolvida e 10 para a habilidade mais desenvolvida) Por último, cada alumno traslada ao recadro “habilidades que teño” as 5 habilidades ás que lle deu maior puntuación.

Reflexión: Unha vez rematada a actividade, invitamos ao alumnado a reflexionar e comentar a actividade: Resultouche difícil delimitar e valorar as túas habilidades? Que é o que mais che custou?


ACTIVIDADE DO ALUMNADO NOME E APELIDOS________________________________________ CURSO________________

PARA QUE É ESTA ACTIVIDADE? Para que reflexiones sobre as túas habilidades, o que se che dá mellor. Terás observado que non todo o fas coa mesma facilidade; pero tamén seguro que te decataches que con adestramento e práctica as habilidades poden mellorarse.

QUE SIGNIFICA HABILIDADE: O dicionario da RAE da estas acepcións, entre outras, para “habilidade”: Capacidade e disposición para algo Cada unha das cousas que unha persoa executa con graza e destreza

QUE HABILIDADES TEÑO? Le atentamente as habilidades que aparecen no reverso e valora o grao en que consideras as que tes mais desenvolvidas cada unha delas. Para iso, dálle un valor de 1 a 10 a cada unha e posteriormente escolle as cinco que teñan maior puntuación e anótaas neste recadro.

HABILIDADES QUE TEÑO: 1º. 2º. 3º. 4º. 5º.


HABILIDADES

DESCRICIÓN DA HABILIDADE

ESPACIAIS

Inclúe a sensibilidade á cor, á liña, ao espazo e ás relacións que existen entre estes elementos. Tamén inclúe a capacidade de visualizar, de representar de maneira gráfica ideas visuais ou espaciais.

CINESTÉSICAS

Habilidades para usar todo o corpo para expresar ideas e sentimentos, así como o uso das propias mans para producir ou transformar cousas. Habilidades como coordinación, equilibrio, forza, flexibilidade, percepción de medidas e volumes.

Habilidades para percibir e establecer distincións nos INTRAPERSOAIS estados de ánimo, as intencións e os sentimentos doutras persoas.

NATURALISTAS

Habilidade para interactuar co mundo físico o que posibilita a comprensión de sucesos, predición de consecuencias e á actividade dirixida á mellora e preservación das condicións de vida propia, das demais persoas e do resto dos seres vivos.

LINGÜÍSTICAS

Habilidade para usar palabras de maneira efectiva, sexa en forma oral ou de maneira escrita.

MATEMÁTICA

Habilidade para utilizar e relacionar os números, as súas operación básicas, os símbolos e as formas de expresión e razoamento matemático.

ARTÍSTICAS

Habilidades para percibir e comunicar as distintas manifestacións artísticas; comprendelas, valoralas, emocionarse e gozalas. Imaxinación, creatividade, iniciativa para expresarse mediante códigos artísticos.

RAZOAMENTO

Habilidade para interpretar e expresar con claridade e precisión informacións, datos e argumentacións.

PUNTUACIÓN


O MEU RENDEMENTO ACADÉMICO (Actividade baseada no Programa Construyo mi futuro. 4º ESO. Consejería de Educación y Ciencia del Principado de Asturias)

PAUTAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN Introdución: Insístese na idea de que estas actividades serven para coñecernos mellor e ser quen de tomar decisións baseada nos nosos intereses, rasgos persoais, habilidades e os resultados académicos.

Desenvolvemento: Pídeselle ao alumnado que faga memoria e que se lembre das notas de 2º e 3º e que cubra o cadro “lémbrome das miñas notas?” A continuación, traslada ao cadro “en resumo…”, as 5 materias nas que ten mellor media.


ACTIVIDADE DO ALUMNADO NOME E APELIDOS__________________________________________ CURSO ____________

PARA QUE É ESTA ACTIVIDADE? Para reflexionar acerca do teu rendemento académico e analizar si se corresponde coas túas capacidades ou, polo contrario, poderías esforzarte, un pouquiño mais..

LÉMBROME DAS MIÑAS NOTAS? As notas obtidas ata o de agora, mostran a túa capacidade e esforzo para os estudios e poden servirche para enfocar as túas futuras opcións académicas. NOTA MATERIA

Lingua Castelá Lingua Galega Matemáticas Inglés Xeografía e Historia Bioloxía Física e Química Tecnoloxía Música Plástica Optativas (Escribe no recadro correspondente o nome e a nota da optativa de 3º e 4º)

Media

Valora de 1a 5 a dificultade da materia

Valora de 1a 5 a o que che gusta a materia


EN RESUMO… Traslada a este recadro as 5 materias nas que tiveches mellor media e ponlle ao lado a valoración que fixeches da súa dificultade e do que che gustaba.

MATERIA

Media

Valora de 1a 5 a dificultade da materia

Valora de 1a 5 a o que che gusta a materia


A MODO DE SÍNTESE (Actividade baseada no Programa Construyo mi futuro. 4º ESO. Consejería de Educación y Ciencia del Principado de Asturias)

PAUTAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN Lembramos que a finalidade destas actividades de autocoñecemento é axudarlles a tomar unha decisión sobre o seu futuro académico e profesional. Polo que, imos retomar as conclusións de cada unha das 3 actividades anteriores.

Desenvolvemento: Primeiro, pedirémoslle que cubran a táboa de síntese. A continuación, invitarémolos a relacionar os datos que recolleron; podemos lanzar estas cuestións: .- relación entre os teus rasgos persoais e as túas habilidades? .- relación entre as túas habilidades e o teu rendemento (as materias que se che dan ben)? .- reflexionaras algunha vez sobre isto?, cres que che pode axudar na túa toma de decisións?


ACTIVIDADE DO ALUMNADO NOME E APELIDOS________________________________________________ CURSO _______

PARA QUE É ESTA ACTIVIDADE? Para revisar toda a información que tes recollido ata este momento acerca de ti mesmo ou de ti mesma e sacar algunhas conclusións.

COMO IMOS FACELO? Retoma as 3 actividades anteriores, e sintetiza as túas reflexións na seguinte táboa:

Escribe aquí os rasgos persoais que cres que te definen mellor

CARACTERÍSTICAS E RASGOS PERSOAIS

Escribe aquí as 5 habilidades nas que obtiveches puntuación máis alta

HABILIDADES

RENDEMENTO

Escribe aquí as 5 materias con mellor medias

Pon ao lado de cada materia a túa valoración (de 1 ao 5): grao en que che gusta


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.