Caderno información académica 2º eso

Page 1

2º ESO Curso 2017-18

Fonte da imaxe: Pixabay

Begoña Otero Riobó Departamento de Orientación IES Monte Carrasco


ESTRUTURA DA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Avaliación e Promoción na Educación Secundaria Obrigatoria O alumnado que no mes de xuño suspenda algunha materia deberá presentarse as probas extraordinarias nos primeiros días do mes de setembro. Pasará a 3º de ESO, o alumnado que, tras as probas extraordinarias de setembro, aprobe todas as materias (do curso actual e as pendentes). Tamén promocionará a 3º de ESO, o alumnado que suspenda unha ou dúas materias, sempre e cando non sexan ao mesmo tempo Lingua Castelá e Matemáticas ou Lingua Galega e Matemáticas. O alumnado que xa está a repetir 2º de ESO, pasará a 3º de ESO, pero coas materias suspensas pendentes, polo que deberá aprobalas durante o curso de 3º de ESO.

Cada curso só pode repetirse unha vez e só se pode repetir 2 veces na Educación Secundaria Obrigatoria.

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 2º ESO


Polo tanto, a idade límite para permanecer na ESO son os 18 anos. O ano no que se cumpre os 18 anos, xa non se pode un matricular na Educación Secundaria Obrigatoria, na modalidade ordinaria; agás algún caso excepcional, que pode prolongar ata os 19 anos.

Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria O BOE do Estado do 10 de decembro de 2016, publica un RD-lei 5/2016, que modifica a implantación da LOMCE deixando paralizadas as reválidas tanto da ESO como de Bacharelato; pasando de ser obrigatorias para a obtención do Título da ESO e/ou Bacharelato, a ter un carácter mostral (non se fará en todos os centros) e diagnóstico (coñecer como vai o sistema educativo). Polo tanto, de momento, para a obtención do Título da ESO non será necesario a superación dunha reválida.

Obterá o Título de Graduado en Educación

Secundaria Obrigatoria aquel alumnado que aprobe todas as materias da ESO ou suspenda como máximo dúas, sempre e cando non sexan ao mesmo tempo Lingua Galega e Matemáticas e Lingua Castelá e Matemáticas, sempre e cando o equipo docente considera que ten acados os obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes.

3º ESO

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 2º ESO


(*) Opción de matemáticas: a LOMCE establece que en 3º de ESO se ofertarán dúas opcións de matemáticas: matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas

A elección dunha opción ou outra non é vinculante coa elección de itinerarios de 4º, nin coa elección de estudios postobrigatorios, unha vez remata a ESO. Dende a publicación do BOE do 10 de decembro de 2016, o Título da ESO dá opción a calquera das ensinanzas postobrigatorias, con independencia do itinerario cursado en 4º de ESO.

Dada esta nova realidade, as matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas se van organizar no noso centro como un medida de reforzo das materia de matemáticas aplicadas, sendo recomendable que as escollan aquel alumnado que teña dificultades de aprendizaxe nesta materia, en especial, aquel alumnado que estivo cursando as matemáticas de 2º en Agrupamentos Específicos.

Optatividade en 3º ESO: Ademais das materias obrigatorias e comúns, o alumnado deberá escoller entre dúas optativas: Cultura Clásica 2ª Lingua Estranxeira (francés)

En 3º ESO, poderás cursar as materias de Música e Bioloxía e Xeoloxía en inglés (Sección Bilingüe).

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 2º ESO


E despois da ESO, que…

Opcións ao remate de 4º de ESO… 4º ESO Con título de GESO…

Bacharelato

FP Básica

CFGM Formación Profesional

Educación de Adultos

Sen título de GESO…

Proba acceso a CFGM

Proba libre para o título de GESO

1. Con Título de Graduado en ESO

2. Sen Título de Graduado en ESO

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 2º ESO


Se rematas a ESO sen obter o Título de Graduado en ESO, podes: a) Obtención do Título de Graduado por outras vías: Educación Secundaria de Adultos (ESA), tes que ter cumpridos os 18

anos no momento do inicio do curso. En Cangas, se imparten a ESA no IES de Rodeira en réxime presencial. Podes preguntar polo réxime a distancia ou semipresencial. Proba libre para a obtención do Título: cada ano a Consellería de

Educación convoca probas libres para a obtención do Título de Graduado en ESO.

É preciso ter cumpridos 18 anos para poder

presentarse á proba. b) Outras opcións: Formación

Profesional

Básica:

Son

programas

de

iniciación

profesional destinados ao alumnado que non acade os obxectivos da ESO e que teñen como finalidade proporcionarlle unha formación básica e profesional que lle posibilite incorporarse á vida laboral ou proseguir os estudos posteriores. Que requisitos hai que cumprir para acceder a estes programas? Ter entre 15 e 17 anos cumpridos no ano de incorporación ao programa. Non estar en posesión do título de ESO. Ter cursado 3o de ESO e excepcionalmente 2o de ESO. Ser recomendado polo equipo docente e polo Orientador. Ter o consentimento do pai/nai/ titor/a legal. De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo e non teñan estudios secundarios completos.

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 2º ESO


Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio: podes

presentarte a partir do ano en que cumpres os 17 anos.

A

superación da proba dá acceso a calquera ciclo formativo de grao medio en todo o territorio español. Formación Ocupacional: son cursos organizados pola Consellería de

Economía, Emprego e Industria,dirixidos a persoas desempregadas para mellorar as súas posibilidades de atopar un traballo. Para iso, estes cursos se basean nun coñecemento práctico do oficio que queremos aprender.

Se estás interesado nestes cursos debes

dirixirte ás Oficinas de Emprego.

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 2º ESO


IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 2º ESO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.