Caderno de información académica para 1º eso

Page 1

1º ESO

Fonte da imaxe: Pixabay

Begoña Otero Riobó Departamento de Orientación IES Monte Carrasco


ESTRUTURA DA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Avaliación e Promoción na Educación Secundaria Obrigatoria

O alumnado que no mes de xuño suspenda algunha materia deberá presentarse as probas extraordinarias nos primeiros días do mes de setembro. Pasará a 2º de ESO, o alumnado que, tras as probas extraordinarias de setembro, aprobe todas as materias. Tamén promocionará a 2º de ESO, o alumnado que suspenda unha ou dúas materias, sempre e cando non sexan ao mesmo tempo Lingua Castelá e Matemáticas ou Lingua Galega e Matemáticas. O alumnado que xa está a repetir 1º de ESO, pasará a 2º de ESO, pero coas materias suspensas pendentes, polo que deberá aprobalas durante o curso de 2º de ESO.

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 1º ESO


Cada curso só pode repetirse unha vez e só se pode repetir 2 veces na Educación Secundaria Obrigatoria.

Polo tanto, a idade límite para permanecer na ESO son os 18 anos. O ano no que se cumpre os 18 anos, xa non se pode un matricular na Educación Secundaria Obrigatoria, na modalidade ordinaria, agás algún caso excepcional, que pode prolongar ata os 19 anos.

Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria O BOE do Estado do 10 de decembro de 2016, publica un RD-lei 5/2016, que modifica a implantación da LOMCE deixando paralizadas as reválidas tanto da ESO como de Bacharelato; pasando de ser obrigatorias para a obtención do Título da ESO e/ou Bacharelato, a ter un carácter mostral (non se fará en todos os centros) e diagnóstico (coñecer como vai o sistema educativo). Polo tanto, de momento, para a obtención do Título da ESO non será necesario a superación dunha reválida.

Obterá o Título de Graduado en Educación

Secundaria Obrigatoria aquel alumnado que aprobe todas as materias da ESO ou suspenda como máximo dúas, sempre e cando non sexan ao mesmo tempo Lingua Galega e Matemáticas e Lingua Castelá e Matemáticas, sempre e cando o equipo docente considera que ten acados os obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes.

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 1º ESO


2º ESO

E despois da ESO, que…

Opcións ao remate de 4º de ESO… 4º ESO Con título de GESO…

Bacharelato

FP Básica

CFGM Formación Profesional

Educación de Adultos

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Sen título de GESO…

Proba acceso a CFGM

Proba libre para o título de GESO

Orientación Académica 1º ESO


IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 1º ESO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.